SAN MARTIÑO DE LOUREIRO ( SÁRRIA ) 1761

 SAN MARTIÑO DE LOUREIRO DE FROIÁN

A parroquia de San Martiño de Loureiro , na terra de Froián, pertencía  en 1761 á Xurisdición da Abadía de Samos e os seus lugares eran  Loureiro, Santa Iciía, Castelo de Loureiro, Vilar  da  Torre.

As familias da  freguesía estaban formadas da seguinte maneira:

01.-  ANDRÉ  DÍAZ, FIDALGO  , casado , de  50 anos, 2 fillas  menores,  1 filla casada con NARCISO DÍAZ GUITIÁN, FIDALGO, de 25 anos,  1 filla, 1 cuñada de André (  8 persoas )

02.-  FRANCISCO DÍAZ,FIDALGO, de 36 anos, 1 tío de 50 anos.  4 irmás ( 1 de  25 anos, 3 menores ), 3 irmás ( 1 de 27 anos e 2 menores ), a nai  ( de 50 anos). ( 10 persoas )

03.-  SABELA DÍAZ, viuva,  1 fillo menor, 2 fillas menores (  4 persoas )

04.-  XOÁN DE VALCARCE,   casado, de 40 anos,  2 fillos (  1 de 20 anos  e 1 menor ), 2 fillas menores  (  6 persoas )

05.-  MANUEL SÁNCHEZ,  viuvo, maior de 60 anos,  2 fillos ( de 30 e 20 anos ),  2 fillosmaiores, 2 criados menores ( 7 persoas )

06.-  ANDRÉ SÁNCHEZ ,  casado, de 38 anos,  2 irmáns ( de 35 e 30 anos ), 1 fillo menor,  3 fillas menores ( 7 persoas )

 07.- ANTONIO FERNÁNDEZ ,  casado de 59 anos,   1 filla de 36 anos, 1 nora viuva  con 1 fillo menor ( 5 persoas )

08--  ANTONIO  SÁNCHEZ,  casado, de 49 anos 1 fillastro casado . de  40 anos, 1 fillo ANTONIO SÁNCHEZ con 2 fillas maiores ( 7 persoas )

09-  ANTONIO RODRÍGUEZ,  casado, de 40 anos,  1 fillo menor ( 3 persoas )

10.- ALONSO VILACHÁ ,  casado, de 59 anos,  1 fillo casado de 33 anos,  2 fillos  ( 1 de 20 anos, 1 fillo menor), 1 neto (  8 persoas )

11.-  BARTOLOMEU GONÁLEZ,  casado, de 58 anos, 1 fillo  casado, de 32 anos,  1 filla de 22 anos,  2 netos ( 7 persoas )

12.-  BERNARDO GONZÁLEZ ,  casado, de 39 anos,  1 fillo menor, 1 filla menor ( 4 persoas )

13.- DOMINGOS  GONZÁLEZ ,  casado, de 39 anos,  2 fillos menores, 2 fillas menores,  1 irmán de 49 anos ( 7 persoas )

14.-  DOMINGOS LÓPEZ, casado, de 49 anos, 1 fillo menor ( 3 persoas )

15.-  DOMINGOS LÓPEZ,  viuvo,  de 49 anos,  1 fillo casado de 34 anos, 1 filla de 24 anos, 1 neto ( 5 persoas )

16.- DOMINGOS VILACHÁ ,  casado, de 49 anos, 1 fillo de 26 anos,  1 fillo de 18 anos, 1 filla menor,  1 irmá con 1 fillo natural ( 7 persoas )

17-.-DOMINGOS VÁZQUEZ,  casado, de 45 anos,  1 fillo menor, 3 fillas  ( 1 de 20 anos, 2 menores ).( 6 persoas )

18.- FRANCISCO DÍAZ , casado, de 49 anos,  1 fillo casado de  30 anos, 1  fillo menor , 1 filla de 24 anos,  1 neta ( 7 persoas )

19.-  FRANCISCO  LÓPEZ,  casado, de máis de 60 anos ,  1 sobriño casado de 49 anos, con 1 fillo menor e 2  fillas menores (  8 persoas )

20.- FRANCISCO PARDO,  casado, de 56 anos,  un xenro casado, de 33 anos, con 1 fillo menor ( 5 persoas )

21.- FRUTUOSO L-OPEZ ,  casado, de 49 anos,1 fillo menor ( 3 persoas )

22.- FRANCISCO  LÓPEZ ,  casado, de máis de 60 anos,  1 fillo, XOÁN, casado , de 50 anos, 1 neto casado,  de 30 anos; o Xoán  : 2 fillos solteiros (  de 19 e 22 anos); 1 neto ( 9 persoas )

23.- FROILÁN LÓPEZ , casado, de 51 anos,  e con el BIEITO OSORIO,  casado, de 36 anos,  con 2 fillos menroes, 1 filla menor ( 7 persoas )

24.- XOSÉ SÁNCHEZ,  casado, de 45 anos, 2 fillos menores, 2 fillas menores e 3 fillas maiores ( 9 persoas )

25.- XOÁN TOIRÁN,  casado, de 40 anos,  1 fillo menor, 1 filla  de 20 anos  ( 4 persoas ). Polo oficio de traficsnte de pan e sal con unm macho tiña o gaño de  60 reais en cada un ano.

26.- XOÁN MONDELO ,  viuvo, de 59 anos,1 fillo casado , de 39 anos, con 1 fillo menor  e 2 fillas menores ( 6 persoas )

27.-  XOSÉ  CHOUSA,  casado, de 49 anos,  2 fillos menores, 2 fillas menores  ( 6 persoas )

28.- XOÁN LÓPEZ,  casado, de 59 anos, 2 fillos ( de  25 e 30 anos ),  1 fillo cassdo de 36 anos con 2 fillas menores ( 8 persoas )

29.-  LÁZARO RODRÍGUEZ ,  casado, de 49 anos,  1 neno esposito menor,  1 sobriña de 25 anos ( 4 persoas )

30.- NICOLAU SOUTO,  casado, máis de 40 anos, 4 fillos ( 1 de 21 anos, 3 menores ) ( 6 persoas)

31.- PEDRO DE CASTRO,  casado, de 49 anos, 2 fillos (  de 20 anos e menor ) ( 4 persoas )

32.- ROQUE GALLEGO,  casado, de 37 anos, 1 fillo menor, 2 fillas menores ( 5 persoas )

33.- SEBASTIAN  LÓPEZ,  casado, de 32 anos, 2 fillos menores ( 4 persoas )

34.- SEBASTIÁN  TABOADA- FIDALGO. casado, de 45 anos, a sogra , de 60 anos, 1 cuñado  estudante  de estudos maiores, 1 fillo menor, 1 filla menor menor, 1 criada de 20 anos (  7 persoas ) polo oficio de tratante de viños tiña o gaño de 150 reais en cada un ano.

35.- TOMÉ VÁZQUEZ.  casado, de 36 anos, 2 fillas menores ( 4 persoas )

36.- TOMÉ VÁZQUEZ,  solteiro,  de 28 anos,  1 tío casado,XOSÉ VÁZQUEZ, de 40 anos, con 2 fillos menores ,  1 filla menor (  6 persoas )

37-   MANUEL SÁNCHEZ "MOZO LIBRE", tratante  de viño con 2 machos, tiña o gaño de  150 reais en cada un ano

38.-  FRANCISCO SÁNCHEZ, XASTRE,, tiña o gaño de 1 reale medio por día de traballo.

39.- BERNABEL SÁNCHEZ,  XASTRE  E ESTANQUILLEIRO , cosendo gañaba 1 real e medio por día de traballo. E polo estaquillo gañaba 33 reais en cada un ano.

40.-  MARÍA ANTONIA ÁLVAREZ , pobre de solemnidade esmoleira

41. - ANTONIA DE CASTRO, pobre de solemnidade  esmoleira

42.-   SABELA DE CASTRO, pobre de solemnidade ( esmoleira)

                                          Eclesiásticos

Cidre Manuel de  Yebra Riomol, pàrraco,  de 50 anos, e con el  Pedro de Yebra Riomol, de 54 anos, Xosé de Yebra Riomol, de  60 anos, presbítero, 1 criado de 22 anos e  3 criadas maiores.  Tiña unha casa  de un alto , en San Martiño,  de 56 varas en cadro, e 13 parcelas rústicas do igrexario. Percibía de desmos  240 ferrados de centeo, 12 ferrados de trigo,  30 ferrados de castañas verdes,  40 reais por nabos,  76 reais e  20 maravedís  de años, cabirtos, leitóns  e outras miudanzas:  Por Ofrenda reunía  122 reais e  12 maravedís,
Tiña unha rebaixa  10 maravedís  da casa desmal  que recaían por sorte  á Súa Real Maxestade.  Por defectos no gado,  14 ferrados de centeo e  33 reais e 22 maravedís, e máis ou menos outros 60 reais  por outras minoracións do gado.

Gado propio:  6 leitóns,  2 porcos,  3 marranquelos,  2 porquiñas,  3 ovellas, 1 año, 1 aña, 10  carneiros.

Xoán Pardo Ribadeneira, crego, Unha casa tarrea en Loureiro de 24 varas en cadro e  5 partidas de terreo.

Mosteiro de Samos, percibía por desmos:  3 ferrados de trigo, 86 ferrrados e medio de centeo,  3 ferrados de castañas verdes,   2 años, 1 cabirto, 2 leitonciños,  6 libras de la,  8 libras de manteiga,  1 carro de herba seca  e 8 reais. Por loitosa:  30 reais.

Rebaixa  por casa desmal  da Súa Maxestade ,  6 ferrados de centeo  e medio ferrado de trigo. 16 reais  e 18 maravedís. Pola minoración de gados: : 30 reais e  10 maravedís.

                                        Edificios eclesiásticos

Igrexa de San Martiño de Loureiro . Os enterramentos facíanos no interior do templo.

Capela de Santa Icía , no lugar do mesmo nome.   Houbo unha capela en Vilar da Torre

Emolumentos do Común

En 1716 os posuedores de bens e dereitos  na freguesía de San Martiño de Loureiro eran os seguintes.

01.-   Alonso Vilachá (*).02,. Alonso López. 03.- Alonso Fernández. 04,. Antonio Fernández ( *). 05,. Antonio Sánchez ( *). 06.- Antonio Rodríguez ( * ). 07.- Antonio de Castro. 08.- Antonio Díaz.09.- Agostiño Mazorra. 10.- André Díaz ( *). 11.- André López. 12.- André Sánchez. 13.- Bartolomeu González ( *). 14.- Bartolomeu López. 15.-Bernabrl González. 16.- Domingos do Sío. 17.-  Domingos .González ( * ). 18.- Domingos López ( *). 19.-  Domingos Vilachá ( *)-.20.- Domingos Vázquez.( *)  21..- Francisco Vizacaíno. 22.-Francisco  López  ( ^). 23.- Francisco Díaz ( *). 24.- Francisco Díaz ( *). 25,. Francisco Macía. 26.- Francisco Lóperz ( * ). 27.-  Francisco Pardo  ( *). 28.- Frutuoso Lóperz ( * ).. 29.-  Froilán López ( *). 30.-  Sabela Díaz ( * ). 31.-  Xosé Saavedra. 32.- Xoán López ( *). 33.- Xoán Somoza . 34.-  Xoán Toirán ( *) 35.- Xoán Mondelo ( *) . 36.- Xoán Valcarcre ( * ). 37.- Xosé Sánchez. ( *)  38.-  Xosé  Chousa ( *). 39.-  Lourenzo López. 40.-  Lázaro Rodríguez ( *).41.-  María Álvarez. 42.-  Manuel Sánchez ( *). 43.-  Manuel López. 44.- Nicolau Soto ( * ) 45.- Pedro da Airexe. 46.- Pedro de Castro ( *). 47.-  Roque Gallego ( *). 48.-Rodrigo López. 49.- Sebastián Taboada. 50.- Tomé Vázquez ( *)

NOTA: As persoas interesadas en facer  as árbores de persoas  relacionadas con San Martiño de Loureiro , referidas a anos anteriores a 1871, poden consultar os libros parroquiais depositados  no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal- Praza de Santa María ).  No Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 )  están os libros de actas de nacmento, casamentos e defuncións de  1971 en diante, e os de 1950  están informatizados.



Comentarios

Publicacións populares