SAN PEDRO DE SETEVENTOS ( SÁRRIA ) 1761

                  SAN PEDRO DE SETEVENTOS

En 1761 a parroquia de San Pedro de Seteventos  formaba parte do Partido de Ferreiros, na Xurisdición e Marquesado de Sárria,  e era de señorío dos Condes de Lemos/Marqueses de Sárria.

As familias moradoras na freguesía  eran as seguintes:

01.- ANXO VÁZQUEZ,  casado, 40 anos,  3 fillos menores, 3 fillas ( 8 persoas )

02.-  ANDRÉ MOURÍN, casado, 63 anos, 1 fillo viuvo,FRANCISCO MOURÍN, viuvo , 26 anos, con 1 fillo menor,  1 fillo, XOÁN MOURÍN, 26 anos, 1 criada maior ( 6 persoas )

03.-  DOMINGOS LÓPEZ DE BAIXO,  viuvo, 62 anos,  1 fillo menor,  e con el GRACIA LÓPEZ, viuva, con 2 fillos menores  e 1 filla menor  ( 6 persoas )

04.- DOMINGOS LÓPEZ DE ARRIBA, ESTANQUILLEIRO,  casado, 46 anos,  2 fillos menores,  1 fillo, DOMINGOS LÓPEZ, 26 anos, con dous fillos menores, 6 fillas , 1 irmán maior ( 14 persoas )

05.-  DOMINGOS DE OUTEIRO,viuvo, 60 anos, 1 fillo casado , XOSÉ DE OUTEIRO, 43 anos, 4 fillos menores, 1 filla menor , 1 criada menor (9 persoas )

06.- DOMINGOS PIÑEIRO, casado, 60 anos, 1 fillo menor,  3 fillas maiores (  6 persoas )

07.- DOMINGOS ABAD, casado, 60 anos, 2 fillos menores , 1 filla  (maior, 1 fillo casado,MIGUEL ABAD, 25anos, con 1 filla  menor  ( 8 persoas )

08.- DOMINGOS VILACHÁ , casado, 59 anos,,  2 fillas maiores,  1 fillo casado, ANDRÉ VILACHÁ, 26 anos, con 1 fillo menor,  2 criadas menores ( 9 persoas )

09.- FROILÁN VALCÁRCEL , casado, 50 anos,  3 fillas menores, a sogra ( con 1 fillo  casado, ANDRÉ DE CASTRO, 26 anos, 1 filla )  ( 9 persoas )

10.- FRANCISCO NÚÑEZ,  casado, 58 anos, 2 fillos menores ( 4 persoas )

11.- XIL LÓPEZ SILVA , casado, 63 anos, 2 fillos menores,  1 filla maior, 2 fillas menores, 1 criado., DOMINGOS DE SOBRADO, 24 anos,  2 criadas maiores, 1 criada menor (  11 persoas )

12.- XOÁN PIÑEIRO, casado,  43 anos, 2 fillos menores,  2 fillas menores, 1 irmán, XOSÉ PIÑEIRO, 29 anos, 1 criada maior ( 8 persoas )

13 - XOSÉ LÓPEZ  LOUREIRO , casado, 26 anos,   a  sogra con 1 fillo menor,  2 criados maiores  ( 6 persoas )

14.- XOÁN DE TORRES,  casado, 26 anos, 1 fillo menor,,  1filla menor, 1 filla maior,  1 criado menor ( 6 persoas )

15.- XOSÉ LÓPEZ ,  casado, 61 anos,  2 fillas,  1 fillo  PEDRO LÓPEZ, 22 anos, 1 fillo casado  DIEGO LÓPEZ, 32 anos, con 1 fillo menor e 1 filla menor ( 9 persoas )

16.-  MARIANA FERNÁNDEZ ,  viuva, un fillo  casado  DOMINGOS LÓPEZ , 32 anos,   1 filla menor , 1 fillo menor,  1 criado, XOSÉ RIGUEIRO,  25 anos, 1 criada maior ( 7 persoas )

17.- MANUEL LÓPEZ,viuvo,  61 anos, 2 fillos ( DOMINGOS LÓPEZ, 30 anos,  PEDRO LÓPEZ, 20 anos ), 1 criado, LOURENZO, maior dos 40 anos (  4 persoas )

18.- DOMINGOS NÚÑEZ , casado , 24 anos , 1 fillo menor, e con el  a madrastra  , MARÍA FERNÁNDEZ, con 1 fillo menor e 1 filla menor (  6 persoas )

19.-  MATEU FERNÁNDEZ,  casado,  de 36 anos,  2 fillos menores , 1 filla ( 5 persoas )

20.-  MARTIÑO FERNÁNDEZ,  viuvo, de 84 anos, 1 fillo ANDRÉ FERNÁNDEZ, casado, de 40 anos, 1 fillo menor, 6 fillas, 1 criado menor (  11 persoas )

                                      Clérigos

Pedro de Castro , párraco, Posuía: 1 casa con sobrado en San Pedro de 72 varas en cadro., Bens do Igrexario: . Horto da Porta ( 1 / 4 ferrado), Cortiña da Porta ( 3 ferrados ),  Horta da Porta ( 1 / 4 ferrado). ,Gado:  4 po gurcos de ceba, 4 porcos de cría. (Pasaron a el polo falecemento do cura anterior  Pedro André de la Pena.  Levaba  3 / 4 partes dos desmos, por un total de 800 reais.

Cabido de Lugo: Levaba 1 / 4 parte dos desmos da freguesía  regulados 2n 266 reias e medio

Pedro Paz, presbitero de Carracedo,  falecido, 46 partidas que levaba  como bens patrimoniais pasaron a Martiño Fernández. Unha casa  , propia  da Capelanía  do Santo Anxo da Garda, na parroquial de Setevento,  edificación con  un alto,  de 48 varas en cadro, na aldea do Valín , estaba arruinada  por non haber capelán que a admisitrase.

Pedro Piñeiro, párraco de Santa María da Lama, posuía 23 partidas como bens patrimoniais , e polo seu ascenso, pasaron  5 a Froilán Valcárcel, 6 a André Mourín,  2 a Xoán Piñeiro e 10 a Mariana Fernández-

Posuedores de bens e dereitos na parroquia:

1.-  André Vázquez 2.- Anxo López (  San Martiño de Louseiro )  3.-  Anxo Rodríguez ( San Martiño de Río ) 4.- André Mourín  5.-  André Losada ( San Martiño de Río ) 6.- Anttonio Losada ( Portomarín ) 7.-  Antonio da Torre ( Santo Antolín ) 8.-  Bartolomeu de Castro 9.- Carlos de Outeiro  10.- Domingos López de Abaixo 11.-  Domingos López de Arriba 12.- Domingos de Outeiro 13.-  Domingos Piñeiro 14.- Domingos Abad  15,.  Domingos Vilachá 16.- Domingos Álvarez ( Santo Antolin )  17.-  Domingos López ( Santo Antolín ) 18.- Domingos Pereiro ( San Martiño de Río ) 19.-  Domingos Núñez  20.- Marquesa de Sárria /Condesa de Lemos  21.-  Estevo Garelo ( San Martiño de Río )  22.- Froilán Valcárcel  23.-Francisco Núñez  24.-  Francisco Taboada ( Santo Antolín ) 25.-  Xil  López 26.- Gregorio Mourín ( Santa María de Corvelle ) 27.-  Gabriel Goianes (  San Martiño de Río ) 28.- 29.- Xosé Fernández (  San Vicenzo de Tolados ) 30.-  Xosé Fernández (  San Martiño de Río ) 31.-  Xosé Álvarez ( Santo Antolín ) 32.-  Xoán Piñeiro 33.- Xoán López ( Santa María de Corvelle ) 34.-  Xoán García ( Santa María de Corvelle ) 35.-  Xoán López Silva ( Santa María de Corvelle ) 38.-  Xoán López ( San Martiño de Louseiro ) 37.- Xoán de Neira ( San Martiño de Río ) 38.- Xoán López ( San Martiño de Louseiro ) 39.- Xoán Raimóndez ( San Martiño de Río ) 40.- Xulián López ( San Sadurniño de Ferreiros ) 41.-  Xoán da Torre 42.- Xosé López Loureio 43.- Lourenzo San Gil ( San Martiño de Río ) 44.- Mariana Fernándedz 45.-  Manuel López 46.- Manuel López ( Santo Antolin )  47.- Martiño Fernándedz  48.-  Martiño Fernández (  Santo Antolín ) 49.- Mateu Fernández  50.- Pedro Núñez  51 .-  Pedro Valcárcel ( San Cristovo da Cervela ) 52.-  Emolumentos do Común

O 61 por cento ( 61 % ) dos posuedores de bens e dereitos  eran forasteiros na parroquia.

Nota: As persoas interesadas en formar árbores xenealóxicas de persoas relacionadas con San Pedro de Seteventos  acharán refrenzas no Arquivo Diocesano de Lugo ( anteiores a 1871 ) e no Rexistro Civil de Sárria ( de 1871 en diante, e de 1950 e seguintes están informatizados ).

Comentarios

Publicacións populares