SANTA EUFEMIA DE SANTO ANTOLÍN ( SÁRRIA ) 1761
SANTA EUFEMIA DE SANTO ANTOLIN ou SANTO ANTOLÍN DE TOUVILLE
En 1761 a parroquia de Santa Eufemia de Santo Antolín, tamén coñecida como Santo Antolín de Touville formaba parte do Partido da Armeá, da Xurisdición de Samos- Lugares: Santa Eufemia. Santo Antolín-
Familias que moraban na parroquia:
01.- ANTONIO FERNÁNDEZ, casado, de 59 anos, 1 fillo maior casado con 2 fillos ( 6 persoas )
02.- ANDRÉ ÁLVAREZ, viuvo, maior dos 60 anos, 1 neto menor ( 2 persoas )
03-- ANTONIO DA TORRE, casado, de 54 anos ( 2 persoas )
04.- XOÁN DE SILVA, casado, de 34 anos, 1 fillo menor ( 3 pesoas )
05.- XOÁN DA PORTELA, casado, de 49 anos, 1 fillo menor ( 3 persoas )
06.- MANUEL LÓPZ, casado, de 33 anos 1 fillo menor, e DIEGO FERNÁNDEZ., casado, de 44 anos, con 1 fillo casado e 1 fillo menor ( 8 persoas )
07.- MANUEL LÓPEZ, casado, de 60 anos, 1 fillo menor, 1xenro maior con 2 fillos menores ( 5 persoas )
Eclesiásticos
Pedro Cines de Nodal, cura párroco de Santa Marái de Touville e o anexo Santa Eufemia de Santo Antolín, maior de 60 anos, 1 criado maior.
Edificios relixiosos
A igrexa de Santa Eufemia de Santo Antolín era o lugar de enterramento dos fregueses, no interior do templo-
Na Idade Media houbo o mosteiro de "Sancto Antonini de Sárria" que acabou dependendo do Mosteiro de Samos.. Aparece tamén nomeado como Santo Antoiño -
Os posuedores de bens e dereitos na freguesía eran os seguintes :
01.- Antonio Fernández 02.-Antonio da Torre 03.- André Álvarez 04.- Común dos Veciños 05.- Domingos ´Álvarez 06.- Domingos López 07- Diego López 08.- Diego Fernández 09.- Francisco Núñez 10.- Francisco Taboada 11.- Xoán de Silva 12.- Xoán de Portela 13.- Xulián López 14.-Martiño Fernández 15.- Manuel López 16.- Manuel López
O cincuenta e tres por cento ( 53 % ) dos titulares de bens e dereitos eran forasteiros
NOTA: Para facer as árbores xenealóxicas de persoas relacionads con Santo Antolin referidas a anos anteriore a 1871 hai que interesar os datos nos libros parroquiais gardados no Arquvo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal Praza de Santa María )
As actas de 1871 e seguintes de nacementos, casamentos e defuncións están no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ). Están informatizadas dende 1950 en diante.
Comentarios
Publicar un comentario