SAN MARTIÑO DE REQUEIXO (SÁRRIA ) 1761

                                     SAN  MARTIÑO DE REQUEIXO

A parroquia de San Martiño de Requeixo  en 1761 en parte pertencía ao Partido da Andaduría , da Xurisdición e Marquesado de Sárria, e outra máis pequena era de señorío particular do Señor de Gaibor- Estaba formada polos lugares de Treilán, San Martiño e A Veguiña.

Familias residentes na freguesía :

01.-  ANTONIO QUINTE , casado, de máis de 80 anos, 1 fillo ,  PATRICIO  QUINTE, ZAPATEIRO, casado, de maís de 40 anos,  3 fillos  menores, 2 fillas (  9 persoas ) Regulábanlle o gaño de  20 reais en cada un ano.

02.-  ANTONIO GAYOSO, casado,  de 50 anos,  1 fillo casado, maior,  4 fillos ( 8 persoas )

03.- ANTONIO FERNÁNDEZ  ,  casado, de máis de 40 anos, 1 fillo menor, 1 filla, a sogra, 1 criado menor, 1 criada (  7 persoas )

 04.-  DOMINGOS  RIGUEIRO, ZAPATEIRO, casado, de máis de 40 anos, 1 fillo menor, 4 fillas (  7 persoas ), Regulánalle un gaño de 10 reais en cada un ano.

05.-  DIEGO PÉREZ, ZAPATEIRO,  viuvo,  de 54 anos,  o sogro de máis de 80  anos , 2 fillos  de entre 30 e 18 anos,  1 fillo menor, 2 fillas ( 6 persoas ) Regulábanlle un gaño de 10 reais en cada un ano

06.- CAETANO DE PRADO , casado, de  40 anos, 2 fillos menores (  4 persoas )

07.- INÉS DÍAZ viuva, 1 fillo casado  maior,  1 filla, 2 netas (  6 persoas )

08-  XOSÉ RIGUEIRO , casado, de máis de 40 anos, a nai, 3 fillos menores, 1 irmán ZAPATEIRO,  de máis de 30 anos (  7 persoas ). Regulábanlle un gaño  de 20 reais en cada un ano.

09-  XOÁN MONDÍN,  casado,  de 40 anos,  3 fillos menores, 1  filla (  6 persoas )

10.- XOÁN MELLE,  casado,  de máis de 20 anos,  1 filla,  a nai, 1 criado menor (  5 persoas )

11.- XURXO TENREIRO, casado, de máis de 40 anos,  2 fillos menores (  4 persoas )

12.- PEDRO DE TORRES,  casado, de máis de 50 anos, 3 fillos menores,  2 fillas, 1 irmá ( 8 persoas )

13.- FELIPA LÓPEZ ,  viuva, 1 fillo menor,  3 fillas ( 5 persoas)

14.- SALVADOR LÓPEZ , casado, de 50 anos,  1 filla, 1 irmá (  4 persoas )

15.- TOMÉ GÓMEZ, casado, de máis de 40 anos .  1 fillo menor, 2 fillas ( 5 persoas )

16.-  XOÁN QUINTE,  casado, de máis de 60 anos,  2 fillos maiores, 1 fillo menor (  5 persoas)

No eclesiástico San Martiño de Requeixo, xunto con San Salvador de Vilar de Sárria formaba parte do Curato de San Salvador de Sárria-

                                                   Edificios relixiosos

A igrexa de San Martiño de Requeixo ( románica ) polo seu pequeno tamaño deixou de ser lugar de enterramento dos freguees, cumprindo esa función a igrexa de San Salvador de Vilar de Sárria-

Hai referenzas a unha antiga capela no lugar de Treilán.

     O edificio civil máis destacado era a Casa dos Saavedra.

Pola Ponte do Mazadoiro pasaba o camiño frnacés de Sárria a Lugo, e de ali saían dous ramais: a).- Da Ponte do Mazadoiro a Lugo por Goián e a Ponte de Neira b) Da Ponte do Mazadoiro a Lugo pola Pobra de San Xiao.

                                   Emolumentos do Común

O Monte de Santa Crstiña-

Os titulares de bens e dereitos na freguesía de San Martiño de Requeixo eran as seguintes persoas ;

01- Antonio Quinte ( *) 02.- Antonio Melle 03.- Antonio Gaioso ( *) 04.-Antonio López ( de San Vicenzo de Betote ) 05.-  Antonio Reboredo ( de San Salvador de Vilar de Sárria ) 06.-  Antonio Fernández (*) 07.-  André Rigueiro 08.- Anxo Suárez 09.- Bartolomeu da Vila ( de San Vicenzo de Betote )  10.- Caetano de Prado (*) 11.- Diego Rodríguez Rigueiro 12.-  Domingos Fernández ( de San Vicenzo de Betote ) 13.- Domingos López ( de San Salvador de Vilar de Sárria ) 14.- Domingos López Pozo ( de San Salvador de Vilar de Sárria ) 15.-  Domingos Rigueiro ( * )  16.- Domingos Vázquez ( de San Salvador de Vilar de Sárria ) 17.-  Condesa de Lemos /  Marquesa de Sárria 18.-  Fraiz López ( de San San Salvador  de Vilar de Sárria )  19.- Francisco Arias ( de San Vicenzo de Betote ) 20.- Fernando López ( da vila de Sárria ) 21.-  Francisco Illanes ( de San Cosme de Fiolleda ) 22.-  Gabrile do Rego ( de San Vicenzo de Betote ) 23.-  Inés Díaz ( *) 24.-  Xoán González 25.-  Xoán Quinte ( *)  26.- Xoán  Rigueiro 27.-  Xoán Barrio ( de San Vicenzo de Betote ) 28.-  Xoán de Neira ( da vila de Sárria )  29.- Xoán de Pradeda ( da vila de Sárria ) 30.-  Xoán López ( de Santiago de Farbán )  31.- Xoán  Lousado ( de San Vicenzo de Betote ) 32.-  Xosé de Armesto ( da vila de Sárria ) 33.-  Xosé Rigueiro ( *) 34.- Xoán Melle ( *) 25.-  Xosé Rigueiro ( *) 36.-  Xoán do Rego (  de San Vicenzo de Betote ) 37.-  Xoán Mondín ( *) 38.-  Xoán Xurxo Tenreiro ( *) 39.- Lucas Somoza Saavedra ( de San Martiño de Laiosa ) 40.-  Leonor Valcarce ( da vila de Sárria ) 41.- Martiño Fernández 42.- Mateu Armesto ( da vila de Sárria ) 43.- Manuel Pradeda ( de  Soutomerille ) 44.- Marco López (  de San Vicenzo López ) 45.-  María López ( de San Pedro de Maside ) 46.-  María Benita de la Peña Somoza  ( da vila de Sárria ) 47.-  Manuel Cedrón ( de Farnadeiros ) 48.-  Pedro de Torres 49.-  Pedro Quiroga ( de Gaibor, señor do Couto de Requeixo )  50.- Pedro  Fernández  ( de San Vicenzo de Betote ) 51.-  Pedro Vázquez ( de Santa Mariña de Sárria )  52.- Plácido Sarmiento ( da vila de Sárria ) 53.-  Felipa López ( *) 54.- Salvador López ( *) 55.-  Rosa Valcarce ( da Vila de Sárria ) 56.-  Tomé Gómez ( *) 57.-  Tomé Díaz  58.-  Emolumnetos do Común, 

O setenta e oito por cento ( 78 % ) dos titulares de bens na parroquia eran forasteiros,

ACLARACIÓN: Na parroquia de San Martiño de Requeixo non hai ningún lugar ou casar que leve o nome de Requeixo.

Na parroquia de San Pedro de Maside  hai un casar chamado "Requeixo", e históricamente  houbo unha parroquia coñecida como Santo Estevo de Requeixo, coincidente  coa medieval de Santo Estevo de Barbadelo ( que foi dos templarios)

NOTA: Aquelas persoas que queiran facer as súas árbores xenealoxicas con relación a familias relacionadas con San Martiño de Requeixo  poden consultar os libros parroquiais  anteriores a 1871  gardados no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal - Praza de Santa María ) <

Para datos de 1870  en diante  referidos a nacementos, casamentos e defuncións hai que dirixirse ao  Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ). As actas de 1950 en diante están informatizadas.

Comentarios

Publicacións populares