SANTA MARÍA DE ORTOÁ ( SÁRRIA ) 1761
SANTA MARÍA DE ORTOÁ ( 1761)
A parroquia de Santa María de Ortoá. no Parttido de Sobre da Riba, da Xurisdición e Marquesado de Sárria, agás algunha casa dependente do Couto de Belante, estaba formada polos lugares de Santa Marta, A Cruz. Barreiros , Nabais/Nabás, A Nogueira. Rosende,Ortoá e casas en A Labrada ( outras casas da Labrada pertencían a Meixente-
O Camiño de Santiago, pasado O Mesón ( Maside ) e polo Pontón de Santa Marta ou do Río Vao, atravesaba Santa Marta " do Camiño Francés", A Cruz. , Barreiros "do Camiño Francés" e Nabais , seguía por Mouzós ( Meixente ) cara o Chao de Domiz, onde confluía o ramal de Vilei-Mercado da Serra. En Santa Marta houbo un hospital de pelengríns e unha capela, e houbo tabernas en Barreiros e Santa Marta.
Tamén atravesaba a parroquia o Camiño Francés de Lugo a Monforte de Lemos. que dende Goián e a Venda de Lama de Caque, pola Airexe e Barreiros seguía cara o Mercado da Serra.
O Camiño de Sárria ao Pàramo, dende Maside, atravesaba a parroquia pola parte norte e polo Monte de San Marco e Castromeixe seguía até Trebolle-
En 1761 as familias moradoras na freguesía eran as seguintes
01.- BALTASAR FERNÁNDEZ, casado, de 23 años, 1 fillo menor, 2 irmás menores ( 5 persoas )
03.- DOMINGOS LÓPEZ, viuvo, maior, , 3 fillos ( 1 deles casado ), 1 irmá ( 6 persoas )
04.- DOMINGOS DE BARXA, casado, de 50 anos, 1 xenro casado. de 40 anos con 2 fillos menores( 6 persoas )
05- GREGORIO LÓPEZ, casado, de 50 anos , 3 fillas, 1 fillo menor ( 6 persoas )
06.- GREGORIO ARES , casado, de 36 anos, 6 fillos menores, a nai ( 9 persoas )
07.- XOSÉ ARIAS, casado, 38 anos, 4 fillos menores ( 6 persoas )
08- XOSÉ LÓPEZ BARREIROS, casado, de 50 anos, 4 fillos menores ( 6 persoas )
09- XOSÉ LÓPEZ LABRADA , casado, de40 anos, 7 fillos menores ( 9 persoas)
10,. XOSÉ RODRÍGUEZ, casado, de 36 anos, 3 fillos menores, 1 irmá ( 6 persoas )
11.- MANUEL VÁZQUEZ, casado, de 40 anos,, 3 fillos menores ( 5 persoas )
12.- PEDRO LÓPEZ LOSADA, casado. de 60 anos, 2 fillos maiores, 1 filla, 1 criada ( 6 persoas )
13.- PEDRO VÁZQUEZ, solteiro, de 40 anos, 2 irmás, 1 irmán de 30 anos e 1 tío de 50 anos ( 5 persoas)
14.- SALVADOR GONZÁLEZ, casado, de 40 anos 5 fillos menores ( 7 persoas )
NOTAS : Os apelidos ARES e ARIAS eran utilizados indistintamente,
O posuedor da Casa de Barreiros, antecesor da Familia Fernández ( os de Antón de Marcos ), Xosé López "Barrerios" posuía unha casa terrea ( foral do Mosteiro da Madalena de Sárria ) de 200 varas en cadro ) que lla arrendara Pedro López Losada . Gado: 1 vaca e 1 tenreira.
Edificios relixiosos
A igrexa parroquial de Santa María de Ortoá era o lugar de enterramento dos frugueses en foxas abertas no interior do templo.
Na Idade Media houbo un mosteiro en Santa María de Ortoá e outro máis en San Salvador de Rosende ( entre Páramo e Barbadelo), tamén coñecido como San Salvador de Nespereira, que acabaron dependendo do Mosteiro de Barbadelo. En Santa Marta houbo un Hospital-Capela, e as súas casas estaban vencelladas á Encomenda de Portomarín e ao Hospital de San Marco de León, e debían foros a Santa María Madalena de Sárria e ao Curato de San Salvador de Sárria.
Emolumentos do Común
En 1761 os psuedores de bens e dereitos en Santa María de Ortoá eran os seguintes:
01.Agostiño Arias ( de Santiago de Barbadelo) 02.-Bieito Vázquez 03.-Baltasar Fernández ( *) 04.- Caetano Vázquez ( *) 05.- Domingos Rodríguez 06,.Dmingos López ( *) 07.- Dmingos da Barxa 08,. Francisco Rodríguez 09.- Gregorio Fernández 10.- Gregorio López ( *) 11.- Gregorio Quinteiro ( de San Pedro de Maside ) 12.- Gregorio Arias ( *) 13.-. Xosé Arias ( *) 14.-Xosé Lóprz Barreiros ( *) 15.- Xosé López Labrada (*) 16.- Xoán de la Vega ( de San Pedro de Maside ) 17.- Xoán Toirán ( de San Pedro de Maside ) 18.- Xoán Arias ( de San Pedro de Maside ) 19.- Xosé Vázquez ( de San Pedro de Maside ) 20.- Xosé Rodríguez ( *) 21,..- Manuel Vázquez ( *) 22.- Xosé Fernández ( de San Pedro de Maside) 23.-Matías Arias 24,. Manuel Fernández ( de San Xulián de Meixente ) 25.-Miguel López ( de San Pedro de Maside) 26.- Mario López ( de San Pedro de Maside ) 27.- Miguel Lópz ( de Santiago de Barbadelo ) 28.- Pedro López Loada ( *) 29.-Pedro Lóper ( de San Pedro de Masidde ) 30.- Pedro Vázquez ( * ) 31.- Salvador González ( *) 32.-Sabina Arias 33.-Santiago López ( de San Pedro de Maside ) 34.- Silvestrre López ( de San Xulián de Meixente ) 35.-Emolumentos do Común.
O 59 por cento ( 59 %) dos titulares de bens en Santa María de Ortoá eran forasteiros,
NOTA; Aquelas persoas que queran formar a árbore xenealóxica derivada de persoas relacionadas con Santa María de Ortoá poden obter os datos anteriroes a 1871 consultando os libros parroquiais no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal-Praza de Santa María ),
Os datos posteriores a 1870 obran no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ) - partidas de nacemento, casamentos e defunciós. Os asentos de 1950 en dainte están informatizados,
Si non é moita pregunta, ¿a qué censo pertencen estes datos? É que estou buscando información de Barreiros. Graciñas.
ResponderEliminar