SAN SALVADOR DO MATO ( SÁRRIA ) 1761
SAN SALVADOR DO MATO ( 1761 )
A parroquia de San Salvador do Mato formaba parte do Partido da Veiga, na Xurisdición e Marquesado de Sárria, Lugares: O Piñeiro, O Mato e Manán.
En 1761 as familias da freguesía estaban formadas da seguinte maneira.
01.- ANDRÉ DE PRADO, FIDALGO, casado, de 27 anos, e con el PEDRO DE PRADO, FIDALGO, a nai, 3 irmás, 1 criado mneor ( 8 persoas )
02.- XOSÉ FERNÁNDEZ LAMELA, casado, de 28 anos, e con el Manuel Lamela ( presbitero), 1 irmán de 20 anos, 1 irmán de 27 anos, a nai, 3 fillos menores, 2 fillas, 1 criado menor, 1 criado de 49 anos, 2 criadas ( 15 persoas )
03.- ANTONIO DÍAZ GOYANES, FIDALGO ( só polo tempo da súa vida ), casado, de 68 anos, 2 fillos menores, 1 fillo de 24 anos, 1 de 22 anos, 1 de 23, 3 criados ( 10 persoas )
04.- ANTONIO DE CASTRO, casado, de 45 anos, 1 fillo menor, 1 filla menor ( 4 persoas )
05.- BARTOLOMEU DO REGO, casado, de 50 anos, 3 fillos menores, 1 filla ( 6 persoas )
06.- DOMINGOS NEIRAS, viuvo, de 70 anos, 1 fillo casado MANUEL NEIRAS, de 38 anos, 2 netos, 1 filla ( 6 persoas )
07.- XIL LÓPEZ, casado, 50 anos, 4 fillos menores, 1 cuñado, 1 criada ( 8 persoas )
08.- XOSÉ DE NEIRA, casado, de 50 anos, 1 fillo menor, 1 filla, 1 irmá ( 5 persoas )
09.- XOSÉ LÓPEZ , casado, de 26 anos, 1 irmán de 26 anos, 5 fillos menres ( 8 persoas )
10.- MARCO LÓPEZ, SISEIRO DO VIÑO, viuvo, de 70 anos, 1 fillo casado de de 38 anos, 3 netos, 1 meta, 1 fillo de 22 anos, 1 fillo menor ( 9 persoas ) . O fillo casado era ZAPATEIRO, O gaño da sisa do viño era de 15 reais ao ano, e por zapateiro 100 reais.
11.- PEDRO LÓPEZ , casado, de 70 anos, 1 xenro casado de 48 anos, 1 neto menor , 6 netas ( 11 persoas )
12.- DOMINGOS FERNÁNDEZ , viuvo, e con el XOÁN FERNÁNDEZ, ZAPAT,EIRO , casado, de 30 anos, 2 fillas, 1 neta. ( 6 persoas ) Polo oficio regulábanlle o gaño de 30 reais en cada un ano.
13.- MARÍA LÓPEZ DE CASTRO, viuva, 1 fillo casado de 24 anos, 2 fillas, 1 neta ( 6 persoas )
Eclesiásticos
Xoán de Náxera, cura parraco ( Mato e Santiago da Veiga):, de 74 anos, 1 criado de 20 anos, 2 criadas ( 4 persoas ) Posuía 31 partidas do igrexario e os desmos Gado: 1 vacas, 1 tenreiro, 4 ovellas, 2 carneiros, 8 porcos de cría.
Manuel Lamela, presbítero.
Caetano de Castro ( falecido ) , capelán da Capelanía da Nosa Señora da Concepción de Corvelle, posuía leiros, que pasaron ao novo capelán , André Diego Seijas : Carriceiras ( 1 ferrado ), Lamas ( 1 cuarto de ferrado ),
Xosé López de Armesto, Capelán da Capelanía da Nosa Señora do Rosario de Santiago da Veiga De 66 anos, 2 criadas ( 3 persoas ). 3 partidas, Gado: 8 ovellas, 3 carneiros, 2 años, 4 porcos, 6 colmeas
Edificios relixiosos
A igrexa de San Salvador do Mato era o lugar de enterramento dos falecidos na parroquia,
Na casa dos Prado de Manán había unha capela
Os posuedores de bens e dereitos na freguesía de San Salvador do Mato eran os seguintes:
01.- Antonio Díaz Goyanes ( *) 02.- Antonio de Castro ( *) 03,. Antonio Ristera ( de San Vicenzo de Betote ) 04.- Antonio López ( de San Vicenzo de Betote ) 05.- Antonio Broco ( de San Vicenzo de Betote ) 06.- André de Prado ( *) 07.- Antonio Pérez ( da Vila de Sárria ) 08.- Bartolomeu de Rego ( *) 09.-Bartolomeu da Vila ( de San Vicenzo de Betote ) 10.- Domingos de Neiras ( *) 11.- Domingos Fernández ( *) 12.- Diego de Oca ( da cidade de Betanzos) 13.- Domingos Toirán ( de Sant Xulián da Veiga ) 14.- DomingosMourín ( de San Xulián da Veiga ) 15.. Domingos Rodríguez ( de San Xulián da Veiga ) 16.- Domingos Toirán ( de Santo Estevo de Calvor ) 17.-Condesa de Lemos / Marquesa de Sárria 18.- Fernando Fernández Lamela 19.- Francisco Capón ( de Santa Mariña de Rubín ) 20.- Xil López ( *) 21.- Gabriel do Rego ( de San Vicenzo de Betote ) 22.- Xosé de Prado ( *) 23.- Xosé de Neira ( *) 24.- Xosé López ( *) 25.- Xoán Abad 26.- Xosé de Armesto ( de San Salvador de Sárria ) 27.- Xoán Díaz ( de San Xulián da Veiga ) 28.- Xoán de Pumares ( de Santo Estevo de Lousadela ) 29.- Xoán de Lousado ( de San Vicenzo de Betote ) 30.- Xoán López Montijo ( de Santo Estevo de Lousadela ) 31.- Xoán Toirán ( de San Vicenzo de Betote ) 32.- Xoán González ( de San Xulián da Veiga ) 33.- Xoánn Torres ( de Santiago da Veiga ) 34.- Xoán López ( de San Xulián da Veiga ) 35.- Xosé Fernández Lamela ( * ) 36.- Lourenzo López ( de San Pedro de Ronfe ) 37.- Lope de Ribas ( de San Martiño de Oleiros ) 38.- María López de Castro ( *) 39.- Manuel Arias ( de San Vicenzo de Betote ) 40.- Marco López ( *) 41.- Pedro López do Piñeiro ( *) 42.- Pascual Díaz ( de San Vicenzo de Betote ) 43.- Pedro Capón ( de Santa Mariña de Rubín ) 44.- Pedro Fernández ( de San Vicenzo de Betote ) 45.- Pedro López ( de San Xulián da Veiga ) 46.- Felipe Quiroga ( de San Xulián da Veiga ) 47.- Teodora S´anchez 48.- Tomé Melle ( de Santiago da Veiga )
O 73 por cento ( 73 %) dos posuedores de bens e dereitos en Santo Estevo do Mato eran forasteiros.
NOTA: As peersoas que queiran facer árbores xenealoxicas de persoas relacionadas con San Salvador do Mato poden consultar os libros parroquiais depostados no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episicpal- Praza de Santa María ) correspodnetes aos anos anteriores a 1871.
Os datos posteriores a 1870 constan nos libros de nacementos, casamentos e defuncións poden obterse no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ). De 1950 en diante están informatizados.
Comentarios
Publicar un comentario