SÁRRIA : INVERSIÓNS PÚBLICAS ( 1952/ 1958 )
Na posguerra o Concello de Sárria con unha maltreita economía alcanzaba dificilmente a poder pagar aos funciooario e empregados, e foron moi poucas as inversións e obras asumibles. A partir de 1955 , con axudas do Estado a traveso de Plans Provinciias e da Deputación e con aportacións e contribucións especiias pola conta dos veciños puideron acometerse obras de urbanización na vila, ampliación da traída de augas, electrificacións nas parroquias rurais ( paralizadas dende 1915 ) , constrrució de escolas e vivendas dos mestres ( parada máis de 20 anos ) e apertura de curtos traxectos de estradas nas aldeas ( interompidas dende xullo de 1936)-
Ese periodo que vai de 1955 a 1960 preludia dalgún xeito o pulo que até 1964 vai a supoñer a alcaldía de Xabier López -Acevedi López, que sentará as bases dunha xestión municipal comprometida coas melloras das condicións de vida dos cidadásn sarriaos.
GRUPO ESCOLAR MATÍAS LÓPEZ
As Escolas Públicas doadas a Sárria por testamento de Matías López López foron ocupadas polo Exército que estableceu dormitorios , cociñas e outras dependenzas para os soldados e cabaleriza o que produciu deterioros no interior e no exterior, e o Concello reclamou que o Ministerio contriubise aos arranxos para recuperas as aulas para a función docene. Obra: novembro de 1952 e setembro de 1958. Custe: 200.000,00 ptas. ( Ministerio do Exército: 94.000,00 ptas; Construcións Escolares: 127.000,00 ptas; Concello: 47.000,00 ptas)
RÚA PEDRO SACO ( APERTURA )
A Corga de Vales , que ata 1891 era a estrema entre San Pedro de Maside e Santa Mariña de Sárria era unha carreira, no inverno convettida en arroxo, que comuncaba O Campiño (Rúa do Porvir/Escolas Públicas ) coa Corga de Formigueiros. Entre maio e outubro de 1953 a corga foi alargada para convertila en rúa con afirmado con pedra solta e terra. Obra : de maio a outubro de 1953. Custe: 27.500,00 ptas. Deronlle o nome de Pedro Saco Pradeda,médico forense de Sárria, que cando foi da epidemia da gripe de 1917 tivo unha conduta exemplar e heróica.
MATADOIRO MUNICIPAL
Instalación de auga corrente da traída , novas dependenzas para limpeza de miudos e arranxo do Camiño da Fonte . Obra: de decembro de 1953 e febreiro de 1954. Custe: 17.380,00 ptas, por conta do Concello. Foi a primeira ampliación da Casa-Matadoiro, macelo alzado noventa anos atrás.
CAMIÑO DE VILAPEDRE A GOIÁ ( TREITO II )
Para unir o treito I con Lamelas e a estrada do Mazadoiro a Escarlán ( Pontón da Lama). Obra: febreiro a novermbro de 1954. Custe: 130.000,00 ptas ( Provincia; 100.000,00 ptas , Concello: 30.000,00 ptas)
AVENIDA DA FEIRA ( RÚA DA MERCÉ )
Acondicionamento da Avenida da Feira con derrube dos alpendres que estaban na vía pública e rebaixo da calzada. Obra : 23 de abril a xuño de 1954. Custe: 21.000,00 ptas de conta do Concello
CAMPO DA FEIRA
Muros nas dúas rúas, construción de caseta da báscula e inspeción veterinaria. Obra: abril a setembro de 1954. Custe : 58.000,00 ptas por conta do Concello.
ESCOLA DE BETOTE
Local-Escola. Obra: xullo de 1954 a xaneiro de 1955. Custo: 28.000,00 ptas ( 10.000,00 ptas o Concello, 18.000,00 ptas os Veciños )
CASA DO CONCELLO
Obras de adecuación da Casa Consistorial ( Casa Vaamonde ) facendo Sala de Plenos, despacho da Alcaldia e arranxos xerais. - De xaneiro a xuño de 1955. Custe: 75.000,00 ptas por conta do Concello.
REDE DE AUGAS NA RÚA DE SAN LÁZARO
A Rúa San Lázaro ía do Cruce de San Lázaro á Rúa Matías López-Pontes Novas do Mazdoiro, pasando a ser chamada Rúa de José Antonio. Obra: Instalación da rede de auga na rúa para servizo domiciliario.De marzo a xullo de 1955 . Custe; 36,000,00 ptas ( Concello: 16.000,00 ptas; Veciños: 20.000,00 ptas
CAMIÑO DE BETOTE A TOSAL ( TREITO I )
Con orixe na Estrada de Lugo. Obra: de marzo a outubro de 1955. Custo: 50.000,00 ptas ( Provincia: 25.000,00 ptas Concello : 25.000,00 ptas)
CAMIÑO DE CALLÁS A PIÑEIRA ( I TREITO )
En realidade Camiño da Lama Rigueira a Piñeira. So chego até Lamparte/Ponte de San Paio, onde estivo parada varios lustros. Obra: abril a novembro de 1955 ). Custe ; 39.000,00 pta ( Provincia: 30.000,00 ptas; Concello: 9.000,00 pta )
RÚA MATÍAS LÓPEZ
Instalación de alumeado elèctrico especial, instalación de bancos de paseo e chantado de árbores de adorno, por pretender o Concello que o treito entre o Cruce do Avenida e Cruce de Catro Camiños se convertise na "Rúa do Paseo" en días festivos ,feiras e festas, e non se chegou a consolidar. Obra: de setembro de 1955 a maio de 1956. Custe: 72.635,00 ptas por conta do Concello.
PONTE DE SANTIAGO DA VEIGA
Riba do río Sárria, no camiño da Airexe de Santiago da Veiga a Fonteabuín, Obra: agosto a novembro de 1955.. Custe: 22.000,00 ptas ( Provincia: 5.800,00 ptas; Concello: 14,200,00 ptas )
FONTE PÚBLICA DE SAN FIZ DE VILAPEDRE
Fonte Pública e pia para o gado en San Fiz de Vilapedre. Obra: setembro de 1955. Custe: 5.000,00 ptas ( Axuda: 1.500 ptas, Concello: 3.500,00 ptas)
RÚA MATÍAS LÓPEZ E RÚA CALVO SOTELO
Alcantarillado e nivelación de beirarrúas nas dúas rúas ( Calvo Sotelo, marxe esquerdo ) Obra: novrmbro de 1955 setembro de 1956 Custe: : 117.500,00 ptas.( Plan Provincial: 25.000,00 ptas , Concello: 33.750,00 ptas; Veciños: 58.750 ptas )
RÚA FREI LUIS DE GRANADA
Acondicionamento con pedra solta e terra.Obra: novembro a decembro de 1955. Custe: 11.000,00 ptas por conta do Concello.
FONTE PÚBLICA NOS ESQUEIREDOS
Instalación da fonte publica e rede de augas para tomas domiciliarias no Barrio dos Esqueredos ( parte baixa do Campo da Feira ), Obra: decembro de 1955 a xaneiro de 1956.Custe: 20,000,00 ptas ( por metades de conta do Concello e os Veciños )
RÚA JOSÉ ANTONIO
A rúa de San Lázaro mudou de nome en 1957, por "surenza" chegada dende a Xefatura Provioncial do Movemento "extrañada" esta polo feito de que en Sárria non había ningunha rúa ou praza adicadas ao fnudador da Falanxe. Obra : pavimentación,alcantarillado, rede de augas na marxe esquerda, beirarrúas e chantado de árbores de adorno. De febreiro a novembro de 1956.Custe: Plan Provicial: 151,928,10 ptas; Provincia; 52.818,10 pats, Concello; 124.000,00 ptas )
VIVENDAS DE RENDA LIMITADA
Construción de 50 vivendas de renda limitada, coa denominación de "Grupo Álvarez Ude", con apertura da Rúa Frei Severino Vega Cid ( comendaodr do Convento da Mercé e ecónomo de San Salvador de Sárria ) . Obra: de marzo de 1956 a novembro de 1956.Custe: 3.054.311,98 ptas ( Movemento, 2.854.311,98 ptas, Concello: 200.000,00 ptas )
REDE DE AUGAS NA RÚA DE SAN LÁZARO ( JOSÉ ANTONIO)
Obra para levar a auga da traída aos domicilios particulares, Realizada entre marzo e xullo de 1955. Custe: 36.000,00 ptas : 16.000,00 ptas o Concello, 20.000,00 ptas. aportacións dos veciños
FONTE PÚBLICA EN BIVILLE
Fonte pública , pia para o gado e lavadoiro en San Miguel. Obra: febreiro e marzo de 1956 .Custe: 4.000,00 ptas. ( 1.500 pestas do Concello, 2.500 ptas . veciños )
CAMIÑO DOS ALVAREDOS A LOUREIRO
Continuación do Camiño dos Alavredos a San Martiño de Loureiro para empatalo an estrada do Incio. Obra: de marzo a decembro de 1956. Custe: 39.000,00 ptas ( 30.000,00 ptas ,a Provincia, 9.000,00 ptas o Concello)
ESCOLA DE LOUSEIRO
En San Martiño de Louseiro. Acondicionamento do edifcio promovido por Fillos do Distrito de Sárria en La Habana. Local --Escola e Vivenda. Obra: abril de 1956 a febreiro de 1957. Custe: 45..000,00 ptas. ( Constgrucións Escolares : 65.000,00 ptas ; Concello: 47.500,00 ptas ; Veciños: 32.500,00 ptas )
TRAÍDA MUNICIPAL DE AUGAS
Ampliación do abastecemento de augas da Vila de Sárria, con captación de novod manantíos ( en Ortoá) e deposito regulador no Campo da Feira. Obra: de outubro de 1956 a xullo de 195. Custe: 1.172.216, 26 ptas ( Estado: 371,366,50 ptas.Provincia: 182.250,00 ptas. Concello: 618.599,76 ptas)
GRUPO ESCOLAR DE SANTIAGO DA VEIGA
Acondicionamento do edificio promovido por Fillos do Distrito de Sárria en La Habana. Dous Locais-Escola e dúas vivendas. Obra: de abril a setembro de 1957. Custe: 274.000,00 ptas ( Construciós Escolares: 130.000,00 ptas; Concello: 85.000,00 ptas, Veciños: 59.000,00 ptas )
FONTE PUBLICA DE ALBÁN
Obra: maio a xuño de 1956. Custe: 1.800,00 pta, Por metades Concello e Veciños
FONTE PÚBLICA DE LAVANDEIRA
En San Vicenzo de Froiá. Obra: de maio a setembro de 1956 . Custe: 7.500,00 ptas ( 3.500,00 ptas Cocello; 4.000,00 ptas, Veciños )
PONTE DE BETOTE
Ponte riba do río Sárria - Obra de xuño a novembro de 1956. Custe: 23.400,00 ptas ( 13.400,00 ptas , Provincia, Concello, 10.000,00 ptas )
FONTE PÚBLICA EN VILAR DA TORRE
Na parroquia de San Martiño de Loureiro de Froián. Obra: setembro a novembro de 1956 . Custe: 9.500,00 ptas ( Concello, 4.500,00 ptas., Veciños, 5.000,00 ptss )
RÚA E FONTE DA PEDREIRA
Arranxos da rúa e dotación dunha fonte pública. Obra: Novembro de 1956 a xaneiro de 1957. Custe: 12,600,00 ptas, por conta do Concello.
ESCOLA DE GOIÁN
Local-Escola e Casa-Vivenda. Obra: marzo de 1957 a xuño de 1958. Custe: 238.000,00 ptas ( Construcións Escolares : 238.000,00 ptas , Concello e veciños: 138.000,00 ptas)
REDE DE AUGAS DA RÚA PEDRO SACO
Obra : de marzo a xuño de 1957. Custe: 31.000,00 ptas, por conta do Concello.
REDE DE AUGAS EN RÚAS DA VILA
Instalación para tomas domiciliarias de auga na rúa Marquesa Casa López e parte da rúa Calvo Sotelo. Obra ; de abril a xuño de 1957.: 43.250,00 ptas, por metades por Concello e veciños,
FONTE PUBLICA E PÍA PARA O GADO EN RUBÍN
0bra: setembro de 1957 a outubro . Custe: 1.800,00 ptas. ( Concello: 1..000,00 ptas, Veciños: 900,00 ptas )
ESCOLA DE GUITIÁN
Na parroquia de San Pedro de Froián.. Ubicada no Campo da Festa, perto da igrexa parroquial. Custe: 160.000,00 ptas ( Construciós Escolares: 100.000,00 ptas, Concello e vdeciños: 60.000,00 ptas)
Obra feita entre setembro de 1957 e outubro. Custe: 1.800,00 ptas, pagas por metades polo Concello e os Veciños.
LOCAL ESCOLA E CASA DO MESTRE EN VILAMAIOR
En 1958 estaba en construción. Custe: 215.000,00 ptas ( Constrrucións Escolares: 125.000,00 ptas; Concello:90.000,00 ptas)
ESCOLA DE SANTA MARÍA DE VILAR
Local-Escola e Casa-Vivenda. En construción en abrilde 1958. Custe: 195.000,00 ptas ( Construcións Escolares: 125.000,00 ptas; Concello:70.000,00 ptas )
ESCOLA DE SANTO DE ANDRÉ DE PARADELA
Local-Escola e Casa-Vivenda En construción en maio de 1958. Custe: 215.000,00 ptass ( Construcións Escolares : 125.000,00 ptas; Concdllo: 90.000,00 ptas )
REDE DE AUGAS EN RÚAS DA VILA
Instalación de rede de augas para tomas domiciliarias en Rúa do Porvir ( Marqués de Ugena) e Barrio de San Lazaro. Entre maio e setembro de 1957. Custe da obra: 95.000,00 ptas ( Provincia ou Estado:60.000,00 pta, Concello: 20.000,00 pats; Veciños: 15.000.,00 ptas)
FONTE PÚBLICA, LAVADOIRO E PÍA PARA O GADO EN SAN MARTIÑO DE LOUREIRO
Obra realizada en maio-outubro de 1957, con captación de auga- Custe: 23.000 ptas ( repartido entre Concello e veciños )
REDE DE AUGA POTABLE EN RÚAS DA VILA
Instalación de auga potable dende o Cruce da Ciguñeira pola rúa de Diego Pazos e dende o cruce pola rúa de Calvo Sotelo. Agosto e sertembro de 1957. Custe: 14.500,00 ptas , a cargo por metaxdes do Concello e os veciños
FONTE PUBLICA NO BARRIO ANDIÓN
No curce de Padre Sarmiento con Frei Luis de Granada, Realziada en setembro de 1957, cun custe de 4.800,00 ptas,
ESCOLA DE SANTO ANDRÉ DE PARADELA
Na parroquia de Sano André de Paradela ( Sárria ) , no Campo das Portelas , Un Local-Escola e Casa-Vivenda . En construción en maio de 1958. Custe: 215.000,00 ptas.( Construcións Escolares: 215.000,00 ptas.; Concello: 90.000,00 ptas )
ESCOLA DE FONTEABUÍN
Na parroquia de Santiago da Veiga. Escola e Casa-vivenda. En construción en xuño de 1958, Custe: 180.000,00 ptas (Construcións escolares: 125.000,00 ptas. Concello: 55.000,00 ptas )
ESCOLA DE LAVANDEIRA ( BIVILLE )
Acondicionamento da Escola promovida poor Fillos do Distrito de Sárria en La Habana). Obras en novembro de 1958 . Local-Escola e Casa-Vivenda . Custe:128,000,00 ptas ( Construcións Escolares: 65.000,00 ptas; Concello e Veciños: 30.000,00 ptas e 33.000,00 ptas )
ESCOLA DA PINZA
Local-Escola e Casa-Vivenda. En construción en novembro de 1958. Ciuste: 128.000,00 ptas (Construcións Escolares: 65.000.00 ptas ; Concello: 63.000,00 ptas )
ELECTRIFICACIÓN EN MASIDE
Realizada entre novembro de 1958 e xaneiro de 1959. Importe total da obra: 61.500,00 ptas. Financiamento: Estado: ; 00.Provincia:10.000,00 ptas. Concello: 00 ; Veciños:51.500,00 ptas
ESCOLA DE VILAMAIOR
Local-Escola e Casa Vivenda no lugar do Palacio.Estaba en construción en 1958.Custe 215.000,00 ptas, ( Construcións Escolares: 125.000,00 ptas; Concello: 90.000,00 ptas ) :
ELECTRIFICACIÓN EN LUGARES DE MASIDE
Data de comezo en novembro de 1958 .Remate da obra en xaneiro de 1959,Importe total: 61.500,00 ptas ( Provincias: 10.000,00 ptas ; Veciños: 51.500,00 ptas,)
GRUPO ESCOLAR DE VILAR DE SÁRRIA
Escola de nnos, escola de nenas e dúas vivendas ,En construción en decembro de 1958 . Custe: 232.000,00 ptas ( Construcións escolares: 130.000,00 ptas; Concello :102.000,00 ptas)
CAMIÑO DA ESTRADA DE PORTOMARÍN A BARBADELO
Construción do camiño local da Estrada de Sárria a Portomarím a Barbadelo ( treito primeiro)-Data de comezo: Xaneiro de 1959. Custe: 125.000,00 ptas ( Plan Provincial: 50.250,00 ptas;Provincia: 25.000,00 ptas;Concello: 18.750,00 ptas) A estrada estivo parada moitos anos en Vilei, ata que foi alongada ata Mosteiro.
Para faciltar o transporte das pedras de caliza da Canteira de Cadamonte, no Val do Mao, até a factoría de Cementos no Oural, houbo necesidade de unir a Estrada do Oural ao Incio coa dos Alvaredos a Loureiro con un curto ramal, facer un alongamento dende o Campo da Igrexa de Louteiro até a Venda de Córneas ( na Estrada do Empalme de Castroncán ao Incio ) `pasando por Vilar da Torre e Castelo de Loureiro, e outro treito novo no Val do Mao pasando polo Campo de San Fraiz até a Canteira de Cadamonte ). Esta obra incluida na Planificaciòn Provincial de 1958 estaba en 31.12.1959 pendente de ser iniciada . O importe total da obra era de 1.200.000,00 ptas, e sería executada en dúas anualidades.Aportación do Estado: 480.000,00 pesetas. Provinciais: 180.000,00 ptas; Concello de Sárria: 333,640,74 ptas; Concello de Samos: 5.530,70 ptas,; Concello do Incio: 40.828,56 ptas; Cementos Noroeste: 360.000,00 ptas,
A posta en funcionamento da fábrica de cementos do Oural, que precisaba de enerxía eléctrica abondosa, permitiu non só a mellora do suministro na vila senón tamén a xeralización da electrificación nas aldeas e a extensión das liñas de alta tensión até os concellos da comarca.
Comentarios
Publicar un comentario