SAN PEDRO DE MASIDE ( SÁRRIA) 1761
SAN PEDRO DE MASIDE
En 1761 a parroquia de San Pedro de Maside era na súa maior parte da Xurisdición e Marquesado de Sárria, Partido de Sobre da Riba e un sector pequeno era da Xurisidición do Mosteiro de Samos ( nas estremas que ían dende a Pont da ¨Áspera ao Pontón de Santa Marta ou Pontón de Río Vao , seguindo polo rego de Cervos e río Celeir), quedando dentro del Zanfoga, A Fonte e O Mesón ) Lugares : A Veiga de Arriba ou do Pozo. Celeiro, Requeixo, Santo Estevo, San Vicenzo, Zanfoga, A Fonte, Carreiroá, Outeiro, Río, A Vilerma, O Currial e Capela de San Lázaro. Os paraxes de San Lázaro, As Castiñeiras, Vales, Alvarediña, Cortiñas do Mazadoiro , Ponte do Mazadoiro e primeiro treito da Corga de Formigueiros, agregadas á vila de Sárria en 1891 , formaban parte da parroquia de San Pedro de Maside.
Esta parroquia foi o resultado final da agregación das parroquias de San Pedro de Maside e San Vicenzo de Maside, e da máis remota de Santo Estevo de Requeixo ( ou Santo Estevo de Barbadelo)
As familias moradoras nesta freguesía tiñan a seguinte composición:
01.- AGOSTIÑO LÓPEZ, casado, de 39 anos, 3 fillas ( 5 persoas )
02.- LUCAS DE LA VEGA, FIDALGO, de 30 anos, 1 irmán maior, 2 irmás, 1 criado maior, 1 criado menor, 1 criada ( 7 persoas )
03.- ANTONIO ARES, casado, 1 fillo maior, 4 fillas ( 7 persoas )
04.- ANXO VÁZQUEZ , casado, de 36 anos, 2 fillos menores, a nai, 1 irmá ( 6 persoas )
05.- DOMINGOS TOIRÁN , casado, de 40 anos, 4 fillas, 1 irmá, 1 criada ( 8 persoas )
06.- DIEGO LÓPEZ , casado, de 40 anos, 2 fillos menores, 2 fillas ( 6 persoas )
07,. FRANCISCO DE LÓUZARA , casado, de 31 anos, 2 fillos ( 4 persoas )
08.- FRANCISCO VÁZQUEZ, TABERNEIRO, casado, de 61 anos, 1 fillo cassado, 2 fillos, 1 neto menor, 1 criada ( 7 persoas )
09.- FRANCISCO LÓPEZ , casado, de 40 anos, 3 fillas menores ( 5 persoas )
10.- FRANCJSCO LÓPEZ , casado, de 43 anos, 1 fillo menor, 1 tía, 1 irmá ( 5 persoas )
11.- XOSÉ FERNÁNDEZ, ZAPATEIRO , casado,de 49 anos, 1 fillo maior , 1 filla, 1 criado. Regulábanlle un gaño de 15 reais en cada un ano.
12.- XOSÉ VÁZQUEZ , viuvo, de 40 anos, 1 fillo maior casado, 1 neto menor , 2 netos, 1 irmá ( 7 persoas )
13.- XOÁN ARES, casado, 45 anos, 1 fillo menor, 1 sobriño ( 4 persoas )
14.- XOÁN GONZÁLEZ , casado, 52 anos, 1 fillo menor, 2 fillas ( 5 persoas )
15.- XOÁN LÓPEZ, casado, de 42 anos, 2 fillos, 1 irmá ( 5 persoas )
16.- XOÁN GONZÁLEZ, viuvo, de 58 anos, 1 fillo casado, 1 fillo maior, 2 netos menores, 1 neta ( 7 persoas )
17.- XOSÉ ARES, casado, 25 anos, 1 filla, a sogra, 4 cuñados, 1 tía, 1 criado menor ( 10 persoas )
18.- XOÁN DÍAZ PÀRAMO casado, de 36 anos, 1 fillo menor, 2 fillas, 1 tía ( 6 persoas )
19.- MANUEL LÓPEZ, casado, 40 anos, 1 filla ( 3 persoas)
20.- MIGUEL LÓPEZ , casado, 43 anos, 1 filla, 1 irmán maior, 1 irmá, a nai viuva, 1 criado menor ( 7 persoas )
21.- MANUEL GONZÁLEZ , casado, 40 anos, 2 fillos menores, 2 fillas, 1 cuñado maior, 1 cuñada ( 8 persoas )
22.- PEDRO LÓPEZ, casado, 49 anos, 3 fillos maiores, 2 fillos menores, 1 filla , 1 criada ( 9 persoas )
23.- ROQUE ARIAS, casado, 69 anos, 1 fillo, 1 nora viuva, 1 neto, 1 neta ( 6 persoas )
24.- ROQUE LÓPEZ, casado, 57 anos, 1 fillo maior, 1 filla ( 4 persoas )
25.- SANTIAGO LÓPEZ, casado, de 69 anos, 1 fillo casado, 1 cuñada ( 5 persoas )
26.- SILVESTRE LÓPEZ, casado, de 39 anos, 4 fillos menores, 1 cuñada ( 7 persoas )
27.- TOMÉ DA TORRE , viuvo, 49 anos, 1 fillo maior casado, 2 fillos, 1 neto menor, 1 neta ( 7 persoas )
28.- MARÍA FERNÁNDEZ, viuvo, 3 fillos menores, 2 fillas, 2 cuñados maiores, 1 cuñada ( 9 persoas)
29.- MANUEL MOREIRA, de 30 anos, 2 fillos, 1 cuñada ( 4 persoas )
30.- FRANCISCO LÓPEZ, ESTANQUILLEIRO. Tiña un gaño de 30 reais en cada un ano.
Eclesiásticos
Froilán Arias Neira, cura párraco, 1 sacerdote que o axuda, 1 sobriño estudante, 1 criada maior, 2 criados menores ( 6 persoas ).. Residía na Casa Rectoral. Disfrutaba dos benes do Igrexario , que era dos máis grandes da comarca. Servía tamén a parroquia de Santalla de Arxemil.
Percibían rendas na parroquia o Covneto de Santo Agostiño ( Mosteiro da Madalena de Sárria ) e o Hospital de Sárria ( Obra Pía dos Hospitais de Santo Antón Abade e San Lázaro)
O 61 por cento ( 61 % ) doa titulares de bens e dereitos na parroquia de Maside residían fora dela-
Edificios eclesiásticos
A igrexa de San Pedro , a carón da Casa Rectoral, e perto da Casa de Carreiroá. Os enterramentos dos fregueses facíanse no interior do templo.
Histírcamnte houbo igrexas ( desaparecidas ) na zona do Currial ( San Salvador de Nespereira ), Santo Estevo de Barbadelo ou de Requeixo e San Vicenzo de Maside.
En San Lázaro ( hoxe na vila de Sárria ) houbo un hospital de gafos, ata 1700, e a Capela de San Lázaro estaba adscrita a esa institución- No Campo de San Lázaro celebrábse unha feira aneirra día de San Lázaro. Os gafos eran enterrados na capela. do lazareto.
A Ponte da äspera, no Camiño de Santiago, riba do río Celeiro e a Ponte do Mazdoiro, no camiño de Sárria a Lugo, estaban baixo o coidado do Rexemento da Vila de Sárria.
A Casa fidalga da Vilerma era o edificio civil máis destacado.
Emolumentos do comú; Monte de Penagache e Monte de Xaneiras
En 1761 eran titulares de bens e de dereitos na freguesía de Maside as seguintes persoas:
01.- Agostiño López ( *).02.- Antonio Arias ( *).03.- Antonio Gayoso ( San Martiño de Requeixo) 04.-Anxo Suárez ( San Martiño de Requeixo). 05.- Antonio de la Torre ( San Martiño de Requeixo ).06.- Anxo López ( herdeiro de Gregorio Quinte ).07.- Bieito Vázquez ( de Ortoá, sucedido por Pedro Vázquez ) 08.- Benita Pardo ( da Vila de Sárria ) 09.- Caetano de Prado ( de San Martiño de Requeixo) 10.- Domingos López Carreiroá ( sucedido `por Xosé Arias ) 11.- Domingos López ( da Vila de Sárria ) 12..- Domingos López ( Arxemil, sucedido por Manuel López- 13.- Domingos de Barxa ( de Santa María de Ortoá) 14.- Domingos López Corujo ( de Santiago de Barbadelo) 15.- Diego Rigueiro ( sucedido por Domingos Rigueiro) 16.- Diego López ( *, herdado por Gregorio Alvaredo) 17.- Domingos Toirán ( *, herdado por Xoán Toirán ) 18.- Francisco Illanes .19.- Francisco Lóuzara ( *) 20.- Fernando López ( da Vila de Sárria ) 21.- Fernando Mendoza ( da Vila de Sárria) 22.- Francisco López ( herdeiro Xosé López Díaz 23.- Francisco López ( herdeiro Silvestre López) 24.- Gregorio Alvaredo ( sucedido por Diego López 25.- Gregorio Quintana ( sicedido por Anxo López ) 26.- Gregorio López ( de Santa María de Ortoá) 27.- Xurxo Fernández, 28.- Xosé Vázquez ( *) 29.- Xosé López ( *, sucedido por Francisco López. 30.- Xosé Teixeiro ( da Vila de Sárria ) 31.- Xosé de Armesto ( da Vila de Sárria ) 32.- Xosé Fernández ( de Santiago de Barbadelo) 33.- Xosefa Fernández ( da Vila de Sárria ) 34.- Xoán Francisco de la Vega ( * sucedido por Lucas de la Vega ) 35.- Xoán López ( *) 36.- Xoán Toirán ( herdado polo sobriño Domingos Toirán ) 37.- Xoán González, de San Vicenzo ( *) 38.- Xoán González Zanfoga (*) 39.- Xoán Arias 40.- Xoán López ( de Santalla de Arxemil, herdado por Marco López) 41.- Xoán López de Quinte ( de San Martiño de Requeixo) 42.- Xoán de Neira ( da Vila de Sárria ) 43.- Xosé Arias ( * herdeiro de Domingos López Carreiroá) 44.- Xoán Díaz ( herdeiro de Pedro Díaz) 45.- Lucas Somoza Saavedra ( de San Martiño de Laiosa) 46.- Lucas de la Vega ( herdeiro de Francisco de la Vega ) 47.- Manuel Vázquez ( *) 48.- Manuel González ( *) 49.- Miguel López de Río ( *) 50.- María Fernández ( * ) 51.- María Matruete ( * , sucedida por Manuel Moreira 52.- Mateu de Armesto ( da Vila de Sárria ) 53.- Mateu López ( de Santiago de Barbadelo ) 54.- María Rivela ( da Vila de Sárria ) 55.- Miguel López ( de Santiago de Barbadelo) 56.- Manuel López ( herdeiro de Domigos López, de Santalla de Arxemil) 57.- Manuel Melle ( da Vila de Sárria ) 58.- Manuel de Monteagudo ( da Vila de Sárria) 59.- María López ( da Vila de Sárria) 60.- Marco López ( herdeiro de Xoán López, de Santalla de Arxdmil ) 61.- Manuel de Yebra ( herdeiro de Plàcido Sarmiento, da Vila de Sárria ) 62.- Pedro Díaz ( * sucedido por Xoán Díaz ) 63.- Pedro López 64,- Pedro López ( *) 65.- Pedro López de Losada ( de Santa María de Ortoá) 66.- Pedro de Torres ( de San Martiño de Requeixo) 67.- Pedro Vázquez ( sucedido por Antonio da Torre, de San Martiño de Requeixo) 68.- Plácido Sarmiento ( sucedido por Manuel de Yebra, da Vila de Sárria) 69.- Pedro Vázquez ( sucdedido por Bieito Vázquez, de Santa María de Ortoá )70.- Roque Arias ( *) 71.- Roque López ( *) 72.- Rosa Valcárcel ( da Vila de Sárria ) 73.- Santiago López ( *) 74.- Silvestre López ( *, sucedido por Francisco López 75.- Silvestre López. 76.- Salvador Gonzalez ( de Santa María de Ortoá ) 77.- Santiago Rodríguez ( de Santiago de Barbadelo) 78.- Santiago Díaz ( da Vila de Sáreria ) 79.- Simón López ( de Santiago de Barbadelo) 80.- Tomé da Torre ( *) 81.- Tomé Gómez ( de San Martiño de Requeixo) 82.- Tomé Díaz ( da Vila de Sárria )
O 61 % dos titulares de bens vivían noutras parroquias
NOTA: As persoas interesados en facer as árbores xenealoxicas de persoas relacionadas coa parroquia de San Pedro de Maside poden consultar os libros parroquiais anteriores a 1871 que se gardan no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal- Praza de Santa María)
Os libros de nacementos , casamentos e defuncións posteriores a 1870 están no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ). Os de 1950 en diante están dixitalizados.
Comentarios
Publicar un comentario