SAN XULIÁN DE MEIXENTE ( SÁRRIA ) 1761
A parroquia de San Xulián de Meixente en 1761 era un couto independente ( Couto da Torre de Domiz ) , non suxeita a Sárria, e estaba baixo do mesmo señorío que San Xoán de Fafián e algúns lugares encravados na xurisdición sarriá. A parroquia era anexa da de San Pedro de Barán, e formaba parte do alciprestádego de Paradela. Lugares: Meixente, Mouzós, A Poza , Airexe, Outeiro , Castelo, Couso, Domiz , O Sisto , A Labrada ( só algunhas casas )..
As familias moradoras na freguesía eran as seguintes:
01.- BIEITO LÓPEZ, viuvo, de máis dos 60 anos, 1 fillo casado de 40 anos, 1 filla ( 4 persoas )
02,. DOMINGOS DÍAZ, viuvo, maior dos 60 anos, 1 sobriño de 36 anos ( 2 persoas )
03.- FRAIZ LÓPEZ, , casado, de 56 anos, 4 fillos menores, a nai ( 7 persoas )
04.- FRAIZ LÓPEZ SAAVEDRA, casado, maior dos 18 anos, 1 fillo menor ( 3 persoas )
05.-FERNANDO LÓPEZ, casado, de 50 anos, 4 fillos menroes, 1 cuñado maior de 18 anos ( 7 persoas )
06.- XOSÉ LOSADA, ESCRIBANO DA S. MAXDE., casado, maior dos 60 anos, 2 fillos menores. Regulábanlle un gaño de 400 reais en cada un ano.
07.- XOSÉ LÓPEZ, casado , de 60 anos, 1 fillo casado maior dos 18 anos, 1 fillo de máis de 18 anos, 2 netos menores ( 7 persoas )
08.- XOSÉ RODRÍGUEZ , casado, de 50 anos, 1 fillo casado maior dos 18 anos ( 4 persoas )
09.- XOÁN LÓPEZ DA TORRE, casado, de 49 anos, 2 fillos menores ( 4 persoas )
10.- XOÁN ARES DO CHAO, casado, 40 anos, 2 fillos menores, 1 irmán de 33 anos, 1 irmá ( 6 persoas )
11.- XOÁN LÓPEZ DO PENEDO , casado, de máis de 60 anos, 1 xenro maior dos 18 anos, 1 fillo maior de 18 anos ( 4 persoas )
12.- XOSÉ ARIAS, casado, 38 anos, 1 filla ( 3 persoas )
13.- LUCAS LÓPEZ, casado, 30 anos, 2 fillos menores ( 5 persoas )
14.- MANUEL RODRÍGUEZ , casado, 41 anos, 6 fillos menores ( 8 persoas )
15.- MANUEL FERNÁNDEZ, casado, de máis de 30 anos, 3 fillos menroes, 1 cuñado maior dos 18 anos, con 3 fillos menores ( 8 persoas )
16.- MANUEL LÓPEZ, casado, 54 anos, 3 fillos menores ( 5 persoas )
17..- MARÍA FERNÁNDEZ ( pobre de solemnidade ) ( 1 persoa )
18.- MARTIÑO LÓPEZ, casado, de 24 anos ( 2 persoas )
19.- NICOLAU LÓPEZ, casado, de máis de 60 anos, 1 fillo casado de máis de 18 anos ( 4 persoas )
20.- PEDRO LÓPEZ DO OUTEIRO, casado, de 50 anos, 3 fillos menores ( 5 persoas )
21,. PEDRO LÓPEZ DA AIREXE, casado, de 30 anos, 5 fillos menores ( 7 persoas )
22.- SILVESTRE ARES DA POZA,casado, de 40 anos, 3 fillos menores ( 5 persoas )-
Eclesiásticos
Lucas Vázquez de Toubes, levaba o Curato de Barán ( Barán, Meixente e Ortoá ). Percibía 400 freais de desmos, e levaba os bens do igrexario : Unha casa de un alto de 84 varas en cadro e 15 fincas. Gado: 2 bois, 2 vacas, 10 carneiros, 12 cabras, 2 porcos e 3 leitonciños.
Edificios relixiosos
A igrexa de San Xulián de Meixente. Os enterramentos facíanse no interior do templo.
Pola parroquia pasaba o Camiño de Santiago ( Camiño de Portomarín ) polos lugares de Mouzós, O Sisto e O Chao de Domiz. O camiño francés de Lugo a Monforte , dende a Venda da Lama de Caque ao Mercado da Serra pasaba por Mouzós, en paralelo ao que pola igrexa de Ortoá ía tamén ao Mercado da Serra-
O edfiicio civil máis destacado era a Torre de Domiz
Emolumentos do Común
Os posuedores de bens e dereitos na freguesía de Meixente eran os seguintes.
01.- Amaro de Belante. 02.-André López 03.-Antón Fernández 04.- Antonio López 05.- Bieito Vázquez 06.- Catarina López 07,. Diego de Oca ( de Betanzos, Señor da Torre de Domiz ) 08.- Domingos Díaz ( *) 09.- Domingos Loureiro 10.- Domingos López 11.- Domingos da Airexde 12.- Domingos Núñez 13.- Domingos López 14.- Fraiz López 15.- Fraiz López Saavedra 16.- Fernando López ( *) 17.- Francisco López Picouto 18.- Francisco López Casanova 19.- Froilán López 20.- Gregorio Fernández 21.- Xosé Losada ( *) 22.- Xosé López ( *) 23.- Xosé Rodríguez 24.- Xosé Rodríguez Airexe( *) 25.- Xosé Lóperz 26.- Xosé Fernández 27.- Xoán Lóprz de Torre(s) ( *) 28.- Xoán Ares do Chao ( *) 29.- (Xulián) López do Penedo ( *) 30.- Xosé Arias ( *) 31.- Lucas López ( *) 32.- Manuel Rodríguez ( *) 33.- Manuel Fernández da Labrada ( *) 34.- Manuel López 35.- María Fernández ( * ) 36.- Martiño López ( *) 37.- Nicolau López ( *) 38.- Pedro López do Outeiro 39.- Pedro López da Airexe ( * ) 40.- Pedro López Rodríguez ( *) 41.- Pedro Ares 42.- Pedro López 43.- Pedro López Picouto 44.- Silvestre Ares da Poza ( *) 45.- Simón López. 46.- Emolumentos do Común
O 54 por cento ( 54 %) dos titulares de bens non residían na parroquia
NOTA : As persoas interesadas en facer árbores xenealóxias de persoas relacionadas con San Xulián de Meixente poden recoller datos anteriroes a 1871 no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal- Praza de Santa María ) onde se gardan os libros parroquiais de bautismos, casamentos e enterramentos.
Para os datos posteriores a 1870 hai que interesalos no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ).As partidas de 1950 en diante están informatizadas
Comentarios
Publicar un comentario