O CONCELLO DE SÁRRIA EN 1920

                                             SARRIA : ANO 19200

26 de xaneiro:                ORZAMENTO

INGRESOS_ Propios ( 337,90 ptas );  Impostos ( 13.100 ptas) ;  Beneficencia (  2.849,73 ptas.) ; Correción Publica: (10,507,58  ptas ); Instrución Pública ( 304,75 ptas.);  Extraordinarios  ( 100  ptas.) ; Recurso legais (  61.204,04 ptas.).TOTAL INGRESOS: 88.405,00 pesetas.

GATOS.- Concello: (  12.540 pta ) ; Policía de Seguridade (  2.649,15 ptas.); Policía urbana e rural (  2.385 ptas.); ; Instrucción Pública (  475 ptas.);  Beneficencia ( 3.300 ptas.); Obras Publicas. 3.700 ptas);  Correción Publica (  15.687 ptas); Montes: ( 400 ptas) ; Cargs (  45. 157,86 ptas. ). TOTAL GASTOS:88.405 pesetas.

Soldo do Secretario:  4.000 ptas / ano  Acordaron  aumentos de soldo para todo o persoal.

ORZAMENTO  ESPECIAL DE BENEFICENCIA ( HOSPITAL MUNICIPAL )

INGRESOS.- Propios (  1.200 pta) ; Subvencións (  2,050 ptas) TOTAL:  3.250 pesetas

GASTOS.-  Do establecemento (  3.150 pesetas ); Imprevistos (  100 ptas ).TOTAL: 3.250 pesetas

Presentació da lista de electores.     Peón interino  : Vicenzo Arias Cortiñas.

ESCALEIRA  PEQUENA: Acordan que o Calellón de Teixeiro que une a parte baixa da Rúa Maior coa Rúa Matías López  se  convirta en escaleira e que as obras se fagan por administración.

ALGÚNS GASTOS.- Obras no Matadoiro ( 50 pesetas );  Unha cadeira para o Xulgado e reparación do mobiliario (  50 pesetas ) ; Pedra para o Cemiterio (  171,25 pesetas );  Mina de auga e traíds de augas  psrs o Hospital Municipal (  416,7 pesetas en xornais ) ; Máquina de escribir Royal ( 544,50 pesetas  ): Cea da Noiteboa dos presos no Cárcere (  7,90 pesetas )

23 de febreiro: Diante do rusmusmus de  que hai un deficiiente cabdal as augas da traída aínda en obrasn acordan enadir augas  do Rego de Cervos para incorporar 1,5 litros por segundo.

Licenza de obras  para facer unha casa en Fontela, de San Salvador da Pena ( Manuel López Sánchez )

Compran capas para  a Garda Municipal ( 245,91 pesetas )

29 de marzo: Comunicación do Enxeneiro Xefe  da División Hidráulica do Miño sobre a entrega das obras  da traída, que será inmediata, 

Anuncio  da subhasta das obrss de construción do Cárcere do Partido.

Ingr3esos: Pola feira do 20 ( 29,35 pesetas )  e pola feira dio Lázaro ( 18 pesetas ) pola ocupación de postos.

Gastos :  Material de oficina ( 99,25 peetas ); Arranxos na Casa Consistorial- Rúa Maior 1 ( 200 pesetas ); Material Oficina  da Xunta de Reformas Sociais ( 20 pesetas ); ; Xunta de Salubridade  e Hixiene  nas escolas e arranxo verxa do xardín(  172 pesetas );  Axuda ao Asilo  do Mazadoiro ( 83 pesetas );  Axuda a pobres transeúntes ( 30 pesetas ); Condución cadáveres  de pobres ao Cemiterio ( 38 pesetas ); Arranxo do Pontón de Guitián ( 150 pesetas ); Caixa para mortos no Hospital do Mazadoiro  ( 37.50 pesetas ); Medicamentos e desinfetantes  para o Cárcere ( 80 pesetas ); Arranxos no Cárcere, na traseira do Concello-Escola Vella (  499,50 pesetas ); Lavado de roupas do Cárcere (  50 pesetas ); Palla para o Cárcere ( 50 pesetas );  Material da lámpada do Cárcere ( 25 pesetas ); Arranxo do Calellón de Teixeiro Escaleira Pequena ( 1.000 pesetas ) ;  Saneamento do Cemiteiro ( 400 pesetas )

1 de abril. CONSTITUCIÓN DO NOVO CONCELLO

Alcalde : Manuel Gutiérrez Castro. 

Tenentes de Alcalde : 1,.  Antonio López Díaz. 2.- Antonio Sánchez Teijelo. 3.- Manuel López López. 

Síndico: Euxenio Qurioga Macía- Suplente:  Eloi González Zaera 

Concelleiros:  Pedro Xoán López Armesto ;  Manuel González Rodríguez ;  Xosé López  Vaamonde ; Cándido X. López López ; Amador López Martínez ; Manuel Castro Díaz ; Euxenio Quiroga Macía ;  Manuel González  Quiroga ;  Xoán Manuel Somoza.

26 de abril.- TRAÍDA DE AUGAS:  Representación  do Concello para recibir as obras: : González Rodríguez,  Abad, González Quiroga, Quiroga Macía.

Nomeamento de Alcaldes de Barrio.-  Sección para  o sorteo de Asociados  ( maiores contribuintws ).- Expedientes de prófugos.

MOCIÓN : O concelleiro Anxo Fernández López ( "Gallego" ) espuxo coa venia da Presidenza , que na sesión inmediata se ocupará da oportunidade  de adquirir  para o Concello a casa coñecida  por de Vaamonde nesta vila  e para o que  rogaba ao Sr, Presidente  figurase ese tema  na orde do día. da seguinte sesión-

3 de maio ; Gasto de  3.155, 89 pesetas  para incorporación  das augas do Rego de  Cervos á traída, como orzamento municipal.

Xesús Puche González pide licenza para unha condución de augas na Rúa Maior e para facer obras na casa número 14 da Rúa Maior ( hoxe nº 16) reformando a frenteira  ampliando tres fenestras , dándolles antepeitos , reducindo a porta e convertindo en porta o oco con vidreira.

23 de xuño.-  Telegrama comunicando distribución  de fariña procedente de Canadá. Os almacenistas acordan mercar 42.000 quilos para poñelos á venda : a )  10,000 quilos cada un: Antonio Sánchez Teijelo , Emilio Zaera e  Manuel González. c)  10.000 quilos a repartir entre  Manuel López, Alexandre  Vilachá , Manuel Torrón e Eduardo González.d) 2.000 quilos , Xosé Antonio Gayoso López.

26  de xullo.-  Proposta dos tablaxeiros do Oural, na Casa Acacio,  relativa ao abastecemento de carne. Antonio Macía propón que se faga a beirarrúa fronte á Casa de don Xoán Acevedo,

23 de  agosto.-  Valores oficiais dos produtos para o pagamento de rendas:

Fanega de trigo ( 24 pesetas ); Fanega  de centeo ( 20 pesetas ) ; Fanega de cebada (orxo) ; Fanega de millo (  20 pesetas ); Fanega de noces ( 12 pesetas ) ; Fanega de fabas brancas ( 20 pesetas ); Fanega de fabas raxadas (   18 pesetas ); Fanega de fabas negras (  10 pesetas ); Fanega de avea ( 7 pesetas ). Fanega de castañas  secas ( 17 pesetas ); Fanega de castañas verdes (  8 pesetas ); Quintal de patacas (  10 pesetas ); Porco cebado ( 100 pesetas ); Porco aberto ( 90 pesetas ); Carneiro ( 8 pesetas ); Cabirto ( 8 pesetas ); Galiña ( 3 pesetas );  Polo ( 1,25 pesetas );  Par der capóns ( 9 pesetas ); Canado de viño ( 10 pesetas ); Dúcea de  anguías curadas (  1 pesetas); Dúce de anguías  frescas ( 0,75 pesetas ); Dúcea de  ovos ( 1,50 pesetas );  Libra de manteiga salgada (  1,50 pesetas );  Libra de manteiga de vaca (  1,50 pesetas ); Libra  de queixo ( 1,25 pesetas ); Libra de cera en entena (  2 pesetas ); Carro de herba seca (  20 pesetaas ); Carro de palla centea (  15 pesetas );  Carro de palla triga ou de cebada ( 13 pesetas ); Arroba de liño en estriga ( 25 pesetas ); Arroba de la ( 37 pesetas )

CASA VAAMONDE .-  O Sr. Presidente espuxo  que está anunciada  a venda da Casa coñecida por de Vaamonde, cuxa casa, segundo opinión xeral, reúne excelentes condicións  e sería de grande utilidade  a súa adquisición para o CONCELLO , establecendo  nela as oficinas  deste Municipio e economizando gastos que agora hai que facer  por alugueres. E o Concello por unanimidade acordou a adquisición da dita casa.

NOTA: A Casa de Vaamonde ( hoxe Rúa ;Maio14 /Praza da Constitución 1 ) foi alzada por don Manuel García Vaamonde, e herdada polos seus fillos  don Camilo e don Daniel García Vaamonde. Ao falecer don Camilo García Vaamonde sen deixar descendnetes, foi herdado pola súa esposa, que deixou todos os seus bens á Orde da Mercé,

A Casa de Vaamonde foi posta á venda polos mercedarios  e comprouna o Concello de Sárria que estableceu nela a Casa Consistorial, deixando a que fora súa sede dende 1820 ( antigo Hospital de Santo Antón Abade ). E así en 1920 a antiga Casa Consistorial pasou a albergar o Xulgado de Primeira Instancia, e na parte traseira ( antiga Escola de Gramática )  seguíu estando o Cárcere do Partido). No baixo da Casa Vaamonde instalaron o Xulgado Comarca-Rexistro Civil.

O ano 1920 foi moi importante para Sárria  porque foi o da inauguración definitiva da TRAÍDA DE AUGAS  ( a de 1918  non resuktou satisfactoria ) e o da adquisición da nova CASA DO CONCELLO.





a

es

Comentarios

Publicacións populares