ROMAXE DA VIRXE DOS REMEDIOS ( SÁRRIA) 1915

 SAN  SALVADOR  DE CESÁR ( SÁRRIA )  08.09.09.1915                      

                              A ROMAXE DA NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Na noite do día 7  disparáronse multitude  de bombas que atroaban  o espazo anunciando que ao outro día  tería lugar a festa da Nosa Señora dos Remedios .

Ao mencer  do día da romaxe  houbo novo derroche  de póñvora , ao tempo que se celebraban misas  achegándose en todas elas  para recibiren a Hostia Santa un crecido número  de persoas.

Ás doce  deu comezo a Misa Maior na que oficiou de preste  o presbítero de Noceda don Xosé López López asistido dos párracos  do Fontao e de San Fiz de  Reimóndez.

A parte cantada correu de conta  dos párracos  de Loureiro de Froián  e Farnadeiros ( O Corgo ) e máis a moi ben afinada voz  de don Xosé Toirán, presbítero de Froián, acompañados da ben afinada Banda  de Farbán de Sárria,  e cantaron unha fermosa misa  dun afamado autor. Ao Ofertorio subíu á Cátedra  do Espíritu Santo o reverendo Padre Pìo  do Convento da Mercé. de Sárria, quen pronunciou un belisimo sermón.

Rematada que foi a Misa , organizouse a procisión-

Polo serán amenizou a festa a antedita bandas e un terceto rexional,  dando lugar ao baile campeiro,

Ao pouco caeu un forte ballón que obrigou  a se espallaren as numerosas persoas para os seus lugares . E así o numerosísimo concurso  de xentes  dos pobos do arredor , que non se recorda tanta xuntada no moi fermoso campo da ermida, viuse privada das horas de lecer  tanto tempo areladas.

Ao seguinte día  houbo os mesmos actos, é dicir as misas rezadas e a solemne ás doce. A procisión saiu como no día anterior  percorrendo o itinerario acostumado sendo moi brillante grazas  ao celosísimo e incanasable párraco daquela freguesía e querido amigo don Paulino López Vázquez,  que de anos anterures ven facendo o esforzo de que a dita festa sexa a mellor posible.

Asistiron persoas da Coruña, Lugo, Monforte , Sárria e a súa contorna.

A romaxe rematou no medio  da maior alegría desexando a xente moza que a tarde durase moito mási.

Parabéns merece o Sr. Cura párraco  que tanto  fixo  para que a festa  fose a máis brillante posible.

(A.C. e C)

 

Comentarios

Publicacións populares