SAN FIZ DE REIMÓNDEZ ( SÁRRIA ) 1761

                                               SAN  FIZ DE REIMÓNDEZ

A parroquia de San Fiz de Reimóndez   no Partido de Froián, da Xurisdición e Marquesado de Sárria en 1761 estaba formada polos lugares de San Fiz,  Airexe, O Real, Vilar do Monte , Callás de Riba e Callás de Baixo.

As  familias moradoras na parroquia estaban formadas das seguinte maneira:

01.- ANDRÉ PARDO RIBADENEIRA, FIDALGO,  casado, de 58 anos,  1 fillo casado de  27 anos,  1 criada, 1 criado menor (  6 persoas )

02.- ANXO LÓPEZ.  viuvo,  de 57 anos,  1 fillo casado de 32 anos,  1 fillo de 40 anos,  1 fillo de 24 anos, 1 filla,  2 netos, 1 neta  ( 9 persoas)

03.- ALONSO GONZÁLEZ,  viuvo, de 68 anos, 1 filla, , 1 neta casada con  MANUEL LÓPEZ, de 16 anos (  4 persoas )

04.-  ANTONIO GONZÁLEZ  , casado, de  64 anos,  1 fillo de 30 anos casado,  1 fillo de 24 anos, 1 irmán ,   FROILÁN GONZÁLEZ, maior dos 58 anos ( foi carpinteiro )

05.- ANTONIO  ARIAS, casado, de 58 anos,  1 filla, 1 neto menor (  4 persoas )

06.- ANA MARÍA DA CAL,  viuva, 1 filla, 1 neta ( 3 persoas )

07.-  BARTOLOMEU DÍAZ,  casado, de 48 anos,  sogro,  3 cuñados,  1 fillo menor, 1 filla menor ( 8 persoas )

08.-  CATARINA LÓPEZ ,  viuva, 1 cuñado de 30 anos, 1 cuñada, 1 fillo menor, 1 filla menor ( 5 persoas)

09.-  DOMINGOS GONZÁLEZ,  de  42 anos,  1 fillo de 22 anos  casado, 1 filla, 1 criada ( 5 persoas )

10.-  DOMINGOS ALONSO,  casado, de 58 anos, 1 filla  ( 3 persoas )

11.-  DOMINGOS RIVELA , casado, de 36 anos ( 2 persoas )

12.- FRANCISCO DÍAZ,  casado, de  38 anos, 5 fillos ( 1  de 24), 2 fillas  e un neto menor ( 10 persoas )

13.-  SABELA LÓPEZ, TABERNEIRA, ESTANQUILLEIRA ( 1 persoa ) Regulánlle  un gaño de 60 reais en cada un ano

14.-  XOÁN TOURÓN, casado, de 52 anos,  1 fillo de 19 anos, 2 fillas e 1 neto menor ( 6 persoas)

15.- XOÁN GONZÁLEZ DA AIREXE,  de 48 anos,  1 irmán de 40 anos, 1 criada ( 3 persoas)

16.-  XOÁN GARCÍA , casado, de 59 anos,  1 fillo de 19 anos, 1 fillo mneor, 2 fillas , 2  criadas ( 8 persoas )

17.-  XOÁN RODRÍGUEZ, de 68 anos,  1 xenro casado de 46 anos,  1 filla, 3 netos  menores, 1 neta (  8 persoas )

18.- XOÁN NIETO,  casado, de 51 anos, 2 fillos menores, 2 fillas, 1 criada (  7 persoas )

19.-  XOÁN LEBÓN,  casado, de  68 anos, 1 xenro casado, de 28 anos, 1 filla ( 5 persoas )

20.-  XOSÉ DE  CASTRO, ABASTECEDOR DE VIÑO,  casado, de  48 anos, 1 fillo de 24 anos, 1 fillo de 19 anos, 2 fillos menores, 2 fillas, o padastro de 68 anos, 1 irmán de 34 anos (  9 persoas ) Regulábanlle o gaño de  50 reais en cada un ano

21.- MARTIÑO  VÁZQUEZ,  casado, de 48 anos, o sogro casado de máis de 60 anos, 1 cuñada, 1 filla , 1 fillo menor (  7 persoas )

22.- MIGUEL LÓPEZ, casado, de 44 anos,  2 cuñados, 3 fillos menores,  1 filla menor (  8 persoas )

23.-  PEDRO LÓPEZ CORREO ,   casado de  42 anos, 3 fillos menores , 2 cuñados,  1  irmán, DOMINGOS LÓPEZ, ARRIEIRO, de 34 anos (  8 persoas ),  Regulábanlle un gaño de 200 reais en cada un ano

24.- PEDRO LÓPEZ ALVAREDO, viuvo, de 68 anos,  1 fillo casado de  40 anos, 1 fillo de 27 anos, 1 fillo de 25 anos,  2 netas, 1 criada (  8 persoas )

25.- PEDRO LÓPEZ DE SAN FIZ,  casado, de 65 anos,  2 fillas, 1 xenro de 22 anos, con 1 fillo e 3 fillas menores ( 9 persoas)

26.-  PASCUAL GARCÍA , casado, 46 anos,  a sogra, 1 criada,  4 fillos menores, 1 filla menor (  9 persoas)

27.- PEDRO DE ULLOA,  casado, 30 anos, 3 fillas menores ( 5 persoas )

28.- FELIPE LOUREIRO,  casado, de 36 anos,  3 fillos menores, 3 fillas (  8 persoas )

29.- TOMÉ DE FREÁN, casado, de 68 anos, 1 fillo casado de 30 anos, 1 fillo de 24 anos, 1 fillo menor, 1 irmá, 1 neta (  8 persoas )

                                                           Eclesiáaticos

Alonso Froilán  Díaz, cura párraco,  de 56 anos,  1 sobriño menor,  1 criado menor , 3 criadas

Desmos:  800 reais ( O Cura de  San Pedro de Froián , pola metade dos desmos dos sete veciños de Vilar do Monte levaba 300 reais, e non entraba na manteiga e nos polos ),

Tiña unha casa  en cima de vila , de  98 varas en cadfro. Fincabilidade :Prado  de Carreeiroá ( 5 ferrados ) Cortiña da Porta (  1 ferrado)  Refollente ( ferrado e medio, que o levara unha enchente do río ) Cortiña de Riba da Igrexa (  2 ferrados e medio ) Prado de Riba da Igrexa  ( 1 ferrado ). Gado: 1 macho, 8 marranquelos-

Xoán Luaces  , presbítero, de San Cristovo de Guntín : Toxadelo ( de 1 ferrado ) Monte de Verducedo ( de medio ferrado).Os bens pasaron a Uxío Luaces, de San Cristovo de Guntín 

                                             Edificios relixiosos

A igrexa de San Fiz de Reimónde ( románica ) era o lugar de enterra mento dos fregueses  ( no interior do templo)

O Camiño Francés de Monforte de Lemos a Sárria  pasaba  por diante da Igrexa e do lugar do Real, seguindo cara  o Monte da Valiña , Noceda  e  Rubián.

En 1761 eran titulares de bens e dereiros na freguesía de San Fiz de Reimóndez as seguintes persoas:

O cincuenta e catro por cento   ( 54 % )  dos titulares de bens e dereitos eran forasteiros :

01.- Antonio Arias ( *) 02.- André Pardo Ribadeneira ( *) 03.- Anxo López ( *) 04.- Alonso González ( ^) 05.- Antonio González ( *) 06.- Bartolomeu López 07.-  Bartolomeu López ( de Santiago de Barbadelo ) 08.-  Catarian López Tutou ( *) 09.- Cosme Vilar ( de San Salvador de Cesár) 10.-  Domingos López 11.-  Domingos García ( de Santa María de Albán ) 12.-  Domkingos González  ( *) 13.  Domigos Aloso ( *) 14.- Domingos Rivela ( *) 15.-  Uxío Luaces ( de San Cristovo de Guntín ) 16.- Francisco Rodríguez ( de San Salvador de Cesár ) 17.-  Francisco Díaz ( ^) 18.-  Gregorio López ( de Santiago de Farbán ) 19.-  Xosé de Castro (*) 20.- Xulián de Castro ( de San Xoán de Fafián ) 21.- Xoán López ( de San Salvador de Cesár ) 22- Xulián López ( de Santa Mariña de Sárria ) 23.-  Xulián Gudín ( de Santiago de Farbán ) 24.-  Xoán Vázquez ( de Santa María de Albán ) 25.-  Xoán Rodríguez ( de San Salvador de Cesár ) 26.- Xoán González da Airexe ( *) 27.- Xoán Nieto ( * )  28.-  Xoán Tourón ( *) 29.-   Xoán Rodríguez  ( de San Salvador de Cesár )  30.- Xoán García ( *) 31.- Xoán Lebón ( * ) 32.- Matías Gudín ( de Filloi-Farbán )  33.-  Manuel Pradeda ( de Santa Mariña de Sárria ) 34.- Martiño Díaz (  de Santiago de Farbán ) 35.- Manuel López Alvaredo ( de Santa Marái de Albán )  36.- Martiño Vázquez ( *) 37.-  Manuel López ( *)  38.- Felipe Loureiro ( *) 39.-  Pedro Saco (  de San Miguel de Vila de Mouros) 40.- Plácido López ( de Santiago de Barbadel )  41.-  Pedro Piñeiro ( de San Salvador de Cesár ) 42-  Pedro González ( de San Mamede da Chanca ) 43.-  Pedro López Correo ( *) 44.-  Pedro López ( *) 45.- Pedro Alvaredo ( :) 46.- Pascual García ( *) 47.-  Serafina Loureiro ( Santiago de Farbán ) 48.- Santiago González ( da vila de Sárria ) 49.-  Santiago de Filloi  ( de Santiago de Farbán )  50.- Tomé Freán ( *) 51.-  Emolumentos do Común.

NOTA:-  Aquelas persoas interesadas en facer as árbores xenealóxicas de perosas reñlacionas con San Fiz de Reimóndez terán que consultar os libros parroquiais anterores a 1871 no Arquivo  Diocesano  de Lugo ( Pazo Episcopal-Praza de Santa María )

Os datos do ano 1871 en diante ( nacementos, casamentos, defuncións ) constan nas actas obrantes no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ), e os de 1950  e anos seguintes están informatizados..




 


Comentarios

Publicacións populares