CASAS DE SÁRRIA ( 1753 )

                  AS CASAS E OUTRAS EDIFICACIÓNS DA VILA DE SÁRRIA ( 1753 )

                                   PARROQUA DE SAN SALVADOR DE SÁRRIA

Estremas: 1.- Marco de pedra  cunha cruz ( + ) que "está na casa de Manuel Fernández Monteagudo. ( 2 ) Ermida do Campiño .3.- Ponte da Äspera. 4.- Marco dos Esqueiredos. 5.- Pombal Vello dos Barredos.6.-Marco da cruz ( + ), primeira demarcación-

Norte e Oeste: Parroquia de San Pedro de Maside. Leste: Parroquia de Santa Mariña de Sárria. Sur: Parroquia de Santiago de Farbán.

O señorío da parroquia correspondíalle ao Marqués de Sárria-Conde de Lemos

Espazos: Mosteiro da Madalena ( Chousura e Barredos ).- Mercado e Monte da Fortaleza.- San Salvador.- Arriba.- A Praza .- Sárria.- Forno.- Viela de San Lázaro ( A Calexa ).

Monte Común:  Monte da Fortaleza , de 16 ferrados.

FORTALEZA DE SÁRRIA.- Pertencente aos Marqueses de Sárria ( habitada até  os anos 1730 )

Dentro da Fortaleza, xa abandoada entón, houbera casas  e ali estivo , nos sotos, o cárcere, Tiña catro torres, entre elas a da Homenaxe e a do Mercado, foxos, contrafoxos e unha horta fora da edificación. Esta conservaba os muros , aínda que moi coberta de edras .

MOSTEIRO DA MADALENA.-Pertencente á Orde de Santo Agostiño. Situado "extra muros da Vila de Sárria )

Bens: A Chousura, Cortiña do Barredo ( 8 ferrados ); Horto do Hospital ( unha cuarta de ferrado ) Devesa do Novo ( 1 ferrado ). Tiña outros bens  na parroquia de San Pedro de Maside.

Cobraba rendas en Sárria, O Páramo, Santalla de Lagos, Baamorto e Pacios de Veiga.

Gado propio: 4 bois de arada.

IGREXA DE SAN SALVADOR.- Igrexa principal  do curato de  San Salvador, Requeixo e Vilar de Sárria,

O Curato de San Salvador de Sárria, San Martiño de Requeixo e  San Salvador de Vilar de Sárria, tiña bens aforados en varias parroquias da contorna, percibía  primicias, dereitos de fábrica e foxario e misas de fundación.

HOSPITAL DE SANTO  ANTÓN ABADE.- Fronte a San Salvador e baixo da Fortaleza

Casa de baixo e sobrado, propiedade  da Obra Pía do Hospital de Santo Antón e San Lázaro, en San Salvador, de 14 por 20 varas en cadro

Estremas: Fronte: Rúa Principal . Esquerda: Camiño Real . Dereita e traseira : Horta do Hospital.

Hospital de acollida de pereginos que voltaban de Compostela.-  Tiña cuartos para homes, para mulleres e para sacerdotes.- Era a sede da Xustiza e Rexemento da Vila e Marquesado de Sárria e da Obra Pia do Hospital de Santo Antón e San Lázaro ( dende 1700 )

 Bens:  Horta do Hospital. Total; Medio ferrado.

Gado: 1 vaca parideira, 1 tenreiro, 1 porca parideira e 3 porquiños.

CAPELA DA SANTA MARÍA DE BARBADELO.- ( desaparecida )  No espazo frenteiro aos depositos da traída de augas e  a Casa do Campo da Feira ) Vencellada ao Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria.

CAPELA DE SANTIAGO DO MERCADO.- Perivivencia  da primeira poboación  da Vilanova de Sárria, na parte baixa  cara o oeste da Fortaleza ( hoxe Rúa Santiago do Mercado ) Estivo en pé  até mediados do século XIX.Vencellada  ao Mosteiro da Madalena e aos Arcediagos de Sárria.

CAPELA DE SAN MARCO.- A leste da Fortaleza, no Monte Común da Fortaleza Vencellada aos Arcediagos de Sárria . Estivo destinada a enterramento dos sarriaos cando non había espazo dispoñible  dentro das igrexas parroquiais da vila. Derrubada  no século XIX, no espazo darredor  da capela o Concello fixo o primeiro cemiterio de promoción municipal, despois do ano 1820.

CAPELA DE SAN ROQUE.-  Dentro do Hospital de San Roque, pertencente ao Mosteiro da Madalena, onde na actualidade están os locais de servizo do Cemiterio Municipal.

HOSPITAL DE SAN ROQUE.-  Dependente do Mosteiro da Madalena. Estaba fronte do mosteiro, onde agora está o novo cemiterio.Era unha casa que tiña dentro a capela de San Roque , a albergaría dos peregrinos e a casa dos hospitaleiros. Foi derrubado  no século XVIII e foi sustituído polos Hospitaliños Novos alzados na Obra Nova.

.                                       CASAS

1.- CASA DE  FRANCISCO LOUREIRO ( CASA FERREIRÓ ).

Casa terrea de 8 por 10 varas en cadro, en San Salvador, baixo da Fortaleza.

Fronte : camiño ; Esquerda: Francisco Loureiro, Dereita: Francisco Loureiro

2.-  CASA DE FRANCISCO LOUREIRO  ( CASA FERREIRÓ)

Casa terrea  de 6 por 6 varas en cadro, en San Salvador , baixo da Fortaleza.

Fronte :  camiño; Esquerda: Francisco Loureiro ; Dereita: Francisco Loureiro.

Bens: Leiro dos Barredos ,Monte dos Esqueiredos, Cortiña dos Esqueiredos,  Cortiña dos Esqueiredos,  Monte dos Esqueredos, Horto de San Salvador, Cortiña de San Salvador, Leiro de San Salvador, Monte de San Salvador Total: 27 ferrados e 3 dazaseisavos de outro.

Rendas que pagaba: A Bernardo Rivera Quiroga, de Vilasante-San Martiño do Fontao, 16 ferrados de centeo, por foro.- A  Manuel Cedró, de Farnadeiros, 10 ferrados de centeo, por foro.- A Nicolau Balboa , de Perros- Santo Estevo de Calvor, 5 ferrados de centeo, por foro.- Á Fábrica da Igrexa de San Salvador, 1 real por primicias.- Ao Apóstolo Santiago, por Voto, 1 ferrado de centeo.

Gado:  2 bois de arada ,  2 vacas parideirasm ,  1 xovenca, 1 porca pasrideira. 5 porquiñas  e 4 porquiños.

 ............................................................................................................................................................................

3.- CASA DE ANTONIO DÍAZ, veciño de Santiago de Freituxe (CASA DE CAPÓN DE ARRIBA)

Casa terrea de 5 por 6 varas en cadro, en San Salvador, na traseira da igrexa

Fronte: Rúa Principal. Esquerda; Antionio Díaz. Dereita, camiño ( Corga de Matavellas ); Fondo: Camiño dos Fornos.

Bens: Horto de San Salvador e Cortiña de San Salvador. TotaL:  3 cuartas de ferrado 

.....................................................................................................................................................................

4.- CASA DE MARTIÑO DÍAZ, en Sárria,perto da Praza

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Xosé de Armesto. Dereita Antonio Díaz

Casa de baixo e sobrado de 6 por 5  varas en cadro

Bens:  Horto de San Salvador, Total; Unha cuarta de ferrado.

.......................................................................................................................................................................

5.- CASA DE XOSÉ ARMESTO SOMOZA

Casa terrea de 10 por 6 varas en cadro.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda : Xosé Armesto. Dereita: Martiño Díaz

6.- CASA DE XOSÉ ARMESTO SOMOZA, en Sárria, na Praza

Casa terrea de 10 por 18 varas en cadro.

Fronte; Rúa Principal. Esquerda; Praza . Dereita; Xosé Armesto Somoza

Bens:  Horto de Sárria . Total: 1 ferrado.

Renda que pagaba:  A Manuel Cedrón, de San Pedro de Farnadeiros: 11 reais por foro 

......................................................................................................................................................................

7.- CÁRCERE DOS CONDES DE LEMOS, en Sárria, na Praza

Casa do Cárcere, propiedade do Marqués de Sárria ( Señor da Vila)

Casa de baixo e un sobrado,  de 7 por catorce varas en cadro.-

Fronte: Praza. Esqiuerda: camiño: Dereita : Xosé de Armesto Somoza. Traseira: Martiño Díaz

O Marqués de Sárria percibía por alcabalas  200 reais en cada un ano  dos veciños da parroquia. E por desmos e bens eclesiásticos cobraba 16 ferrados dos veciños de Santa Maríña de Sárria

.....................................................................................................................................................................

8.-  CASA DE BERNARDO RIVERA, veciño de Vilasante-San Martiño do Fontao

.Casa de baixo e un sobrado, de  12 por 24 varas en cadro.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Manuel Somoza. Dereita: Praza.Traseira: Lucas Somoza Saavedra

9.-  CASA DE LUCAS SOMOZA SAAVEDRA. veciño da Vila de  San Martiño de Laiosa

Casa terrea de 20 por 6 varas en cadro.

Fronte: Praza . Esquerda: Bernardo Rivera. Dereita : Lucas Somoza Saavedra. Traseira:Hospital Vello

Bens: Horto de Abaixo e Horto de Tras da Casa. Total: 3 oitavos de ferrado.

10.- CASA DO HOSPITAL VELLO/OBRA PÍA DOS GUITIÁN

Propiedade da Obra Pía dos Díaz de Gutián ( Tulla , cámara para sacerdotes e capela )

Casa de 8 por 30 varas  en cadro.

Bens: Horto de Tras da Casa  Unha cuarta de ferrado.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Fernando Pérez. Dereita: Brnardo Rivera e Lucas Somoza Saavedra-

11.- CASA DE FERNANDO PÉREZ

Casa terrea de 4 por 18  varas en cadro.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Miguel Rivas.  Dereita: Manuel Somoza. 

Bens: Horto de Tras da Casa. Total: Un oitavo de ferrado.

Renda que pagaba:  24 reais en cada un ano, ao Marqués de Viance, por foro.

Gado:  1 xovenquiña e un marranquelo

12.- CASA DE MIGUEL RIVAS

Casa de baixo e un sobrado, de 8 por 14 varas en cadro.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda, terra de Miguel Rivas( estremeira coa parroquia  de Santa Mariña de Sárria )Dereita: Fernando Pérez. Traseira: Horto de Tras da Caa 

Bens:  Horto de Tras da Casa. Total: Unha cuarta de ferrado-

Renda que pagaba: A Manuel Somoza, cura de Santa María de Lier, como capelán da capelanía inclusa en Santa Mariña de Sárria, 31 reais.

Gado propio:  2 porcos de a sete meses-

13.- CASA DE FRANCISCO DE ARMESTO

Casa terrea  en Arriba, de 3 por 6 varas en cadro.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Horto; Dereita: Francisco de Armesto.

14.-  CASA DE FRANCISCO  DE ARMESTO 

Casa de baixo e un andar, en Arriba,  de 18 por 18 varas en cadro.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Francisco de Armesto. Dereita Viela de San Lázaro ( A Calexa )

Bens: Horto do Barredo, Leiro do Barredo, Devesa do Barredo, Horto de Riba .Total:  3 ferrados e 3 cuartas e un dazasisavo de outro.

Gado propio: 2 bois de arada e 6 porquiños.

15.- CASA DE MANUEL MELLE

Casa de baixo e un andar, en Sárria, de 16 por 16 varas en cadro.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Viela de San Lázaro ( A Calexa ). Dereita: Fernando López. 

Bens: Horto da Porta, Horto de Abaixo. Total:3 oitavas de ferrado.

Renda: Por estes bens e outros en San Pedro de Maside  pagaba a Xosefa de Lemos, de Santa María de Soutolongo, por foro 12 ferrados de trigo, 4 ferrados de centeo e 15 reais en diñeiro, por  foro.A Fábrica da Igrexa de San Salvador  1 real por primicias.- Ao Apóstolo  , por Voto, medio ferrado de centeo.

Gado propio: 2 marranquelos.

16.- CASA DE FERNANDO LÓPEZ

Casa de baixo e sobrado, en Sárria, de 4 por 16 varas en cadro. 

Bens: Horto da Casa. Total: Unha oitava de ferrado.

Gado propio: Unha porca parideira,

17.- CASA GRANDE DE SÁRRIA ( Casa Grande dos Saavedra )

Casa  en Sárria, con dous corpos laterais  de baixo e sobrado e unha torre central de baixo e dous andares, con capela de San ( particular ), pombal, forno e pallares. Superficie 20 por 20 varas en cadro.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Fernando López. Dereita: Francisco  Illanes. Fondo: Horto do Pombal. Horto da Casa e parroquia de San Pedro de Maside. Pertencíalle tamén a Capela do Campiño ( que era da parroquia de Maside ) onde se xuntaban as parroquia de San Salvador de Sárria, Santa Mariña de Sárria e San Pedro de Maside

Bens : Cortiña do Pombal, Horto do Pombal, Horto de Novoa, Horto de Tras da Casa. Total:  1 ferrado e sete oitavas doutro.

Renda que pagaba: Ao Mosteiro de San Xulián de Samos, 4 ferrados de trigo.- 240 reais por 120 misas ; 60 reais para cera e ornato da capela onde se celebraban.

 18.- CASA DE FRANCISCO ILLANES, veciño de San Cosmede de Fiolleda )

Casa de baixo e sobrado, en Sárria, de 9 por 22 varas en cadro.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Lucas Somoza Saavedra. Dereita: Anxo Rodríguez.

Bens: Horto de Tras da Casa. Total: Unha oitava de ferrado.

Rendas que pagaba: A María Xosefa de Lemos, de Santa María de Soutolongo, 1 ferrado de centeo. Ao Cura de San Salvador de Sárria 6 ferrados de centeo, por misas aniversarias.

19.- CASA DE ANXO RODRÍGUEZ

Casa de baixo e sobrado, en Sárria, de 6 por 15 varas en cadro.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda : Francisco Illanes. Dereita:  Parroquia de Santa Mariña de Sárria ( Casa de Manuel Monteagudo ) 

Bens: Horto dos Barredos, Cortiña dos Barredos, Total: 9 dazaseisavos de ferrados.

20.-  CASA DO FORNO, DE MANUEL LÓPEZ CARROZAS ( herdeiro de Inés Fernández )

Casa terrea  , no Forno,  de 12 por 9 varas en cadro , 

Fronte: Camiño do Forno ( Camiño de Fora ); Esquerda: Cristovo de Rivas. Dereita: Inés Ferández

Bens: Leiro dos Esqueiredos,Monte dos Esqueiredos, Leiro dos Esqueiredos, Cortiña do Forno, Leiro do Forno. Total: 8 ferrados.

Rendas que pagaba: A Antonio Torreiro, da Coruña, 16 ferrados de centeo, por foro.-  A Antonio Losada, de Santa Mariña de Sárria, 4 ferrados de centeo por foro.-  Ao Hospital de Santo Antón Abade de Sárria, polos xuros dun censo redemible , 30 reais 17 maravedís.-  A Francisco Pardo, de Vilamaior das Cabras, 4 ferrados de trigo.-  Á Fábrica  da Igrexa de San Salvador, por primicias, 20 reais.-- Ao Apóstolo Santiago por Voto, medio ferrado  de centeo.

Gado propio: 1 xovenca, 1 porca parideira e 1 porquiño.

21.- CASA DO FORNO , DE CRISTOVO RIVAS

Casa de baixo e un andar, no Forno, de 6 por 10 varas en cadro.

Fronte: Camiño do Forno ( Camiño de Fora ). Esquerda: Inés Fernández. Dereita: Cristovo Rivas. 

Bens: Horto do Forno. Total: Unha oitava de ferrado. ( Tamén tiña  bens en  Santa Mariña de Sárria )

Rendas que pagaba;  A Lourenzo Pardo, de Santa María Madalena de Sabarei, 30 reais.- Ao Cura de San Salvador de Sárria: 8 ferrados de centeo.- A Xoán de la Peña, Cura de Santa Mariña de Sárria, 4 ferrados de centeo.

Gado  propìo:  3 porquiños.

                            VEIGA DE ABAIXO ( Perto da Ponte da Áspera )

22.- CASA DE MARÍA LÓPEZ

Casa de baixo e un andar, de 9 por 15 varas.

Fronte: Camiño Real de Santiago.

23.- CASA DE MARÍA LÓPEZ

Casa terrea , de 6 por 5 varas en cadro. 

Fronte: Camiño Real de Santiago

24.-  CASA DE MARÍA LÓPEZ

Casa terrea, de 4 por 5 varas en cadro.

Fronte: Camiño Real de Santiago 

Bens: Monte dos Barredos.- Leiro dos Barredos.- Devesa dos Barredos.- Monte dos Barredos.- Leiro dos Barredos.- Leiro da Costa.- Leiro da Costa da Áspera. Total: 41 ferrados e medio.

Rendas que pagaba ( tamén por bens en Maside )  Ao Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria, 27 ferrados de centeo, 5 ferrados de trigo, 1 leitón cebado e 2 galiñas.- A Fábrica da Igrexa de San Salvador de Sárria, 1 real por primicias. Ao Apóstolo Santiago, medio ferrado de centeo por Voto.

Gado propio: 2 bois de arada, 1 cuxa, 1 cuxo, 2 xovencas, 1 xovenquiña, 12 ovellas matrices, 3 años, 6 cabras parideiras, 3 cabistiñas, 2 porcas parideiras, 6 porquiños, 8 porcos e 6 colmeas.

..........................................................................................................................................................................

25.- CASA DE ROQUE ARIAS , de San Pedro de Maside.

Casa terrea de 9 por 9 varas en cadro.

Fronte; Camiño Real de Santiago. 

Bens: Leiro da Áspera, Monte dos Esqueiredos. Total: 2 ferrados e medio.

Rendas que pagaba: Ao Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria, 2 galiñas e 4 reais, esmola de dúas misas aniversarias.

**********************************************************************************

                           PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA

 Estremas: 1.- Marco de Casteledo. 2.- Marco do Campo de Vigo. 3.- Marco da Cruz de Pradeda. 4.- Cerra da Cortiña de Vales. 5.-  Marco do Chanto con cruz, na Casa de Manuel Fernández Monteagudo

Monte Común " CAMPO DE VIGO " ( ou Campo do Rolo ). 20 ferrados ( hoxe CEIP Frei Luis de Granada )

Espazos: Santa Mariña.- Adro de Santa Mariña- Calellón-Ferradores.- A Pedreira-As Airas.-  Arrabaldo.- Ponte Ribeira-  A Alvareda

IGREXA DE SANTA MARIÑA

                                                    CASAS 

01.- CASA DE MANUEL MONTEAGUDO

Casa de baixo e sobrado, de 6 por 12 varas en cadro, en Santa Mariña

Fronte: Rúa Principal. Esquerda, parroquia de San Salvador de Sárria ( Casa de Francisco Illanes ) Dereita; Casa de Xosé Macía. 

Bens: Horto de Tras da Casa ( 1 / 16 de ferrado )

02,-. CASA DE XOSÉ MACÍA  ( Casa Macía )

Casa de baixo e Sobrado, de 6 por 20 varas en cadro, en Santa Mariña

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Casa de Manuel de Monteagudo. Dereita: Casa de Xoán de la Vega 

Bens: Bens; Horto de Tras da Casa ( unha cuarta de ferrado )

Renda que pagaba:  A Isidro de Yebra, de San Pedro de Láncara, 6 ferrados de centeo por foro.- ä Fábrica da Igrexa de Santa Mariña 1 real por primicia.- Ao Apóstolo Santiago, medio ferrado de centeo por Voto.

Gadro propio:  Unha vaca parideira, unha xovenca, unha porca de ventre  e 4 porquiños.

03.- CASA DE XOÁN DE LA VEGA, veciño da Vilerma, en San Pedro de Maside.

Casa  de baixo e sobrado, de 6 por 14 varas en cadro, en Santa Mariña

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Casa de Xosé Macía. Dereita: Casa  de Xoán de la Peña

Bens: Horto de Santa Mariña ( unha oitava de ferrado); Horto de Tras da Casa ( 1 ferrado ); Horto da Porta ( unha oitava de ferrado ); Cortiña dos Fornos ( 5 ferrados ). TotaL:  6 ferrados e unha cuarta de outro.

04.- CASA DE XOÁN DE LA PEÑA ( párroco de Santa Mariña de Sárria )

Casa de baixo e sobrado, de 12 por 12 varas en cadro, en Santa Mariña.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda Casa de Xoán de la Vega. Dereita: Casa de Francisco Franco

Bens: Horto de Tras da Casa ( unha cuarta de ferrado ).- Cortiña da Amieiriza ( 2 ferrados ).- Total: 2 ferrados e unha oitava de outro.

Como Cura párroco de Santa Mariña de Sárria percibía  250 reais dos desmos maiores e menores  dos frfroitos e gado da parroquia.

Rendas:que pagaba: Ao Arcediago de Sárria 14 ferrados de ceneto pola "loitosa".  e 10 reais por dereito de procuración.- Ao Visitador Eclesiástico polos dereitos de visita no Curato: 18 reais.- Ao Bispo de Lugo, 1 real e8 maravedís.- Por subsidio e excusado, 34 reais.- Pola casa pagáballe de renda a Diego de Oca, de Betanzos, 2 ferrados de centeo e tres cuartas de outro-

05.- CASA DE FRANCISCO FRANCO

Casa terrea de 5 por 14 varas en cadro, en Santa Mariña.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda, Casa de Xoán de la Peña . Dereita: Casa de Francisco Illanes

Bens: Horto de Tras da Casa  ( unha cuarta de ferrado ).- Souto das Ribeiras  ( umha oitava de ferrado). TotaL Tres oitavas de ferrado.

Rendas que pagaba : Ao Convento de Santo Agostiño ( A Madalena de Sárria ) 33 reais por foro.- ä Fábrica da Igrexa de Santa Mariña de Sárria, 1 real por primiciias.

Gado propio: Unha porca de ventre.- Dous porcos e 2 porquiños.

06.- CASA DE FRANCISCO ILLANES, veciño de San Cosmede de Fiollleda

Casa terrea, de 4 por 14 varas en cadro, en Santa Mariña.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Casa de Francisco Franco, Dereita: Casa de Xoán Fernández

Bens: Hortiño de Tras da Casa (  1 /16 de ferrado ).- Horto de Tras da Casa (  unha oitava de ferrado). Total : 3 /16 de ferrado.

07.-CASA DE XOÁN FERNÁNDEZ

Casa  de baixo e sobrado, de 4 por 10 varas en cadro.

Fronte : Rúa Principal. Esquerda: Casa de Francisco Illanes. Dereita; casa de Domingos Ares 

Bens.- Horto de Tras da Casa ( tres oitavas de ferrado )

Rendas que pagaba: A Bernardo Rivera Quiroga, de Vilasante.Fontao, 2 ferrados de centeo por foro.- ä Fábrica da Igrexa de Santa Mariña  1 real por primicias.

08.- CASA DE DOMINGOS ARES

Casa  terrea, de 6 por 16 varas en cadro, en Santa Mariña

Fronte: Rúa Principal. Esquerda; Casa de Xoán Fernández. Dereita: Casa de Santiago Díaz 

Bens: Horto de Tras da Casa  ( unha oitava de ferrado )

Gado propio: Unha vaca parideria, un tenreiro e catro porquiños.

09,. CASA DE SANTIAGO DÍAZ

Casa de baixo e sobrado, de 4 por 20 varas en cadro, en Santa Mariña.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: casa de Domingos Ares. Dereita: Casa de Xoán de Neira

10,-CASA PALLAZA DE SANTIAGO DÍAZ ( na traseira da casa principal )

11,. CASA DE XOÁN DE NEIRA

Casa de baixo e sobrado,  formada por un corpo  de baixo ( de 3 por 8 varas ) e outro de baixo e sobrado ( de 11 por 18 varas tamén en cadro) en Santa Mariña-

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Casa de Santiago Díaz. Dereita: Casa de Manuel Pradeda

12.- CASA DE XOÁN DE NEIRA ( CASA DO ADRO DE SANTA MARIÑA  )

Casa de baixo e sobrado, de 6 por 12 varas en cadro, no Adro de Santa Mariña.

Fronte: Adro de Santa Mariña. Esquerda: Camiño

Bens:  Horto de Tras da Casa ( unha cuarta de ferradoi) Horto do Adro  ( unha oitava de ferrado ).- Cortiña do Toleiro ( 1 ferrado ).- Leiro da Carreira ( medio ferrado ).- Cortiña das Ribeiras ( medio ferado ).- Leiro da Alvareda ( 3 ferrados ).- Leiro da Carreira ( 3 ferrados ).- Leiro da Alvareda ( 3 ferrados ) Total:11 ferrados e tres oitavas de outro.

Rendas que pagaba :  A Bernardo Rivera Quiroga, de Vilasante ( Fontao ) 12 reais por foro.- Ao Marques de Viance, 15 reais; Ao Hospital de Santo Antón Abade  de Sárria , 33 reais  por ouservanbza antiga.- A Fábrica da Igrexa de Santa Mariña de Sárria, un real por primicia.- Ao Apóstolo Santiago, ,medio ferrado de centeo por Voto. Tota: 64 reais en diñeiro e medio ferrado de centeo-.

Gado propio: Unha vaca parideira, unha tenreira, unha porca parideira, dous marranquelos, dous machos para traballos de arrieiría e un mulo.

13.- CASA DE MANUEL PRADEDA, veciño de San Salvador de Soutomerille-Castroverde

 Casa  de baixo e un andar, de 10 por 20 varas, en Santa Mariña.

Fronte: Rúa Principal.  Esquerda: Casa de Xoán de Neira. Dereita: Casa de Rosa Valcarce

14,. CASA DE ANTONIO DÍAZ SOMOZA

Casa de baixo e sobrado , de 9 por 19 varas, en Santa Mariña.

Fronte: Rúa Principal- Esquerda: Xosé Valcarce. Dereita: Parroquia de San Salvador de Sárria 

15,-CASA DE XOSÉ VALCARCE

Casa  de baixo e sobrado, de 5 por 24 varas en cadro, en Santa Mariña.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Casa de Gaspar Valcarce. Dereita: Casa de Antonio Díaz

16.-CASA DE GASPAR  VALCARCE- , crego, veciño de Santalla de Toiriz

Casa de baixo e sobrado de 13 por 16 varas  en cadro, en Santa Mariña.

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Casa de Fernando Mendoza. Dereita: Leonor Valcarce.

7.- CASA DE FERNANDO MENDOZA

Casa  de baixo e sobrado de 11 por 10 varas en cadro , en Santa Mariña.

Fronte: Rúa Principal.  Esquerda: Lucas Somoza Saavedra. Dereita Xoán de la Peña.

18.-  CASA DE BENITA  PARDO

Casa terrea de 5 por 24 varas en cadro, en Santa Mariña

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Xoán de la Vega. Dereita: Lucas Somoza

19,. CASA DE DIEGO GÓMEZ RUBIÑOS

Casa de baixo  e sobrado, de 6 por 14 varas en cadro, baixoen Santa Mariña

Fronte: Rúa Principal. Esquerda: Antonio Losada. Dereita: Lucas Losada.

20.- CASA DE ANTONIO LOSADA

Casa de baixo e sobrado  14 por 18 varas en cadro , en Santa Mariña

Fronte: Rúa  Principal. Esquerda; Xoán de Pradeda. Dereita: Diego Gómez Rubinos.

21.- CASA DE XOÁN DE PRADEDA

Casa de baixo e sobrado, de 8 por 22 varas en cadro,  en Santa Mariña.

Fronte: Rúa Principal.  Esquerda; Xoán de Pradeda. Dereita: Calellón

22,. CASA DE ROSA VALCARCE

Casa  de baixo e sobrado, de 16 por 16 varas, en Santa Mariña-

Fronte : Rúa Principal. Esquerda: Plácido Sarmiento; Dereita: Xoán de Pradeda.

23,.-CASA DE DOMINGOS QUIROGA, veciño de Santa Mariña de Pino

Casa de baixo e sobrado, de  8 por 9 varas  en cadro, en Tras Adro de Santa Mariña 

Fronte: Adro de Santa Mariña. Esquerda: Camiño. Dereita: Domingos Quiroga.

24.- CASA DE XOSÉ DE ARMESTO, veciño de San Salvador de Sárria

Casa terrea de 14 por 8 varas en cadro, na Rúa de Ferradores

Fronte: Rúa de Ferradores. Esquerda: Xosé de Armesto Dereita: Camiño

25-. CASA DE PLÁCIDO SARMIENTO

Casa de baixo e  sobrado, de 18 por 20 varas en cadro,na Rúa de Ferradores.

Fronte: Rúa de Ferradores. Esquerda: Camiño. Dereita: Xosé de Armesto.

26.- CASA DE MANUEL DE CASTRO

Casa de baixo e sobrado, de 10 por 6 varas,  na Rúa de Ferradores

Fronte: Rúa de Ferradores. Esquerda: Domingos Quiroga. Dereita : Rúa

27,. CASA DE PLÁCIDO SARMIENTO

Casa de baixo e sobrado, de 14 por 8 varas en cadro ,  na Rúa de Ferradores.

Fronte: Rúa de Ferradores. Esquerda: Adro de Santa Mariña- Dereita: Lucrecia Valcarce.

28.- CASA DA AIRA VELLA DE PLÁCIDO SARMIENTO 

Casa terrea de 8 por 6 varas en cadro na Aira Vella ( A Pedreira )

Fronte: Camiño. Esquerda e Dereita: Placido Sarmiento

29,. CASA DE LUCRECIA VALCARCE

Casa  de baixo e sobrado, de 8 por 7 varas en cadro, na Rúa de Ferradores

Fronte e Dereita: Rúa de Ferradores. Esquerda: Plácido Sarmiento.

30 .- CASA DE BARTOLOMEU ULLOA ( Casa dos Ulloa )

Casa de baixo e sobrado, de 12 por sete varas en cadro , na Rúa de Ferradores.

Fronte: Rúa de Ferradores. Esquerda: Lucrecia Valcarce. Dereita; Calellón.

31.- CASA DE XULIÁN DÍAZ DE GUITIÁN

Casa de baixo e sobardo, de 18 por 16 varas en cadro , na Pedreira.

Fronte : Camiño. Esquerda: Xulián Díaz de Guitián. Dereita: Camiño.

32.- CASA DE XOÁN TEIXEIRO

Casa terrea , de 10 por 8 varas en cadro, na Pedreira

Fronte : Camiño. Esquerda: Plácido Sarmiento. Dereita: Xulián Díaz de Gutián.

33.- CASA DE PLÁCIDO SARMIENTO

Casa  terrea de  10 por 20 varas en cadro, na Pedreira

Fronte: Camiño. Esquerda: Plácido Sarmiento. Dereita : Camiño

34.- CASA DE XOSÉ VALCARCE, crego

Casa de baixo e sobrado, de 6 por 8 varas en cadro , no Calellón.

Fronte: Calellón. Esquerda: Xoán de Neira. Dereita: Igrexario

35.-  CASA DE DOMINGOS LÓPEZ QUIROGA

Casa  terrea , de 10 por 6 varas en cadro, no Calellón 

Fronte : Calellón. Esquerda: Igrexario. Dereita: Manuel López

36.- CASA DE MANUEL LÓPEZ

Casa de baixo e sobrado, de 8 por 8 varas en cadro , no Calellón.

Fronte: Calellon. Esquerda: Domingos Quiroga. Dereita: Manuel de Castro

37.- CASA DE MIGUEL LÓPEZ.carteiro

Casa  de baixo e sobrado, de 8 por 8 varas en cadro, no Arrabaldo  

Fronte:  Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Mateu de Armesto. Dereita : camiño

38.- CASA DE MATEU DE ARMESTO

Casa de baixo e sobrado, de 6 por 18 varas en cadro, no Arrrabaldo

Fronte: Rúa do Arrrabaldo. Esquerda: Mateu de Armesto.Dereita: Miguel López

39,. CASA DE MARÍA LÓPEZ

Casa  de baixo e sobrado, de 8 por 8 varas en cadro, no Arrabaldo.

Fronte:   Rúa de Ferradores. Esquerda: Manuel López.  Dereita: Manuel García.

40 .- CASA DE XULIÁN DÍAZ DE GUITIÁN

Casa de baixo e sobrado,  de 16 por 7 varas en cadro, no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Manuel García. Dereita: Manuel García.

41.- CASA DE MANUEL GARCÍA

Casa  de 10 por 6 varas en cadro  no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Xulián Díaz de Gutián. Dereita: Camiño

42.- CASA DE LUCRECIA VALCARCE

Un formal de casa a pardiñeiro, de 8 por 10 varas en cadro, no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Camiño. Dereita: Mateu de Armesto

43..- CASA DE MANUEL DE CASTRO

Casa de baixo e sobrado, de 12 por 6 varas en cadro, no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Xosefa Fernández. Dereita: María López

44.- CASA DE  XOSEFA FERNÁNDEZ

Casa  terrea, de 10 por 10 varas en cadro, no Arrabaldo. 

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Xosé García. Dereita : Xosefa Fernández

45.- CASA DE XOÁN TEIXEIRO 

Casa terrea, de 8 por 12 varas en cadro, do Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Camiño. Dereita: Bernardo Rivera

46.- CASA DE BERNARDO RIVERA , veciño de Vilasante-San Martiño do Fontao

Casa  terrea de 4 por 6 varas, no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Xoán Teixeiro. Dereita: Pedro Vázquez

47.-  CASA DE LUCRECIA VALCARCE

Casa  de baixo e sobrado, de 8 por 16 varas, no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Pedro Vázquez

48.- CASA DE PEDRO VÁZQUEZ

Casa de baixo e sobrado, de 10 por 10 varas, no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Lucrecia Valcarce. Dereita: Camiño

49 .- CASA DE PEDRO VÁZQUEZ

Casa de baixo e sobardo, de 8 por 12 varas en cadro , no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo.  Esquerda: Bernardo Rivera. Dereita: Lucrecia Valcarce

50.- CASA DE DOMINGOS LÓPEZ SANTOS

Casa  terrea, de 16 por 7 varas en cadro, no Arrabaldo

Fronte  : Rúa do Arrabaldo.  Esquerda: Calellon. Dereita: Xosé Teixeiro. Traseira: Carreira de Santa Mariña

51.- CASA DE XOSÉ TEIXEIRO

Casa terrea ,  de 10 por 6 varas en cadro, no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda : Domingos (  Díaz ) Santos . Dereita: Diego Varela

52.- CASA DE DOMINGOS LÓPEZ

Casa terrea , de 10 por 6 varas en cadro, no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo.  Esquerda: Diego Varela. Dereita: Xoán Manuel Quiroga. Traseira: Carreira de Santa Mariña

53.- CASA DE DIEGO VARELA, cirurxano do Hospital de Santo Antón

Casa de baixo e  sobrado, de 8 por 14 varas en cadro, no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Xosé Teixeiro. Dereita: Domingos López. Traseira: Carreira de Santa Mariña.

54.-  CASA DE XOÁN MANUEL QUIROGA

Casa  terrea, de 6 por 15 varas en cadro, no Arrabaldo 

Fronte: Rúa do Arrabaldo; Esquerda: Domingos López. Dereita : Xoán Teixeiro.

55.- CASA DE XOÁN TEIXEIRO

Casa  de baixo e sobrado, de 10 por 8 varas en cadro , no Arrabaldo

Fronte: Rúa do Arrabaldo. Esquerda: Xoán Manuel Quiroga Díaz. Dereita: Camiño

56,. CASA DE TOMÉ DÍAZ

Casa terrea, de 10a 6 varas en cadro, na Costa da Fonte

Fronte: Camiño da Costa. Esquerda: Camiño. Dereita:  María López

57.- CASA DE MARÍA LÓPEZ

 Casa de baixo e sobrado, de 4 por 6 varas en cadro , na Costa da Fonte

Fronte: Camiño da Costa. Esquerda: María López. Dereita: Mateu de Armesto

58.- CASA DE DOMINGOS LÓPEZ

Casa terrea , de 6 por 6 varas en cadro, na Ponte ( Ponte Ribeira )

Fronte; Camiño. Esquerda: camiño. Dereita: Domingos López

59.- CASA DE DOMINGOS LÓPEZ

Casa de baixo e sobrado, de 10 por 6 varas, en cadro  na Ponte ( Ponte Ribeira)

Fronte: Camiño.Esquerda: Camiño. Dereita: Domingos López

60.- CASA DE ALEXANDRE LÓPEZ

Casa terrea , de 16 por 6 varas en cadro, na Ponte ( Ponte Ribeira )

Fronte: Camiño. Esquerda : Alexandre López, Dereita : A Ponte Ribeira

61,. CASA DE FRANCISCO LÓPEZ "ROXO"

Casa de baixo e sobrado, de 9 por 6 varas en cadro,, na Ponte ( Ponte Ribeira)

Fronte : Camiño. Traseira: Domingos López

62.- CASA DE MARÍA GONZÁLEZ 

Casa terrea, de 5 por 12 varas en cadro, na Costa.

63.- CASA DE XOÁN  DE LA PEÑA SOMOZA, párroco de Santa Mariña de Sárria

Casa pertencente ao Igrexario, terrea, de 5 por 6 varas en cadro, na Alvareda.

Fronte : Camiño. Esquerda, Dereita e Traseira:  Igrexario

                                                        .......................................

Había 46 propietarios de casa. 24 casas eran terreas  , 38 casas de baixo e sobrado e 1 formal de casa.



Comentarios

Publicacións populares