CONFRADERÍA DA NOSA SEÑORA DA SOIDADE. SÁRRIA (1745)

Na vila de Sárria no ano 1744, baixo a inspiración dos sarriaos residentes en Madrid Xosé Álvarez e a súa esposa María Antonia Moreno, un bon número de veciños de Sárria e sacerdotes fundaron a Confradería da Nosa Señora da Soidade que ten riba dela unha historia de máis de 277 anos, e que na actualidade, baixo a denominación do Santo Enterro e a Virxe da Soidade, que todos os anos ten presenza activa na programación dos actos da Semana Santa Sarriá.

Os primeiros pasos dados  por esta confradería e os seus compoñentes aparecen reflectidos nas súas constitucións , editadas en Madrid, e no Libro de Fábrica da parroquia de Santa Mariña de Sárria.

CONSTITUCIÓNS DA CONFRADERÍA  DA NOSA SEÑORA  DA SOIDADE SITA NA VILA DE

SÁRRIA

XESÚS, MARIA, E XOSÉ

NO NOME DE DEUS PAI, todopoderoso, do noso Señor Xesús Cristo, o seu Unixénito Fillo, e do Espíritu Santo, tres persoas distintas e un só Deus verdadeiro.

Eu Don Xosé Álvarez, natural da Vila de Sárria, e veciño da Corte, e Vila de Madrid, xunto cos Señores Curas, Sacerdotes  e seglares, dos que abaixo se fará mención, con licenza do Ilustrísimo  Señor Don Caetano Gil Taboada, Bispo, e Señor da Cidade de Lugo, fundamos unha Confradería á advogación da Nosa Señora da Soidade, cuxa Imaxe se acha na Igrexa de Santa Mariña da Vila de Sárria, e nun Colateral que está man dereita  ao entrar na dita Igrexa, a que remesei  e adornei con marco, e remates  dourados, cenefa  e cortinas, frontais, e o máis necesario , e en cuxo Altar se canta unha misa pola miña devoción  todos os sábados, e na dita Igrexa, e diante da dita Imaxe se continúan  moitas outras Oracións na honra , e louvor da Santísima Maxestade. E para que vaia en aumento o culto Divino, e o que os seus Devotos achen o tesouro que necesitan para as súas almas, fundamos a dita Confradería, coas Constitucións das que abaixo se fará mención.

Na dita Vila de Sárria a oito días do mes de Setembro de mil setecentos corenta e catro.

FUNDADORES

Primeiramente, Don XOSÉ ÁLVAREZ, natural da Vila de Sárria, e veciño da Corte, e Vila de Madrid, quen ofrece o sacar da Súa Santidade dous Buletos, un  de Indulxenzas, e o outro de Altar de Ánima. Tamén a súa muller  Dona María Antonia Moreno, como Fundadora, quen sacou os dous Buletos, que xa van inclusos nas Constitucións; e ademáis deu de esmola un  Libro en Branco, de folio, para o asento dos Irmáns que entren na dita Confradería.

SEÑORES CURAS, E SACERDOTES

Don Xoán de la Peña Somoza, Cura de Santa Mariña da Vila de Sárria, Don Sebastián García, Cura de San Salvador da dita Vilka. Don Francisco de Balboa e Sarmiento, Cura de San Pedro de Maside. Don Xoán Rivera Quiroga, Cura de San Martiño do Fontao. Don Alonso Díaz, Cura de San Fiz de Reimóndez, Don Xoán de Erbón, Cura de San Martiño do Río, Don Manuel Díaz de Valcarce, D. Xosé Valcarce, D, Xosé Pardo D, Antonio Gil Quiroga, Presbíteros, e veciños desta dita Vila.

SECULARES

Don Lucas Somoza e Saavedra, Don Plácido Sarmiento, Don Antonio Losada, Don Xosé de la Peña Somoza, Don Xosé de Armesto Somoza, Don Fernando Lamela,  Don Antonio Díaz de Freixo, Don Antonio Díaz Somoza,  Don Domingos Pérez, Don Francisco Valcarcer. Eusebio López de Armestro, Antonio Díaz, Antonio Colomo  Bieito López, Manuel de Castro. Xoán de Rial, Fundadores. Don Xosé Pastor de Perera y Doña Felipa Tejo, Dona Ánxela Bueno, Xoán López, Antonia Capón, e Domingos López, Agostiño de la Fuente, e Ana Gómez.

CONFRADES

Xosé Teixeiro, Cristovo de Rivas, Francisco Carvallo, Manuel de Monte Agudo,  Fernando Mendoza,  Francisco Franco, Antonio García, Diego Gómez, Santiago  Díaz, Xoán López de Armestro, André Díaz,Domingos López, Manuel García, Xoán Teixeiro,  Pedro Vázquez, Lorenzo Franco,  Tomé Díaz, Francisco Roxo, Francisco López, Xoán  García, Xoán Fernández, todos veciños desta Vila, xuntos de mancomún  fundamos a dita Confradería da Nosa Señora da Soidade, para que esta Soberna Señora nos tome baixo da súa proteción, e amparo, e que nela sirvamos, e ao seu Santísimo Fillo, con máis eficacia  logremos os sazonados froitos e Indulxenzas que a Súa Santidade nos conceda para remisión dos nosos pecados e alcanzarmos perdón deles, para despois desta vida lograrmos a derrrasdeira fin, que a de vela na gloria.

E suplicamos ao dito Xosé Álavrez que faga as dilixenzas  para que a Súa Santidade despache dous Buletos de Indulxenzas, e Altar de Ánima, e pida, que no dito Buleto de Indulxenzas despache a primeira Indulxenza  Plenaria, e remisión dos pecados aos Confrades que confesaren, e comulgaren, e fixeren  as debidas dilixenzas o Venres das Dores de María Santísima da Soidade, que se celbra o Venres denantes da Dominica de Palmarum; e a segunda Indulxenza Plenaria o día que se entraren, e asentaren  no Libro da dita Confradería, facendo as mesmas dilixenzas; e a terceira Indulxenza Plenaria para o artigo de morte e ademáis pida se lle despachen outras Indulxenzas para o día de Santa Mariña, que é o día dazaoito de  Xullo, por ser a Padroa  da dita Igrexa; para o día da Degolación de San Xoán Bautista, día vinte e nove de Agosto; e para a Dominica terceira de Setembro, na que se celebra a Festividade  das Dores; e para o día de San Xoán Evanxelista, de vinte e sete de Decembro; e outras que a Súa Santidade for servido, as que conceda perpetuamente.

CONSTITUCIÓNS

I.- Primeiramente, que poidan entraren nesta Confradería as persoas que quixeren, de calquer estado e calidade que sexan, e pague cada un de entrada dous reais de veludo, e que en cada un ano ha pagar un real o Venres das Dores, que é denantes do Domingo Palmorum, e nesa data ha cdelebrarse a Festa principal da Confradería, os que han servir para dar a esmola aos Sacerdotes  Confardes que dixeren a Misa, confesaren, e dixeren Misa da dita función. e asistiren á Misa Cantada, que ha ser con toda solemnidade  con Procisión por toda a Vila, e o que sobrar  para cera que se gastare, e o que se ha dar aos Confrades, cando morran, e a que arda nos seus enterros.

II.- Iten, que cando morra algún Confarde, se lle dea para o seu enterro doce Fachas  de cera branca, e doce Cirios . para que con eles o alumen ao sair da casa, até a Igrexa de Vixilia Misa Cantadas ,e Responso, como se usa nas máis Confraderías.

III.- Iten, que para que haxa conta, e razón, haxa de haber un Mulidor, e Mordomo de toda satisfación, que ha ser nomeado polo Cura, e polos Fundadores máis principais, e que este asita a cobrar  as tarxas , e de conta delas , e do que saire se nomee un Tesoureiro, para que teña no seu poder o cabdal da dita Confradería, e que o dito Mulidor leve a cera á parte onde se enterrar o Confrade; e polo seu traballo lle dean un real de veludo, pola conta do funcionario, saíndo fora da Vila, eno nela.

IV.- Iten, que se se consigue o Buleto de Altar  de Ánima, e chegando esta Confradería a ter cabdal, e estar surtida do necessario, se diga unha Misa no dito Altar , pola änima  de calquera Confrade  que morra, e pola súa esmola cobre o Cura tres reais, e os herdeiros do Confrade  teñan obriga de darlle aviso ao dito Cura.

V.- Iten, que haxa un Libro, no que se asenten os Fundadores , e Confardes que tiver a dita Confradería, e os quie entgraren  ao adiante , e no que se asente o cabdal que tiver, e se tomen as contas ao dito Mordomo , polo  Cura, e outros dous Confrades Sacerdotes que se nombraren. os que asitirán a ela a primeira Dominica  despois da función, asentando no dito Libro o Cabdal que resta, que se lle entregará ao Tesoureiro que nomeen , para que o teña en deposito  para os mesteres da dita Confradería, o que se pasará pola Visita que faga a Súa Señoría Ilustrisima, ou quen lle toque,para que todo ande con claridade.

VI.- Iten, que se for neecsario o enadir outra algunha condición, quitar, ou reformar algunha das enriba ditas , podan facelo os principais Fundadores. co consentimento  do Cura, como pode suceder  estando a Confradería en aumento, e servindo  para o ben dos Confrades, e Culto Divino.

                                                      COLOQUIO

Á Soberana Virxe María da Soidade, Filla  de Deus Pai, Nai de Deus Fillo, e Esposa do Espiritu Santo; A Vós María Santísima da Soidade  : A Vós Emperatriz dos Ceos : A Vós Señora, como despois de Deus  entre as puras creaturas a máis excelsa; e porque sodes Señora afrixidísima acreedora das nosas honras , e a singular entre todas as mulleres , e a quen se deben encamiñar  con veneración todas as nosas veneracións : A Vós señora afrixidísima, que sodes a nosa Nai, a cuxa beniginidade acoden con confianza  cando temen no Pai xustos castigos os  seus fillos, con humildade chegamos aos vosos pés , Nai afrixida , Raíña  e Señora nosa , e adicamos á honra , e louvor voso, e da vosa afrixidísima  Soidade esta Confradería, que sirva para honra, e gloria da vosa Divina Maxestade: Vosa  é , e por ela vos damos humildes as grazas: Recibídea , pois, aceptando este pequeno don, que vos tributamos, para que sexa empeño á vosa misericordia , para  conseguir o perdón das nosas culpas : Recibídea, Señora benigna: Admitídea piedosa, e acollédea ao manto da vosa benignidade, onde acharemos a proteción  para as nosas necesidades , ao amparo, ao favor, a axuda , e socorro que necesitamos; así sexa, Señora, como o agardamos das entrañas, e piedade  da vosa misericordia : A vós, ouh dorosísima Emperatriz dos Ceos, e terra, que sendo como sodes tal Emperatriz , e tan Divina, faremos un servizo  á vosa Real Maxestade , para grande gloria, honra , e autoridade da vosa alteza , e para  utilidade, e proveito das nosas almas; pois nunca pensan  en tí os homes , oug grande piedosa, e Dorosa Virxe María, sen comunicarlles  dozura Divina : Amabilisima, Clementísma  , e Dorosísima Emperatriz, comunicade aos Fundadores , e Confrades  copiosos  froitos de devoción, e rechazade a Satanás, e os seus Ministros, para que non lles estorben  nela,  e para os que  amen continuamente , e sirvan con tenrura , e desvelo á vosa Soberana Maxestade , e ofrezan moitas obras  boas, que sirvan para gloria vosa, e ben das súas almas, para co voso amparo salirmos vitoriosos deste mundo, e alcanzarmos a Benaventuranza .Amén.

                                                    SÚPLICA

Suplicamos humildes , e reverentes ao Ilustrisimo Señor Don Caetano  Gil Taboada, Bispo, e Señor da Cidade, e Bispado de Lugo, o que se sirva admitirnos  a Fundación desta Confradería, e aprobar as Constitucións  nelas postas, e adxudicarnos a súa autoridade , para a súa maior autoridade, por ser fundada para honra de Deus, e veneración da súa Santísima Nai; o que agardamos do seus grande celo, e o que sirva para proveito das nosas  almas.

                                   ............................................................................

Vistas as Constitucións antecedentes pola súa Ilustrisima, o Ilustrísimo Señor Don Caetano Gil Taboada, Bispo, e Señor de Lugo, do Consello da Súa Maxedstade, meu Señor, perante min  o seu Secretario de Cámara, dixo:

As aprobaba , e aprobou, e para elas interpoñía a súa autoridade, e Decreto xudicial, e mandáballes aos Confrades que son, e foren da dita Confrasdería, as observen, garden, e cumpran , sen iren á contra delas , nin do seu tenor en maneira lgunha, sen licenza expresa da Súa Señoría Ilustrísima, e que o Libro que se faga, segundo se menciona, sexa presentado anualmente nas Visitas , coas contas axustada , expresando as partidas do seu cargo, e data, para coa súa inspeción recoñecer o estado no que se achare.

Así o proveeu , ,e asinou  a súa Señoría Ilustrísima , estando na Cidade  de Lugo a 10 días do mes de Setembro , ano de 1744.

                                       Caetano , Bispo de Lugo

                                                                   Por mandado do Bispo meu Señor

                                                                         D. Xosé  Bieito  de Estúa

                                                                                      Pro Secretario

..................................................................................................................................................................

                         TRADUCIÓN DA BULDA DE INDULXENZAS

                                            PERPETUAS

BENEDITO Papa Décimocuarto, para perpetua memoria &&&Logo que chegou á nosa noticia  que se había erixir , e erixe canónicamente unha piedosa, e devota Confradería dos Fieis de Cristo de ambolosdous sexos, baixo do Tíduo, e proteción da Benaventurada sempre Virxe Marái, chamada da Soidade, sita na Igrexa de Santa Mariña da Vila de Sárria, Diocese de Lugo, cuxos Irmáns, e Irmás Confrades acostumaron , e procuran exerceren moitas obras de caridade, e piedade. Nós, confiados  da misericordia de Deus  todopoderoso, e da  autoridade dos Benaventurados  Apóstolso  S, Pedro , e S. Paulo, para que adita Confradería  teña cada día maiores aumentos : A todos os Fieis de Cristo de ambolosdous sexos, que de aquí endiante  entreren, ou teñan entardo nela, no primeiro día da súa entrada, se verdadeiramenet  arrepentidos, e confesados recibiren o Santísmo Sacramento da Eucaristía , concedemos piedosamente  no Señor Indulxenza  Plenaria, e  remisión   de todos os seus pecados por agora, e sempre xamais ; así aos que se escriben , e haxan de escribirse no Libro da dita Confradería , como as que entraren , ou teñan entrado nela ; no artigo de morte . se estiveren verdadeiramente arrepentidos , confesados, e comungados, e se isto non poideran facer, ao menos  contritod, invocaren, ou invoquen o Docísimo Nome de Xesús, e se non poder coa boca , o fagan co corazón; e tamén agora , e polo tempo que existire  a dita Confradería  aos mesmos Irmáns , e Irmás, verdadeiramente arrepentidos, confesados, e comungados, que devotamente visitaren cada un ano a Igrexa, Capela , ou Oratorio  da referida Confradería  o Venres inmediato antes da Dominica de Ramos, dende as primeiras Vísperas , até o solpor  do dito día, e ali rogaren  a Deus pola paz , a concordia  entre os Principes Cristiáns , extirpación das herexías, e exaltación da Santa Nai Igrexa, Indulxenza Plenaria , e remisión de todos os seus pecados.

Ademáis disto, aos  mencionados Irmáns , e Irmás Confrades , verdadeiramente arrepentidos . confesados e comungados , que visitaren a Igrexa, Capela, ou Oratorio  desta Confradería, e ali fixeren os mesmos pregos, e preces a Deus nos días Festivos  de Santa Mariña. da Degolación de San Xoán Bautista, e na de San  Xoán Apóstolo , e Evanxelista ; e tamén en claquera outro día Ferial, ou non Ferial, ou Domingo, que se haberá elixir polos ditos mencionados Confrades , e aprobadas polo Ordinario; en calquera día que isto  fixeren  sete anos, e sete cuarentenas   de perdón: máis todas as veces que asistiren ás Misas, e Divinos Oficios , que se han cantar , e rezar na dita Igrexa, Capela , ou Oratorio no tempo vindeiro, ou que se han facer , e celebrar nas Congregacións públicas , e particulares  desta Confradería ; aos que hospedaren aos pobres , ou poñan paz  entre os inimigos; a fixeren poñer, ou procuraren ; e tamén aqueles que acompañaren os corpos, tanto dos Irmáns , ou Irmás defuntos  desta Confradería ; como de outras, ou asistiren , e acompañaren a calisquer Procisións, que de licenza do Ordinario se haxan de facer, e ao Santísimo Sacramento da Euc aristía, tanto nas Procisións, como en ougtro calquer tempo , ou lugar, que se leve aos enfermos; ou impedidos, ao son  da Campaíña dixeren unha vez a Oración do Noso Pai ,e Ave María ou cinco veces rezaren esta mesma Oración, e Salutación polas Ánimas  dos Irmáns, ou Irmás  defuntos desta Confradería , ou convertiren a algún a camiño de salvación , e ensinaren aos iñorantes os Mandamentos da Lei de Deus, e aquelas cousas que son necesarias para se salvar, ou exerceren algunha obra de caridade , ou piedade por todas, e calquera veces que isto fixer en, na maneira acostumada pola nosa Santa Nai Igrexa, concedemos oitenta días de  perdón.

E as presentes haxan de valer polo tempo de sempre xamais.

Queremos , que se aos ditos Irmáns , ou Irmás  Confrades  se teña concedido algunha outra Indulxenza Plenaria , ou temporal , as presentes sexan nulas. E que se a dita Confradería  estea agregada , ou agrgue, ou con calquera outro prtexto  se una a algunha Arquiconfradería, as presentes  e calisquer  outras Aposttólicas Letras  en ningunha maneira os favoreza,  malia a que dende entón polo mesmo sexan nulas .

Dadas en Roma , en Santa María A Maior, baixo do Anel do Pescador, o día dazanove de Novembro de mil setecentos  e corenta e catro. O quinto do noso Pontificado.

                                              A: Cardinalis Passioneus

..................................................................................................................................................................... 

                                           TRADUCIÓN DA BULDA  DE ALTAR DE ÁNIMA

BENEDICTO  Papa Décimocuarto, para perpetua memoria &&& Atendendo , con  paternal caridade á salvación de tódolos fieis , enriquecemos  con espirituais  tesouros os Sagrados Lugares, e para que así as Ánimas  dos fieis defuntos, que están en penas de Purgatorio, poidan coseguiren , e cosigan os sufraxiso dos méritos do noso Señor Xesús Cristo, e dos seus santos, e axudados de eles consigan a Gloria eterna.

Isto suposto, querendo enriquecer con especial tesoro a Igrexa de Santa Mariña da Vila de Sárria, Diocese de Lugo, e o Altar situado nela da Confradería da Benaventurada Sempre Virxe María chamada da Soidade, ilustrado ao presenet conn este previlexio, confiados na misericordia de Deus  todo Poderoso, e da autoridade dos Benaventurados Apóstolos San Pedor e San Paulo0, e para que en claquera tempo claquer  Sacerdote Secular, ou Regular, celebrare Misa  no día da Conmemoración de Defuntos, e en cada un dos días  da Oitava, e en calquera outro día  de cada unha das demáis semana. que se ha sinalar polo Ordianrio en favor de calquer Irmán , ou Irmá, Confrade da dita Confraderái, que teña descansado en paz , concedemos e queremos , consiga do tesouro da Igrexa  por modo de sufraxio, mediante os mértios do noso Señor Xesús-Cristo, e da Benaventurada  Sempre Virxe María , e de todos os Santos, o perdón, e sexa libre das penas do Purgatorio.

 Non onstante  calisquer outros Previlexiso  a este teor concedidos. E as presentes  teñan que valer  e vallan por espazo de sete anos.

Dado en Roam en Santa María A Maior, baixo do Anel de San Pedro, o día vinte de Novembro de mil setecentos  ,e corenta, e catro. E o ano quinto do noso Pontificado.

                             A: Cardinalis Passioneus

( Tomado  dun exemplar  auténtico propiedade de Ana López López, procedente da Casa de Neira de Santa Mariña de Sárria )

..................................................................................................................................................................

A CONFRADERÍA DA NOSA SEÑORA DA SOIDADE NO LIBRO DE FÁBRICA DA PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA..........

..........................................................................................................................................................

O 27 de abril do ano 1745 o párroco de Santa Mariña de Sárria ,  don Xoán  de la Peña Somoza , puxo no Libro de Fábrica  unha noita  para deixar memoria da esmola feita por Xosé Álvarez, natural da Vila de Sárria e veciño da Vila e Corte de Madrid, relacionando  as alfaias remitidas para o seu culto e veneración:

1.-  Unha imaxe do Santísimo C risto de Burgos nun cadro co seu marco de madeira, sen pintar, que "está no altar de Santa Catarina e Santo André.

2.- Unha lámpada grande de metal que está no arco da capela maior.

3.-  Unha casula de damasco branco, coa súa estola, amito, bulsa para os corporais, pano parao cálice, con cenefa encarnada e frotal do mesmo para o altar maior.

4.-  Unha imaxe da NOSA SEÑORA DA SOIDADE, en cadro,  cos seus marcos dourados  e uns remates do mesmo e unha cenefa coas súas lampadiñas  do  mesmo,e para que se colocase  remesou diñeiro para a festa e a composición do altar, remesando un pavillón pintado de lenzo e moitos cartóns  para que fabricasen altar , unha cortinas de tafetán  cos seus encaixes de fío de ouro, cornucopias para  luces segundo se ve.

5.-  Outro ornato para o culto da  Nosa Señora, de la de varias cores , estampado, co seu amito, estola , bulsa e tafetán para o cálice  e frontal para o altar.

6.-  Dous frontais pintados para o altar.

7,. Doce floróns de talco e outras cores para o  dito altar.

8.- Unhas flores de tea  para adorno  do marco da Nosa Señora.

9.-  Fundou con outros moitos fundadores  unha Confradería  da advogación  da Nosa Señora da Soidade , e como principal dela sacou dous Buletos , un de Indulxenzas e outro de Altar de Ánima para os venres, que pagou da súa conta, e deu outras esmolas para cera e cultos divinos que se fan no dito altar.

10.- Un libro en brfanco para asentar os nomes dos Fundadores  e os Confrades.

11.- Sacou en romance  as Constitucións e Buletos da dita Confradería , remesando 160, para que se lles repartisen aos confardes  para saberen cada un deles  as indulxenzas que gañaba, todo da súa conta,  a vontade de dona María Antonia  Moreno, a súa muller,  que o axudou nas esmolas  .

12.- Un bulso de raso azul forrado encarnado, cos seus cordóns de seda enacrnada e branca, para levarlles o viático aos enfermos.

13.-  Unhas cortiniñas  para a custodia  e unha cubrición  para o copón, de tea de prata .

" E parea que todo conste  asenteino neste Libro, eu, Don Xoán de la Peña  Somza, cura da dita igrexa de Santa Mariña, recibinas e téñoas na dita igrexa... e por ser todo isto verdade  e ter por súas estas alfaias  a dita igrexa asinoo a vinte de abril do ano de mil setecentos corenta e cinco ( Xoán de la Peña Somoza )


No ano 1746 o mesmo párroco de Santa Mariña de Sárria, Santiago de Farbán e Santiago de Castelo dos Infantes,  amplía a relación  con maís alfaias  remesadas polo dito Don Xosé älvarez e a súa muller  para a Confradería da Nosa Señora da Soidade  e o seu altar, que relacionou así:

14.- Un viril, de metal dourado, moi ferrmoso  coa súa lúa de prata dourada para poñe á Súa Maxestade  de manifesto na función da Confradería, e outros días, coa súa caixa para a súa garda e custodia.

15.- Unha lámpada grande de metal para poñelka diante do altar da Nosa Señora, coa súa roldana e cordeirs, que ten o seu rótulo darredor.

16.- Catro candeeiros de metal e unha cruz do mesmo para o dito altar.

17,.  Unha cortina para diante da outra , para cubrilo, de algodón de cores.

18.- Dúas arañas de metal, canda unha con tres candeeiriños para o altar da Virxe, que teñen o seu rótulo darredor .

19.- Unha cruciña pequena  cunha imaxe do Santísimo Cristo de metal, para o altar da Virxe.

O día 8 de setembro de 1746 remesou  novos obxectos para a Cofradería e altar da Nosa Señora, pagando o porte da súa conta.

20.-  Un cálice de prata coa súa paten a dourada  por de dentro, metido na súa caixa

21.- Un misal novo  co seu atril de bronce, cuxas alfaias tran o seu rótulo,

22.- Un ornato encarnado, medio usado , coa súa estola, manípulo e bulsa de corporais, co seu tafetán, e outro para cubrir o terno da custodia.

23.- Unha imaxe de Xesús Nazareno  de pintura, metido na súa caixa prateada , cos seus remates e vidreira.

23.- Unhas tarxetas da misa, Palabras da Consagración , Evaugamazís  pintadpos e baixos , ten outros dous candeeiros anxello  de San Xoán e Salmo lavabo.

24.- Catro floreiros  de talco e unha fita para a chave da custodia

25.- Un sacudidor  do póo para limpar os altares

............................................................................................................................................................

Por unha nota de 10 de novembro de 1746 o párroco Xoán de la Peña Somoza fau unha relación dos altares  existentes na súa igrexa parroquial , e entre os colaterais  describe o seguinte:

.... Outro, chamado de Santa Catarina, non ten retábulo, ten un cadro do Santísimo Crsto de Burgos que remesou don Xosé Álvarez , natural da  dita vila e veciño na vila e corte de Madrid , e ten unha caixa pintada  e dentro dela a imaxe  da NOSA SEÑORA DA SOIDADE  · de vestir· e ás súas beiras  as imaxes de Santo André  e Santa Catarina, xa vellas,  e ten as súas táboas  de manteis e as súas aras , se  ben a de Santa Catarina  privouse  de que se diga misa  con  ela, o que se executa. Ten uns frontais  de  augamazís  pintados e baixos , ten outros dous candeeiros de pau que sirven aos ditos altares".

Achamos aquí a primeira referenza  á imaxe de vestir da Virxe da Soidade que estaba exposta dentro dunha caixa pintada . Esa imaxe veu a sustituir  á cadro de pintura que  no seu día remesara  o fundador Xosé Álvarez,..  e todo fai supoñer que veu a Sárria procednte dalgún obradoiro madrileño, e , como tal imaxe de vestir será a que actualmente se venera  e sae todos os anos en procisión, quedano exposta para o culto na capela da man dereita da igrexa parroquial.

.................................................................................................................................................

Polo testamento do párroco de Santa Mariña, e impulsor da devoción ao Santo Cristo na súa igrexa de Farbán, don FROILÁN DE OTERO E LEMOS, datado en 30 de decembro de 1784, trascriito no Libro de Fábrica  polo seu sucesor Xoán Manuel Paz, sabemos da especial atención que don Froilán amosou para coa Confradería:

1.-  Edificación da Casa Rectoral: " Iten declaro haber comprado a don Xosé Valcarce, presbítero , agora defunto , veciño que foi da dita Vila, perante Pedro de Losada, escribán  de número dela, o derito útil da Casa na que eu habito, que a fabriquei de novo pola miña enteira conta, que será un celemín de terra que llo merquei ao dito don Xosé coa carga de seis reais que se pagan polo dito terreo aos Curas da motivada parroquia de Santa Mariña,  en cuxo terreo e o máis  que reunín da Rúa Publica, co consentimento dos veciños, Procurador  Xeral e Calellón  que servía de medianil cara a Casa e horta de don Xoán Luis de Neira, fabriquei eu a nominada casa coa súa Horta que todo tivo de custe seis mil e oitocentos reais ( 6.800 reais ) e equitativamente valen de Renda  en cada un ano seseta e seis reais ( 66 reais ) ademáis dos seis que polo terreo que lle comprei ao don Xosé se pagaban aos Curas  de Santa Mariña e con esta pensión deixo aos Curas Párrocos  que me sucedan  no dito Curato para que querendo habitala  e usaren da referida Horta o fagan pagando os sesenta e esis reais , e no seu defecto arrenden na cantidade que lles pareza máis útiñ

2.-  Dotación da lámpada da luz perpetua.- "Tamén mando que se compre  o Aceite necesario para que de día e de noite estea acesa a lámpada que está no medio da enunciada Igrexa  de Santa Mariña fronte do Altar da Nosa Señora  da Soidade e en dereitura ao da sagrada Custodia do Santísimo Sacramento , e ao Cristián devoto  que tomare ao seu cargo  o coidado da dita lámpada que non estea apagada a Luz mando que se lle dean en cada un ano vinte reais de veludo."

3.- Fundación da Novena das Benditas Änimas  no Altar da Nosa Señora da Soidade.-" E por canto despois que eu entrei por tal Cura Párroco fundei  na explicada Igrexa de Santa Mariña a novena das Benditas Änimas no Altar da Nosa Señora da Soidade , mando tamén  sexa continuado este sufraxio en cada un ano e en cada un dos nove días  dela é a miña vontade sexa beneficiada misa cantada axudando a esta dous sacerdotes e a súa vixilia tendo a obriga  de deciren os axudantes outra rezada e cada un destes se lles paguen tres reais por misa e vixilia, e ao que beneficie a cantada  catro, para o que se compre  media libra de cera ou máis se esta non chegase, e para a saisfación  e cumprimento destas  dúas últimas disposicións  consinuo  as fanegas de  centeo, réditos de censos  que van declarados, alugueres de Casa  que fabriquei  de novo, como tamén o que reditúe o imprte dos froitos Desmais  que estiveren nas terras ao tempo do meu falecemento e un e outro  sempre  han estar suxeitos  á paga das citadas Misas e máis neste Particular disposto, cuxo cargo  deixo e encomendo aos Curas párrocos  que foren da nominada Parroquia  que espero  do seu bon celo e Cristiandade  teñan niso  particular coidado e devoción , e o mesmo na cobranza dos efectos  que para o referido levo consinuado seguindo calisquer  pleitos que se ofrezan en punto á dita cobranza a conta dos ditos efectos  e caso de que se rediman  algúns  dos motivados censos  poida o cura que á sazón fose solicitar nova imposición coa correspondente seguridade  e o que sobrar de pagado o que levo sinalado sempre que non se verifique  pleito, nin contenda, se distribúa en misas rezadas no decurso da mencionada Novena, pagas segundo costume, aplicadas ás Ánimas e en particular polas da miña obligación , e coa fin de que a claridade en todo tempo deste piedoso  sufraxio, cando se tome razón no libro de Fábrica da citada parroquia de Santa Mariña e Santiago do Castelo para que o Ilustrísimo Señor Bispo de Lugo e Señores Visitadores observen o cumprimento das ditas disposicións".

4.-  Lápida posta no limiar da Casa Rectoral.

( Ano 2022: A Casa Rectoral de Santa Mariña de Sárria  tivo por último ocupante ao párroco don Xosé  García , quen diante do mal estado en que se achaba o edificio alzou nova casa, propia del, estremando con ela , con fronte á Travesa da Igrexa.  Esa situación de abandono deu lugar ao afundimento do teito e lousado, estando a edficación en situación de ruina.


Comentarios

Publicacións populares