FROILÁN DE OTERO E LEMOS, CURA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA (1784)

 TESTAMENTO DE DON FROILÁN DE OTERO E LEMOS, CURA DE SANTA MARIÑA DE SÁRRIA, SANTIAGO DE CASTELO DOS INFANTES E SANTIAGO DE FARBÁN

Don Froilán de Otero e Lemos, impulsor da devoción ao Santo Cristo de Farbán e a quen se debe Casa Rectoral de Santa Mariña (Travesa da Igrexa)outorgou testamento perante o escribán da Súa Maxestade, Manuel Sánchez Quiroga en 30 de decembro de 1784, no que deixou establecido:

1.-  Fai legatos e deixa os seus bens á súa sobriña María Andrea López de Segade, Xoán Lourenzo de Otero e outros.

2.-  Fixo dotacións para as igrexas de Santa Mariña, Santiago de Farbán e Santiago de Castelo dos Ifantes, sinalando:

a).-  Iten digo que Fernando López , e a súa muller, veciños do lugar do Rigueiro, freguesía de San Martiño do Fontao, no pasado ano de 1783, por instrumento do que deu fe Xosé de la Peña Mosquera, escribán de Número desta vila, vendéronme 24 reais de veludo en cada un ano, por 800 de principal  que os consinúo para que se empregue en Aceite para a Lámpada da referida freguesís de Santiago do  Castelo dos Infantes e sempre que suceda o se redemir encargo aos curas que sucedan no expresado Curato soliciten nova imposición coa fin de que sempre estean existentes os citados réditos, e o seu principal, tendo todo cidado en que se acenda a dita Lámpada interín se celebren misas populares e rece o Rosario á Nosa Señora.

b).- Iten mando que os froitos Desmais que estivesen nas terras por seren recolleitos ao tempo do meu falecemento sexan enteiros, medios ou noutra forma, se poñan en arrendo polos meus Cumpridores e o seu importe se impoña  a censo en mans de suxeitos aboados coa fin de que os réditos do  dito importe se distribúan no que irá declarado.

c).- Iten declaro ter comprado unha fanega de centeo anual a Francisco López, veciño da Ponte Ribeira, extramuros da dita Vila, na cantidade de 50 ducados de veludo, por escritura da que deu fe o presente escribán.

d).-  Iten compreille  a Xosé Neira, veciño do lugar de Manán por escritura da que deu fe o propio escribán, un retallo de Prado no que chaman  do Monte, de dous ferrados en semeadura, polo que me paga unha fanega de centeo. Tamén me vendeu o citado Xosé perante o referido escribán 18 reais anuais de censo redemibles.

e).- Iten me vedneron Xoán González e o seu fillo Manuel, veciños do lugar de Zanfoga, freguesía de San Pedro de Maside, 60 reais en cada un ano de réditos por 2000 de principal, segundo resulta da escritura de imposición da que deu fe Antonio López Guitián, veciño da notada vila.

f).- Xosé Fernández , do lugar da Veiga de Arriba, freguesía citada de Maside, tamén me vendeu por instrumento do que deu fe Matías Gómez Quiroga, escribán de número da mencionada Vila, 49 reais e medio de veludo en cada un ano, de censo. Redemible.

g).- Marcos González , do mesmo lugar de Manán, por dous instrumentos otorgados perante o presente escribán, igualmente me vendeu 66 reais en cada un ano.

h).- Domingos Torres, veciño do lugar e freguesía de Santiago da Veiga, vendeume 33 reais, perante Xosé de la Peña e Mosquera, escribán susodito.

i).-  Tomé López, veciño do lugar de Callás, perante o dito escribán Gómez, igualmente me vendeu 27 reais en cada un ano.

j).- Iten declaro ter comprado a don Xosé Valcarce, presbítero, agora defunto, veciño que foi da dita Vila perante Pedro de Losada , escribán de número dela o dereito útil da Casa na que habito  que eu fabriquei de novo pola miña conta, que será un celemín de terra que llo comprei  ao dito don Xosé  coa carga de 6 reais que se pagan polo dito territorio aos Curas da motivada Parroquia de Santa Mariña, en cuxo terreo e no máis qu e recollin da Rúa Pública  co consentimento dos veciños e o Procurador Xeral, e Calellón  que servía de medianil  cara a Casa e horta de don Xoán Luis de Neira. Fabriquei a nomeada  Casa  coa súa horta que todo tivo de custe 6.800 reais  e equitativamente valen de Renda en cada un ano  66 reais , ademáis dos 6 que polo terreo que comprei ao don Xosé  se pagaban  aos Curas de Santa Mariña e con esta pensión deixolla aos Curas Párrocos  que me sucedan no dito Curato para que querendo habitar nela  e usar a referida horta, o fagan  pagando os 66 reais, e no seu defecto a arrenden na cantidade que lles  pareza máis útil.

k).-  Iten quero, mando e é a miña vontade  que en cada un ano de sempre xamais se celebren  tres misas cantadas  na expresada parroquia de Santa Mariña: a unha o día da Ascensión do Señor  entre doce doce e unha do día, a outra o da Asunción da Nosa Señora, e a outra o de San Miguel Arcanxo, estas dúas á hora que lle pareza ao cura Párroco e todas se entendan Populares , e a cada unah farán asistir dous sacerdotes e a estes se lles dean  a cada un dos reasi para axudar a beneficialas  e ao párroco pola da Ascensión seis, e polas outras dúas  a 4.

l) Tamén mando que se compre o Aceite necesarioi para que de día e noite estea acesa a lámpada que está no medio da enunciada Igrexa  de Santa Mariña fronte ao Altar da Nosa Señora da Soidade e en dereitura ao da Sagrada Custodia do Santísimo Sacramento, e ao Cristián  devoto que tomare ao seu cargo o coidado da dita lámpada que non estea apagada a Luz mando se lle dean en cada un ano 20 reais de veludo.

m).-  E  por canto despois de que entrei por tal Cura Párroco fundei na explicada Igrexa de Santa Mariña a novena das Benditas Ánimas no Altar da Nosa Señora da Soidade , mando tamén que se continúe  este sufraxio en cada ano e en cada un dos nove días  dela é a miña vontade  se beneficie  misa cantada  axudando a esta dous sacerdotes  e a súa vixilia  tendo a obriga de dicir os axudantes  outra rezada  e a cada un destes  se lle paguen  3 reais por misa e vixilia, e ao que beneficie a cantada 4 , para o que se compre  media libra de cera  ou máis se esta non chegase, e para a satisfación  e cumprimento destas últimas  disposicións consinuo  as fanegas de centeo, réditos de censos  que van declarados , alugares da Casa  que fabriquei de novo , como tamén  o redituare o importe dos froitos Desmais que estiveren  nas terras   ao meu falecemento  e un e outro sempre han estar suxeitos  á paga das citadas  Misas e máis neste particular  coidado e devoción , E o mesmo na cobranza  dos efectos  que para o referido  levo consinuado  seguindo calisquer  pleitos  que se ofrezan en punto á dita cobranza  a conta dos ditos efectos  e caso se redima  algúns dos motivados censos poida o cura que á sazón fose solicitar  nova imposición coa  correspondente seguridade e o que sobrar de pagado o que levo sinalado sempre que non se verifique pleito nin contenda   se distribúa en misas rezadas no decurso da mencionada Novena, pagas segundo costume , aplicadas ás änimas  e en particular  polas da miña obligación, e coa fin de que haxa claridade  en todo tempo deste piadoso sufraxio, mando que se tome razón no Libro de Fábrica  da citada parroquia de Santa Mariña e Santiago do Castelo para que o Ilustrísimo Señor Bispo de Lugo e os Señores Visitadores observen o cumprimento das ditas disposicións ".

(Tomado da anotación feita polo seu sucesor, don Xoán Manuel Paz, párroco de Santa Mariña, no Libro de Fábrica da freguesía  no ano 1788).

............................................................................................................................................................

NOTA: A CASA RECTORAL DE SANTA MARIÑA (Travesa  da Igrexa, nº 1) nos meses finais de 2021 sufriu a caída do cumio e o tellado  presentando un forte estado ruinoso, sen que o Bispado de Lugo,  actual propietario da Casa e da Horta do Cura, malia a que a prensa informou  do colapso,  teña tomado disposición algunha.  

.................................................................................................................................................................

 

Comentarios

Publicacións populares