RÚA MARQUESA CASA LOPEZ ( SÁRRIA )

 RÚA MARQUESA CASA LÓPEZ ( SÁRRIA )

 Como mostra de agradecemento da vila de Sárria a dona Andrea Andrés Sánchez, esposa de don Matías López López, industrial chocolateiro, politico e filántropo benefactor da súa vila nadal,  leva o nome de Rúa Marquesa Casa López a vía publica que baixando dende a Rúa Marqués de Ugena, e despois de cruzar a Rúa Matías López chega á Rúa da Liberdade ( antes Rúa Calvo Sotelo ).

Xa viuva , dona Andrea  recibiu o tíduo nobiliario de Marquesa de Casa López , por  concesión pontificia ,  e  seguindo o camiño aberto polo seu esposo  tivo xenerosas mostras a prol de Sárria e das súas xentes, sendo de destacar a creación e dotación do Hospital Municipal " Nosa Señora do Carme"que pola súa conta alzou e dotou de todo o necesario e de abondosos recursos económicos , para o que adquiriu os terreos necesarios no Campo do Outeiro, na parroquia de San Martiño de Requeixo, e darredor desa institución medrou e consolidouse o Barrio do Mazadoiro, extramuros da vila de Sárria.

O Concello de Sárria, que distinguira a dona Andrea como Filla Adoptiva e Predileta, despois da súa morte, quixo perpetuar a súa memoria adicándolle unha rúa da vila, e aínda que nun primeiro intento se lle quixo poñer o seu nome á coñecida como Estrada de Corvelle, non se fixo realidade ese desexo xa que acabou sendo denominada Rúa Diego Pazos-

Algún tempo despois acordou o Concello que o calellón que ía da Rúa do Porvir até a Estrada de Samos , despois de atravesar a adicada ao seu esposo, pasase a figurar no rueiro sarriao, e así detrás da denominación de Rúa Marquesa Casa López , está a figura da primeira Marquesa de Casa López, quen en vida xa fora obxecto  de sucesivos actos de recoñecemento do pobo sarriao diante dos numerosos xestos de altuisimo e caridade  cos que seguiu a traxectoria comezada por don Matías López.

Esta rúa  é froito do ancheamento do camiño de carro ( CARREIRA DA ALVAREDA )que baixaba pola Alvareda en direción ao Agro da Poula. Atravesaba as terrtas do igrexario de Santa Mariña por perto da casoupa ou chafarica onde vivían os caseiros do párroco. Cando se abriu a estrada  de Portomarín ( 1860 ) a cabeceira da vella carreira pasou a ser chamada BARRIO DA DUQUESA.. 

Cando don Matías López López , e despois o seu sobriño don Venancio Vázquez López, compraron  hortos e leiros  para alzaren as súas casas ( "Villa Andrea" e "Villa Aurelia" ) acordaron convertir a carreira  nunha ruela ou viela que  permitise  un acceso doado para subir e baixar da "Vila" e da igrexa parroquial.

Por un tempo esa vía foi coñecida como RÚA DOS AUSENTES , por alusión ás "Quintas dos Madrileños", só ocupadas nos meses de verán . Tivo pouca fortuna esa denominación, que só aparce nalgúns documentos, pois popularmente foi case xeralmente coñecida como "Calellón de Moreno", nome mantido  até ben pasada a primeira metade do século XX.

Na RÚA MARQUESA CASA LÓPEZ destacaron ademáis de" Villa Aurelia" e "Villa Andrea ", a capela da Nosa Señora do Perpetuo Socorro, a Casa Carreira, e andando o tempo  establecéronsGe nela  a Imprensa Cabañas, o Bar Madrid, a Casa Gutiérrez, Almacéns Viñas, Foto Julio... establecementos xa desaparecidos  que foron seguidos por outras actividades  que a convirten nunha rúa destacada dentro do chamado " triángulo de ouro " da vila de Sárria.

Comentarios

Publicacións populares