PEDRO SACO PRADEDA
PEDRO SACO PRADEDA
O médico sarriao Pedro Saco Pradeda, membro da familia da " Casa Saco " da Rúa Maior, que procedente de San Miguel de Vila de Mouros se establecera na vila a mediados do século XIX , foi unha persoa afable e que no exercizo profisional tivo adicación vocacional e de asistenza aos doentes sen motivacións económicas , compatibilizada coas funcións de médico forense do Partido Xudicial de Sárria.
A EPIDEMIA DA GRIPE EN SÁRRIA ( 1918 )
A EPIDEMIA.- " E satisfatorio xa o estado sanitario do termo municipal de Sárria, Tanto que xa comeza a se facer vida ordinaria na vila, véndose moitas persoas convalecentes e franca melloría.
O labor do Concello e do seu celoso alcalde Sr. Gutiérrez no tempo da pandemia foi notabilísima , pois faciltáronse medicinas e socorros aos doentes da lista de pobreds, e a aqueles que se crían necesitados, por non se poderen adicar a gañaren a sustentación por mor da enfirmidade reinante.
A comezar a epidemia todos os médicos da vila estiveron dispostos a atenderen con singular solicitude aos enfermos que ían aparecendo, pero moi axiña figuran no número dos atacados dous dos tres médicos que exercen en Sárria a súa profiesión e quedou só D. Pedro Saco, facendo unha campaña verdadeiramente notable polo seu grande intrerese a prol da sanídade pública.
Fan grande eloxio do Sr. Saco, moi xustificado por certo. LILIPUTIENSE
( EL PROGRESO, 23 /11/1918 )
.....................................................................................................................................................................
FALECEMENTO.- " Äs dez da mañá do día de onte ( 27.11.1939 ) deixou de existir na súa casa de Sárria o médico forense daquel partido don Pedro Saco Pradeda.
Era o finado persoa que gozaba de grande prestixio naquela localidade onde era querido moi de veras pola súa grande afabilidade entre os moitos amigos cos que contaba. A súa morte ao ser coñecida produciu moito pesar.
Hoxe terán lugar en Sárria os actos do seu enterro, función que servirán para poñer de manifesto as grandes simpatías que tiña entre os seus conveciños .
Aos seus irmáns e demais familia , acompañámolos no sentimento"
( EL PROGRESO, 28.11.1939 )
..................................................................................................................................................................
RÚA PEDRO SACO.- Cando na metade da década dos anos 1950 o Concello de Sárria acordou convertir a" Corga de Vales" , camiño de terra que ía dende a Rúa do Porvir á vella Estrada de Samos, hoxe Rúa da Liberdade, xurdeu a necesidade de darlle nome a ese novo vial . Por novo acordo municipal déronlle o nome de " Rúa Pedro Saco.
Esta rúa foi urbanizada décadas despois, e constitúe un enlace moi transitada para subir á Rúa Maior, e nela ao longo dos anos tiveron asento diversas actividades económicas e servizos públicos. Históricamente a primeira actividade ali establecida foi o " Forno do Rosquilleiro". Un parvulario provisorio, a Biblioteca Pública Municipal, aulas de Formación Profisional, Centro de Educación Permanente de Adultos e Escola de Música supuxeron unha activa dinamización desta rúa.
.............................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario