ROGELIO TARI URIBE ( UN PASEADO SARRIAO EN 1937)

ROGELIO TARÍ URIBE ( UN PASEADO SARRIAO EN 1937 )

Rogelio Tari Uribe, natural de Castellar de San Esteban ( Jaén ), estableceuse  en Sárria como mecánico-dentista e caou con Dores López Díaz, de Vilar de Sárria. Tiveron unha nena que faleceu de moi curta idade-

Formou parte do Concello de Sárria, presidido por Antonio Páramo Sánchez, dende o 15 de marzo ao 20 de xullo de 1936. Ao tomar a Casa do Concello os falanxistas e a garda civil, fuxíu, estando agochado, e diante da promesa de que aqueles que se entregasen , sen ter tomado parte en actos delicitivos, se poderían reintegrar  á vida ordinaria, presentouse no cuartel de Sárria.  Foi sacado do cércere de Sárria, prtextando trasladalo á Prisión Provincial, sendo levado nun auto baixo  da pretendida custodia de falanxistas e gardas civil. Despois de pasada a Ponte da Silva, xa dentro da parroquia de San Pedro de Santa Comba, fixeron que baixase  e dispararon contra el, causándolle a mortr, e dexárono tirado na gavia da estrada. Iso aconteceu o 16 de febreiro de 1938, sendo recoñecido o seu cadáver por parentes e déronlle seputura no cemiterio de Santa Comba.

 Contan que un dos gardas que o acompañaban era concuñado seu e que aínda que tentou evitar que o matasen  non atenderon  os seus rogos .Causoule tan fonda impresión ese desenlace, pois acompaba o servizo un pouco como garante pesoal de que se faría e entrega ás autoridades carcerarias de Lugo, que sufriu  unha forte depresión que puxo en perigo a súa saúde.

Rematada a guerra constituíron os gañadores  Xulgados Instrutores de Responsabilidades Politicas, e no ano 1941, 3  anos despois da súa alevosa morte abriron  dilixenzas en persecuón das presuntas responsabilidades que por feitos anteriores ou posteriores ao 18 de xullo de 1936 poidese ter incurrido.

A pregoada paz , polo que se ve, non chegara nin xiquer para os mortos.

Imos ver como se desenvolveron esas actuacións , claramente marcadas pola sede de vinganza  , unida  á falsas imputacións, e un claro desexo de ocultar a tráxica morte a mans de  innominados veciños de Sárria.  Foi unha máis das numerosas vítimas caídas  nunha actuación da funesta "Escadra Negra".

( 16.04.1941 ) Xulgado Instrutor Provincial de Responsabilidades Politicas de Lugo

Comunicación do Xuiz Instrutor Provincial ao Alcalde de Sárria

Asunto: Expediente de Responsabilidades Politicas  39 / 941 . Solicitando informe dos antecedentes politicos  e sociais, tanto anteriores como posteriores ao 18 de xullo de 1936 e envío de relación de bens seus, da súa esposa e os que tivera en poder de terceiros, así como o número de fillos lexítimos, naturais recoñecidos ou adoptivos,menores de idade ou incapacitados que teña ao seu cargo, indicando persoas de intachable honorabilidade  que sendo normalmente aefctos ao Glorioso Movemento Nacional, poidan corroborar  os datos solicitados:

( Individuo sobre do que se pide informe. ROGELIO TARI URIBE, de28 anos de idade, casado, Mecánico-Dentista, veciño de Sárria )

( 16.04.1941 ) Outro escrito solicitando datos sobre bens amillarados  ao nome do inculpado, liquido impoñible e valor en venda na contribución territorial e urbana e cotas na matrícula  do subsidio individual e patente nacional do automóbil.

(30.07.1941 ) .- Oficio recordatorio do contido dos anteriores escritos.

( 10.10.1941 ) .- Novo oficio recordadno o contido  dos anteriores, baixo apercibimento de darlle conta á Superioridade por mor do incumprimento.

( 13,10,1941 ) Resposta:

" Tiña 29 anos de idade e era natural de Castellar  de San Esteban, na provincia de Jaén; fillo de Xoán e de Antonia, veciños estes antes de agora , de Madrid, de onde aquel procedía, ao pasar a residir nesta vila, na que exerceu a súa profisión de mecánico-dentista e contraeu matrimonio, algún tempo despois  con Dores López Díaz, de 32 anos de idade, natural da parroquia de Vilar de Sárria, neste concello. Do seu matrimonio coa expresada  Dores López Díaz , tivo unha filla; pero esta faleceu de moi curta idade, sen ter máis sucesión, nin coñecerselle, ao matrimonio de que se trata, fillos naturais  recoñecidos ou adoptivos, menores de idade  ou incapacitados, ao seu cargo.

O referido Rogelio Tarí Uribe, execeu o cargo de XESTOR INTERINO deste concello, formando parte da Corporación municipal constituída pola funesta Fronte Popular, o 15 de marzo de 1936, en cuxa data foron posesionados  todos eles, continuando o expresado exercendo o dito cargo, sen interrupción, até o momento de iniciación do Glorioso Movemento Nacional, no que se ausentou da localidade  permanecendo fora da mesma  en iñorado paradeiro, sen que consta  a esta Alcaldía  de antecedentes  e sí ser coñecido de rusmusmús  público, moi xeralizado teño que expresarlle a Vostede   que, o dito individuo está conceptuado como falecido, dicindo que foi achado morto, na gavia da estrada de Nadela a Campos da Vila de Quiroga, nos termos da parroquia de Santa Comba ( Lugo) , o 18 de febreiro de 1937, en cuxo cemiterio  foi autopsiado e recibiu sepultura, despois de identificado o se cadáver  por algún dos seus familiares.

O suposto falecido non deixou  ninguns bens de fortuna coñecidos neste concello, e tampouco os ten a súa suposta indicada viuva, pois, nin un nin o outro, nada herdaron nin adquriron-Tampouco tiñan bens propiedade de terceiros, no seu poder, nin ten actualmente, a dita Dores López Díaz . Esta vive agora, únicamente, a mercé da axuda económica dos seus pais e irmáns. Ao indicado Rogelio Taría Uribe non se lle imputou cargo ningún por delicto de armas ou extremismo, e sí somente o feito de ter pertencido , políticamente á Fronte Popular, integranbdo logo a Corporación Municipal de aquel entón.

(Informantes : Luis López Vázquez, Cura Párroco de Santa Mariña de Sárrai e Manuel Torrón Fernández )

NOTA:  Oito meses antes, a súa viuva, Dores López Díaz, tivo na igrexa de San Salvador de Vilar de Sárria ( da que era pàrroco o citado Luis López Vázquez ) o funeral de terceiro aniversario  da tráxica morte de Rogelio Tarí Uribe, repartindo pola vila unha sinxela esquela -recordatorio, que de ningunha maneira podía ser iñorada polo cura párroco, o outro informante e as autoridades locais, que tendo a total certidume da morte e do enterro, falan de "suposto falecido" e " suposta indicada viuva".

Claro que estas mostras de descarado cinismo tratan de botar terra  ao asunto, nunha noxenta actitude de ocultamento do xeito como fora matado , quedando impune o crime e sen coñecer quen foron os seus executores.

Texto da esquela-recordatorio:

Terceiro Aniversario / Rogade a Deus en caridade polo eterno descan so  de / D. Rogelio Tarí Uribe / Que faleceu  o 16 de febreiro de 1938 / R.I.P. / A súa afrixida esposa , Dª Dores López Díaz, os seus pais e irmáns e demáis familia / Róganlle a Vde. , unha oración pola súa alma e  asista ao funeral  que se celebrará en Vilar de Sárria, ás 11 do día 17, favor que lle agradecerán / Sárria, Febreiro 1941,/Sagrado Corazón de Jesús, en Vós  confío/

(17.02.1961 ) O Xulgado de Instrucción de Sárria  emitiu unha cédula de notificación  comunicando concesión de indulto do ·resto da  sanción económica  pendente de execución  que lle fora imposta por Responsabilidades Politicas.

                                                            SÁRRIA

                                             CÉDULA DE NOTIFICACIÓN

"En virtude do acordado en providencia desta data ditada polo Sr. D. Xosé Cora Rodríguez, Xuiz de Instrucción deste parttido , no expedeinte de Responsabilidade Politica  número 1196 do Tribunal e 33 do Xulgado, de 1941m instruido contra outros  e ROXELIO TARÍ URIBE, veciño que foi desta vila, pola presente faise saber  a Dores López Díaz, ausente en iñorado paradoiro, maiot de idade, como viuva  e nese cocepto herdeira  do dito expedeientado Roxelio Tarím, que foi acordado o indulto  do dito expedientado  do resto da sanción económica pendente  de execuciónm que lle foi imposta por Responsabilidades Politicas. Sárria, 17 de Abril de 1961.. O Segredario; Xesús Martín",

Na Rúa do Murallón unha lápida garda a súa  memoria xunto coa de , Pedro García Arcas e Vicenzo Páramo Losada, vítimas  da intransixenza  e aires de odio que axitaron  esta comarca , tinguindo de loito a moitas familias,

                                                       

Comentarios

Publicacións populares