SARRIA : O FÚTBOL EN SÁRRIA ( 639 )
SÁRRIA : O FÚTBOL EN SÁRRIA ( 639 )
No desexo de que alguén interesado no desenvolvemento do FÚTBOL na Terra de Sárria tome riba de si o labor de facer un estudo completo no que aparezan os clubes, grupos deportivos que contribuiron á consolidación deste deporte, van aqui unhas notas simples que facendo un rastrexo nas hemerotecas e con recollida de datos por averiguacións persoáis, poidan contribuir a elaborar unha ampla historia.
O CLUBE CELITA
A introdución sistemática da prática do fútbol na comarca corré da man dos mozos compoñentes do Celita FC , que se reunían na Fonda de Prado ( a actual Rúa Xela Arias, onde estivo o almacén de Eloi Rivas Barreal. O Clube Celita foi ademáis o xermolo da Sociedade Cultural e Recreativa " La Unión"
Os primeiros partidos de fútbol tiñan como escenario o " Campo de Outeiro " ou " da Condesa ", no Mazadoiro, do outro lado da vía do tren, na parroquia de San Martiño de Requeixo.
Co paso dos anos, sen colaboración ningunha por parte do Concello de Sárria, os mozos futbolistas e as agrupacións por eles formadas foron xogando en diversos espazos, cedidos xenerosamente polos dondeses terreos. Foron campos , máis ou menos aptos para pràctica do deporte, a chaira do Monte do Morelle ( en San Xulián da Veiga de Sárria ) e O Prado de Mao de Ribela ( en Santiago de Farbán ) .
Na década de 1950, o Concello de Sárria acodnicionóu no paraxe de AS INSUAS un amplo campo, ao que dotaron da chamada "Caseta " con tres espazos para vestiario de locáis , visitantes e ábitro ( que curiosamente estivo moitos anos sen tellado. Era propiedade de Mercé Neira Sarry, que, cando o concello fixo xestións para comprar o terreo, negouse e deseguido abriu a chamada Rúa das Insuas e vendéu os soares resultante da parcelación.
Ao non haber un campo que servise para xogar en condicións regulamentares o SARRIA F.C. , que era a formación que viñera utilizando o Campo das Insuas, desaparecéu, e a practica deste deporte quedóu linmitado a formacións informáis que ocasionalmente xogaban no Campo do Colexio da Mercé, ou cando houbo ancheamento da Praia Fluvial , facíano no Lameiro , que non reunía condicións para a práctica do deporte na maior parte do ano, mentres non desaparecía o bulleiro.
A xente moza, diante da inoperatividade das autoridades municipáis, foron reorganizando un equipo e xestionaron coa familia Sarry, de Treilán que lles deixasen xogar no chamado CAMPO DA SEMI, un terreo entre a Rúa Matías López e a Corga de Formigueiros ( que andando o tempo foi parcelado para abrir a Rúa Portomarín. Era este un terreo de mínimas dimensións e que deu lugar a que mozos e nenos colaborasen no labor de eliminar os moitos croios que había no que fora un leiro labrantío e en achaar o asulcado chan .
Na Alcaldía de Xesús Vázquez Rivas , " Moreno" , que na súa mocidade fora xogador do Sárria FC, diante das continas presións do elemento mozo da vila, abriuse a posiblidade de que en Sárria houbese Campo de Fútbol, aproveitando o rexeitamento que se producira ao non aceptar o ofrecemento feito polo Concello duns terreos no Barrio das Insuas , daquela xa municipáis, sitos na parte traseira do que fora o desaparecido Campo de Deprotes, que eran unha carballeira na beira do río Celeiro.
O feito de que o Alcalde fose un amante do fútbol, fixo posible que desen comezo as obras de aconcionamento dos terreos, non sen a oposición dalgúns dos concelleiros , entre eles aquel que antes da votación encol da cesión do espazo previsto pronuncióu a célebre frase: ·" Señor alcalde, eu propoño que nese terreo se planten patacas".
Durante un bon número de anos a SOCIEDADE DEPORTIVA SARRIANA, clube federado, disfrutóu das instalacións que coa axuda do Concello e da Deputación, e outras aportacións foi dotado de peche perimetral, gradería coberta, vesiarios e ambigú. Para ter unhas dimensións axeitadas houbo necesidade de mudar a madre do río Celeiro, abríndolle paso máis cara San Martiño, e incorprando o terreo gañado para facer a nova tribuna.
Máis adiante o Concello de Sárria adquiriu os terreos do Prado de Mao de Ribela, proxectando e facendo realidade un Estadio Municipal de amplas dimensións , boa tribuna coberta, pista de atletismo e un espazo anexo para o treino.
Na actualidade na localidade do Oural o Clube de fútbol Oural conta cun campo de xogos que leva o nome de Luis Pallín Hai ademáis campos para a práctica do fútbol no Convento da Mercé, no Prado do Lago ( en Ribela ), na Praia do Chanto ( que tamén serve para a practica do rugby... ), en Corvelle.....
CLUBES FUTBOLISTICOS
Dende 1916 , sen perxuizo de tomar no futuro coñecemento doutros equipos que poideran ter existido, nas hemerotecas achamos referenzas dos seguintes:
CLUBE CELITA, TENORIO FC , FORTUNA, RACING DE SÁRRIA, ROSAL DE SÁRRIA , SOCIEDADE DEPORTIVA SARRIANA ( 1 ), SÁRRIA FC , DEPORTIVO SARRIANO , UNIÓN SARRIANA , SOCIEDADE DEPORTIVA SARRIANA ( 2 ), FLAVIA, LOS ONCE LEONES , RACING JUNIOR ; VALSARRIA , SEURROS FC , SOCIEDADE DEPORTIVA SARRIANA ( 3 ).....
O FÚTBOL NAS FESTAS DO SAN XOÁN
O FÚTBOL NO POSTULANTADO MERCEDARIO
No Covento da Mercé, ademáis de practicar o deporte do frontón, primeiro contra a parde exterior da Capela Maior, onde está a vidreira de arco gótico, e depóus con alto muro adicado a esa actividade , os estudantes do Postulantado xogaban ao fútbol no patio do Colexio Novo e despóis no campo, que o mesmo que o anterior foron rebaixados co traballo persoal dos aspirantes .
Para xogar ao fútbol non se desprendían das vestiduras talares. En ocasións , a petición dos responsables do Sárria FC, algúns postulates destacados no fútb
ol reforzaban aos sarriaos nos partidos que se celebraban no Campo de Deportes das Insuas.
FÚTBOL DE BARRIO
Nos anos 1950 e 1960 a mocidade da vila de Sárria organizaba unha peculiar Copa de Fútbol na que participaban equipos formados nos barrios ( Rúa Maior, Estación, Casetas, etc ) , con eliminatorias en sopartidos celebfrados no Campo das Insuas. A " copa" soía ser feita en madiera e torneada por un ebanista e pintada imitando a prata. Mentres duraba a competición soía estar expsota nun escaparate dalgunha das rúas céntricas.,
Nunha ocasión a copa disputada era de bon metal e fora concedida por Euxenio López López, por aquel entón Delegado Nacional da Fronte de Xuventudes.
...................................................................
Unha metódica pescuda nos xornaís, faciltada polo acceso aos arquivos de " Galiciana" e " Prensa Virtual Histórica " , permitirá que persoas curiosas poidan completar a traxectoria do balompé sarriao.
Abrindo camiño para ese necesario labor van de seguido algunhas
ALGUNHAS NOTAS DO FÚTBOL SARRIAO
* ( 27.08.1916 ) Encontro do CELITA FC e o GALAICO de Monforte de Lemos.
* ( 13,05.1917 ) Domingo.Partido celebrado no Campo de Outeiro enfrotándose o CELITA FC e o GALAICO de Monforte. Comezóu ás catro e media da tarde coa participación de numeroso público. Foi xuiz de campo Luis López Rivas. Resultado: Galaico ( 3 ) - Celita FC ( 0 ). O xogo foi amenizado polo grupo de gaiteiros sarriaos " Os Yebriñas". Os mozos do Galaico foron agasallados polos xogadores da vila e polo presidente do clube Xesús Puche,
* (.... 06,1917 ) Partido entre o CLUBE CELITA ( 5 ) e o CLUBE GALICIA ( 0 ), da Coruña . Estiveron presentes moitas persoas de Lugo.
* ( 24.06.1918 ). Festas do San Xoán,. ATLETICO DE LUGO ( 4 )- CELITA FC ( 1 ) . Xogaron a Copa doada polo ex-deputado a Cortes Sr. Martín Fernández,
* ( ....., 08.1919 ) Copa Xoaquín Quiroga Espín. Encontro do TENORIO FC ( 0 ) - ATLETICO DE LUGO ( 4 ). Horario: 7 da tarde. Árbitrro : Pinto ( de Vigo ) Alineacións: TENORIO FC: C. Batallón, D. López, Varela L. , L. Carrozas , González, M. Batallón , J. López, Alcalde A. , Batallón A, e Batallon M. ATLHETICO CLUB : Madarro, Veloso , Gandoy , Mourelo , Rodrigo, Almero, Teijeiro, Sal , Madrid, ( Varela xogaba no Ourense e Alcalde no Althetic de Madrid ).
* ( 22.06.1920 ) Partido de fútbol entre o ALTHETICO LUGO ( 1 ) e o GALAICO DE MONFORTE ( 1 ) , disputando nun campo en moi mal estado , a copa doada por Xoaquín Quiroga Espín,
* ( 4.08.1923 ) Encontro entre o ALTHETIC FC DE LUGO ( 2 ) e o DEPORTICO SARRIANO ( 4 )
* ( 4.11.1923 ) No Campo da Compañía de Monforte , disputando unha Copa doada por un xornal monfortino. ATLHETIC FC ( 7 ) - SÁRRIA FC ( 0 ).
* ( 31.08.1924 ) UNIÓN SARRIAA ( 3 )- ESPAÑA FC ( 3 )
* ( ... 06,1928 ) Clube de Fútbol da POBRA DE SAN XIAO ( 0 )- SD SARRIANA ( 5 )
* ( 1,07.1928 ) Clube TERROR da Pobra de San Xiao ( 1 ) - SD SARRIANA ( 3 ) . Ás 6 e media da tarde. Xogadores : Carrozas, Daga, Andión, Castro, Federico,,, )
* ( 15.08.1928 ) O TERROR da Pobra de San Xiao ( 2 )-SD SARRIANA ( 4 ). O "Terror" aliñóu 13 xogadores.
* ( 2,09.1928 ) TERROR DA POBRA DE SAN XIAO- SD SARRIANA. . A "Sarriana" marcóu 4 goles e aniláronlle 2. Por cuasa dun incidente foi suspendido o xuizo cinco minutos antes de remate.
* (.... 04.1929 ) Suspensión do encontro entre o DIMAS FC de Monforte de Lemos e a SD SARRIANA. Celebrouse o 21.04.1929 ás catro da tarde . Aliñaron : Daga, Carrozas, Santos, Santos, Castro, Andión, Rabuñal, Martul, Ramiro , López e Xabier.
* (........... 1929 ) DIMAS FC ( 3 )- SD SARRIANA ( 0 )
* ( ...................) Encontro entre os antigos xogadores do CELITA FC e a SD SARRIANA.
* ( 1.06.1930 ) Na Pobra de San Xiao : INVENCIBLE ( 3 )- FORTUNA , de Sárria ( 4 )
* ( 12.06,1932 ) Partido de fútbol infantil : LOS GALLOS de Monforte ( 4 )- SÁRRIA ( 3 )
* ( 25.06.1932 ) Festas do San Xoán. Encontro do ESTUDIANTIL FC DE LUGO- SD SARRIANA
* (.... 12.1932 ) Partido entre o PREAS FC, de Monforte ( 1 )- SARRIANO SD ( 1 )
* ( 24.03.1933 ) En Sárria, RACING CLUB VILLALBÉS ( 4 ) - FLAVIA FC ( 3 )
* ( 1.05.1933 ) Encontro entrea XIMNÁSTICA COMERCIAL DE LUGO ( Sociedade de Dependentes de Comerzo ) e o FLAVIA FC de Sárria. Xogadores lucenses : Vázquez, Villar, Guitián, Nasa , Pereira , Lugilde, Valín, Coria, Somorrostro, Paquito e Varela.
* ( 28.01,1934 ) INSTITUTO MONFORTINO ( xuvenil ) xoga contra o RACING DE SÁRRIA. O equipo de Monforte estaba baixo da tutela de Francisco Camps Lougue, catedrático de debuxo e do profesor de historia natural , Euxenio Torres Enciso. Alineación do " Instituto" : Pereira, Pepín, Gutiérrez , Paco, Amadeo, Tucho, Núñez , Marín; Lis , Manuel e Huerga.
* ( 25.03.1934 ) INVENCIBLE FC de Monforte ( 1 )- SÁRRIA ( 2 )
* ( ....06.1934 ).- Festas do San Xoán.- RACING CLUB ( 1 )- EUREKA ( 4 ), disputando a Copa de Prata da Comisión de Festas.
* ( ......... ) Partido de fútbol entre os ONCE LEONES DE SÁRRIA ( 4 )- SELECCIÓN DE BÓVEDA ( 7 ). Aliñación dos sarriaos: Mondín, Toninis, Ramón , Amado, Matías, Luis , Torrón, Fermín. Anínal, Rey e Toldaos. Aliñación dos Bovedenses : Losada, Fernández , Luis, Mao, Barcón, Juiz, Martínez, Luaces., Castro, Casas e Ojea. Árbitro: Vila, de Ver. Xuíces de liña: García e Mendoza.
* ( 25.06.1938 ) No Campo do Morelle, ROSAL FC DE SÁRRIA ( 2 ) - NACIONAL FC DE LUGO ( 3 ) , con asistenza de numeroso público,
* ( 3.07.1938 ) No Campo do Morelle FERROVIARIO DE MONFORTE ( 1 )- ROSAL FC de Sárria ( 4 ), Equipo : Fernando, Gueche , Xaime , Manolín, Siro, Velero , Páramo, Polo , Chuicho, Xosé Luis e Vizcaíno.
* (....... 1947 ) DEPORTIVO POLVORÍN ( 4 ), de Lugo- SÁRRIA FC ( 2 ).
* ( 14.09,1947 ) SÁRRIA FC ( 2 ) - DEPORTIVO POLVORÍN ( 0 ). Aos cinco minutos do comezo do parrtido o porteiro do " Polvorín" sufréu unha lesión con rotura de clavícula.
* ( 24.06.1948 ) Partido de fútbol entre o CLUBE RENFE , de Monforte e o SÁRRIA FC.
* ( 26.05.1949 ) CULTURAL ATLÉTICO LUCENSE de Lugo ( 4 )- SÁRRIA FC ( 0 )
* ( 28.03,1954 ) ELECTROMECÁNICA (___) - SÁRRIA FC (_____).
* ( 24.06.1954 ) Festas do San Xoán. No Estadio das Insuas . Día do Clube. RACING CLUB VILLALB.ES, da Serie A Rexional ( 0 ) - SÁRRIA ( FC ) . Copa doada pola Comisión de Fetas. No primeiro tempo marcaron Benito e e no segundo Avín e Benito.
* ( 29.06.1955 ) Nas Festas de Canabal ( Sober ) CANABAL ( 5 )- SÁRRIA FC ( 1 ). Árbitro: Gaíza. Aliñacións: CANABAL ; Cunino, Roberto, Isaac , Luciano, Rebeca , Gallo, Martín , Luis, Bernardo, Benito, Alvarito e Susy.SÁRRIA : Chucho, Pinga, J . Luis, Moncho, Pintos, Pintos, Cruz, Manuel, Luis, Ito e Fernos.´
* ( 12,10,1960 ) Partido no Campo de Árbol no Valadouro. Resultado ;VALADOURO ( 2 ). SÄRRIA FC ( 1 ), Aliñaciñons : VALADOURO: Domingo, Daniel, Gardel, Langrín, Marolo, Telmo, Juanillo , Pepito, Pedrito, Julio e Canelo. SÁRRIA : Pedrero , Chucho, José Luis , Irimia, Pegerto., Pintos, Pelé , Vázquez, Javier, Zorro e Ninñi,
* (... 10.1960 ) Encontro SÁRRIA FC ( 5 ) - CHANCA ( 0 ). Aliñación : Pedrero, Eloy, José Luis , Kikolo , Tito, Faraldo, Irimia, Javier, Javier II , Zorro, Niní. ( Na segunda parte , Angel, Pintos e Pumarega sustitúen a Pedrero, Faraldo e Eloy ),
* ( 29.06.1967 ) No Estadio de Cantarrana - Viveiro . VIVEIRO CF ( 3 )- SÁRRIA FC ( 1 )
* ( 27.04. 2002 ) Fase de Ascenso da Liga Galega ( Xuvenil ) SD SARRIANA-NOIA.
* XXXIII Trofeo San Xoán de Fútbol.
* ( 24.06,2002 ) Festas de San Xoán., SD SARRIANA - SELECCIÓN PROVINCIAL
* ( 7.09.2002 ) SD SARRIANA - RIOTORTO FC ( 1ª! Rexional )
* ( 3,11,2002 ) SD SARRIANA- LEMOS B ( 1ª Rexional ).- SD SARRIANA. SD RESIDENCIA ( Xuvenís ). SD SARRIANA-POLVORÍN ( Cadetes ). SD SARRIANA - CD CASTRO ( Cadetes ).
* ( 24,06,2003 ) XXXIV Trofeo San Xoán de Fútbol. SD SARRIANA- SELECCIÓN PROVINCIAL
* ( 30.0,2003 ) SD SARRIANA.CLUB LEMOS.
* ( 12.10,2003 ) SD SARRIANA.- ATLÉTICO MINEIRO.
* ( 2.11,2003 ) SD SARRIANA- FRIOL FC ( Infantil ); SD SARRIANA.- VIZOÑO SD
* ( 16,11,2003 ) SD SARRIANA.- ED CHANTADA ( Infantil ) ; SD SARRIANA.- ORILLAMAR SD.
* ( 21.12,2003 ) SD SARRIANA.- ED CHANTADA ( Infantil ) ; SARRIANA.-ORDES SD
* ( 1,02,2004 ) SD SARRIANA - CP CASÁS ( Infantil ) ; SD SARRIANA - ATLÉTICO FÁTIMA
* ( 15.02.2004 ) SD SARRIANA-. COMERCIAL ( Infantil ) ; SARRIANA- ESPAÑOL SD
* ( 29. 02.2004 ) SD SARRIANA- MILAGROSA ( Infantil ) ; SD SARRIANA- RC VILLALBÉS
* ( 15.05. 2004 ) SD SARRIANA - MILAGROSA ( Infantil ) ; SD SARRIANA- SC PALAS ( Xuvenil ) ; SD SARRIANA- AS PONTES.
* ( 29.05.2004 ) SD SARRIANA- SG COMERCIAL ( Infantil ): SD SARRIANA- LARACHA CF
* ( 5.06.2004 ) SD SARRIANA - SCD MILAGROSA ( Xuvenil )
**************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario