VENANCIO VÁZQUEZ LÓPEZ, EMPRESARIO SARRIAO ( 644 )
VENANCIO VÁZQUEZ LÓPEZ, EMPRESARIO SARRIAO ( 644 )
VENANCIO VÁZQUEZ LÓPEZ, da familia " Moreno de Sárria", fillo de Xosé Vázquez Mourelo e de Manuela López López, foi un recoñecido industrial chocolateiro e politico residente en Madrid. Foi presidente do primeiro Centro Galego de Madrid, e un dos promotores da Cámara Oficial de Comerzo e Industria de Sárria.
En Sárria edificóu " Villa Aurelia" ( actual edificio de La Unión ), e unha casa-hotel na Rúa do Porvir, que acabóu sendo coñecida como Casa Quiroga ( na actual Rúa Marqués de Ugena.
Xestos seus en Sárria foron a doazón de vidreiras para as fiestras góticas da igrexa do Convento Mercedario, a concesión de premios nas feiras gandeiras, a colaboración en xestións politicas para conseguir a apertura de estradas na comarca ou o apoio ao comerzo e a industria de Sárria.
******************************
Diccionario Biográfico de Comerciantes, Agricultores e Industriales ( Madrid . Escuela Tipográfica del Hospicio . Fuencarral. 1894 )
VENANCIO VÁZQUEZ LÓPEZ.- Non é posible ter, como temos nós , concebida unha idea elevada do que é Madrid como poboación industrial e productora , sen unir a esta idea un concepto non menos elevado de aqueles que máis contribuiron coa súa intelixenza e os seus constantes esforzos a que Madrid figure a carón dos pobos máis dos traballadores da Nación.
Entre os que neste caso se achan figura o intelixente industrial D. Venancio Vázquez e López , cuxo retrato ofrecemos como homenaxe rendida ao home que chegóu a unha posición folgada , semeando beneficios ao país no que vive e servindo de exemplo , polo seu amor ao traballo , a esa xuventude que percura , cega, a fortuna , por outros medios que só conducen á miseria e o anbandono.
D. VENANCIO VÁZQUEZ viu a luz en SÁRRIA, pintoresca vila da provincia de Lugo, ese encantador país onde, por un dos contrastes tan presentes na realidade da vida , a un clima dondo e a un ceo espléndido , corresponde unha pobreza que obriga aos seus laboriosos fillos a percurar o sustento lonxe do fogar e a familia.
Corría o ano de 1859 cando o noso biografado , máis cheo de esperanzas ca de medios para alcanzas a fortuna coa que soña sempre o que consagra ao traballo honrado os mellores anos da súa vida , chegóu a Madrid , onde dende o primeiro momento soubo despregar a fe, a esperanza e a constanza que constitúen o fondo do seu carácter , cualidades que non tardaron en abrirlle camiño á súa nobre e lexítima ambición.
Non trascorreran moitos anos cando Vázquez se achóu á fronte dun acreditado muiño de chocolate e do almacén central , situado nas Cuatro Calles. No mesmo un que o outro sofreron moi axiña importantes modificacións , até se colocar á altura na que hoxe se atopa, porque D. Venancio Vázquez une , á súa actividade incansible , unha intelixenza esquisita e un gosto delicado que, apartándoo do trollado da rotina , lévano ao perfecionamente que fan honra aos seus coidados e honran á industria española.
O muiño recibiu a forza motriz do vapor, a tenda convertiuse en iquísimo estuche que encerra preciosidades no xénero ao que se adica, e despóis da última e costosa reforma, o establecemento das Cuatro Caller pode competir cos mellores de Madrid e do extranxeiro.
A fábrica , instalada hai algúns anos na calle Caracas , é un edificio espacioso e perfeitamente axeitado ao obxecto ao que se destina, ofrece ese espectáculo admirable propio dos grandes establecementos fabrís . Máis de cen obreiros achan ali ocupación, e é por todo extremo grato contemplar aquela actividade, aquel movemento que denuncia, dende lonxe , a manifestación do traballo , que é a vida , o porvir e a gloria dos pobos civilizados.
Todo isto demostra que D. Venancio Vázquez non é só o home que debe a súa fortuna ao traballo , senón tamén o xenio , que non se con producir , senón que quere e sabe producir ben.
Se como industrial o nome de D. Venancio Vázquez figura, con xustiza, entre os escollidos , como particular ocupa lugar preferente no cariño do pobo de Madrid e no aprezo dos seus concidadáns. A súa bolsa non se acha xamáis pecha para socorrer os grandes infortunios , e esa actividade, inxénita nel, aplicaa o mesmo ao desenvolvemento da industria á que debe a súa fortuna , que ao remedio da desgraza ou á cooperación de todo pensamento patriótico.
Dígao senón a provincia de Granada nos días terribles do tremor. Formando parte da comisión do Círculo de la Unión Mercantil, como presidente e tesoureiro , de cuxa Sociedade é membro inluinte, D. Venancio Vázquez acudiu solicito ao socorro das desgraciadas vítimas , valéndolle os seus traballos ser nomeato fillo adoptivo de Santa Cruz de Alhama .
Na época do cólera , non faltaron os seus coidados e auxilios aos atacados da mortífera doenza en Madrid, e o seu nome vai unido á fundación da segunda Tenda- Asilo.
Ten importantes condecoracións, entre elas a Gran Cruz de Isabel la Católica.
O voto dos seus conveciños elixiuno Concelleiro nas eleccións da coalición , e o do Concello Tenente Alcalde do Distrito de Buenavista.
Os seus electores quedaron moi satisfeitos da súa xestión administrativa no Concello , onde, como en todas as partes , se distinguiu pola súa actividade e a súa honradez.
Un xornal da oposición dicía do señor Vázquez : " Con homes coma el , non nos extrañará que o Sr. Abascal consiga demostrar que Madrid ten máis importancia , baixo do punto de vista da producción , que outras moitas capitáis de provincia de España , que nos acusan de consumir sen producir".
Ficamos conformes.
*************************************************************************************
VENANCIO VÁZQUEZ.- PROVEEDOR DA REAL CASA.- CHOCOLATES.- CARACAS 7. MADRID
***********************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario