SAN PEDRO DE PARADELA ( 633 )

                                             SAN PEDRO DE PARADELA                (  633  )

Perto da capitalidade do Concello de Paradela, no actual lugar de Bricheiro , houbo  unha igrexa parroquial que  respondía  á advocación de San Pedro. 

No Tombo de Samos consérvase  unha escritura na que se fala desa desaparecida parroquia, que de xeito  precipitado algúns autores  pretenderon identificala darrredor do lugar de San Pedro, aldea esta da parroquia de San Miguel de Paradela, situada entre Pacios e a igrexa de San Miguel.

Nun documento privado referido a bens da Casa da Brea do lugar de Bricheiro, da parroquia de Santa Cristiña de Paradela,  figura de forma clara a referenza a que na eira desa casa estiver en tempos a " desaparecida igrexa  de San Pedro ".

Na toponimia menor a aldea de Breicheiro figuran os topónimos   que  manteñen viva  a realidade de ter sido asento  dunha igrexa  da que na actualade  non gardan memoria as xentes do lugar.  Beira da pista de entrada  ao lugar hai dous eidos que levan  o nome de "Leiro de Eirexe " ( Poligono  10 e Parcelas  231 e 232 ) . 

Da antigúidade do asentamento  humán nese espazo   fala o nome de Leira do  astro ( Parcela  251 do Poligono 10 )  que leva  un terreo  situado riba do lugar.

O documento  no que se cita a igrexa medieval da igrexa de San Pedro , anosada dende o seu texto en latín, ten o seguinte contido:


Comentarios

Publicacións populares