SÁRRIA : ORDENANZAS MUNICIPÁIS DO CONCELLO DE SÁRRIA ( 1907 ) ( 637 )

 SÁRRIA: ORDENANZAS MUNICIPÁIS DO CONCELLO DE SÁRRIA ( 1907 )      ( 637 )  

Públicanse por vez primeira, anosadas, as Ordenanzas Municipáis do Concello de Sárria, elaboradas en 1906  e postas en vigor no ano 1907,  elaboradas sendo alcalde  AMADEO MACÍA VÁZQUEZ, un dos máis destacados rexedores municipáis  da Restauración.

Foron recollidas nunha publicación de 29 páxinas   editada en Lugo  nos Talleres  Tipográficos Xerardo Castro,  da que se conserva un exemplar gardado no  Arquivo Histórico Comarcal ( Casa da Cultura de Sárria ).

Trátase dunha compilación  reguladora de diversos asuntos e campos de competencia municipal, coa que pretendía  regular  as obrigas dos veciños   e o bon goberno   , sinalando trámites,  funcións da Alcaldía  e demáis autoridades locáis.

Non tivo moita fortuna esta regularización que froito da nugalla dos compoñentes da corporación municipal, o escaso compromiso desta  no establecemento  de liñas de progreso   e mesmo a consagración  dos procedementos  caciquís, enquistados   na Casa Consistorial ,por terra  os meritorios  prantexamentos  recollidos nas Ordenanzas.

Os bons desexos   e   o rigor desta normativa   non tivero bon suceso.  O Ditreitorio de Primo de Rivera, o paréntese  dos concellos repúblicáns, e os longos anos da Ditadura  franquista,  foron outros tantos períodos nos que non se deu  cumprimento á maioría dos artigos das Ordenanzas.

As boas normas entón fixadas  , por exemplo, en materia de camiños ou de licenzas de obras, morreron afogadas pola nugalla municipal, o amiguismo,  o "deixar facer " ...  resultando  que  non fose até os anos 1970 cando se xeralizóu a esixenza de presentación de proxectos técnicos  para a realización de obras particulares, ou que para poder ver camiños de 5 e máis metros  , como establecían  as ordenanzas,   houbo que agardar  máis de 70 anos.

             .............................................................................................................................................

 

                                                  ORDENANZAS MUNICIPÁIS

                                                                        DO 

                                                     CONCELLO DE SÁRRIA

                                        Aprobadas  pola Autoidade  gubernativa

                                                                                                                     Lugo

                                                                                                   Talleres  Tipográficos de  Castro

                                                                                                              San Pedro 29

                                                                                                                   1907

 .................................................................................................................................................................

                                     ORDENANZAS  MUNICIPÁIS

                                                              DO

                                          CONCELLO DE SÁRRIA

                                                   Título    I

                                              Policía Urbá

                                                   Sección  1ª

                                              Establecementos públicos

ARTIGO 1º.-  Para abrir  destinados ao servizo de café , billar, taberna , bodegón , casa de comidas , pousada, fonda  ou outros semellantes , precisarase   licenza da Alcaldía  , e a ela se dará conta  de calquera cambio de domicilio  que os donos  dos mesmos leven a cabo.

ARTIGO 2º.-  Os ditos establecementos  só permanecerán abertos  até as once da noite , dende 1º de novembro  a 1 de abril, e os meses restantes até as doce.

Quedan exceptuadas as  pousadas e fondas , que poderán recibir aos seus hóspedes  durante a noite.

ARTIGO 3º.- O  dono dun establecemento a quen despóis  da hora sinalada , a aínda  tendo pechado, se achase nel  algunha persoa extraña  e que provocase escándalo , sufrirá  unha multa proporcionada á súa falta  : caso de reincidencia  a máxima autorizada  e se nova,mente reincidise  poderáselle pechar o establecimento  e  ser entregado  aos Tribunáis  por desobediencia.

ARTIGO 4º.- É aplicable  o artigo anterior aos que despóis  das horas autorizadas  abrisen o establecemento  para o despacho de xéneros , aínda que este tivese lugar  a porta pechada.

ARTIGO 5º.-  Nas tabernas, billares, chigres , etc. non se permitirá  ningunha clas de xogos  que figuren entre os proibidos , e a permanencia  de mozos menores  de 16 anos  que non vaian acompañadas de  persoas que os representen . e individuos que estexan bébedos.

ARTIGO 6º.-  As fondas e pousadas levarán  un libro rexistro  no que consten o nome , veciñanza dos hóspedes  e días que neles pernotan.

ARTIGO 7º.-  Os establecemento  mencionados no artigo 1º poderán ser obxecto  de inspeción pola  Autoridade local.

                                                        Sección  segunda

                                                       Lugares públicos

ARTIGO 9º.-  Os artigos destinados á venda   nas feiras e mercados , non serán obxecto de transación  fora do lugar   no que aquelas e ests se celebren.

Tampouco se permitirá   o establecemento de  acaparadores  nas entradas  das mesmas e  nas vías que a elas conducen.

ARTIGO 10º.-  Os infractores  do artigo anterior  serán detidos  ou multados. inorrendo  ademáis en comiso  da mercancía  que lles fose achada.

ARTIGO 11º.-  O Alcalde , por si,  ou por medio dos seus dependentes , ordenará a colocación e distribución de froitos ,efectos e gados , e adoptará  as demáis medidas conducentes  ao réxime de feiras e mercados.

ARTIGO 12 º.-  Ninguén poderá establecer  nuns e noutros puntos de venda , sen permiso da Autoridade  municipal e previo pagamento  dos dereitos en vigor  ou que no sucesivo    se sinalen.

ARTIGO 13º.-  O que  expenda artigos de consumo adulterados , en estado de fermentación  ou procedentes de animáis mortos , por consecuencia de enfiormidade  ou accidente , sufrirá o comiso  dos mesmos e a multa  correspondente.

ARTIGO 14º.-  Ninngún vendedor  baixo   pretesto de oferta mínima , proferirá aldraxes  , nin palabras mal soantes  , contra o comprador.

ARTIGO 15 º.-  Nas feiras , mercados e toda clas  de establecementos públicos , fixos ou ambulantes ,  se usarán os pesos e medidas  legáis establecidos  con arranxo aos padróns que  posúe o Concello.

A infración  do exposto no párrafo anterior  dará lugar á multa  correspondente e recollida  de aqueles, pasano o tanto da culpa   aos Tribunáis de Xustiza , no caso de reincidencia.

ARTIGO 16 º.-  Proíbese   o estacionamento  nas feiras e mercados   e as súas avenidas , de carros e cabalerías , que só  poderán permanecer  o tempo preciso  para carga e descarga.

ARTIGO 17 º.- Non se permitirá   establecer   nas feiras e mercados  o xogo chamado de " billar romano" , nin outros cuxo obxecto sexa lucrarse con engano.

ARTIGO 18º.-  Proibese guindar pedras  ás árbores  dos paseos, prazas , feiras e rúas públicas  , sacudilos , recoller o seu froito, agatuñar a eles , ou causarlles de calquera outra maneira perxuizo.

ARTIGO 19 º.- O que arrinque  ou corte   algunha árbore  na rúa, paseo  ou paraxe publica , indemnizará o valor da mesma  e pagará a multa que lle sexa imposta,

ARTIGO 20º .-  Os pais  ou titores, cuxos fillos  ou menores  causen danos   nas rúas ou paseos,  en árbores  ou ramaxes , en portas, vidreiras , faróis  do alumeado , fontes,  muros, canos , lastrados , encachado  de rúas,  baixantes de augas , pías das fontes , etc.   que se engtreteñan en luxar as paredess , o de calquera outro xeito  causen perxuizo ,serán responsables  del , e incorrerán  en multa proporcionada  á entidade da falta.

A mesma penalidade será imposta   solidaria e mancomunadamente  aos autores deses feitos  se fosen   responsables   civil ou criminalmente.

                                                            Sección 3 ª

                                       Espectáculos e diverticións  públicos 

ARTIGO 21 º.- Ningún espectáculo  poderá celebrarse sen  licenza da Autoridade  administrativa.

ARTIGO 22 º.- O Alcalde terá que concedela nos casos seguintes:

1º,. Se non se opón á moral , aos bons costumes, e ao disposto polas leis vixentes.

2º.-  Se  sendo  ao ar libre , se celebra durante o día  en lugar axeitado e sen molestias para a veciñanza.

3º.-  No caso de ser de noite de vai ter en  recinto pechado  e que reúna condicións de solideza, ventilación e  capacidade , con relación ao número de asistentes.

4º.- Cando non haxa que temer desordes.

ARTIGO 23 º.-    En todo o caso  a Autoridade local  poderá suspender   calquera espectáculo  se se infrinxise  o preceptuado no artigo anterior.

ARTIGO 24 º.-  Non se alterará   a clas de espectáculo , nin será sustituida    unha función por outra  sen permiso da Autoridade administrativa  e anuncio ao publico , colocado riba da porta  de entrada  ao local destinado  ao acto .  seis horas antes  do en que  vaia ter lugar , para que acepte  a sustitución  ou reclame   a devolución  do prezo entregado

ARTIGO 25  º.-  Non se interromperán as entradas   eaídas do local  no que   vaia dar  o espectáculo ,  debedo este   e aquelas permanecer  alumeados axeitadamente  mentres non sexa desaloxado enteiramente  por todas as persoas.

ARTIGO 26 º.-   Ningún espectador  molestará, perturbará , nin impedirá  a outro con berros  ou ademáns . ollar ou ouvir , o que se represente  e lle sexa dable   presenciar dende o seu asento.

ARTIGO 27º.-  O que infrinxa o artigo anterior , será obligado  a abandoar  o local   sen opción ao reintegro  da cantade por el  satisfeita.

ARTIGO 28 º .-  A suspensión dun espectáculo que se estexa celebrando  e aprazaento para o día segunte  levará anexa   a devolución ao público   da cantidade   recadada   como prezo para asistir ao  mesmo.

ARTIGO 29 º,. Nos tres días  de Entroido  permitirase andar polas rúas  con disfrace , máis só ao  anoitecer , proibíndose o uso de tgraxes relixiosos e de uniformes   e insignias militares  e toda clas de armas.

A Autoridade local ten dereito  a mandar quitar o antiface , ou a ordear   que lle sexa quitado , a quen resistise o seu mandado.

ARTIGO  30 º.-  A Autoridade administrativa  encargada de regulamentar  eses regocixos , proibiraos  se non se suxeitan ao por ela disposto , como tamén por causas xustificadas.

Impedirá ao mesmo tempo  a continuación dos mesmos  se fosen pretesto  para impoñer  multas ou vexacións  ás persoas, ou  derrame das cousas,

ARTIGO 31º.-  Non se poderán dar bailes público , xa sexan   pagando, por suscrición  , ou de calquera outra maneira , sen permiso da Autoridade administrativa.

ARTIGO 32 º.-  Os asisntentes aos bailes  non entrarán neles con armas , caxados nin paraugas , quedando porén reservado  ás autoridades ,  faceren uso   das insignias e armas  que lles correspondan.

ARTIGO 33 º.-  Aínda tendo en conta  a animación destes días  proíbese facer  uso de instrumentos  que poidan moestar  aos concorrentes . valerse de verbas   e  ademáns inconvintes , e en fin,  fumar no local destinado a baile.

Tampoiuco   se permitirá a estenza  no salón ás persoás bébedas.

ARTIGO 34  º,. O servizo  de viños, licores,  refrescos,  pastelaría, café  , e máis compreendidos  neste ramo , estará suxeito  á inspeción  e á tarifa aprobada  polo Alcalde , e selada co do Concello, que se expoñerá no local no que se preste aquel.

ARTIGO 35 º.-  As  disposicións consinuadas  nos artigos 31 ,  32, 33 e 34 , son aplicables  a toda clas de bailes  que teñan  ou non lugar  nesta època.

                                                          Sección 4 ª

                                                    Festas populares      

ARTIGO 36 º .- Para a celebración das festas populares  precisarase a  competente autorización-  O Alcalde fixará  a duración das mesmas  podendo suspendelas no caso de desorde.

ARTIGO 37 º.- Os concorrentes  ás mencionadas festas  gardarán a maior compostura , sen molestar cos seus berros , ademáns , apreixaduras  e verbas inconvintes  aos demáis asistentes.

Queda pproibido  alterar de calquera xeito  a marcha de aquelas.

ARTIGO 38 º .-  No tempo  no que poideran  producir   incendio  nos campos  ou nas eiras , non estará  permitido o  disparo de fogos artificiáis  con luzaría , nin a elevación  de  globos  con mecha,

                                                           Sección  5 ª

                                               Manifestacións públicas

ARTIGO 39 ª.-  As manifestacións  públicas  do culto católico  autorizadas  pola Constitución do Estado  e que teñan lugar  na vía publica , non interromperán  o libre tránsito  pola mesma , nin entorpecerán  nela os labores e traballos aos que se adica   a poboación  nos días non feriados . A Autoridade local  poderá  impedir ou suspender   aquelas por causas   de orde pública.

ARTIGO 40 º,-  As procisións con exposición do Sacramento  e aquelas que respondan a festas populares  tradicionáis no distrito , discorrerán libremente pola  vía pública , que previaemnte será   dealoxada de todo  obstáculo nela existente.

ARTIGO 41 º.-  Non será permitido proferir insultos  nin executar actos  que interrompan a devoción dos fieis  asistentes ás   manifestacións consinuadas  nos artigos anteriores, ataquen  os seus sentimentos relixiosos , ou tendan a  impedir o libre   exercizo do culto católico.

ARTIGO 42 º.-  É aplicable o artigo 39, ás manifestacións de carácter  civil e político  que teñan lugar  na vía pública , obtido que sexa   con suxeición  á Lei de reunións  o competente permiso  para levalas a cabo , e fixada  pola Autoridade administrativa  a carreira ou itinerario  que as mesmas teñan que seguir.

ARTIGO 43 º.-  As reunións en local pechado , terán que se someter  ás disposicións da expresada Lei.

ARTIGO 44 º,. Proíbense as colectas  a domicilio , o mesmo as  de carácter relixioso ca civil,  que non sexan  precisamente autorizdas  polo Alcalde , debendo en todo o caso, presentar a licenza  aos axentes da autoridade se a demandasen.

ARTIGO 45 º.-  En caso ningún  poderá ser concedida licenza  para establecer con fronte á vía publica , petitorios,  boetas,  caixas especiáis  e canto  atenda, en fin,  a  recoller  recursos entre os transeúntes.

                                                            Sección 6 º

                                           Moralidade  e tranquilidade  público 

ARTIGO 46  º.-  As blasfemias , expresións obscenas , accións e ademáns indecorosos  e cantos  ofendan a moral pública , serán obxecto de correción  e sofrirán os seus actores  a penalidade que  pola Autoridade local lles sexa imposta.

ARTIGO 47 º .- Serán obxecto da sanción penal establecida  no Código correspondente  os que promovesen escándalo, aldraxasen  e causasen estragos  na vía e paraxes públicos , e tamén os  que cos seus berros , liarazas,  liortas  ,ademáns  ou outros actos realizados , en ou  desde as súas vivendas , perturbasen a tranquilidade dos habitantes  de perto  ,ou dos transeúntes.

O Alcalde  está facultado ademáis , para impoñer a correción oportuna  na maneira  que establece  o apítulo  referente a  infracións e penalidades.

ARTIGO 48 º.-   O que  sexa achado estando bébedo  será acompañado ao seu domicilio  polos axentes da autoridade ; mais, se carecese  del dentro da localidade  ou promovese escándalo , será conducido  en calidade de detido , ao lugar axeitado  a un e outro caso , sen perxuizo de lle esixir , no segundo, a responsabilidade  conseguinte.

ARTIGO 49 º,. Os xogos da billarda , pelota e calisquer outros  que impidan o libre tránsito  polas rúas e prazas , ou perxudiquen dalgún xeito  aos habitantes  e transeúntes, quedan proiblidos.

Á  Autoridade local incúmbelle  sinalar os puntos  nos que   serán permitidas as distracións  e entretementos  que poidan  servir de lecer e recreo.

ARTIGO 50 º .-   Proíbese disparar  armas de fogo  en poboado  e a menos de 250  metros do último edificio , guindar pedras , estoupar petardos , bombas, foguetes e fogo de artificio , en  ou á vía pública,

ARTIGO 51 º.- Os saltimbanquis , músicos , cantores ambulantes , danzantes, xogadores  de man , e industrias similares, non poderán  estacionarse  nas rúas  e paraxes públicos  sen permiso da Autoridade administrativa .

ARTIGO 52 ª.- Nignuén poderá cantar , vocear , nin facer música  nas rúas, prazas  e demáis paraxes públicos , se non se acha previamente  autorizado pola Alcaldía.

ARTIGO 53 º,-  Proíbese o renxido dos carros  no interior da poboación , e obbigaráse  a baixar o seu rozamento  con xabrón ou outra  matería, para evitar   o incómodo bruído que producen.

                                                                  Sección 7  ª

                                                               Mendicidade

ARTIGO  54 º, - Proíbese a mendicidade  a quen non estexa debidamente autorizado  para exercela , demostrando  o tal permiso  coa exhibición dunha chapa metálica  que o Concello facilitará gratuitamente ao que, acreditando  ser pobre de solemnidade , a solicite , pertenza ao distrito , e estexa físicamente impedido  para o traballo pola súa idade  ou as súas eivas.

ARTIGO 55 º .-   Para o cumprimento do  anterior . ouvirase o informe   da Segredaría do Concello , do Cura párroco e  do Alcalde de barrio  correspòndente.

ARTIGO  56º .- O Concello xestionará   o ingreso nos asiloa  sostidos polo Estado pu pola provincia , dos indixentes  deste termo municipal , sendo só aplicable oartigo 54 , a aqueñles que non o obtivesen.

ARTIGO 57 º.-  Os contraventores  do que prevén  o artigo 54, serán  expulsos deste  termo municipal se non fose veciños do mesmo ; mais, caso afirmativo, sofrirán  a multa de cionco, dez  e quince pesetas, por primeira, segunda e terceira vez , que se fará efectiva   nos bens que posúa,  se fosen solventes,  e a medio de prisión subsidiaria, a razón de cinco pesetas  por día se sucedes o contrario.

ARTIGO 58 º,. A persoa á que se teña  imposto a penalidade de quince pesetas , oo o seu similar, será enregada aos Tribunáis , polo delito de desobediencia se reincidise.

ARTIGO 59 º..  Pola Segredaría  do Concello  abrirase un libro rexistro  que faga referenza  ás materias das que se ocupa  esta sección  e no que se consinúen:

1º.- As licenzas   solicitadas e informes sobre elas recaídos.

2º.-  As concedidas e denegadas.

3º.- As correcións impostas.

ARTIGO 60 º.-  Serán responsables  do cumprimento das precedntes disposición, tratándose de persoas non suxeitas  a responsabildiade civil nin penal, os pais das mesmas  e no seu defecto os encargados da súa tutela.

                                                            CAPÍTULO II

                                                 SEGURIDADE PERSOAL 

                                                            Sección 1ª

                                                           Vía pública

ARTIGO 61 º,. Os condutores  de carros ou carruaxes , cabalkerías  e demáis animáis ,  non poderám abandoalos na vía pública.

ARTIGO 62 º.- Proíbese o paso de calquera veículo polas beirarrúas , e tamén  conducir polas mesmas  obxectos de carga no ombnreiro,

ARTIGO 63 º.-  As cabalerías  serán conducidas  áos pións  suxeitádoas  do ramal e a pé a persoa que as guíe.

 ARTIGO 64º .-  Príbese  a todo carruaxe  pasar dentro da poboación  a outra marcha  que a correspondnete  ao paso  dunha  persoa. O dono ou condutor  teñen a obriga  de acenderen os faróis  do mesmo   apenas anoiteza , e os dos carros  a de ir  por diante do gado a todas as horas  , e suxeitalo  convintemente.

ARTIGO 65 º,. Cando se encontren nunha rúa  dous ou máis carros , cada un levará a súa dereita ; se  algún tivese  que retroceder , verificarao o que vaia valeiro ; se ambos fosen  nas mesmas condicións , o máis  de perto á esquina  inmediata e se a rúa  fixese costa  retrocederá o que suba,

ARTIGO 66 º,.  Proíbese correr e trotar  polas rúas e paseos.

ARTIGO 67 º.- Proíbese que os porcos e o gado anden soltos , ou estexan detidos  nas rúas e prazas desta pobloación.

ARTIGO 68  º,.A condución de toda clas de gado ou animáis, farase  polo centro  das rúas , e de ningún xeito polas beirarrúas.

ARTIGO 69  º.. Non se perimiirá  deixar  atadas as cabalerías  nas portas e reixa das casas, nas árbores dos paseos , nin en paraxe algunha da vía pública que estexa destinado ao efecto.

ARTIGO 70 º,. Os vendedores ambulantes  situaranse fora das beirarrúas ; non  sendo permiitidom a ninguén  tenderse ou acougar nelas.

ARTIGO 71  º,.  non se poderá  intercetar o paso  polas beirarrúas formadno  rodas de xente nas mesmas.

ARTIGO 72 º.-  Proíbese deixar nas rúas  e de noite  reblo, leñas, estrume, trabes , en fin, obxectos que  enttorpezan o  libre tránsito.

Polo que se refire aos materiáis  de construción, estarase ao disposto  nestas Ordenanzas na sección correspondente.

ARTIGO 73 º .- Para a colocación de escaparates  , barras de ferro  e mostrarios  saíntes, movible ou fixos , precísase licenza  da Alcaldía, mais en caso ningún  poderán sair máis de cinco centímetros  do plano da parede  na que se coloquen.

ARTIGO 74 º,. Proíbese  colocar con fronte á vía pública , leñas, estrume, palla, en fin , canto sigmifique  alteración, en pouco ou en moito,  do que ao ornato  público se debe.

                                                              Sección  2 ª 

                                                      Edificacións e obras

ARTIGO 75  º,. Ninguén poderá edificar ou reedifi ar  casas, abrir ocos, facer  revocos , nin constuir obras   cuxas frenteiras miren ás rúas ou sitios publicos , sen autorizaciòn do Concello, que se solicitará  por medio de instancia , acompañada dos planos  ou deseños  correspondnetes. O Concello, ouvida a comisión  do conceto, concederá aquela  coas modificacións  que pola súa aliñación  e estrutura esixe o ornato publico , e determinará o terreo que, previa indemnización, ha quedar  en beneficio do ancheamento , ou aliñación das rúas e prazas,

ARTIGO 76 º.-  Os que deixasen  de solkicitar a  licenza previda , ou  non cumprisen  as condicións impostas , sufrirán como consecuencia  e da súa conta , desfacer  a obra executada.

ARIGO 77 º .-  Calquera modificación  que sexa introducida  con posterioridade  á petición de licenza , tendendo a alterar  no pñlano  a fronte á rúa , será obxecto de  nova autorización , suxeitándose  na súa tramitación ao  disposto no artigo seguinte.

ARTIGO 78 º.- O Concello  resolvera respecto  ás solicitudes  de licenza de construción  no prazo de corenta días  dende a presentación  das mesmas,  e trascorridos estes   o propietario poderá construir  con arranxo ao plano  ou deseños  presentados , se a Corporación non tomase  acordo.

ARTIGO 79 º.-  Se o Concello estimase  necesario  por razóns  de ornato publico  o revoco dalgunha casa  ou edificación , o branqueo da mesma  , ou a reparación  de ocos ou portas de peche , o seu dono estará obrigado  a executar as obras  oportunas , realizándoas  en caso negativo  o Concello  por conta do propietario , se este  demorase emprendelas  máis de quince  días  da data  na que  para iso  fose notificado.

ARTIGO 80º.-  As madeiras de peche  das portas  e fiestras  non abrirán  cara a vía publica ,  debendo facerse desaparecer  as que na actualidade  existen en tal maneira.

ARTIGO 81 º.- Os materiáis  de construción  non poderán oupar  a vía publica  máis ca o tempo preciso  para o seu traslado  con obxecto de proceder  á súa  colocación.  A Alcaldía , se o fixese o Concello  ao conceder  a licenza de construción , fixará  os puntos  nos que  terán que se depositar aqueles . elixindo de preferenza  as prazas ou outros lugares  que ofrezan amplitude dabondo  e sexan os de máis perto  á obra.

ARTIGO 82 º.-  Se polo Concello  ou Alcaldía  non se fixesen os lugares aos que se refire  o artigo anterior  , o propietario da finca en construción , poderá ,  no momento que estexa en condicións  legáis para comezar a mesma , situar os materiáis  na vía publica  e fronte da súa casa , para proceder a traballalos , sempre que  deixe espazo dabondo ao libre  tránsito.

ARTIGO 83 º.-  Nos lugares destinados  a depósitos de materiáis de  construción , o dono destes  terá que poñer  pola noite un farol aceso, se aqueles estivesen na vía publica  ou puntos de tránsito,

Os que destrozasen  ou fixesen desaparecer  ese útil  incorrerán  nas responsabilidades  que impoñen os Códigos  e estas Ordenanzas,

ARIGO 84 º,.  O reblo procedente do derrube  de edificacións,  non se poderán depositarse  na vía pública.

ARTIGO 85 º.-  Os donos dos edifcios  que amenacen ruina  procederán a desfacelos , ou o seu reparo até poñelos  en condicións de seguridade , Se non o fixesen , o Concello acordará  as obras que, previo informe de persoa facultativa , sexa preciso realizar, sempre con cargo ao valor do soas  ou edificio de que se trate,

ARTIGO 86 º.-  O Concello poderá  acordar  a modificación  ou desaparición  dos balcóns, galerías  ou miradoiro moi saíntes , contrarios  á seguridade . Se non o fixesen  ou ornato , así como os tambores, corpos avanzados  e irregularidades  dos edificios que estreite a rúa  ou destrúan a aliñación das casas do lado.

Tamén establecerá  e será  obriga para os veciños  un método  regular e uniforme  para recoller as augas pluviáis,  que baixen dos tellados, armonizando o interese particular coa pública comunidade e ornato.

ARTIGO 87 º.-  A Autoridade   poderá dispoñer  sexan desalxados  polos seus moradores  aqueles   edificios que amenacen ruina.

Igualmente  ordenará  o apuntalamento  e apeo  dos que teñan que ser derrubados , para evitar que sufran os  edificios  veciños , sendo de gasto  que se ocasione  da conta do  propietario  da finca que se derruba.

ARTIGO 88º.-  Non se precisa licenza  para reparar  os desperfeto causados  por derrube ou reedificación , proceder ao branqueo , encintado  ou pintado  dos edificios  e madeiras de peche  dos ocos dos mesmos.

ARTIGO 89º.- As licenzas caducan  ao ano da súa entrega  ao interesado , se non  se comezóu a obra.

ARTIGO 90 º.-  O Concello poderá impoñer  un imposto riba da  concesión de licenzas de construción , que non excederá de quince pesetas  por cada unha.

ARTIGO  91 º.-   As dimensións dos ocos  das casas de nova construción, suxeitaranse  como mínimo ás seguintes:

 Postas na planta baixs : altura dous metros  setenta e cinco centímetros, largo proporcionado.

Taboeiros ou medias portas , un metro setenta e cinco centímetros , largo proporcionado.

Andar principal :  vinte e cinco centímetros menos.

Segundo e sucesivos :  vinte e cinco centímetros menos ca o principal.

Abufardado :  un metro.

ARTIGO 92 º.-   O vo dos balconciños  e galerías  pon poderá pasar de  trinta e cinco centímetros , nin o das cornixas de  corenta e cinco , sendo o máximo para o tellado  de cincuenta e cinco.

ARTIGO 93 º.-  Cando se trate de construcións  que van ser obxecto  de aperura  de novos ocos, ben para  aumento dos mesmos  en planta ou piso  que estexa construido , xa por elevación do edificio  e aumento de novos andares , as dimensións dos ocos  serán as dos xa existentes  na mesma edificación ; mais se a edificación  fose dun abufardado  concederánselle dimensións menores , aída que proporcionadas  ás existentes , para que resulte un todo armónico.

ARTIGO 94 º.- En andar principal  non se permitirá a construción  de miradoiros, corredores  e galerías  dando fronte á rúa , en non sendo  en casas antigas , e para mellorar a súa  ornamentación,

ARTIGO 95 º.- O Concello reserva a faculdade  de recoñecer a medio  de persoa facultativa  se calquera  construción nova  reviste  as condicións de solideza  necesarias  para ser destinada a vivenda , sen perigo para  os que a habitan,

ARTIGO 96 º.-  Calquera  edificación que se realice someterase na súa aliñación  unha vez levantado  que sexa por persoa intelixente  e aprobado  por quen corresponda ;  entendéndose que se con arranxo  ao mesmo se gañase  ou perdese terreo , será este  taxado e indemnizado  ao tipo previamente  fixado no prego  de condicións  que lle sexa  adxunto.

ARTIGO 97 º.-  A colocación  dos retretes  ocupará o centro  ou parte posterior  dos edificios  , non permitindo en maneira algunha   verter as augas dos mesmos  ás rúas ou paraxes públicos , e si ao alcantarillado , logo que este reúna  condicións que permitan  a súa limpeza e lavado  constante.

ARTIGO 98 º.-  Toda obra comezada   terá que se rematar na súa  parte exterior  de maneira  que non desdiga  do público ornato; maís se quedase  interrompida , a Autoridade  municipal  ordenaralle ao dono da  mesma  que conclúa  a fachada, unha vez trascorridos  oito meses desde a suspensión  das obras; e se este se negase ou resistise procederá a  verificalo con  cargo ao soar e edificio.

Exceptúase   disto  cando a causa da suspensión  sexa litixiosa , pois nese caso  o termo correrá  catro meses despóis  de rematada aquela.

ARTIGO 99º.- Os soares estarán pechados  na frenteira á vía publica con  muro  de pedra ou valo  de madeira ,  axeitadamente enlucido ou pintado.

ARTIGO 100º.-   Ao  practicar o derrube  coidarase de interceptar   a rúa , na parte da beirarrúa  que dea fronte á casa . Igual precaución  terá lugar  durante a construción.

ARTIGO 101 º.-Se ñpor necesidades de  construción houbese  que levantar   parte da beirarrúa  ou lastrado , quedará  obrigado o dono da casa  que o fixese,  a practicar  a  reparación da mesma  dentro das cuarenta e oito horas seguintes ao desperfeto.

                                                      Sección 3ª

                                     Obxetos pendurados  riba da vía pública

ARTIGO 102 º.- Proíbese pendurar  dos balcóns ou fiestras  que dan á vía publica  testos nin efecto algún que se poida desprender.

O rego dos colocados no interior  non se poderá facer  despóis das sete da mañá  no verán  e das oito no inverno e sempre sen molestias para o público-

                                                   Sección  4ª

                           Establecementos perigosos  e materias inflamables

ARTIGO 103  º.-Precísase loicenza  da Autoridade  para abrir calquera establecemento  que sexa destinado á venda  de materias inflamables  ou capaces de alimentar o lume , no caso de se producir un incendio.

ARTIGO 104  º.- Os expendedores de materias inflamables  e explosivas , aqueles que precisen  das mesmas para fins industriáis  e os obradoiros  de fogos artificiáis  terán que situar  os seus depositos  e os puntos destinados  ás súas manufacturas  á distancia de douscentod  cincuenta metros da última casa da poboación.

Non poderán ter  nos estableceentos  para a venda  máis cas sustancias que  se mencionan:  catro quilos de pólvora, dúas caixas de petróleo  e sesenta  quilogramos  de calquera outra sustancia  inflamable e non detonante.

ARTIGO  105 º.- Proíbese almacenar  precisamente dentro das vivendas  combustibles de palla, folla, toxo, xesta,  estrume, leña, herba, etc. , en cantidade superior  á que se prfecisa para o consumo  de oito días.

 ARTIGO 106 º.- Os fornos  e todo establecemento  que necesite apilar combustible  deberán situarse  nas aforas da poboación e en paraxes isolados  polos catro costados , tendo que deixar ao construilos  o espazo de cinco metros  entre eles e calquera finca  ou vía coas que estremen.

Permanecerán  os existentes  nos seus actuáis sitios, se do recoñecem ento que deles se faga resultase  que non ofrecen perigo  para as edificacións inmediatas.

ARTIGO 107 º.-   Os depósitos  de combustibles  para o servizo  dos fornos  poderán  estar inmediatos a estes, mais sempre  gardando  con  relación a eles  e ás fincas de ao seu carón  de cinco metros.

ARTIGO 108 º.-  Non se permitirá o establecemento de fraguas de ferreiros, cerralleiros e forxadores  dentro do casco da poboación, sen ouvir  antes aos veciños compreendidos  nunha zona de dez metros  de radio do punto onde se pretenda establecelas.

Se algún dos mencionados veciños  se opuxese  ao establecemento dos mesmos por  incómodo e perigoso, denegarase a pretensión do solciitante, quen poderá situalos no extrarradio e á distancia de cinco metros da vía pública e da casa máis de perto ; mais se a licenza fose  concedida sen oposición , reputarase extemporánea  toda reclamación sobrevida.

Polo que respecta  ás existentes  continuarán como até dagora , sen que se poidan  reedificar.

ARTIGO 109 º .-  Proíbese sacar os fumes  por fora das paredes das fachadas, xa procedan aqueles  de estufas, chemineas , fornos, fraguas, etc.

ARTIGO 110 º .-  Os donos das edificacións destinadas a vivendas que carezan  de chimenea terán que proceder  á súa construción no prazo de dous meses , despois de ter sido requeridos  a iso pola Autoridade local : no caso de negativa  o Concello  farás da súa conta  e con cargo ao valor da edificación.

                                                      Sección 5ª

                                                      Incendios 

ARTIGO 111 º.-  Notado que sexa o comezo dun incendio , a persoa que del se teña enterado , comunicarao   inmediatamente á igrexa parroquial para que dende besta se dea aviso co repenique de campás.

ARTIGO 112 º.- A  Autoridade constituirase no lugar do sinistro  e ditará as medidas conducentes á boa orde dos traballos para a extinción do incendio  e vixianza dos obxectos que con ese motivo haxa  necesidade de trasladalos á vía pública.

                                                     Sección 6 ª

                                                        Baños 

ARTIGO 113 º.- Non se poderán bañar xuntas  persoas de diferente sexo.

Naquelas piscina  que necesariamnte  teñan que seren usada  para un e outro , fixaránse pola Autoridade horas distintas para cada un.

ARTIGO 114 º.- Proíbese o tránsito  de persoas  de diefrente sexo  de aquelas que estexan no baño  polos lugares inmediatos ,  se desde o punto  ao que se fai  referenza  poden presenciaren tal acto.

ARTIGO 115 º.-  Non poderán acompañar  a persoa algunha  no acto de se bañar  outra ou outras  de diferente sexo maiores de catro anos.

ARTIGO 116 º.-  Os nenos e nenas menores de dez anos  precisarán a vixianza  de persoa encargada dos mesmos.

ARTIGO 117  º .- Os que promoveran escándalo  ou faltaren dalgún xeito  á decenza   serán castigados severamente.

                                                    Sección 7ª

                                                    Dementes

ARTIGO 118 º.-   Proíbese que os encargados  da garda e custodia  dun demente  o deixen vagar  por sitios públicos.

ARTIGO 119 º.-  Serán responsables  dos danos que o mesmo produza  os seus pñais, cónxuxes , titores  ou aqueles  con quen vivise formando familia.

ARTIGO 120  º .-  A Autoridade  ordenará a reclusión do que se ache en estado de demencia  ás persoas  que expresa o artigo anterior , as que, de non verificalo , incorrerán en desobediencia , sendo entregadas  polo tal delito  aos Tribunáis, ademáis de sufriren  a multa correspondente.

ARTIGO 121 º.-  Se as persoas designadas  no artigo  120 como responsables, carecesen de recursos cos que atenderen  á vixianza do demente , a Autoridade por medio dos seus axentes, deterao  e recluirao,  instruindo o  oportuno expediente , para  o seu ingreso no manicomio.

                                                   Sección 8 ª

                                               Animáis  perigosos

ARTIGO 122 º.- Os animáis que son naturalmente salvaxes  non poderán ser exhibidos  en estado de domesticidade , sen licenza  da Alcaldía , que, de concedela  disporá as condicións  nas que a súa exposición deberá ter lugar.

ARTIGO 123 º.- Non se permite que vaguen  os cans sen colar ou  bozo, que lles impida morder,  sendo obriga dos donos  telos pechados  se fosen perigosos ou  molestasen ao público.

ARTIGO 124 º.-  Todo transeúnte ou veciño  que se vexa atacado  ou danado por un can  ou animal solto , ten dereito de morte  riba do mesmo, sen responsabilidade  algunha da súa parte.

ARTIGO 125 º.-  Se algún can  presentase síntomas da rabia , dispoñerá o dono que sexa matado , ou dende logo verificarano  os axentes da Autoridade  ou persoas da súa orde.

ARTIGO 126 º.-   Proíbese encirrar  os cans para a loita . incitalos e facelos correr  trás dos transeúntes,

                                                     CAPÍTULO III

                                                         Sección  1ª

                                                Limpeza  da vía pública

ARTIGO 127 º.-  Proíbese:

1º,- Mexar  ou defecar nas rúas , prazas e sitios  públicos , así como arroxar augas , lixo , porcalladas ou  calquera outra cousa contraria ao aseo.

2º.-  Facer tendáis,  limpeza de gra  ou outros actos semellantes.

3º- Amorear esterco  e materiáis que  poidan seren obxecto de descomposición.

4º.-  Sacudir alfombras , felpudos ou roupas  nos balcóns que dean vista á rúa , ou botar as varreduras  por eles.

5º.-  Depositar  na vía pública,  ríos, fontes , propiedades e camiños  de perto da poboación , animáis mortos  e toda sustancia incorruptible.

                                                       Sección 2 ª

                                                        Cemiterios

ARTIGO 128  º.- Proíbese depostar os cadavres  nas casas por máis tempo ca o indispensable  para  o seu sepelio  despóis das vinte e catro horas  seguintes á da defunción.

ARTIGO 129 º.- Os cadavres seran trasladados  ao cemiterio  en féretros pechados  ou convintemente cobertos, pola vía máis curta , e sen que os que os conduzan  poidan deterse no tránsito.

ARTIGO 130 º.-  Cando haxa fundados temores  de infeción ou contaxiom , serán  conducidos no tempo máis breve  posible ao depósito do cemiterio  e pola vía máis isolada que exsita  e que a Autoridade local sinale.

ARTIGO 131 º .-  Non se poderán verificar inhumacións  máis que nos cemiterios  públicos e previa licenza  respecto  aos municipáis , da Autoridade local.

ARTIGO 132 º.-    As sepulturas  terán polo menos  un metro cincuenta centímetros de profundiade, dous con vinte de lonxitude  e oitenta  centímetros de  latitude.

                                                             Sección 3ª

                                                        Focos de infección 

ARTIGO 133 º,-  Diante do temor de epidemia  practicaranse  pola  Autoridade e Xunta local de Sanidade recoñece mentos nos establecementos  públicos, obrigando  aos que se achen á fronre dos mesmos  á maior  limpeza nos locáis  e ordeando a desinfeción  que as circunstancias esixan.

ARTIGO 134 º,.  As casas e establecementos  que polas súas deletéreas  emanacións ou escasa ventilación  e aseo sexam  un peridgo para a saúde pública, pecharanse  unha vez desinfetadas , permanecendo así até  que teñan desaparecido  os riscos da invasión  epidémica e adoptándose pola Autoridade  local as medidas conducentes  ao saneamento  desas vivendas , antes de seren novamente habitadas.

ARTIGO 135 º.- As letrinas , cloacas, cortes  , condutos e vertedoiros de augas suxa  non terán saídas nin respiradoiros á rúa.

Tampouco poderán permancer  ao descoberto, aída estando  na parte posterior dos edificios , nin establecer  servidumes de desaugadoiro  das mesmas  polas fincas colindantes , rústicas ou urbanas, que pertenzan a outro dono , nin a menor distancia delas  da de dpous metros, aínda dándolla en terreo propio.

ARTIGO 136 º,. Se  osoar  riba do que se edificase  carecese do largo necesario para  cumprir  as condicións fixadas no artigo anteiriro , establecerase o aliviadoiro  e depósito  das mencionadas  letrina, cloacas , cortes ,etc.polo medio do mesmo.

                                                          Sección 4  ª

                                                         Ríos e  fontes

ARTIGO 137 º.-  Proíbese   o lavado de persoas , roupas, verduras, peixes, carnes e efectos  que precisen  seren obxecto de limpeza  , nas pías das fontes  públicas e o memso  botar nele s refugallo das comidas  e inmundicias  e que sirvan de bebedoiro  para o gado.

ARTIGO 138 º.-   Os concorrnets a  sacar auga das fontes , garadarán quenda, polaorde  na que  etñan chegado . retirándose unha vez chea a súa vasixa.

Quedan excluídas  da dita quenda  as vasixas menores, que terán vez inmediatamente  que quede algún  cano libre.

ARTIGO 139 º,. Queda proibido encher pipotes e bocois nas fontes publicas, se con tal operacióm se entorpece  a estración de auga a medio de vasixas menores.

                                                            Sección  5ª

                                                        Artigos de consumo

ARTIGO 140 º.- O pan   será fabricado con fariña de trigo, centeo , millo ou outra gramíena  destinada ao efecto, sen mestura doutras féculas, ben amasado e cocho, e expendido ao público por peso.

O que  carecese do peso que lle corresponda será decomisado  e se a referida falta  tivese lugar por segund vez  incorrerá ademáis  en multa, entregándoo aos Tribunáis se aínda  así reincidise.

ARTIGO 141 º.-  O transporte do pan e a súa presentación  verificaranse  en perfetas condicións de limpeza.

ARTIGO 142 º.-  Proíbese a venda  de leite, viño e outros  artigos de consumo, previam,ente adulterados , baixo pena de comiso e multa gubernativa.

ARTIGO 143 º .-  Os animáis dos que se extraia o leite  con destino ao consumo  revestirán  perfetas  condicións de   robusteza e saúde  e ocuparán cortes  axeitadamente ventiladas  e enxoitas.

ARTIGO 144 º .-  Os demáis  artigos de consumo, xa sexan de comer, xa  de beber, xa de arder . estarán en condicións de pureza  e conservación,  incorrendo en comiso  e multa aqueles  que sexan adicados á venda dos que non as reúnan.

                                                             Sección 6 ª

                                                              Matadoiro

ARTIGO 145 º.-  Todas as reses  vacunas, de la ou de calquera clas  destinadas  ao consumo publico  deberán ser sacrificdas  no matadoiro municipal  , baixo a vixianza  e previo permiso dun delegado da Autoridade  que responda da sanidade  das mesmas.

ARTIGO 146 º.-  Proíbese na entrada do matadorio  de reses mlortas  , con feridas ou fraturas.

ARTIGO 147 º,.  O degolamento non comezará até  unha hora  despóis de ter entrado  as reses no matadoiro.

ARTIGO 148 º,.  Todas as reses  deberán entrar polo seu  pei  no macelo , sendo condición indispensable  para o sacrificio  do gado vacún , que ningunha  baixe de cincuenta quilogramos  de peso abertos  e que os becerros  se pasan de dez meses estexan capados.

ARTIGO 149  º.- A carne non será expendida  sen estaren tres  horas ao oreo, nin pasadas  dende o degolamento  trinta e seis no verán , nin sesenta no inverno.

ARTIGO 150  º.-  Postas as reses ao oreo practicarase segundo recoñecemento , sendo inutilziada a arne insana , sen que o seu dono teña  dereito  a indemnización algunha.

ARTIGO 151 º.-  Cando o encargado do Concello dudase do peso, idade ou sanidade das reses   suspenderase o degolamento   e practicado segundo recoñecemento    de aquelas,  dictará o Alcalde  a resolución  que proceda  que se executará  sen posterior   reclamación.

ARTIGO 152 º,-  Cando as calores sexan intensas  bañaranse as reses antes de sacrificalas  e descasarán algún tempo á sombra.

ARTIGO 153 º.-  Será obriga dos matachíns  ter sempre limpo o matadoiro , sen que se permita  arroxar os despoxos  nas inmediacións deste.

ARTIGO 154 º.-  Os matadores  e os seus dependentes  que faltasen ao respecto  aos empregados do concello , se presenten bébedos . promovesen liarazas  e incorresen en fraudes  , serán despedidos do establcemento  e sometidos á sanción penal  autorizada por estas Ordenanzas.

ARTIGO 155 º.-  O matadoiro terá chaves distintas  , unha  delas entregaráselle  ao representante da Autoridade  e as demáis, unha a cada matachín que teña que realizar  o sacrificio das reses.

ARTIGO 156 º .-  Se antes  do degolamento  morrese  algunha  res, impedirase   a venda da súa carne  e devolverán os dereitos de ingreso no matadoiro, se  estivesen  satisfeitos.

ARTIGO 157 º .-  A venda de carnes terá lugar nas tablaxarías  municipáis  e interin non  se constrúan estas  nos locáis  previamente designados  polo Concello.

ARTIGO 158 º.-  A carne pesarase  para o seu expendimento   ao público , en balanza  ou báscuka  con pratos de latón  e por  orde de chegada dos compradores , sen preferenza algunha.

ARTIGO 159 º .-  Polo Concello procederase  á construción  de postos pechados , destinados á venda de  carnes e peixe.

Os expendedores dos ditos  artigos pagarán polos referidos postos  os dereitos que se fixen  en tarifa.

ARTIGO 160 º .-  Proíbese manexar  carne destinada  á venda  , aos que padezan enfirmidade  contaxiosa ou de aspecto repugnante.

Observarase   a maior limpeza   e  escrupuloso aseo  nos locáis e efectos  que se relacionen  co referido artigo de consumo.

ARTIGO 161 º .- Cada tablaxaría  terá dúas chaves distintas  unha da outra  e no poder  da Autoridade e do arrendagtario cada unha delas.

ARTIGO 162 º.-  A entrada de carnes  e peixe  terá lugar ás seis no verán  e ás sete en inverno , pechándose  ás doce da mañá , para voltar a abrir  de tres a sete da tarde.

ARTIGO 163 º.-  A saída  de carnes do matadoiro e entrada  na tablaxaría  será presenciada  pola Autoridade ou  o seu representante,  quen asitirá a todas as operacións   de compra-venda , pechando o establecemento coa súa chave  ás horas fixadas  e abríndoo nas designadas.

ARTIGO 164 º.-  Non poderán entgrar nas tablaxarías municipáis   carnes procedente  de animáis  que non fosen sacrificados  no local  desitado ao efecto polo Concello.

ARTIGO 165 º.-   Os peixes  serán traslados  do punto de descarga  aos destinados  á súa venda, que non poderá facerse polas rúas , e só anunciala a medio de pregóns.

                                                        CAPITULO  IV

                                                     Policía de seguridade

ARTIGO 166 º.-  Os que nun incendio, inundación ou agresión de persoas , ou outro infortunio,,se negasen ao servizo persosal  que a desgraza esixere, podendo facelo  sen grave risco, sufrirán  a multa máxima  que permiten estas Ordenanzas.

ARTIGO 167 º.- Os que neguen  os seus auxilios  e cooperacióm á Autoridade , cando  para algún servizo  llo demande, incorrerán  na mesma pena  se non a establece maior o Código, en cuxo caso  será solicitada a súa aplicación.

ARTIGO 168 º.-  Os que  non avisasen á Autoridade  de  se ter   declarado un incendio , ou perpetración dalgún delito , no máis breve termo , podendo facelo sufrirán unha multa  gubernativa  e ademáis as penas  que impón o Código  aos encobridores.

                                                       Título  2º

                                                       Policía rural

ARTIGO 169 º.-   Queda  proibida toda alteración  nos camiños veciñáis e  carreiras establñecidas.

ARTIGO 170 º.-  Os veciños do distrito  están obrigados   a repararen  as vías  de comunicación  por medio de prestación persoal  , de maneira  que todos faciliten o servizo   que lles  corresponde de peonaxe ,  xugada, cabalería  e carro   cando sexan citados   polos Alcaldes de Barrio. As prestacións non excederán  de vinte anuáis , nin de dez continas  e alcanzarán a todos os maiores  de dezaséis anos  e menores de cincuenta.

ARTIGO 171 º.- Sempre que se poñan en execución   obras de interese xeral  no distrito  que  requiran  prestación persoal, formarase o padrón correspondente  para esixir   as que foran votadas  , dentro dos límites establecidos   no artigo  79 da Lei municipal, tomando  á conta  as sufridas xa  por consecuencia do disposto  no artigo anterior.

ARTIGO 172 º, -   Os que deixen de concorreren ao punto  e no día  que se lles designe  ou non permanezan  todas as horas hábiles   nos traballos, enténdese que redimen  a prestación  e esixiráselles   o seu importe   por vía de apremio , con destino á mesma obra, ao tipo de dúas pesetas   a peonada  e sete cincienta céntimos o carro  , xa sexa  coa súa xugada , xa contiro  de gado cabalar ou mular.

ARTIGO 173 º.-  Reputanse horas hábiles  para o traballo   as compreendidas   dende a saída á posta do sol, con dúas de descanso ao mediodía  dende o primeiro de maio a 15 de setembro, e unha o resto do ano.

ARTIGO 174 º,-  Cando o requiran as obras eos fondos municipàis o permitan, o Concello destinará ás mesmas  a cantiade precisa  como complemento  da prestación persoal.

ARTIGO 175 º.-  Ningún camiño poderá  ter menor largo  que  o de cinco metros  : os que carezan dela  adqurirano  tomando das   fincas colindantes  o terreo necesario , previo  convenio cos seus donos , ou expropiación  se se fixera preciso.

ARTIGO 176 º.-  Para o ancheamento  dos referidos camiños  veciñáis  e ruráis  utilizarase  até dez centímetros  por fora  dos peches lateráis  na liña visible dos cimentos , cando sexa parede , e deixando unha inclinación do dez por cento  se fora  valado.

ARTIGO 177 º.- Non se permitirá o curso das augas  ao descoberto  a traveso dos camiños ; o que estexa  na posesión de conducilas ao outro lado dos mesmos  faráo por  cal coberta ou  taxea, coas dimensións e solideza  necesarias. 

As discorran  por sitios públicos  non poderán  ser utilizadas por particular  algún e menos impedir  o seu libre curso se así convén aos intereses xeráis.

ARTIGO 178 º.-  As intrusións   dos donos de fincas de fincas estremeiras  aos terreos  do común, serán  reivindicadas obrigando  a aqueles a deixaren o erreo  abusivamente  agregado, baixo pena  de  eliminación pola súa conta  da obra,  reparo do dano causado  e máximo de multa.

ARTIGO 179 º.-  Os donos de terreos  a carón dos camiños  limparán estes de silvas,  ramallos , broza  e estorbos , arrincarán as árbores  que interrompan  o libre tránsito , darán  a necesaria saída  ás augas  lamacentas   e recollerán as pluviáis.

ARTIGO 180  º.-  As fincas de propiedade particular  que prestaren serividume  de  camiño público anual  ou bianual  ( a unha ou dúas mans )  poderán seren pechadas  na súa entrada e saída  con cancelas que se abran doadamente, Despóis de que  se teña  recollido  o froito  deixarase libre o mencionado camiño, que nunca poderá ser iterceptado  con xancias nin outros obstáculos.

ARTIGO 181 º ,. Poderase permitir  nos camiños  ruráis  a putrefación  de xestas , toxos , silvas , etc.  para esterco , mais só durante o inverso  e con tal  que a capa superior sexa de palla  e  non dificulten  o libre tránsito  ( estrado de camiños ).

Os propietarios  so estrarán con aqueles  e ao longo  das súas fincas até a metade do camiño , en non sendo que o predio  de enfrente  lles pertenza tamén.

ARTIGO 182 º .-   Cando a paralización dos muiños  fariñeiros por escaseza de auga  sexa  motivo de conflito  para a subsistencia,  os ribeiraos superiores  non distraerán  cantidade  algunha do río , e a Autoridade  queda  queda faculdada para subvir  aquela necesidade ,  compensando o perxuizo  que  a estes se lles cause  co aumento de horas de rega  en días posteriores.

O tempo  no que as augas de rega  se destinarán  en caso necesario á molaxe  de cereáis  será o puramente  indispensable , e a  providencia  administrativa  que así o determine , deixará a salvo  os dereitos civís de  calquera  interesado.

ARTIGO 183 º.-   Proíbese  a percura de espigas  e a rebusca sen permiso do dono , antes de levantala do todo  a colleita  e introducir gado nas restrevas  até que  se verifique a  total recolleita das mesmas.

ARTIGO 184 º,.  Durante  a colleita  da castaña  retraerán os porcos  do campo, fixándose pola Autoridade  a época na que esta terá lugar.

                                                              Sección 2 ª

                                                            Caza e pesca

ARTIGO 185 º.-   Nas cuestións relativas  á caza e pesca  , estarase  ao establecido nas leis  e regulamento do concepto ,  proibíndose  todo o que  tenda a destruir  as especies  que son obxecto  das mesmas.

                                                             Penalidades

ARTIGO 186 º,.  Os  que contraveñan  os artigos  anteriores  ou as disposicións dos bandos  que para a súa execución se publiquen  serán castigados coa multa de unha a vinte e cinco pesetas , segundo as circunstancias  das faltas , sen perxuizo  do resarcimento  de danos, cando proceda.

 Porén  a correción das faltas  compreendidas  no Código penal , non poderá exceder  a multa  do límite fixado por  este.

ARTIGO 187 º.-  No caso de  coexistir  delito, ou de punible desobediencia , pasarase o tanto de culpa  aos Tribunáis  ordinarios  das penas  que o Código   estableza.

                                                                  Artigos adicionáis

1º.-  Queda proibido  abrir xancias , regos e rairos  nas rúas, prazas , camiños e paraxes públicos  sen permiso do Concello.

2º.-  Chantar árbores  e establecer postos públicos  ao ar libre.

3 º.-   Entenderase por rúas  públicas  as do interior da poboación  e os camiños de entrada  até a distancia de cincocentos metros  dende a última casa habitada  e por paraxes  públicos  os terreos  que son propiedade do municipio , xa sexan destinados  a sitios  de recreo, de tránsito , a feiras e mercados , ou estexan a poulo.

4º.-  Ninguén  poderá apropiarse  de terreos  que pertenzan ao municipio , ou sexan do común, nin cultivalos.

5  º.-   Quedan encargados   da aplicación  e execución  destas Ordenanzas , na parte  que respectivamente  lles corresponde , o Alcalde,  os Tenentes de Alcalde  con xurisdición  propia  e os delegados   da Autoridade municipal.

                                             ***************************

Aprobadas,. Lugo, 22 de outubro 1906. O Gobernador Civil..- Xoán Ovejero.

Hai un selo en tinta  que di:  Goberno da Provincia de Lugo,

  Aprobadas estas Ordenanzas  pola Corporación Municipal en sesión de seis de xuño  de mil novecentos seis  e polo Sr. Gobernador Civil , o Concello acordóu  en vinte e catro seguinte , poñelas en vigor e imprimilas,

Sárria,  1º de xaneiro de 1907.- O Alcalde : Amadeo Macía. O Segredario:  Santiago Sarry Valcarce.

                                                      *****************************

  


Comentarios

Publicacións populares