SÁRRIA : OS CONCELLEIROS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL REPUBLICANA ( 1936 ) ( 647 )
SÁRRIA : A PERSECUCIÓN DOS CONCELLEIROS DO ÚLTIMO CONCELLO DA II REPÚBLICA
CONSTITUCIÓN DO CONCELLO DE SÁRRIA ( MARZO DE 1936 )
Por un oficio de 14 de marzo de 1936 o Gobernador Civil comunica que acordóu dispoñer o cesamento dos concelleiros D. Xoán Manuel Somoza García, D. Antonio González Méndez , D. Manuel Pardo Armesto, D. David López Ribas, D. Modesto Pardo Rodríguez, D, Henrique López Álbvarez , D. Clemente López Rodríguez, D. Xosé Moreira Rodríguez, D. Anonio Valiña López, D. Pedro López Vázquez, D. Manuel González López, D. Delfín Yebra Vázquez, D, Fernando Taboada de Zuñiga, D. Santiago Pombo Pombo e D. Xosé Loureiro López.
Para sustituilos a D. Manuel Durán Fernández, D. Antonio Páramo Sánchez , D. Manuel Díaz Vázquez, D. Dositeo Piñeiro Valcárcel , D. Pedro García Arcas , D. Abelardo Páramo Losada, D. Francisco López Melle. D, Xermán Méndez López, D. Casiano Quintana López , D. Xoán Chousa Valiña, D. Xosé Fernández Capón , D. Valentín López López, D. Xosé López Franco, D. Remixio López Villares e D. Xosé López González, e como concelleiros interinos , para cubriren as vacantes de D. Xosé Vázquez López e D, Manuel Valladares López.
ACTO DE TOMA DE POSESIÓN
O día 15 de narzo, ás 12:30 horas, constituise na Casa do Concello o Delegado do Gobernador Civil, D. Celestino Noya, exhibindo o oficio acreditativo da dita delegación e copia do anterior que entregóu ao segredario D. Ernesto López Martínez, que lles deu lectura.
O Delegado Gubernativo expresóu " o normal nestes casos " , declarando posesionados dos seus cargos aos novos concelleiros sustitutos e interinos , en non sendo a Xoán Chousa Valiña que estivo ausente. Pasóu a presidir o acto o concelleiro entrante de maior idade D. Dositeo Piñeiro Valcárcel
O Alcalde cesado tomóu a palabra e manifestóu " que se ve precisado a consinuar a súa protesta, porque eñixido cos seus demáis compañeiros nas eleccións populares de 1931, entende, dito sexa cos respectos debidos , que a destitución se leva a cabo vulnera a Lei Municipal vixente e contraría ademáis ása normas da República democrática, ás aspiracións populares do pobo español e ás reiteradas notas oficiosas dos Consellos de Ministros últimamente celebrados , que se reducían única e exclusivamente a reintegrar nos seus postos ás corporacións desta clas que, elixidas no ano indicado, tivesen sido suspendidas ou destituidas nas súas funcións".
A acta non recolle ningunha outra manifestación e pasa a dar conta de que é elixido Alcalde D. ANTONIO PÀRAMO SÁNCHEZ, por quince votos e unha papeleta en branco, e co mesmo resultado quedan nomeados os Tenentes de Alcalde D. Valentín López López, D. Manuel Durán Fernández, D, Francisco López Melle e D. Mauel Díaz Vázquez, e para Rexidor-Síndico D. Dositeo Piñeiro Valcárcel.
Para as reunións ordinarias da Corporación sinalarón a mañá dos domingos , e na hora de dez.
O novo Alcalde, D. Antonio Páramo Sánchez , tomóu a palabra recomendado ao persoal do Concello a máis leal colaboración para a boa marcha dos asuntos municipáis , facendo constar reiteradamente que " non ven con ánimo de persecución e si de xustiza",estimulando aos demáis compañeiros de Corporación para que poñan toda a fe no engrandecemento do Concello que representan.
SESIÓN EXTRAORDINARIA DO 17 DE MARZO
O día 17 de marzo celebraron sesión extraordinaria coa asistenza de catorce concelleiros, incorporándose á reunión Xoán Chousa Valiña.
O primeiro acordo formalizado consistíu en adiar os acordos referidos á Ponte de San Paio de Piñeira, da Ponte do Barrio en Betote e asuntos relacionados coa estrada do Mazadoiro a Escarlán , e informes refeidos ao aproveitamento do monte de Lamacaque , Deixaron sen efecto o nomeamento de Axente Executivo de D. Serafín Mourenza Gallego, designando a D. Cándido Mourín, veciño de Sárria.
Nomeamento das Comisións Municipáis
COMISIÓN DE FACENDA.- D. Dositeo Piñeiro Valcárcel, Pedro García Arcas, Manuel Durán Fernández, Casiano Quintana López e Manuel Díaz Vázquez. Atribucións : Recadación, contas, desamortización, incidencias de contabilidade, préstamos e orzamentos. Presidente : Pedro García Arcas.
COMISIÓN DE GOBERNACIÓN.- Xosé López Franco, Dositeo Piñeiro Valcárcel, Xoán Chousa Valiña , Pedro García Arcas e Manuel Durán Fernández. Atribucións : Bagaxes, aloxamentos, beneficencia, bens comunáis, calamidades, cárceres, cemiterios, eleccións, hixiene, matadoiros, Ordenanzas municipáis ,persoal administrativo, policía urbana, prestación persoal , propiedades e dereitos do Concello, suministros e festexos. Presidente : Manuel Durán Fernández.
COMISIÓN DE FOMENTO.- Francisco López Melle , Roxelio Tarí Uribe , Xermán Méndez López. Xosé López González e Manuel Díaz Vázquez. Atribucións : Agricultura, augas ,camiños, feiras e mercados, industria, instucción, montes, policía rural, pontes e obras públicas . Presidente ; Manuel Díaz Vázquez.
COMISIÓN DE ABASTECEMENTO.- Abelardo Páramo Losada , Francisco Alvaredo Rodríguez , Xosé Ramón Castro López, Xosé López González e Roxelio Tarí Uribe. Presidente : Abelardo Páramo Losada.
Víuse a continuación unha moción do Alcalde propoñendo que se fixesen as xestións conducentes a recabar do Estado , perante o Ministerio de Instrucción Pública , a creación na vila dun " CENTRO DOCENTE " que " veña a encher as necesidades que en materia de ensino se sinte nesta vila , preferentementemente unha escola graduada ou preparatoria de estudos superiores".
A Corporación amplióu a moción " no sentido de solicitar tamén a subvención necesaria para a construción do edificio que ha ocupar no seu día o centro de ensino do que se trata.
Propuxo tamén o Alcalde se xestionase do Ministerio de Agricultura a creación dunha Escola Agrícola.
O Tenente de Alcalde Manuel Díaz Vázquez solicitóu que " se obteñan datos dos empregados municipáis nomeados a partir do ano 1928, e ademáis solicitóu " que se dotase á Garda Municipal de uniformes axeitados".
Francisco López Melle presentóu unha moción para que se tomasen medidas de hixienización no lugar de Treilán.
Manuel Durán Fernández na moción que presentóu denuncióu o mal estado dun pozo en Ferreiros " e que hai vertidos de augas suxas na Rúa Maior e na Estación".
SESIÓN ORDINARIA DO 22 DE MARZO.
Celebrouse coa participación de 16 concelleiros. Asuntos tratados :
Acordaron comunicarlle á Empresa do Cine Salón a nova normativa relativa a escenarios.
O Presidente da Comisión de Facenda espuxo as dificultades coas que se encontraba para poder recoñecer a situación económica do Concello , e acordaron instar aos funcionarios para que faciltasen os datos á maior brevidade .
Acordaron solicitar axuda para o remate das Escolas de Louseiro, Santiago da Veiga e A Pinza ( sic ), promovidas pola Sociedade de Fillos do Distrito de Sárria en La Habana. Nota : O que por erro sinalan con relación á parroquia da Pinza, hai que lelo como en obras no Lugar de Lavandeira, da parroquia de San Miguel de Biville.
Acordaron facer un estudo para a construcción de edificios escolares no medio rural.
Acordaron solicitar do Ministerio de Instrucción Pública a creación de dúas bibliotecas populares, unha delas de carácter fixo , que se instalaría no Salón do Grupo Escolar.
Desexaban optar a axudas para facer traídas de auga para as diferentes poboacións e para o reforzamento da de Sárria e estudar a dotación de vías de comunicación.
A suxerenza do segundo Tenente de Alcalde acordaron levar a auga da traída da vila ao Matadoiro, a carón da Ponte Ribeira.
Declararon urxente a necesidade de facer as beirarrúas do vial que vai da Praza de Xoán María López á Rúa do Porvir ( Rúa do Murallón ).
A proposta da presidenza acordaron convidar aos propietarios da Rúa Maior a que adecentasen " as casas que o precisen"
*************************************************************************************
A última Corporación Municipal de Sárria, en exercizo dende a súa toma de posesión de 15 de marzo de 1936 ao 21 do mes de xullo, estivo á fronte do goberno municipal por un período de 4 meses 6 días, véndose obrigados os seus compoñentes a abandoar a Casa do Concello, cando reciben comunicación telefónica procedente do Cuartel da Garda Civil de Sárria de que acatando o estado de guerra declarado na cidade de Lugo os seus compoñentes se sumaban ao levantamento en armas contra a República.
De seguido todas as persoas que se achaban dentro da Casa Consistoiral, co alcalde Antonio Párámo Sández á fronte, fuxiron en diversas direccións, e algúns deles tardarían anos en se incorporaren á vida pública, permanendo agochados ao amparo de familiares e amigos,en moi penosas condicións, temendo polas súas vidas, ao teren fixado prezo polas súas cabezas sen que os labores de persecución e pescuda organizados pola garda civil e os falanxistas e a fiunesta " Escadra Negra " fosen quen de daren con eles.
Os que se reintegraro ás súas casas foron vítimas de represalias , aldraxes e abusos por mor da súa participación no Concello sarriao dentro da " Fronte Popular". Malia a que a maioría pertencían ao partido de "Izqueirda Republicana" foron calificados de " comunistas ", " masóns" e outras califcacións igual mente inxustas e sen base obxectiva algunha,
Cara pagaron a súa pertenza e o traballo feito como xestores municipáis nos 92 días que desempeñaron esa función pública, e só polo feito da representación asumida, por teren feito propaganda previa ás eleccións ou pola súa afiliación a sindicatos ou a partidos " de esquerda", foron acosados e perseguidos, calificados como " da casca amara " , impoñéndolles onerosas multas , decomisándolles bens mobles , alimentos e semoventes. todo iso froito do espiritu vengativo que xa se amosara cando o 26 de xuño fora asasiñado Vitorino Cabarcos López e ferido, con posterior resultado de morte , Pedro García Arcas, concelleiro, cuxos crimes quedaron impunes.
Xa rematada a guerra decretouse a esixenza de responsabilidades económicas de carácter politico contra todos aqueles que formaran parte co Concello de Sárria do ano 1936, de maneira que o Xulgado Militar Eventual de Lugo, interesóu do alcalde de Sárria se recoñecesen os bens propios de cada un deles para dar compensación "polos perxuizos causados coa súa actitude fronte ao movemento nacional salvador de España" , calificación que lle daban ao alzamento militar contra a Constitución e a República.
Fixeronse requerimentos para a averiguación dos bens dos destituidos munícipes do ano 1936 , nos anos 1939 e 1941, con reiteradas peticións de resposta demorada dos alcaldes dese tempo , extensible á figura de Pedro García Arcas, falecido 24 días antes da declaración do estado de guerra, co que mal podía considerase que se lle poidese apoñer actitude de " auxilio á rebelión " ou de ter ido contra os alzadosen armas. Así foron as cousas neses tempos de sinrazón e vimganzas.
.....................................................................................................................................................................
Escudo da República Española
Xulgado Militar Eventual da Praza .- Lugo
Nº 12-163. Información averiguación conduta , contra Manuel Páramo Losada, veciño de Sárria, Estrada da Estación.
¡ Viva España ! " Por estar así acordado na causa das anotacións da marxe, servirase remitir á maior brevidade á maior urxenza a este Xulgado informe amplo da conduta e antecedentes dos suxeitos que se citan, concretando posición adoptada ao estalar o Glorioso Alzamento e nomes e veciñanza de persoas que poidan acretar os feitos que se lle imputen.
Deus salve a España e garde a Vde, moitos anos.- Lugo, 9 de maio de 1939, Ano da Vitoria.O Capitán Xuiz Instrutor.- Asinado. Mariano P. Hickmam.
Sr Alcalde do Concello.- Sárria "
.......................................................................................................................................................................
INFORMES SOBRE POSTURA POLITICA E BENS PROPIOS DOS CONCELLEIROS SARRIAOS EN ACTUACIÓNS XUDICIÁIS PARA ESIXIRLLES RESPONSABILIDADES POLÍTICAS.
XESTORES MUNICIPÁIS
XOSÉ RAMÓN CASTRO LÓPEZ, veciño de San Fiz de Reimóndez ( Vilar do Monte ), casado, labrego, de 56 anos.
( Informe do alcalde, 9.01.1942 )
" Exercéu o cargo de Concelleiro deste Concello , dende o 5 de xuño de 1931, en virtude de ter sido proclamado pola Xunta Municipal do Censo electoral, nas últimas eleccións municipio dado que no mesmo deuse o caso excepcional de non ter sido destituido , como lles acontecéu a todos os seus demáis compañeiros de Corporación , ao se facer a designación dos Xestores que os sustituiron , pertencentes a partidos da " FRONTE POPULAR", posesionados estes en 15 de marzo de 1936 , continuando, en consecuecia , no desempeño do indicado cargo, sen interrupción, até o 21 de xullo do expresado ano de 1936 no que , aquí, se inicióu o Glorioso Movemento Nacional . Por lóxica deducción , conceptuase era persoa da absoluta confianza de aqueles funestos elementos funestos elementos politicas ".
" Ao seu nome , figura como contribuinte, por este concello, no ano actual , polo concepto de Rústica , co líquido impoñible de 0,25 pesetas e cota banual de contribución , de 0,10 pesetas, sen dúbida, por adqusición dalgunha parcela de terreo ou redención de renda , estremo que, polo dagora, non se pode determinar , por non existir neste Concello Catastro Parcelario da Terra. Por Urbana , figura no corrente ano e anterior , co líquido impoñible de 120,00 pesetas e cota anual de contribución de 25,29 pesetas.Afecta a dita contribución a unha casa de alto e baixo e corte, con unha palleira e tendal, valorado polo Arquitecto comprobador, en 4.111 pesetas, en conxunto."
" Vive actualmente a súa nai, e o seu pai é falecido, chamado este Félix Castro, un dos labregos de mellor posición económica da dita parroquia , pois , deixóu propiedade rústica por valor total aproximado dunhas 200.000 pesetas."
" O referido Xosé-Ramón Castro, vive na compaña da súa nai, na indicada casa paterna, administrando e desfrutando a totalidade dos bens , sendo o mellorado na herdanza paterna,".- Román López Rubín.
..........................................................................................................................................................................
XOÁN CHOUSA VALIÑA, veciño de Santiago de Barbadelo ( de Sabenche ) , solteiro, labrego, 46 anos.
( Informe do alcalde , 9,01.1942 )
" Efectivamente exercéu o cargo de Xestor deste Concello, do que foi posesionado o 15 de marzo de 1936, cesando en 21 de xullo do mesmo ano, ao comezar o Glorioso Movemento Nacional. De boa conduta pública. "
"Non figura como contribuinte ao Tesouro Publico, por este Concello, por concepto ningún"
" Segundo resulta de averiguacións practicadas , hai, aproximadamente , uns 14 anos anteriores a esta data que voltóu da Illa de Cuba , traendo no seu poder e como da súa propiedade , unhas 5.000 pesetas en metálico, cantidade da que , naquel entón, dispoñía ; mais que actualmente non amosa conservar, a xulgar pola carencia , en absoliuto, de signos externos que induzan a conceptuar o contrario".
" Non se coñece teña adquirido bens de clas algunha , por compra , nin tampouco por herdanza . Viven os seus pais , en cuxa compaña está , e a quen auxilia no laboreo da fincabilidade destes ". ( Román López Rubín ).
...................................................................................................................................................................
MANUEL DURÁN FERNÁNDEZ, natural de A Coruña , veciño de Vilar de Sárria., casado, carameleiro, de 41 anos.
( Informe do alcalde, 9.01.1942 )
" Certamente exercéu o cargo de Xestor deste Concello , como segundo Tenente de Alcalde, do que foi posesionado o 15 de marzo de 1936, cesando en 21 de xullo do mesmo ano, ao comezar o Glorioso Movemento Nacional.. Tamén desempeñóu o cargo de presidente do Centro Socialistam , desta vila, por algún tempo. No desempeño dun e outro cargo expresados, manifestouse sempre moderado, De boa conduta pública , como particular".
" Procedente de A Coruña de onde é natural , leva de residenza neste concello dende decembro de 1926, estando ausente unha curta tempada, a partires da iniciación do mencionado Glorioso Movemento Nacional, voltando despóis á indicada parroquia , traballando agora , non como oficial carameleiro especializado, e si como simple xornaleiro",
" Non figura como contribuinte ao Tesouro Público , por este Concello, por concepto algún, Carece de bens de fortuna de toda clas , neste concello, e conceptúase que tamen fora del. Está casado con Asunción Vázquez López, da expresada parroquia de Vilar de Sárria, da que ten tres fillos, todos eles menores de oito anos, tendo na súa compaña ao seu pai, viuvo, de 71 anos e faltoso, en absoluto , de recursos , de recursos propios " ,. Román López Rubín.
........................................................................................................................................................................
XOSÉ FERNÁNDEZ CAPÓN , veciño de San Miguel de Vilapedre, ignorado estado, labrego, de 65 anos.
( Informe do alcalde, 9.01.1936 )
" É certo que exercéu o cargo de Xestor deste Concello , do que foi posesionado o 15 de marzo de 1936, cesando en 21 de xullo do mesmo ano , ao comezar o Glorioso Movemento Nacional., De boa coduta pública,"
" Non figura como contribuinte ao Tesouro Público , por este Concello , por concepto algún".
" Por herdanza dos seus pais, representa osn dereitos dunha lexítima curta na casa e bens quedados dos mesmos, coñecida por " CASETA", sita no lugar de Pacios, da expresada parroquia de San Miguel de Vilapedre, cuxa lexítima calcúlase nun valor aproximado de 3.000 pesetas ".
" Non se coñece que teña adqurido bens de clas algunha. Somente se saben que é propietario , na actualidade , dunha máquina malladora, con motor de seis cabalos de forza,"
" Parece ser, segundo referenzas, que foi proposto para Xestor municipal , por unha Sociedade de carácter político esquerdista , que, naquel entón, existía en Vilar parroquia de perto.; e que o mesmo destacóu , coa ocasión das últimas eleccións, na propaganda electoral das candidaturas da " FRONTE POPULAR" ,. Román López Rubín.
.......................................................................................................................................................................
PEDRO GARCÍA ARCAS, natural de Lorca ( Murcia ) , fillo de Francisco e Guillermina, de 34 anos de idade , empregado, veciño de Sárria, morto en 27.06.1936 a consecuencia de feridas recibidas en atentado de carácter politico, nos salóns de A Unión, de mans do falanxista Manuel Varela, cuxo crime quedóu impune. Coñecido como " O Catalán".
( Informe do alcalde ,9.01.1942 )
" Exercéu o cargo de Xestor deste concello , dende a súa posesión en 15 de marzo de 1936 até o seu falecemento , nesta localidade, o 27 de xuño do mesmo ano. De boa conduta ; mais , de público , era tido como elemento destacado ao servizo da "FRONTE POPULAR" , pola súa propaganda a favor do mesmo, no período electoral , e , tamén , por actuar de dirixente na xestión municipal, manifestamente partidista,
Do seu matrimonio con Asunción Torres Fernández, deixóu ao seu falecemento , tres fillos de curta idade,
Non figuraba como contribuinte como contribuinte o Tesouro Público , por este Concello, por concepto algún.
Non se lle coñecían, neste municipio, bens de fortuna de clase algunha, nin se sabe que os tivera da súa propiedade , fora desta vila. Conceptúase que non dispoñía de máis recursos económicos , para soster as súas propias necesidades e ás familiares , que o seu modesto soldo de empregado ao servizo dun particular".- Román López Rubín.
.......................................................................................................................................................................
XOSÉ LÓPEZ FRANCO, veciño de Goián, casado , de 39 anos , labrego.
( Informe do alcalde, 9.01,1942 )
" Efectivamente exercéo cargo de Xestor deste Concello, do que foi posesionado o 15 de marzo de 1936 , cesando o 21 de xullo do mesmo ano, ao comezar o Glorioso Movemento Nacional. De boa conduta.
Non figura como contribuimte ao Tesouro Público , por este Concello, por concepto algún.
Viven o pai e a nai do expresado , vivindo na súa compaña , traballando na propiedade rústica dos mesmos. El é quen compra e vende o gado desta casa de labor , se ben se conceptúa que o fai con diñeiro dos seus pais, pois, non se sabe que o teña propio. Non adquiriu bens de clas algunha , para el, dicídose , de rusmusmús público, que os seus pais testaron xa, deixándoo mellorado.Estes son propietarios de bens cuxo valor equipáras a unha das casas de labor de maior importanza relativa na súa parroquia. Ademáis o pai percibe o haber pasivo , como xubilado do Maxisterio.
Segundo referenza , o referido Xosé López Franco, destacóu, coa ocasión das últimas eleccións, na propaganda electoral, a favor das candidaturas da " FRONTE POPULAR". - Román López Rubín.
......................................................................................................................................................................
VALENTÍN LÓPEZ LÓPEZ , veciño de Vilar de Sárria , casado, de 40 anos, labrego
*** ( Informe do alcalde, 9.01.1942 )
" Efectivamente , exercéu o cargo de Xestor deste Concello , como 1º Tenente de Alcalde, dende o 15 de marzo de 1936 , no que foi posesionado, a 21 de xullo do mesmo ano, no que cesóu ao chegar o Glorioso Movemento Nacional . De boa conduta pública".
" Domiciliado, coa súa esposa, na casa de labor propiedade destes, leva el a administración das mesmas e cultiva as súas terras, vivindo todos en familia",
" Figura como contribuinte ao Tesouro Público, neste Concello, somente polo concepto de Rústica, co liquido impoñible de 15,70 pesetas e contribución anual den 2,94 pesetas".
" Parece ser que esta pequena cota afecta a unha finca adqurida ao seu nome, hai anos , na dita parroquia de Vilar de Sárria , porén de antecedentes oficiáis non se pode determinar , por no existir neste Concello Catastro Parcelaio da Terra ".
" De referenzas, soamente, puido averiguarse que tamén adquiriu en compra, ao seu nome, en espaciados períodos de tempo , de unhas a outras, tres fincas rúsicas máis, na mesma indicada parroquia, que, coa primeiramnte aludida, constitúen porcións de prado, labradío con arboredo e devesa propiamente dita, todo isto dun valor aproximado , dunhas 30.000 pesetas en conxunto , se ben nada consta de antecedentes, dado que, parece ser, efectuóu as compras indicadas por documentos privadsos, que aínda non presentóu nas oficinas correspondentes para a liquidación de Dereitos Reáis, nin, na sú consecuencia, para o traslado ao seu nome, da contribución correspondente, por cambio de dominio" ( Román López Rubín )
......................................................................................................................................................................
FRANCISCO LÓPEZ MELLE , veciño de San Martiño de Requeixo, solteiro, labrego, de 41 anos.
( Informe do alcalde, 9.01,1942 )
" Certamente exercéu o cargo de Xestor deste Concello , como terceiro Tenente de Alcalde , do que foi posesionado o 15 de marzo de 1936, cesando o 21 de xullo do mesmo ano, ao comezo do Glorioso Movemento Nacional, De boa conduta pública.
Non figura como contribuinte ao Tesouro Público , por este Concello,por concepto algún.
Segundo así resulta de informes adquiridos , vive na actualidade na compaña da súa nai, administrando con esta a casa e bens quedados ao falecemento do seu pai , Bautista Melle, que disfruta proindiviso , na actualidade e é o mellorado na tal herdanza. O valor total, apoximado , da tal herdanza , compreendida a casa, bens e gado calcúlase nunhas 150.000 pesetas, das que lle corresponden , como tal mellorado, ao indicado Francisco López Melle, unhas 85.000 pesetas".- Román López Rubín.
......................................................................................................................................................................
XERMÁN LÓPEZ MÉNDEZ, veciño de Ferreiros, casado, labrego, de 41 anos.
( Informe alcalde, 9.01.1942 )
" Efectivamente exercéu o cargo de Xestor deste Concello, do que foi posesionado o 15 de marzo de 1936, cesando en 21 de xullo do mesmo ano , ao comezar o Glorioso Movemento Nacional . De boa conduta pública.
" É fillo natural dunha célibe, que na actualidade se acha asilada no de Anciáns Desamparados desta vila. A súa esposa é a exclusiva dona de toda a demáis fincabilidade rústica que cultiva o matrimonio de que se trata , e tamén da casa na que habita o mesmo, motivo polo que , o referido Xermán Méndez López, non figura ao seu nome por Urbana. Tampouco figura como contribuinte pola Matrícula Industrial e de Comerzo ; mais , porén, consta de público coñecemento , que ven adicado, dende hai tempo, e en ambulancia, á compravenda nas feiras da contorna , de produtos do país, principalmente, ovos , manteiga , castañas, etc, etc, en moi pequena escala, calculándose en menos de 5.000 pesetas as dispoñibilidades propias para o desenvovemento do seu dito trafego, e dicíndose, de rusmusmús público, que comezóu a base de diñeiro prestado, xa que se trata dunha casa de labor, de moi pequena producción, que, en ningunha época , lle podía reportar economías bastantes, nin xiquer para comezar tan pequena actividade , como a de que se trata".- Román López Rubín.
......................................................................................................................................................................
REMIXIO LÓPEZ VILLAR , veciño de San Salvador do Mato ( Manán ), de 32 anos, labrego. ( soldado mobilizado )
( Informe do alcalde, 9.01.1942 )
" Efectivamente, exercéu o cargo de Xestor deste Concello, do que foi posesionado o 15 de marzo de 1936 , cesando no mesmo en 21 de xullo do propio ano , ao xurdir o Glorioso Movemento Nacional,
Incorporouse ás fieiras do Exército Nacional, ao seren chamados os soldados do seu remprazo, sendo destinado ao Parque de Automóbeis , en Lugo, e despóis hospitalizado no militar da dita cidade, a causa de trastornos mentáis, sendo deseguido reintegrado ao seu domicilio , con anterioridade ao seu licenciamento , segundo din, por resultar inútil.
Continúa , actualmente, residindo na expresada parroquia, lugar de Manán , na compaña da súa esposa e no domicilio dos seus pais , axudándoos no laboreo da súa fincabilidade rústica, dado que, segundo referenzas , recobróu a plenitude das súas faculdades mentáis.
Non figura como contribuinte ao Tesouro Público , neste Concello, por concepto algún.
Non se lle coñecen bens propios de ningunha clas, nin capital ou valores , que sexa da súa propiedade , estando conceptuado insolvente en senso legal". Román López Rubín.
......................................................................................................................................................................
ABELARDO PÁRAMO LOSADA, máis coñecido como MANUEL, veciño de Santa María de Vilamaior , casado, gandeiro, de 54 anos . Da familia do Alcalde Antonio Páramo Sánhez, ( fugado dende 21 de xullo de 1936 a 1939 ). Coñecido como " Tambarría ".
*** ( Informe do alcalde accidental ., 27.05.1939 )
" Pertencéu á Corporación municipal da Fronte Popular da que foi un elemento destacado , fuxindo desta vila ao comezo do Glorioso Movemento Nacional Salvador de España , achándose en ignorado paradoiro , até a súa recente presentación no Cuartel da Garda Civil deste Posto. Pertencéu ao Partido de Izquierda Republicana , sen coñecer outros feitos que agraven a súa situación, anterior ao Glorioso Movemento Nacional Salvador de España" ( Viñas ).
*** ( Informe do alcalde ,9.01,1942 , en expediente de responsabilidade politica 134 / 1941 )
" Certo que exercéu o cargo de Xestor deste Concello , do que foi posesinando o 15 de marzo de 1936, cesando no mesmo o 21 de xullo do propio ano, ao comezo do Glorioso Movemento Nacional, ausentándose desta vila naquel entón e permanecendo en ignorado paradoiro , até a liberación total da zona " roxa ", época na que voltóu a esta localidade, facendo a súa presentación ás Autoridades e quedando, despóis , en liberdade . De boa conduta pública."
" Segundo así resulta de informes recibidos , da herdanza dos seus falecidos pais ( cuxo valor aproximado calcúlase nunhas 125.000 pesetas, en bens e casas de laborm na parroquia de Vilamaior , neste termo municipal ) somente lle corresponde a el unha lexítima curta , dadso que , por virtude de cláusula testamentaria , o seu irmán Ramiro , quedóu mellorado na proporción que a lei autoriza en canto a libre disposición polo testador , sendo ademáis de ter en conta que son uns oito os herdeiros legáis.".
" Din tamén, e isto só de rusmusmús público , que o expresado Abelardo ten da súa propiedade e como mínima, unhas 75.000 pesetas , en metálico, cantidade da que dispón para o seu trafego de compravenda de gado vacún ", ( Román López Rubín )
....................................................................................................................................................................
DOSITEO PIÑEIRO VALCÁRCEL, veciño de San Martiño de Requeixo , casado, propietario , de 50 anos. ( Retornado a Cuba ).
( Informe do alacalde, 9.01.1942 )
" Consta que, efectivamente, exercéu o cargo de xestor deste Concello, como Rexidor Síndico, dende a súa posesión, en 15 de marzo de 1936, até o 21 de xullo do mesmo ano, Non sew coñecen outros cargos na súa contra; foi moderasdo na súa actuación , como tal Sestor, e observóu boa conduta pública.ç
Emigróu, do seu dito pobo nadal, a Cuba, e sábese, de referenza , estivo adicado a actividades comerciáisb , que lle permitiron economías dabondo para adquirir alí propiedade urbá e dispoñer de capital sobrante , en metálico para continualas, dicíndose, de público , que á súa volta, trouco con el importante cantidade que, naturalmente , non se pode precisar na súa cuantía. Din, tamén, que ten aínda da súa propiedade, actualmente, accións dunhan empresa industrial, establecida en Vigo, as que representan cantidade de importanza, se ben o seu valor total tampouco se pode determinar, malia as averiguacións feitas ao efecto.
Tempo despóis do comezo do Glorioso Movemento Nacional, voltóu a emigrar a La Habana, onde din que ten a súa residenza habitual, adicado, igualmente , a negocios comerciáis.
Non figura como contribuinte ao Tesouro Público , por este Concello, por concepto algún.
É orfo dos dous pais, e , efectuadas as partillas da herdanza dos mesmos hai uns dous anos , correspondéronlle bens , por valor, aproximado de 10.000 pesetas , que disfruta unha irmá e esposo desta". - Román López Rubín.
.....................................................................................................................................................................
CASIANO QUINTANA LÓPEZ, veciño de San Martiño de Louseiro, solteiro, labrego ( fuxido dende 21 de xullo de 1936 a 29 de abril de 1939 ),
( Informe do alcalde accidental , en 31.05.1939 )
" Pertencía á filiación politica de Izquierda Republicana , sendo Concelleiro da Comisión Xestora da Fronte Popular , do que era elemento destacado. Fuxíu ao comezo do Glorioso Movemento Nacional Salvador de España , sen que se lle coñeza acto ningún do mesmo na contra do dito Movemento Nacional despóis de iniciado éste, xa que como dito queda, fuxiu ao seu comezo, Segundo informes , recentemente presentouse ás Autoridades"
*** ( Informe do alcalde, 9.01.1942 ). Cando tiña 36 anos.
" É certo que exercéu o cargo de Xestor deste Concello, dende a súa posesión o 15 de marzo de 1936 , até o 21 de xuño do mesmo ano.
Fuxido e en ignorado paradoiron , durante o Glorioso Movemento Nacional, presentóuse voluntariamente , o 29 de abril de 1939, sendo detido , e recobrando de seguido a súa liberdade en 24 de outubro do mesmo ano, reintegrándose ao expresado pobo da súa natureza. De boa conduta.
Non figura como contribuinte ao Tesouro Público, por concepto algún.
Habitaba na compaña do seu pai, viuvo e veciño do dito Louseiro . Da súa nai, nada herdóu, e non se coñece adqurise bens de clas algunha, nin que dispoña de recursos en metálico.
Hai, aproximadamente , un mes , que trasladóu a súa residenza a esta vila, e uns tres anteriores, que ven traballando , como tal carpinteiro, nunha fábrica de serrar madeira, establecida nesta vila, que foi propiedade de don Xoán López López, e que este recentamente traspasóu a D. Xosé Gallego López, de Vilameá ( Romelle - Samos ).
O referido Casiano Quintana López, de feito, é o responsable no traballo e administración da tal fábrica, se ben percura pasar por un obreiro corrente, sen máis remuneración ca o xornal. Porén, é suposto xeral que se trata dun socio industrial no negocio, ou , cando menos, con algunha participación nos beneficios líquidos , sen que poida constar o certo, por se tratar , probablemente , de convenio privado, entre eles ".- Román López Rubín.
"
.............................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario