SÁRRIA : ARMÁNDOSE PARA UNHA GUERRA ( 1936 ) ( 643 )
SÁRRIA: ARMÁNDOSE PARA UNHA GUERRA ( 1936 ) ( 643 )
Coñecido o levantamento de tropas en África o gobernador civil de Lugo acordou que se procedese a requisar as armas que estivesen en poder de particulares. Os Comités republicáns da zona de Sárria percorreron as parroquias ruráis para neutralizar o uso que delas se poidese facer na contra da República.
O día 20 , procedentes de toda a provincia, grupos armados de maneira variopinta concorreron á cidade de Lugo, sendo concentarados no Hospital de Santa María, que tiveron que abandoar precipitadamente cando souberon que fora decretado o estado de guerra e detidas as autoridades.
Nesa fuxida , voltando cidadáns dos concentrado procedentes de Lemos e Sárria para as súas casas, en camións de ómnibus ao seren detidos pola garda civil na Pobra de San Xiao, producíronse disparos , e a consecuencia deles produciuse a morte dun veciño de Sober , alcanzado por tiros da forza pública.
Abandoada ás 12 da noite do 20 de xullo de 1936 a resistenza que ao levantamento militar contra da República se mantiña na Casa do Concello de Sárria a garda civil e os elementos falanxistas da localidade ocuparon a casa consistorial , as entradas á vila polas estradas radiáis e outros puntos. No segundo andar quedaron cartuchos de dinamita e outros elementos explosivos que procedían do decomiso feito nun establecemento de Samos.
O alcalde Antonio Páramo Sánchez e as persoas que o acompañaban, algúns parentes, concelleiros e persoas comprometidas coa Fronte Popular , fuxiron da vila e algús dos fuxidos tardarían anos e lustros en se reintegraren á vida normal , permanecendo agachados en diferentes paradoiros, temerosos de seren collidos pois as súas vidas, ás que se tiña posto prezo, vítimas como eran da xenreira e espiritu de vinganza de que facían amostra aqueles que se sumaran aos movementos represivos.
Até o día 29 de xullo, en Castro de Rei de Lemos, no concello de Paradela , mantivéronse alzados en armas grupos de homes procedentes do Comité Republicán da parroquia, que abandoaron toda resistenza cando grupos militares entraron na parroquia, mesmo con artillaría lixeira, penetraron polo norte dende O Palacio de Vilamaior e polo sur entraron dende Sobreda , confluindo no campo da feira do Mosteiro Vello , botando por terra a resistenza que tencionaran facer na Pena Veitureira, uns homes armados somente con escopetas de caza , e que ningunha oposición podían facer a soldados portadores de armas de guerra, fusís e ametralladoras.
Rematado todo acto de resistenza aos propósitos dos militares rebeldes, iniciouse un labor de percura e captura dos defensores da legalidade democrática, organizando batidas coa activa colaboración dos falanxistas sarriaos. As mortes incontroladas causadas por elementos falanxistas, especialmente as que correron da conta da "Escadra Negra ", foron seguidas de detencións de cantas persoas tiveran algunha participación en organizacións sindicáis, partidarias ou mera participación en propagandas , mesas electoráis ou que simplemente fosen considerados " da casca amara ". En consellos de guerra foron condeados a morte , e de seguido executados no tapal do Cemiterio de Lugo, varios cidadáns acusados de "auxilio á rebelión", de formar parte de " hordas marxistas" ou de seren " comunistas", cando o partido comunista e mesmo o partido socialista tiñan mpo pouca implantación na comarca.
Donos xa os alzados da situación procederon garda civís e falanxistas a recoller armas en poder de veciños da comarca , que ao organizar milicias fóronlles entregadas aos seus membros que as usaron tanto na persecución de fuxidos no medio rural como para formar patrullas de reforzo con servizo diurno e noiturno polas rúas da vila e tamén no Campo de Aviación da Cha de Santa Marta.
Para dispoñer de municións fíxose requisa nos almacéns da vila e foi así como o 24 de xullo a Falanxe de Sárria dirixouse á tenda de Victoriano Vega Anta, na Estrada de Samos ( entón chamada Avenida da República ) - Ferrataría-Ferro-Aceiro- Pinturas- Bernices- Materiáis de construción e Expñosivos- e esixiulle a entrega de municións para o seu emprego no labor que botara riba delas esa organización .
O material recollido foi munición, tubos de munición, balotes, caixas de tacos., cartuchos varios , pistóns de escopeta, paquetes de pólvora, tubos de chumbo e caixas de cartuchos, por un importe total de 968, 35 pesetas, que , por suposto, non foi pagada.
Máis de dez anos despóis o industrial Victoriano Vega Anta, de quen eran coñecido non era "simpatizante " das ideoloxias dos alzados , presentóu para ser cobrada unha factura reclamando o pagamento das 968,35 pesetas , que foi xirada a nome de " Falange E.T. de las JONS ", entregada ao Alcalde e Xefe Local do Movemento . Nunca lle pagaron aqueles elementos materiáis anos atrás retirados do seu establecemento.
** Tamén a Falanxe local tratóu de colaborar no armamento das milicias e na recollida de ouro e alfaias que serían destinadas a ofrecerlle ao exército un avión que recibiría o nome de Lugo. Esta operación rematóu coa levanza do recollido a Lisboa , e as forzadas aportacións non se adicaron ao que se proxectara . Houbo só a compra de unhas poucas armas e nada se destinóu á dotación do avión . Entre os veciños houbo o convencemento de que os promotores desas dúas iniciativas desviaran para fins particulares a maior parte do froito recollido.
Comentarios
Publicar un comentario