AFONSO IX REI DE GALICIA E LEÓN ( 645 )

                   AFONSO IX , REI DE GALICIA E LEÓN ( AFONSO VIII  DE GALICIA )    ( 645 )

                                                   Xaime Félix López Arias

Coñecido como " O Portugués", os musulmáns alcuñábano de " Babios" pola fereza que amosaba no combate,

Naceu en Zamora  en 1171  e morrEu na Vilanova de Sárria o 24 de setembro de 1230.  Rei de Galicia e León  de 1188 a 1230, aínda que con anterioridade estivo  asociado  no goberno co seu pai Fernando II, A súa nai  foi a princesa portuguesa Orraca. Era curmán do rei de Castela  Afonso VIII ," O das Navas" , e de maneira inxustificada  os historiadores decimonónicos  pasaron a incluir a Afonso Fernández entre os reis casteláns, aínda que nunca tivo potestade rexia  riba desas terras.

Na Galería de Reis existente no Alcázar de Segovia  baixo dun relevo  sedente lese: "Alonso X. Don Alonso o X, Rei de León e Galicia , fillo do Rei Don Fernando o II, gañou dos  Mouros  a Estremadura. Deulle a Alcántara, ano de 1214, á Orde  de Calatrava , e ela no de 1218, a  San Xulián do Pereiro, chamada por isto de Alcántara . Morreu na Vilanova de Sárria  no de 1230 . E enterrouse  na Catedral de Santiago". Nesa dita galería o rei de Castela e Toledo, Alonso ( " O das Navas )  aparece referenciado como  "Don Alonso o IX".

Seguindo a liña dos reis de Galicia e León , en realidade, o Rei Afonso Fernández,  tería que ser nomeado como   Afonso VIII de Galicia e León , sendo coetáneo do Rei Afonso VIII de Castela e Toledo. E así  reulta curioso que o rei Afonso Fernández aparece  nomeado como Oitavo , Nono ou  Décimo, dependendo da exclusión ou inclusión dos reis Afonso I " O Batallador" e  Afonso " O das Navas ". A hisoriografía galega  noméao como Afonso VIII.

Cando no ano 1188 morre o seu pai Fernando II  preséntase na cidade de León onde é proclamado rei , coa oposición da súa madrastra  Orraca López de Haro e de Sancho, fillo desta , que pretendía o trono,  e amosaron unha forte oposición na súa contra  que remata en 1195 cando  Sancho morre  esnaquizado por un oso, desparecendo así as intrigas pacegas.

Convocou unha Curia  Rexia e Pregoada  en León co obsxectivo  de xuntar os apoios necesarios  para a  proclamacióm real  e para solucionar  os problemas económicos da Coroa , coa particularidade  de que ademais da  Nobreza e o Clero reuniu  representantes das nove principais  cidades dos seus reinos , reunión que  é hoxe considerada as primeiras  reunións parlamentarias  "democráticas" de Europa, que deron lugar  á promulgación da Carta  Magna Leonesa.

Viuse atacado  por Castela e Portugal . Fixo as paces con  Afonso VIII de Castela , aínda que  acabou recoñecéndose por vasalo  seu , de quen recibíu  a orde de cabaleiro  nunha cerimonia   que  lle parecéu humillante  facendo medrar nel un grande rancor  que o levóu  a romper vencellos de fidelidade  , dando lugar  a enfrontamentos  armados entre un e outro  reinos.

Fixo as paces con Poerugal, mediante o seu casamento  coa infanta dona Tereixa ( 1191 ) , filla de Sancho  I de Portugal , coa que tivo tres fillos : Sancha, Dulce e Fernando.  Este morreu  no ano 1214 sen deixar decendentes. O matrimonio  foi anulado polo Papa Calixto  polo  parentesco  que entre eles había  xa que  eran curmáns.

En 1194 , aínda que asinara a paz con Castela , entrou nunha alianza   con Portugal, Aragón e Navarra  contra as pretensións hexemónicas do rei castelán.  Cando se producíu a derrota de Alarcos ( 1195 )  o rei Afonso Fernández  e o rei de Navarra, fixeron pauto  cos almofades  e en 1196 todos xuntos atacaron Castela. Este reino  soubo defenderse  e tomou a ofensiva  contra León , provocando uns anos  e enfrontamentos , que só remataron  cando Afonso de Galicia e León  casou con dona Beringuela, filla  do rei castelán. Esta voda tivo lugar  en outubro de 1197  e dela nacerían  Fernando  III, Leonor, Constanza e Beringuela . O Papa Inocencio III anulou  este matrimonio en 1203 . Afonso Fernández tivo tamén amores con Tereixa Gil , da que tivo  catro fillos.

No ano 1209 os monarcas leonés e castelán asinaron unha  nova paz en Valladolid, porén  o leonés  non axudou ao seu sogro na batalla das Navas de Tolosa ( 1212 ), aínda que lles  deu liberdade  aos seus súbditos  para que o fixesen . Aproveitou entó a ocasión para  recuperar as prazas leonosas  que ocupara Castela. Cando o rei castelán voltóu vitorioso  aceptou ese feito e houbo unha nova sinatura de  paz no ano 1213.

  En 1214, en Castela, morre Afonso VIII despois dun longuísimo reinado. Houbo  o breve reinado do seu fillo Henrique I  ( 1214-1217 ) , con  unha minoría  rexia, baixo a rexenza  da súa irmá Beringuela, esposa que fora de Afonso Fernández, e do poderoso  Álvaro Núñez  de Lara,  e produciuse  o normal problema sucesorio  do que resultou  a asunción plena das  funcións reais.  No reinado de Henrique I producíronse   diferenzas ente Beringuela e os Lara , con loitas nobiliarias  nas que a familia real tomou protagonismo.

Á morte de Henrique   I foi proclamada Raíña de Castela  dona Beringuela, que renunciou a favor do seu fillo Fernando III, que tamén o era de Afonso Fernández.

 Na loita  cos musulmáns  Afonso Fernández tomou Alcántara  e  por ese tempo loitou  contra o seu fillo  para unir os dous reinos, sendo derrotado ás portas de  Burgos . O 26 de agosto de 1218 pai e fillo asinaron  a paz. De seguido  loitou contra os almofades e auxiliado polas ordes militares  tomou un Valencia de Alcántara ( 1221 ) e Cáceres ( 1229 ) á que lle   deu foro  e en 1229-1230  apoderouse  de Montánchez, Alange   Mérida , Badajoz e Elvas, despexando  así o camiño cara Sevilla.

Ao seu  pulo  repoboador  débese a fundación de pobras en Galicia  : Burgo Novo de Triacastela,  Vilanova de Sárria , Portomarín, Melide,  A Coruña, Milmanda, Burgo de Caldelas , Baiona....  Fundou o Estudo Xeral de Salamanca   e concedeu  prudentes foros  para o goberno das pobras e das terras .

En 1186 eximiu  a todas  as igrexas  dependentes de  Samos  e que quedaban fora  do couto mosteiral  , de todo tributo real  e de toda xurisdición  en non sendo a do abade.  

Con ocasión dunha pelerinaxe   a Compostela,   no ano 1209 ,   estando na Ponte Miña ( Portomarín )  , resolveu unha   contenda entre  o abade samonense, Exidio ,  e o tenente da Terra de Sárria , Roderico Gundisalvi, que facía rapinas na terra e servos de Samos. 

Sárria ( Vilanova de Sárria ) naceu como Vila Real  en 1194 e con esa condición se mantivo até as primeiras  décadas do século XIV,  cando pasou a ser vila sometida ao señorío dos Condes de Lemos, constando  que procuradores sarriaos participaron en reunións das Cortes de Castela.

Ademais de outorgar foros  a vilas por el fundadas deu  unhas constitucións para o goberno das pobras do bispado de Lugo, que, posiblemente   serían as que  el escolleu  para a Vilanova de Sárria 

En  1181 o rei Fernando II , xunto coa súa dona a raiña Tereixa  " e co meu fillo o rei Afonso" fai doazón de catro igrexas  ao bispo lucense.

En 1182 Fernando II ,  xunto co meu fillo o rei Afonso " sinala que os  cidadáns lucenses somente deben obediencia ao seu bispo ",

No ano 1216 " Afonso , pola graza de Deus rei de León e de Galicia " fai doazón de viño no seu celeiro de Castrelo de Avia  para atender ás necesidades  dos coengos lucenses".

 No ano 1222  " Afonso pola graza de Deus rei de León e de Galicia " concédelle á igrexa  Lucense  igrexas e bens en Ver, Rendar, San Mamede de Vilasouto e o Reguengo de Amboade.

En 1225  concede o señorío riba dos cidadáns residentes en Lugo ao bispo da cidade.

O 22 de xullo de  1228  suscribiu na Vilanova de Sárria  un documento polo que  dispensa de tributo, por devoción á Orde de Saniago, pola casa  que os cabaleiros  tiñan  en Palas de Rei, dependente da bailía de Vilar de Donas,

O rei Afonso Fernández faleceu na Vilanova de Sárria cando ía en pelerinaxe a Compostela para darlle grazas ao Apóstolo polas conquistas feitas na Estremadura  o día 24 de setembro de 1230 e o seu corpo  foi levado a Santiago sendo enterrado na Capela das Reliquias ( Panteón de Reis ) a carón do nicho onde acouga o do seu pai  Fernando II.

                                                       ***********************

Nada como Vila Real, a Vilanova de Sárria, que máis adiante foi coñecida como A Pobra de Sárria,  a vila de Sárria para honrar ao seu fundador deulle o nome de GRAN VÍA ALFONSO IX ao vial que dende os Catro Camiños vai ao Barrio das Insuas. Tamén na súa lembranza leva o seu nome  o hotel  situado  beira do río Sárria.

Non hai outras representacións medievais do rei Afonso Fernández  ca as  imaxes, sedente unha e dacabalo outra, conservadas no Tombo de Toxos Outos e a escultura en pedra do seu enterramento na  catedral de Santiago.

O 22 de maio do ano 2007, rematadas as obras de arranxo da Rúa Maior e da Praza da Constitución, foi inaugurada a escultura sedente   , obra do  artista sarriao  Xosé Luis García Moreira, inicialmente posta no fondo da praza, e despóis trasladada  á man dereita da porta  principal  da Casa do Concello. Baixo dela lese a seguinte lenda. "  Os sarriaos ao seu rei fundador ALFONSO IX  rei de León e Galicia. +  Vilanova de Sárria,  24-IX-1230 ".

                                                *********************


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 ****************************************************************************** 

 

  

 

 

 

 

Comentarios

Publicacións populares