SÁRRIA : SERENOS MUNICIPÁIS E DE COMERZO ( 636 )

              SÁRRIA : SERENOS MUNICIPÁIS E DE COMERZO                        ( 636 )

                                              CONCELLO  DE SÁRRIA

                 REGULAMENTO DO SERVIZO DE SERENOS MUNICIPÁIS E DE COMERZO

                                                  Sárria,  xaneiro de 1950

                           Imprenta. Papelaría. Editorial PALACIOS.- Lugo

Concello de Sárria.- Regulamento do Servizo  de Serenos Municipáis e de Comerzo. Aprbado polo Concello Pleno en sesión  de 31 de xaneiro de 1950, dacordo coas atribucións  que lle confirena Base 13 da Lei de Bases de Réxime Local, sendo alcalde don XOSÉ GAYOSO FERNÁNDEZ.

                                                                                                   Sárria, xaneiro de 1950       

.........................................................................................................................................................

REGULAMENTO DO SERVIZO MUNICIPAL DE SERENOS MUNICIPÁIS E DE COMERZO

                                                      CAPÍTULO PRIMEIRO

                                                            CONDICIÓNS

Artigo 1º.-  Os Serenos municipáis e de comerzo, serán nomeados polo Sr. Alcalde-Presidente , de conformidade  co establecido  na Lei de Bases  de Réxime Local.

Artigo 2º.-  Os solicitantes  farán as súa peticións  en instancia dirixida  ao Sr.  Alcalde-Presidente , escritas do seu puño e letra, na que farán constar  as súas circunstancias persoáis e reintegrada con arranxo  á vixente Lei do Timbre.

Artigo 3º.-  Para  ser nomeado  Sereno municipal  e de comerzo , será requisito indispensable  a documentación  que xustifique os seguintes extremos:

1º.-  Ser Español   e maior de vinte e un anos de idade e non exceder de corenta e cinco.

2º.-  Certificación  de nacemento do Rexistro Civil , legalizada    se non corresponde   ao Colexio Notarial de A Coruña.

3º.-  Certificación de Antecedentes Penáis , expedida  polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes.

4º.- Certificado de  boa conduta , expedido pola Garda Civil.

5º.- Certificado de boa conduta ,expedido pola Alcaldía.

6º.-  Certificación de boa conduta   e afecto  ao Estado, expedida polo Xefe Local de " F.E.T y de las J.O.N.S"

7º.-  Certificación expedida por un  Médico, na  que conste  non ten defecto  físico  que lle impida  prestar o servizo  que se lle encomende.

8º.- Certificación  que acredite a súa situación militar.

9º.-  Dúas fotografías, tamaño carné.

Artigo Cuarto.-  Os que tendo  desempeñado o cargo  de Sereno municipal e de comerzo e  cesado nel voluntariamente , e por causa do expediente , foran propostos outravolta  para o dito  cargo , non precisan novo tíduo , pois habilitaráselle o que teñen  para   a zona que sexan propostos , debendo pesentar con aquel tíduo  certificado  de boa conduta,  de antecdentes penáis e médica.,

Artigo   Quinto .- O Concello acorda dividir esta vila en cinco zonas podendo ser creadas outras  e agregar ou segregar  parte das existentes , cano a Alcaldía o considere   necesario, ou a petición  da veciñanza e do comerzo.

Artigo Sesto.-  Os Serenos   de Comerzo  terán unha numeración  correñlativa  , e usarán como distintivo o uniforme  aprobado pola Alcaldía-Presidenza , e moca  e un farol  ou lanterna , un pito , unha chapa na gorra co seu  escudo e número   que diga " SERENO MUNICIPAL  E DE COMERZO DE SÁRRIA"  ; o mesmo  en verán que  no inverno, durante as horas de servizo, usarán, polo menos, a gorra de uniforme.

Artigo  Sétimo.- Os Serenos municipales e de comerzo , de conformidade  co  real decreto   de 24 de febreiro  son considerados nos actos  de servizo como axentes da autoridade , e usarán  como armas as que  prevén o citado real  decreto   en relación coa real orde  de 3 de outubro  de 1920 , o seu lanzón  ou moca  e o revólver.

                                                     CAPITULO II

                                                     DEBERES

Artigo Oitavo.-  Os Serenos municipáis e de comerzo  , polo  seu duplo carácter , teñen  diferentes obrigas:

Primeira.-  Informarse  polos veciños e porteiros  de toda persoa forasteira   ou sospeitosa  que na súa zona resida.

Segunda.-  Abrir as  portas das casas  da súa zona  ás autoridades  que o esixan  no cumprimento  do seu  deber  e acreditando tal carácter  previamente aos Médicos,  dependentes  de Telégrafos e Teléfonos , Santos Sacramentos  e todo aquelo  que represente unha necesidade inmediata.

Terceira.- Acompañar aos visitantes dos veciños da  súa zona   até o piso que vaia visitar , caso de infundirlle sospeitas  ou descoñecer  ao  individuo visitante.

Cuarta.-  Evacuar as encargas   que se  lle confiran   nas circunstanzas aflictivas   ou imprevistas  , sempre que non os alonxen da  súa zona  como son dar avisos  aos Mñedicos,  Farmacias,  Casas de Socorro , Servizo congtra incendio, etc.

Quinta.-  Abrirlles as potras  das casas aos veciños   e comerciantes da súa zona que sexan suscritores.

Sesta..- Prestarlles  aos veciños  e co,erciantes  da súa zona aqueles   servizos particulares  que de perfeco acordo conveñan , sen abandoar  en ningún destes casos  o servizo xeral da zona.

Sétima.- Os serenos municipáis e de comerzo  prestarán o servizo dende a hora  que lles sexa sinalada pola Alcaldía , segundo as distintas estacións do ano.

Oitava.-  Ningún Sereno  municipal e de comerzo  poderá saír da súa zona  durante as horas de servizo , máis que nos casos  nas que as esixenzas  do mesmo o requiran   imprescindiblñemente.

Artigo Noveno.-  Como  dependentes da Autoridade  , están obrigados  :

Primeiro.-  A perseguiren e denunciaren  todos os delicots e faltas  que se cometan súa zona , prestando os auxilios necesarios  a quen lle lo requira , sexan particulares   ou autoridades ,  sen que  ningún deles   poida distraelos   do seu servizo máis  que o tempo preciso  para prestaren os ditos auxilios , reclamando   o dos seus compañeiros e o dos  Gardas  municipáis, de Seguridade e Civís   usando o chifre  de alarma.

Segundo,- Na ocasión da comisión  de faltas  ou delictos  de que coñeza  , o sereno procederá   á detención inmediata   dos presuntos delincuentes , podendo entregalos   ao primeiro Axente  da Autoridade ou Garda  , que ache ao seu paso , dándolle conta do feito , para que este pola súa volta o manifeste na Comisaría , ou no seu defecto na Alcaldía ; sen perxuizo  de  que ao rematar  o servizo  se presente o Sereno  nos ditos Centros  para ratificar   as súas manifestacións.

Terceiro.-  Coidará a  puntual observanza  da orde pública  e das Ordenanzas  municipáis  e bandos de Policía Urbá.

Cuarto.-  Media hora  antes de comezar  o servizo , presentaranse  na Casa do Concello, para pasaren lista  e recibiren  as ordes  que haxa que comnicarlles, tanto da Alcaldía-Presidenza  como doutro  servizo.  De dez da  mañá catorce horas, presentaranse no Concello  a daren conta das incidencias  ocorridas  durante a prestación  do sewu servizo , No caso de que tivesen obseervado  infraccións  , faltas ou delictos  de importancia darán  conta inmediata  ao Sr. Alcalde e ás autoridades que seu caso corresponda.

Quinto.-  O Sereno  que por causa de enfermidade ou por outra  xustificada  non poida presentarse  a prestar servizo, avisarao con antelación á Alcaldía ,  coa fin de que por  sexa designado quen o sustitúa. Igual procedemento  será seguido  á hora marcada para comezar  o servizo  se non se  presentarse  o Sereno  ou tivese que se retirar  unha vez comezado aquel.

Sesto.-  As novidades  que poidan  ocorrer  na zona  durante as horas de servizo  do Sereno  serán  comunicadas   pr este ás autoridades  correspondentes tan axiña  como delas teñan coñecemento,.

Artigo Décimo.-  Os Serenos municipáis  e de comerzo  gardarán as atencións debidas  no seu trato coas  autoridades e veciños.

Artigo Décimo primeiro.-  A función do Sereno, ademáis do seu cometido oficlal , será continuación, durante a noite , da correspondente á Policía Urbá ; debendo coñecer  todas as prescricións  das Ordenznaa municipáis , e as ordes emanadas   da  Alcaldía-Presidenza , e da Xefatura de Policñia Urbá , xa que  han velar polo seu cumprimento , do que serán responsables.

                                                        CAPÍTULO III

                                         DAS FALTAS E  CORRECCIÓNS

 Artigo Décimo segundo.-  As faltas que poidan cometer os Serenos  municipáis e de comerzo clasificaranse en graves , menos graves e leves.

Artigo Décimo terceiro.- Considéranse faltas graves;

Primeira. A comisión de delecto  en actos do servizo , ou fora del,  polo que  fose condeado  polos Tribunáis a pena superior  á de arresto maior.

Segunda.-  A desobediencia  aos seus superiores  en actos de servizo ou coa ocasión del, e as razóns descompostas , ou répñlicas  desatentas aos mesmos.

Terceira.-  A comiisión de tres faltas menos graves  dentro do termo de un ano.

Cuarta.-O estar bébedo en tempo de servizo.

Artigo Décimo cuarto.-  Considéranse faltas menos graves:

Primeira.- O aldraxar de palabra ou obra a lgunha persoa  sen razón xustificada  ao cumprir  munha orde referente  ao servizo,  cando o feito non chegue a ser delicto,

Segunda .- As vexacións , malas palabras , malas maneiras e accións  bruscas   empregadas co público.

Terceira.- A borracheira , estando de uniforme , fora dos actos de servizo.

Cuarta..-  Entrar   en tendas ou tabernas, ou casa  de mala nota  ou sona na súa demarcación , a non ser en actos de servizo.

Quinta.- A falta de sixilo nos servizos que preste ou lle encomenden , en perxuizo do bon resultado  dos mesmos.

Sesta.- Non se presentar  á hora do servizo  sen dar aviso previo ou xustificar a causa.

Sétima.-  Abandoar  a súa zona  fora dos casos sinalados  neste regulamento e sen causa xustificada.

Oitava.-  Ser achado dormido en horas de servizo.

Artigo Décimo quinto.-   Son consideradas faltas leves :

Primeira.- A falta de aseo persoal  e descoido no vestiario , e calquera outro acto  que degrade  a dignidade do cargo que desempeña  e a compostura  e corrección da súa persoa.

Segunda.- O non saudar  ás autoridades superiores  cando se dan a coñecer , así comno  tamén aos Inspectores  de Policía Urbá  do distrito  cando presten os seus servizos,  que son os seus Xefes  inmediatos.

Terceira.-  A inexactitude  no cumprimento das súas obrigas , sempre que non resulte perxuizo  para as persoas ou  propiedades ; e as manifestacións  de febleza  ou desagrado  no servizo.

Cuarta.- A de faltar  á lista.

Artigo Décimo sesto.-  As faltas  graves serán castigadas  coa separación do seu cargo  de sereno municipal e comerzo  e inhabilitación  para voltar a desempeñalo ; así como outro cargo do concello.

Artigo  Décimo sétimo.-  As faltas menos graves  serán   castigadas : A primeira falta  que se cometa, coa multa de 25 a 50 pesetas; a segunda falta menos grave cometida  detro do ano de realizada a primeira , coa multa de 50 a 100 pesetas; a terceira falta menos grave  cometida dentro  do ano  de sancionadas as dúas primeiras  constitúe a falta  grave contid   no  número terceiro do  artigo 13 , e  sancionarase  con arranxo ao disposto  no artigo dezaséis.

Artigo Décimo oitavo.- As faltas leves serán castigadas : a primeira, con reprensión ;  a segunda cometida dentro do ano  de realizada a primeira , con multa de 10 a 25 pesetas ; a terceira cometida dentro  do mesmo periodo de tempo , con suspensión do  cargo por oito días ; a cuarta cometida   dentro do ano das tres anteriores , con suspensión de quince días , e a  cometida no mesmo prazo  estimarase como  falta menos grave.

Artigo Décimo noveno.-  Prescriben ao ano  de cometidas  todas as faltas menos graves  e leves sancións  impostas a elas , sempre que dentro do mesmo ano  no teñan chegado ao número requerido  no artigo 13  para  constituir falta grave.

Artigo  Vixésimo.-  As correccións  por faltas  nos seus diversos graos  serán impostas  pola Alcaldía-Presidencia  e cando pola ghravidade  das mesmas sexa precisa  a formación de expediente , este será incoado  por quen dsigne  o Sr.  Alcalde-Presidente  , sendo ouvido no mesmo  o interesado  e cantas persoas  se crean necesarias   para  o maior esclarecemento  dos feitos.  Unha vez rematado, o expediente  elevarase   á Alcaldía -Presidencia , co informe  do Señor Xuiz Instrutor para a súa resolución.

Artigo Vixésimo primeiro.-  Cando se forme expediente  por falta grave  ou por imputación de delito  a cosecuuencia do que  fose procesado  o interesado,  será suspendido  da función do seu cargo de Sereno  municipal  e de comerzo  cando o Xulgado comunique  o seu procesamento , ou no expediente estea probado  que é autor, até cado recaia a resolución  no precipitado expediente  ou diten sentenza  os Tribunáis de Xistiza  ; e se a resolución  no expediente fose favorable  ao interesado, ou a sengtenza  que dite o  o Tribunal de Xustiza  fose absolutoria , será reposto nas funcións  do seu  cargo, séndolle  de abono o soldo  a partires  do seu cesamento  até a súa reposición.

Artigo Vixésimo segundo.- Para a  imposición  de correccións  poderá estimarse  a existenza  de circunstancias    eximentes,  atenuantes e agravantes   na falta cometida , a xuizo do instritur , que producirán  os efectos de eximir ; de corrección , se se estima  como eximente  ;  como de  estimarse  como falta menos grave  cando concorren dúas atenuantes  sendo a falta imputada grave  ou leve se concorren  dúas agravantes  ou dúas atenuanes  coa falta menos grave,

                                           OBRIGAS E DEBERES

ALUMEADO PÚBLICO.- Dará conta  por escrito ao se retirar  do servizo,  á Alcaldía  , ou Oficina  que esta dsigne, de todas  cantas deficiencias  observe no  alumeado público , como rotura de cables , bombillas baixas de luz  ou fundidas  que existan na súa demarcación , expresando  o número delas  nas que sexa  deficiente o alumeado.

ANIMÁIS PERDIDOS.-   Se nas horas  do seu servizo acha  ou lle comunican   que hai algún animal perdido , participarao na Alcaldía  ou oficina que por esta se sinale , coa fin de que se fagan  cargo do animal.

ARBOREDO E XARDÍNS,.  Sempre que vexa  causar danos  no arboredo  ou  nos matelos   de parques e xardíns , así como en calquera finca  ou dependenza do concello, procederá á detención do causante , conducíndoo  ao Deposito Municipal  e danto conta por escrito  á Alcaldía  unha vez que remate o servizo.

BAILES,  SERENATAS OU MÚSICAS.- Cumprindo o   disposto   nas Ordenanza municipáis , procurará que non se causen  molestias á vecilñanza  con bailes, serenatas  ou musicas, polo que , sempre que na súa demarcación  se celebre algún destes actos , fará as correspondente averiguacións , ben preguntánolle á Alcaldía  se están  autorizados   ou teñen coñecemento para a celebfración do dito baile, serenata ou  música.

LIXO.-   Coidará  non se deposte reblo  ou lixo  na vía publica, procedendo  a deunciar   á  persoa  que coemta a falta á  Alcaldía. Cando  a falta se coemta  e non vexa  o acto  e non vexa  no acto a persoa que o cometéu  tratará  por cantos medios  teña ao seu alcance  de averiguar  quen foi  e denunciará  perante a mencionada  a mencionada  autoridade.

CARTACES OU ANUNCIOS.-  Se vise pegar  nas  frenteiras dos edificios , columnas   de alumeado publico  ou sitios non axeitados , cartaces  ou anuncios  non autorizados , procederá á detención  da persoa que execute o tal acto , conducíndoa ao Depósito   municipal  e dando conta da detención   á Alcaldía. 

AFUNDIMENTOS.-  Sempre que se observe  na calzada  algún afundimento , así como perigo de derrube  de edificio, parede , etc., comuincarallo   coa maior urxenza   á Alcaldía , coa fin de que  sexan tomadas as medidas oportunas.

INCENDIOS.-  Tan axiña como  teña coñecemento  dun incendio , comunicarallo  polo medio máis rápido  ao Servizo  encargado a tal fin  no Concello,  así como á Garda Civil , previndo á veciñanza  en xeral e prestando cantos auxilios  estean ao seu alcance  en evitación do sinistro.

INTERCETAR NA VÍA PÚBLICA.-  Non permitirá que sen  causa xustificada se inercepte  o tránsito de peóns  e veículos , procedendo a denunciar perante a Alcaldía  á persoa que cometa a falta.

MENDIÑOS.-  Estando proibida nesta vila a mendicidade , coidará de que  esta non se exerza , e cando requira   a algunha persoa  por esta falta e non sexa obedecido , comunicarallo á Alcaldia , para que o persoal  da Garda muniicipal  proceda á recollida  do mendiño  ou a súa condución até as estremas do municipio.

OBXECTOS PERDIDOS.- Cando se ache algún obxecto , alfaia ou diñeiro  perdido,  ou lle sexa entregado por algunha persoa, cos datos do nome , domicilio, sitio e hora  onde foi achado , presentarao cando  se retire  do servizo  na Alcaldía ou oficina que este teña designada ao tal efecto.

OBRAS, TAXEAS  E POZOS NEGROS.-   Vixiará  que durante a noite  non se executen obras  de albanelaría , sen que teñan a licenza correspondente,  que esixirá , e comprobará se está  autorizada pola oficina do Concello . Tampouco permitirá que sen a correspondente  licenza se executen obras  de pozaría en  taxeas  e pozos negros , participándollo  na oficina designada  a tal fin no Concello , os casos que se presenten desta índole.

QUEIMA DE OBXECTOS.-   Cumprindo o disposto nas ordenanzas municipáis , non permitirá queimar na vía pública  obxectos que produzan  molestias ou ocasionen perigo  para a veciñanza ; exceptuando na  mencionada proibición  das fumigacións  que dispoña  a autoridade  por causa de  salubridade Pública.

 ROMPIMENTO DE CANOS.- Coa maior urxenza  posible comunicará  á oficina   correspondente  no Concello , cantos casos vexa de rompemento  de canos condutores  de auga,  para que por esta se tomen as medidas  precisas , coa fin de evitar desgrazas , danos e molestias.

VENDEDORES.-  Non consentirán  que se estacionen vendedores  na vía pública  non tendo sido autorizados  pola Alcaldía , o que poderá comprobar esixindo  a correspondente autorización , asinada e selada por esta.

VEÍCULOS AUTOMÓBILES E MOTOCICLETAS.-  Evitará   e denunciará  a todo automóbil  ou veículo  de tración mecánica  que leve excesiva  velocidade  na súa marcha  e careza de alumeado  na parte anterior  ou do farol piloto  na posterior.

SOARES.- Impedirá  que durante  as súas horas  de servizo  sirvan de albergue  a mendiños e xente maleante , sexa depositado lixo  e reblo , ou sexan arrincados os valados  que serven de peche ,  facéndoo responsable  das faltas  que neste senso se  cometan.












































































 


Comentarios

Publicacións populares