XENTE DAS PROFESIÓNS E DOS OFICIOS: TERRA DE SÁRRIA ( 1761 ) ( 635 )
XENTE DAS PROFESIÓNS E DOS OFICIOS ; TERRA DE SÁRRIA ( 635 )
O goberno da Vila de Sárria e da Xurisdición do Marquesado de Sárria correspondíalle ao Correxidor, M,eiriño ou Xustiza Maior con xurisdición riba das CINCO POBRAS: Pobra de Sárria, Pobra de Adai, Pobra de Santo Estevo de Neira de Susao, Pobra de San Xulián e Pobra de Triacastela. Estando vacante o cargo, ou por ausenza do titular a función de goberno e a xudicial correspondíalle ao Tenente de Correxidor,
TENENTE CORREXIDOR. - 1.- XOÁN DE NEIRA.- Vila de Sárria ( 50 reáis )
O Adninistrador de Correos, titular da Estafeta de Sárria recibía as valixas procedentes da Ponte de Carracedo, que viñan pola liña de postas de Madrid --A Coruña e da Coruña e Madrid, xirándoas dende a vila en direción a Monforte-Ourense e Tui.
ADMINISTRADOR DO CORREO.- 1.- XOÁN MELLE.- Vila de Sárria ( 1.460 reáis )
O albeítar era o especialista no coidado dos animáis de tiro e do gado propio dos campesiños.
ALBÉITAR..- 1.- MIGUEL COLOM O.- Vila de Sárria ( 50 reáis )
Había un aguacil ( ministro de xustiza ) auxiliar na administración xudicial e un aguacil maior para os asuntos xurisdicionáis da vila e o marquesado.
AGUACÍS .- 1.- XOÁN ALONSO REBOIRO.- Vila de Sárria ( 20 reáis ). 2.- ANTONIO DÍAZ SOMOZA.- Vila de Sárria ( 50 reáis )
Non houbo outros boticarios, fora do monxe boticario do Mosteiro de Samos, até que no século XVIII se instala un profesional na materia na vila de Sárria.
BOTICARIO.- 1.- XOÁN FARIÑAS.- Vila de Sárria ( 50 reáis )
O Marqués de Sárria-Conde de Lemos m antiña un cárcere xurisdicional nun edificio propio instalado na Praza Principal ( hoxe Praza da Constitución ).
CARCEREIRO.- 1.- XOÁN REBOIRO.- Vila de Sárria ( 500 reáis )
Os cirurxáns daban remedios á veciñanza para coidado da súa saúde. As prácticas ofrecidas por eles eran as sangrías e lavativas, e a aplicación de emplastos e cocimentos de herbas. Ao mesmo tempo soían seren barbeiros. O Mosteiro de Samos siostiña unha praza de médico, e os frades de Santa María Madalena de Sárria concertaron cos monxes que ese médico , complementariamente, poidese desprazarse a Sárria. Sárria, até ben entrado o século XIX , non contóu con médico contratado polo Concello.
CIRURXÁNS - 1.- DOMINGO A. VILLANUEVA.- San Vicenzo de Froián ( 15 reáis ) 2.- DOMINGOS ANTONIO GARCÍA.- Louseiro ( 300 reáis ) 3.- DIEGO VÁZQUEZ VARELA.- Vila de Sárria ( 1.000 reáis e 50 ferrados de centeo. Era o hospitaeiro do Hospital de Santo Antón Abade-Obra Pía )
Os escribáns de número adscritos ás xurisdicións, escribáns adscritos e escribáns de nomeamento real, establecidos na súa maior parte na vila de Sárria, formaban os seus protocolos, e cando mudaban a súa residenza a outras xurisdición levaban con eles todos os protocolos labrados , o que , pasados os anos, dificultaba achar as escrituras matrices. Os protocolos notariáis do sñeculo XVIII e seguintes feitos en Sárria, están no Arquivo Histórico de Lugo, e outros están espallados por Galicia adiante. E moitas desas escrituras matrices forman parte de fondos procedentes de mans de investigadores históricos, que os sustraeron do Arquivo Notarial de Protocolos de Sárria, abusando da confianza que lles deran os arquiveiros sarriaos.
ESCRIBÁNS.- 1.- FELIPE LÓPEZ LOSADA .- Louseiro ( 300 reáis ) 2.- ANTONIO LOSADA.- Vila de Sárria ( 40 reáis ). 3.- XOÁN ANTONIO DE LA PEÑA .- Vila de Sárria ( 200 reáis ). 4.- XULIÁN DÍAZ GUITIÁN .- Vila de Sárria ( 290 reáis, tamén era siseiro do viño ). 5.- XOSÉ LOSADA.- Meixente ( 400 reáis )
Os notarios, xeralmente , eran fedatarios que entendían da documentación de orixe eclesiástica.
NOTARIO: 1.- FRANCISCO CAMINO VILLAR.- San Pedro de Froián ( 30 reáis )
O Procurador Xeral do Rexemento da Vila e Xurisdición do Marquesado de Sárria era o representante que tiña que comparecer asinano no seu nome nos actos e formalización de escrituras nos que esa administración era parte interesada.
PROCURADOR XERAL.- 1.- PEDRO ANDRÉ DE LOSADA.- Vila de Sárria ( 250 reáis )
Os valixeiros ( carteiros ) eran os encargados de recolleren e entregaren na Ponte de Carracedo as valixas do correo que procedían de Madrid e da Coruña, e administracións intermedias, dirixidas a Sárria, Monforte , Ourense e Tui. A pé ou dacabalo collían e entregaban as valixas , nos días e horas sinalados, e sen detención xirábanas nunha ou outra direción. Os valixeiros sarriaos corrían cos treitos Ponte de Carracedo -Sárria e Sárria-Monforte-Ourense, á ida, e á volta Ourense- Monforte- Sárria e Sárria -Ponte de Carracedo, en horas de día e de noite.
VALIXEIROS.- 1.- FRANCISCO LÓPEZ LOUREIRO "Ferreiró".- Vila de Sárria ( 390 reáis ). 2.- FERNANDO LÓPEZ .- Vila de Sárria ( 390 reáis )
..................................................................................................................................................................
Para a entrada e saída de mercancías, maragatos e arrieiros, cunha ou varias bestas , facían os camiños de Castela, das Asturias e os interiores de Galicia, porteano viño, sal, carnes salgadas , etc. Os arrieiros sarriaos estaban especilizados en levar viño dos ribeiros de Valdeorras , Quiroga e Lemos a Lugo e "aos portos ". O Camiño de Valdeorras a Lemos era coñecido como " O Camiño dos Arrieiros de Sárria "
ARRIEIROS ( 30 )
1,. BIEITO LÓPEZ .- Barbadelo ( 150 reáis ).- 2.- DIEGO LÓPEZ.- Barbadelo ( 150 reáis ) 3.- NICOLAU LÓPEZ-- Barbadelo ( 150 reáis ). 4 - SANTIAGO DÍAZ.- Barbadelo ( 150 reáis ).-5.- ANXO PÉREZ- Chorente ( 15 reáis ) 6.- . ANTONIO LOSADA .- Chorente ( 150 reáis ) 7.- 8.- BERNARDO LÓPEZ.-Chorente ( 150 reáis 9.-).. DOMINGOS PÉREZ .- Chorente ( 150 reáis ). 10.- DOMINGOS LÓPEZ .-Chorente ( 150 reáis ) 11 .- XULIÁN CABANAS.- Farbán ( 30 reáis ) 12 .- XOSÉ SÁNCHEZ.- Ferreiros ( 18 reáis ) 13 .- FRANCISCO LÓPEZ.- O Fontao ( 100 reáis ),. 14 XACOBE LÓPEZ PENEDO.- San Pedro de Froián ( 30 reáis )..15 - MANUEL PONTÓN.- San Sadurniño de Froián.- ( 15 reáis ). 16 .- XOÁN GONZÁLEZ .- San Sadurniño de Froián ( 80 reáis ) . 17.- XOÁN FERNÁNDEZ.- San Sadirniño de Froián ( 30 reáis 18 .- XULIÁN FERNÁNDEZ .- San Sadurniño de Froián ( 15 reáis ) 19 . -XOSÉ FERNÁNDEZ.- San Sadurniñode Froián ( 80 reáis ).- 20 .. PEDRO FERNÁNDEZ.- San Sadurniño de Froián ( 100 reáis ) 21 .- ROSENDO VÁZQUEZ.- San Sadurniño de Froián ( 160 reáis ) .22 .- XOÁN LÓPEZ.- Santo Estevo do Mato ( 180 reáis ). 23 ,- DOMINGOS LÓPEZ "RIGUEIRO".- Nespereira ( 80 reáis ). 24 - MARCO ARIAS .- Nespereira ( 80 reáis ) 25 .- DOMINGOS LÓPEZ.- San Salvador da Pena ( 100 reáis 26 .-.PEDRO LÓPEZ " CORREO".- Reimóndez ( 200 reáis ) 27 .- MANUEL GARCÍA.- Vila de Sárria ( 150 reáis ) 28 .- DOMINGOS LÓPEZ "CASEIRO".- Vilamaior ( 30 reáis ). 29. - MIGUEL QUINTE.- San Fiz de Vilapedre ( 96 reáis ) 30 .- MANUEL SÁNCHEZ.- Vilar de Sárria ( 50 reáis )
Os traballadores da carpinta eran " carpinteiros de armar " e " carpinteiros de labrar" . A serra de táboas , en boa medida, era propia de serranchíns portugueses que se desprazaban pola bisbarra.
CARPINTEIROS ( 10 )
1.- MIGUEL LÓPEZ.- Barbadelo ( 100 reáis ) 2.- XOÁN LÓPEZ.- Chorente ( 15 reáis ) , 3.- FROILÁN LÓPEZ .- Farbán ( 20 reáis ). 4.- TOMÉ GONZÁLEZ .- San Pedro de Froián ( 30 reáis ). 5.- PEDRO LÓPEZ " LAVANDEIRA".- San Vicenzo de Froián ( 40 reáis ), 6.- FELIPE LÓPEZ BALBOA.- Loueiro ( 40 reáis ) 7.- LUIS LÓPEZ.- Santa María da Pena ( 40 reáis ), 8.- FROILÁN GONZÁLEZ.- Reimóndez ( non declarados ). 9.- MANUEL DE CASTRO.- Vila de Sárria ( 100 reáis ). 10.- MARCO REAL.- San Xulián da Veiga ( 20 reáis )
CERRALLEIRO ( 1 )
1.- FELIPE LÓPEZ.- A Pinza. ( 50 reáis )
ESTANQUILLEIROS ( 13 )
Para a venda de tabaco estaban establecios " Estanquiños " intervidos pola administración fiscal.
1.- DOMINGOS LÓPEZ "CURRIO " .- Belante ( 40 reáis ) 2.- PEDRO LÓPEZ.- Cesár ( 60 reáis ) 3.- BERNABÉ SÁNCHEZ.- Loureiro ( 33 reáis ). 4.- MARTIÑO LÓPEZ.- Louseiro ( 20 reáis ). 5.- FRANCISCA LÓPEZ.- Maside ( 30 reáis ). 6.- MANUEL GONZÁLEZ.- A Pinza ( 43 reáis ). 7.- SABELA LÓPEZ.- Reimóndez ( 60 reáis ). 8.- ESPOSA DE MIGUEL DE RIVAS.- Vila de Sárria ( 50 reáis ),9.- DOMINGOS PÉREZ.- Vilamaior ( 16 reáis ). 10.- MIGUEL QUINTE.- San Fiz de Vilapedre ( 96 reáis ). 11.- ANXO LÓPEZ.- San Miguel de Vilapedre ( 48 reáis ). 12.- MIGUEL VÁZQUEZ.- Santa María de Vilar ( non declarados ) 13.- DOMINGOS LÓPEZ DE ARRIBA.- Seteventos ( 30 reáis )
O oficio de ferreiro gozaba dunha grande consideración social, e para o seu aproveitamento utilizaban o ferro procedente das ferrarías de Samos e O Courel, e doutras de menor produción existentes no Incio e en Paradela.
FERREIROS ( 16 )
1.- DOMINGOS LÓPEZ.- Barbadelo ( 200 reáis ). 2.- PEDRO LÓPEZ " ABELEDO".- Barbadelo ( 200 reáis ). 3.- FRANCISCO LÓPEZ "PICOUTO".- Belante ( 40 reáis ). 4..- SANTIAGO ARIAS.- Biville ( 40 reáis ), 5,. . BERNARDO LÓPEZ.- A Chanca ( 30 reáis ). 6.- DOMINGOS CARRIL.- A Chanca ( 30 reáis ), 7,. . FERNANDO A. LÓPEZ.- Corvelle ( 30 reáis ). 8.- MANUEL GONZÁLEZ.- O Fontao ( 30 reáis ). 9.- XOÁN RODRÍGUEZ.- San Vicenzo de Froián ( 20 reáis ). 10.- ´DIEGO DE ARMILLÁN.- Lousadela ( 90 reáis ). 11.- ANDRÉ LÓPEZ.- Piñeira ( 12 reáis ). 12.- FRANCISCO LÓPEZ DO REFOXO.- Piñeira ( 12 reáis ), 13,. MARCO DÍAZ.- Rubín ( 30 reáius ). 14,. FERNANDO MENDOZA . Vila de Sárria ( 15 reáis ). 15..- TOMÉ LÓPEZ.- Santiago da Veiga ( 60 reáis ). 16.- PEDRO DE CASTRO.- Vilar de Sárria ( 50 reáis )
Os pelamios foron a orixe do aproveitamento das peles de vaca , cans, lobos, zorros e outros animáis salvaxes que eran comercializados para zapateiros , para molidas das xugadas e para prendas de vestir.
PELITEIROS ( 9 )
1.- ANTONIO FERNÁNDEZ.- Belante ( 100 reáis ) 2.- PEDRO RODRIGUEZ .- Belante ( 40 reáis ) 3,..- VICENZO LÓPEZ .- Biville ( * zapateiro ). 4.- MANUEL FERNÁNDEZ .- Biville ( 50 reáis ) 5.- XOÁN LÓPEZ.- Goián ( 40 reáis ). 6.- MANUEL LÓPEZ.- Goián ( 40 reáis ) 7.- PEDRO LÓPEZ.- Goián ( 40 reáis ) 8.- PEDRO LÓPEZ " ESCARLÁN".- Goián ( 40 reáis ). 9.- RAFAEL LÓPEZ A Pinza ( tamén zapateiro )
As pousadas e mesóns estaban maiormente no Camiño de Santiago ( Camiño de Castela ) e no Camiño de Lemos a Asturias. No Camiño de Lugo a Lemos había mesóns en Lama de Caque e Barreiros ( Ortoá ) e no Mercado da Serra.
POUSADEIROS ( 9 )
1.- GASPAR SOMOZA.- Calvor ( 110 reáis ), 2.- MANUEL GARCÍA .- Calvor ( 200 reáis ). 3.- XOSÉ LÓPEZ "CINES".- Calvor ( 15 reáis ). 4.- XOSÉ CARAMÉS.-Calvor ( 120 reáis ). 5.- XOÁN GONZÁLEZ DE BARXA.- Calvor ( 90 reáis ), 6.- XULIÁN GARCÍA.- Calvor ( 60 reáis ), 7.- MANUEL LÓPEZ DA PENA.- Calvor ( 60 reáis ) . 8.- MANUEL GARCÍA.- Calvor ( 200 reáis ) 9.- XOÁN GONZALEZ DE PERROS .- Calvor ( 20 reáis )
As parroquias arrendábanlle a particulares a introdución de viño para a súa comercialización, por un tanto alzado, e o gaño da operación total era destinada a correr con impostos que gravaban en cada ano ao común das parroquias,
SISEIROS DO VIÑO ( 4 )
1.- ANTONIO LÓPEZ REBOREDO.- Betote ( 20 reáis ) 2.- MARCO LÓPEZ " O NOVO" .- San Salvador do Mato ( 15 reáis ) 3.- MANUEL REBOREDO.- No Fontao ( 20 reáis ) 4.- XULIÁN DÍAZ GUTIÁN. Vila de Sárria ( tamén era escribán )
TABERNEIROS ( 10 )
Ademáis das tabernas propias do común dos veciños das parroquias o viño era comercializado tamén por particulares . En moitas ocasións, para atender a obrigas ou a obras das comunidades locáis acordaban gravar o consumo sinalando unha cantidade, en maravedís, por neto ou cuartillo consumido.
1.- XOSÉ RUBIO.- Calvor ( tamén era zapateiro ). 2..- XOÁN LÓPEZ.- Camiño ( 16 reáis ). 3.- PEDRO LÓPEZ.- Cesár ( tamén era estanqulleiro ). 4.- PEDRO MANUEL DÍAZ.- Corvelle ( 25 reáis ) 5.- FRANCISCO CARREIRA.- Corvelle ( 16 reáis ) , 6,. XOSÉ FERNÁNDEZ.- Louseiro ( 30 reáis ) 7.- FRANCISCO VÁZQUEZ.- Maside ( 36 reáis ) 8.- MANUEL GONZÁLEZ .- A Pinza ( tamén era estanquilleiro ). 9.- XOSEFA DE CASTRO.- Vila de Sárria ( 8 reáis ) 10.- XOSÉ CAMPO.- Louseiro ( 70 reáis )
TECELÁNS
A maior parte do tecido feito en teares particulares, era froito de labor de mulleres que traballaban con liño, estopa e la. Tiñan moita sona as colchas de vivos colores tecidas por esas mulleres artesáns que soián seren comercializadas por toda Galicia por arrieiros da Terra de Montes. A produción non ocasional, senón puramente a maior escala, correspondíalle a homes profesionalizado, moi poucos na Terra de Sárria.
1.- XOÁN GUDÍN.- Farbán ( 15 reáis ). 2.- XOSÉ CEDRÓN.- Vila de Sárria ( 60 reáis )
TENDEIROS ( 2 )
A vila de Sárria só contaba cunha tenda fixa, de pouco movemento económico, sendo significativo que o tendeiro estabñlecido en Calvor xirase en cada ano un beneficio destacado. Os tendeiros ambulantes presentes nas feiras da bisbarra comercializaban en teas. ferramentas , rosarios, vaixelas de barro e madeira e outros produtos. Por outra parte os bufariñeiros, coas súas caixas penduradas ao pescozo, vendían espelliños, fíos, agullas , botóns, etc. Para mercar produtos de maior calidade os sarriaos acodían a Lugo, Monforte de Lemos, Vilafranca do Bierzo, San Pedro e San Xoán de Portomarín, ou facíanlles encargas aos maagatos ou aos arrieiros locáis.
1.- ANTONIO LÓPEZ.- Calvor ( 550 reáis )2.- MANUEL GARCÍA CAPÓN.- Vila de Sárria ( 15 reáis )
TORNEIRO ( 1 )
1.- PEDRO LEÓN MENÉNDEZ.. - Louseiro ( 15 reáis )
TRATANTE DE PAN ( 1 )
Para a compra de grá de ceneto ou trigo podían concorrer á Tullas dos Mosteiros, á Tulla do Arcediago de Sárria, da Obra Pía ou das administracións particulares dos señores territoriáis ou mercar a grá sobrante dos labregos podentes. Os tratantes particulares facían as súas compras nas feiras e nas casas particulares e levábanas , atendendo aos prezos e demanda das cidades e dos portos , a onde podían achar maior gaño. Moitos dos arrieiros ademáis de beneficiar viño, sal e outros produtos tamén negociaban con grá , revendédoa nos mesóns abertos nos camiños ou ofrecñedoa nos mercados das cidades e vilas.
1.- XOÁN TOIRÁN.- Loureiro de Froián ( 60 reáis, traficando en centeo, trigo cebada )
Os viñateiros tiñan adegas propias nas que vendían viño aos particulares. Para dispoñer de partidas para a venda tiñan que adquirilas aos siseiros.
VIÑATEIROS ( 5 )
1.- ALONSO LÓPEZ.- Ferreiros ( 15 reáis ). 2.- SEBASTIÁN TABOADA.- Loureiro de Froián ( 150 reáis ), 3.- MANUEL SÁNCHEZ " O MOZO" .- Loureiro de Froián ( 150 reáis ) 4.- XOSÉ DE CASTRO.- Reimóndez ( 50 reáis ). 5.- XOÁN DÍAZ DE FREIXO.- San Xulián da Veiga ( 15 reáis )
XASTRES ( 12 )
1.- XOSÉ BUXÁN.- Chorente ( 20 reáis ) 2.- DOMINGOS LÓPEZ.- Chorente ( 30 reáis ), 3.- GREGORIO LÓPEZ.- Farbán ( 0 reáis, era vello ). 4.- MANUEL LÓPEZ .- San Pedro de Froián ( 30 reáis ) 5.- PEDRO LÓPEZ "SISTO".- San Vicenzo de Froián ( 15 reáis ) 6.- FRANCISCO SÁNCHEZ.- Loureiro ( 1 real e medio por día ). 7.- BERNABÉ SÁNCHEZ.- Loureiro ( tamén era estanquilleiro ), 8.- MANUEL LÓPEZ.- Louseiro ( 30 reáis ), 9.- XOSÉ LÓPEZ.- Louseiro ( 30 reáis ), 10. FELIPE LÓPEZ.- Louseiro ( 40 reáis ) 11.- DOMINGOS VÁZQUEZ.- San Xulián da Veiga ( 50 reáis ) 12.- FRANCISCO REBOREDO.- Vilar de Sárria ( 50 reáis )
Os zapateiros comerciaban co calzado por eles elaborado, un produto ben diferenciado do elaborado polos zoqueiros que traballaban con madeira ou dos que combinaban a madeira , ferrada ou non, cos zocos ou galochos. Un bon número de persoas andaban "descalzos de pé e perna ".
ZAPATEIROS ( 29 )
1.- XACOBE RODRÍGUEZ.. Arxemil ( 20 reáis ), 2.- XOÁN LÓPEZ.-. Arxemil ( 20 reáis ). 3.- XOÁN CAPÓN.- Arxemil ( 20 reaís ). 4.- MATEU LÓPEZ.- Belante ( 30 reáis ). 5.- VICENZO LÓPEZ.- Biville ( 100 reáis ) . 6.- DOMINGOS LÓPEZ.- Biville ( 30 reáis ). 7.- ANTONIO LÓPEZ .-Betote ( 20 reáis ), 8.- MARCO LÓPEZ.- Betote ( 20 reáis ), 9.- MANUEL FERNÁNDEZ .- Betote . ( 28 reáis ) 10.- XOSÉ RUBIO .- Calvor ( 30 reáis ). 11.- ANTONIO LÓPEZ LOSADA.- Ferreiros ( 30 reáis ). 12,- FRANCISCO LÓPEZ.- O Fontao ( 30 reáis ) 13.- DOMINGOS ARES.- Goián ( 40 reáis ). 14.- DOMINGOS LÓPEZ .- Goián ( 40 reáis ). 14.- CAETANO LÓPEZ.- Lousadela ( 33 reáis ) 15.- DOMINGOS LÓPEZ.- Louseiro ( 100 reáis ). 16,- BARTOLOMÉU LÓPEZ..- Louseiro ( 30 reáis ). 17.- MARCO LÓPEZ .- San Salvador do Mato ( 100 reáis ). 18.- XOÁN PÉREZ DO COUSO.- Santo André de Paradela ( 90 reáis ). 19.- RAFAEL LÓPEZ.- A Pinza ( 70 reáis ). 20.- PATRICIO LÓPEZ.- Requeixo ( 20 reáis ), 21.- DOMINGOS REGUEIRO .- Requeixo ( 10 reáis ). 22.- XOSÉ RIGUEIRO.- Requeixo ( 20 reáis ). 23.- TOMÉ DÍAZ.- Vila de Sárria ( 0 reáis, moi vello )..24.-. FRANCISCO GONZÁLEZ.. - San Xulián da Veiga ( 40 reáis ). 25.- PEDRO PÉREZ .- San Xulián da Veiga ( 50 reáis ), 26.- XOAQUÍN LÓPEZ.- Santiago da Veiga ( 40 reáis ). 27.- ANXO FERNÁNDEZ.- San Fiz de Vilapedre ( 60 reáis )., 28.- FRANCISCO LÓPEZ DE VILAR .- Vilar de Sárria ( 40 reáis ), 29.- XOSÉ FERNÁNDEZ.- Maside ( 15 reáis )
.......................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario