CASTELOS DA TERRA DE SÁRRIA ( 640 )
CASTELOS DA TERRA DE SÁRRIA ( 640 )
Na Idade Media na Terra de Sárria houbo un bon número de fortalezas e / ou castelos propiedade de señores feudáis na súa maior parte e outros cedidos a "señores da terra " polos reis , que os poñían en mans deses "tenentes ", e que llos quitaban cando querían, tal foi o que sucedéu coa Fortaleza de Sárria.
De todas esas edificacións non queda máis memoria ca a contida en vellos documentos, na realidade física da torre da Fortaleza sarriá e nos topónimos de lugares e parroquias na comarca e moi especialmente no nome que gardan un bon número de terras de cultivo.
Pode suceder que algúns dos espazos que gardan o nome de "castelo" non teñan nada que ver con esas construcións militares e se refiran máis ben a " castros" ( " castrum" , " castrellum", como diminutivo ) e mesmo a grandes penedos exentos que poideron ser visionados con apariencia de "torre".
**********************************************************************************
" Castellum" " Castrellum" " Castelo"
CONCELLO DE SÁRRIA
FORTALEZA DE SÁRRIA
Na vila de Sárria, parroquia de San Salvador de Sárria, onde houbo un castro prehistórico , consérvase unha torre de flanco da desaparecida FORTALEZA DE SÁRRIA , alzada na Vilanova de Sárria, posteriormente coñecida como A Pobra de Sárria e máis adiante como a Vila de Sárria, cabeza do concello e do partido xudicial de Sárria. Até a década dos anos 1730 esta edificación foi a sede dos Meiriños e Correxidores que tiñan xurisdición riba das chamadas Cinco Pobras, señoreadas polos Condes de Lemos-Marqueses de Sárria ( A Pobra de Sárria, A Pobra de Adai, Santo Estevo da Pobra de Neira de Susao, San Xiao da Pobra e A Pobra de Triacastela ).
Derrubada no tempo da Revolta Irmandiña, foi alzada de novo por conta dos vasalos das Cinco Pobras, que , con traballo de mans e aportando carros e xogadas, foron obrigados polo meiriño Men da Ribeira a quen o Conde de Lemos-Conde de Sárria lle encomendóu a reconstrución. Os vasalos sarriaos tiñan a obriga de concorrer ás obras e conservación da fortaleza ( " castelaxe " ) e tamén atender a chamada para a defensa militar ( " chamo de guerra" ).
En documentos xerados fora da comarca aparece algunha vez a denominación " Castillo de Sárria " e nunha ocasión rexistramos a forma " Alcázar de Sárria".
A fortaleza sarriá tiña foxos e contrafoxos, ponte levadiza, sotos ,dúas torres de flanco, a Torre do Mercado e a Torre da Homenaxe., patio central cun pozo e andar con salas e corredores . Cara leste abríase a "porta da horta" ( que era un reixado de ferro ) e depóis de atravesar o foxo cun pontigo accedíase á horta.
Os Reis Católicos, despóis de lle retirar o señorío ao Conde de Lemos.Conde de Sárria, puxeron homes da súa confianza para xestionala e para facer nela reparos por conta da Santa Irmandade.
Darredor de 1630 houbo que botar abaixo unha das torres de flanco e facela de novo. Por orde da Audiencia do Reino de Galicia suprimidos e cegados os sotos onde se achaba a cadea señorial, obedecendo a motivos de humanidade. Como sede da Xustiza e Rexemento da Vila acolléu os actos de goberno e xudiciáis da Xurisdición da Vila e Marquesado de Sárria e , dado o mal estado da edificación, esas funcións pasaron a ser exercidas dende o Hospital de Santo Antón Abade.
Perto da fortaleza estiveron as capelas de Santa María de Barbadelo, Santiago do Mercado e San Marco e baixo dos contrafoxos a Fonte de San Salvador. Beira da Torre do Mercado ( a noroeste ) tiñan lugar os mercados semanáis e a Feira Franca ( creada polos Reis Católicos ), e dende 1820 ali se celebróu a Feira do Vinte ( creada por Fernando VII ).
En 1842 o Duque de Alba autorizóu ao Rexemento da vila o derrube dun dos casteletes da cerca para arranxo de rúas da vila.
Un emigrante sarriao residente en Madrid, Felipe López, comproulle ao Duque de Alba ( Conde de Lemos e Marqués de Sárria ) a fortaleza cos seus foxos e contrafoxos. Ao seu falecemento a propiedade pasóu a máns das súa irmáns e estas venderon as súas participacións da seguinte maneira: a ) Unha metade do solo pasóu a ser propiedade do Concello de Sárria. b ) A outra metade do solo foi comprada por Manuel Pérez Batallón. c ) A pedra das torres e dos muros comprárona varias familias da vila para empregalas en obras nas súas casas.
O Concello fixo obras de rebaixo para ancheamento do Campo da Feira e pola súa parte Manuel Pérez Batallón fixo un alto muro darredor do espazo que pasóu a ser a horta da Casa de Batallón ( ou Casa de Cima de Vila ). Houbo necesidade de requerir aos que compraran as pedras da Fortaleza para que retirasen a parte a cada un deles pertencentes, diante da demora de moitos meses en deixar libre o espazo que ocupaban.
Unha das torres de flanco, que é a que se conservóu dentro da Horta, mantívose , malia a que fora destinada ao derrubo , pola vontade de Pérez Batallón pasóu a ser un miradoiro presidindo " A Vila" histórica, co enadido dunha escaleira á que incorporóu dous escudos procedentes dos muros botados por terra.
Para facer horta chousa quedóu ese espazo libre da vella Fonte de San Salvador que foi encanada para poñela fronte do adro da igrexa e Pérez Batallón cumpriu coa obriga de facer a fonte , que é a que agora se conserva no novo emprazamento. O muro que pecha a horta deu ocasión a un enfrontamento co Alcalde e o Concello, por facelo sen un deslinde previo e non entendelo axeitado os munícipes.
.................................
Son espazos relacionados co nome de "castelo" son as terras , da parroquia de Farbán, baixo dos Esqueiredos, coñecidas como " Casteledo" ( que nas rúas Pondal e Pombal Vello forma unha moderna urbanización co chalés ) e o lugar de antigo chamado " Pacios de Casteledo" e agora se coñece só como "Pacios", na estrada de Monforte.
....................................................................................................................................................................
Denominación da edificación
Polo feito de que a torre, in extremis salvada, quedóu dentro da horta da Casa Batallón , a nivel popular, esquecendo a multisecular denominación de " Fortaleza " , os sarriaos adotaron chamala " Castillo de Batallón ", sinalando así a súa pertenza á familia Batallón. "Castelo de Batallón", como nomeamento popular indica titularidade patrimonial , nome de posuedor "recente", dando de costas á tradición de séculos consolidada. Outras denominacións populares, ocasionalmente usadas , son " Torre de Sárria" ( que tamén é a dunha marca comercial ) e " Torre de Batallón".
Anos andados o Concello, que en 1888 lle dera o nome de Avenida da Feira, ao treito primeiro do antigo Camiño de Albán, rotulóu ese vial co nome de " Rúa do Castelo", ignorando unha vez máis a denominación histórica, e esa é a denominación agora mantida.
E nesas estabamos cando , xeralmente persoas alleas á vila e concello, seguidas en ocasións por sarriaos descoñecedores da historia local, deron en chamarlle " Castillo del Batallón / Castelo do Batallón " ou "Castillo de los Batallones / Castelo dos Batallóns", formas ambas espúreas , inxustificadas e absurdas porque na Fortaleza de Sárria nunca houbo batallón ou batallóns nela establecidos, xa que os únicos batallóns establecidos en Sárria foron o Batallón de Reserva e o Batallón de Deposito, acuartelados na vila , nas décadas fináis do século XIX, ademáis dos batallóns estacionados nas Escolas Públicas, no período bélico de 1936 a 1939 e en anos seguintes.
Adquirida a propiedade da casa, horte, terra e dificacións anexas, no ano 2024 , polo dentista Xesús Pato, é de agardar que a atribución deses bens á familia Batallón vaia esmorecendo, e se impoña, como xa vai vendo reflectida na prensa e outras publicaciós, a forma TORRE DA FORTALEZA, única forma coa que debe ser nomeado este resto do antigo esplendor da vila que señoreóu as Cinco Pobras, e que para moitos sarriaos representa as mellores tradicións e valores desta comunidade.
Documentos
( Eco de Galicia, La Habana, 03.1927).- Eduardo Lence-Santar e Guitián.
Declaracións de testemuñas nas " Probanças.... " contando o que pasóu na Revolta Irmandiña.
LOPE DE SAN SILVESTRE: " ... Que despóis viñera o Conde de Trastamara con moita xente á vila de Sárria e comezara a corriir a dita fortaleza, que dicían era súa , e despóis o dito Conde de Trastamara , fora coa dita xente contra outra fortaleza que din a " Pena Aguieira" e a combatera e derrocara polo pé, porque a dita testemuña viulla derrocar e que despóis tornara para Sárria a onde di que morréu e que o levaron a Astorga "
" Ao tempo no que o dito Conde morrera quedóu levantada a obra dun estado de home tan só da cerca e muros dela como foran pouco derrocadas , non fixera o dito Conde de Trastamara nelas ningún edificio."
" Despóis viu que o dito Conde de Lemos , Don Pedro Álvarez Osorio fixera levantar e tornara a levantar os muros e cercas pola conta dos vasalos ou persoas que viñeran derrocar a dita fortaleza."
" Ao derrocamento viñeran xentes de moitas partes, entre ela de Portomarín e Sárria .Ao tempo o Conde era comendeiro de Portomarín e Samos . E as torres da Homenaxe de dentro da Fortaleza que as fixera facer o dito Conde de Lemos a oficiáis viscaíños que labraban e facían unha torre que se chama a Torre do Mercado e que outra torre entón non se fixera".
GÓMEZ DE VILAR, escudeiro, de 90 anos veciño de Santiago : " Don Alonso, fillo do Conde Don Pedro Álvarez Osorio , tiña a FORTALEZA DE SÁRRIA por súa, que lla dera o dito Conde, seu pai , que dicía que lle pertencía pola súa nai e que así a tivera o dito don Alonso no tempo das Irmandades ".
" Que vira que as Irmandades se apoderaran e viñeran contra da Fortaleza, así de Santiago como doutras partes, concorrendo tamén a testemuña e derrocaron a Fortaleza, toda ela polo pé".
" Despóis don Alonso morrera no Mosteiro de Samos dunha "nacida" segunda dicían e que outros dicían que de carraxe por lle derrocaren a dita Fortaleza".
" O Conde repartira polos cinco alfoces da dita Fortalez, des reáis por cada casa e persoa para pagar aos viscaiños e oficiáis que executaron as obras. Había un executor para recoller o diñeiro , chamado Pedro de Rubián, que prendía aos que non querían pagar e aos outros que tiñan algo leváballes os bois".
" Algúns dicíanlle ao Conde por que non lles axudaban os de Santiago que tamén viñeran a derrocar a Fortaleza e o Conde contestaba : Non viñeran eles a derrocar a miña casa se vós non fosedes os que enviachedes chamar que eu non lles tiña feito mal ningún , nin sen razón".
" E para facer as barreiras e cavas, o Conde repartira as ditas barreiras e cavas , o Conde repartira as ditas cavas e barreiras a cada un tantod pés ".
ANTONIO FERREIRO DE LAPÍO " refire que viu estar por Alcaide e Meiriño a Mendo da Ribeira , que era home " temeroso" e fixera reparar a Fortaleza por orde do Conde , que tivera por mordomo das rendas a Ares de Pallares e despóis a Gonzalo Pérez de Sárria".
LOPE AFONSO, zapateiro de Lugo, declara que " ouvira dicir por público e notorio que o Conde de Lemos vixaba como os labregos reparaban as Fortalezas de Monforte e de Sárria , nunha mula cunha vara na man dándolles na cabeza dicindo: " Carretade, viláns , que ben rexos andabades en derrubas as miñas casas". E dí tamén que a Álvaro de Rendal tivérao preso o Conde en Caldelas e fíxolle pagar 45.000 maravedís por ter sido Alcalde ou cadrilleiro da Irmandade , que estaba pobre e dicía : Aquí xa non hai pan nin viño nin ningunha cousa, que todo mo levóu o Conde de Lemos".
GONZALO DAS EIRAS , veciño e Rexedor de Monforte , di que no tempo das Irmandades atacóu a Fortaleza de Monforte e tamén a FORTALEZA DE SÁRRIA , e que ao derrocaren esa era Meiriño Galaor Osorio ".
E LOPO DO RÍO , do Couto de Samos, refire que viuno estar por Alcaide da FORTALEZA DE SÁRRIA , que comezara a levantar e reparar nela.
....................................................
( 10.09.1494 ).- Orde a Xoán de Arévalo, Contador do Reino de Galicia, para que libre o diñeiro da contribución da Santa Irmandade das cantidades gastadas nas obras de reparo da FORTALEZA DE SÁRRIA.
( 1.04.1495 ).- Iniciativa para que se faga xustiza aos veciños das pobras do alfoz de Adai , de San Xiao e Tremeado , que son en Galicia , sobre razón de costume que teñen de libraren os pleitos civís e crimináis nela, polas súas apelacións e non iren a emprazamento de meiriños e xuices da vila de Sárria e da súa FORTALEZA agás por vía de apelación.
( 30.05.1497 ).- Que Álvaro de Villasante ( ? ) , Alcaide da FORTALEZA DE SÁRRIA , lle quite ao seu fillo , do mesmo nome, o goce indebido do beneficio da igrexa de San Sadurniño de Ferreiros , pois que para tal beneficio foi presentado polas Súas Altezas Xerome de Sobrelle.
( 13. 08.1497 ).- Seguro a favor de Xerome de Sobrelle , crego da diocese de Lugo , e consortes , contra Álvaro de Vilaseca ( ? ) , Alcaide da FORTALEZA DE SÁRRIA.
(1498 ) Itinerario de Arnaldo Von Harff: ..... " Da Aguiada a Sárria, vila franca, co seu CASTELO no monte, unha légoa.
( 27.01.1500).- Mercé da FORTALEZA DE SÁRRIA a Fernando de Vega, Gobernador de Galicia, mentres ocupe o dito cargo.
( 4.09.1500 ).- Pagamento da tenza da FORTALEZA DE SÁRRIA a Fernando de Vega.
.... " ( 1506 ) Desinouse á mesma vila de Sárria para a entrevista do Rei Fernando e o eu xenro o arquiduque . pero non chegóu a se celebrar"... " En 1509, ou sexa tres anos despóis do anterior , ordenóu o Rei Católico que xa que o Conde de Lemos non paraba nas súas intrigas políticas, que puxera a súa FORTALEZA DE SÁRRIA , en mans do gobernador de Galicia".
... ( 1568 ).- Redución do Mosteiro da Madalena á Regular Ouservanza da Orde de Santo Agostiño"
1600.- Pedimento e auto formado polo tenente e Xustiza Maior da FORTALEZA DE SÁRRIA sobre os bens de Sabela González.
...." ( Licenciado de Aldrete ).- De Portomarín a Sárria: ".... e a dúas légoas descobrimos o CASTELO DE SÁRRIA nun alto e unha fermosa veiga nun val co seu río e moitas arboredas e repartimentos de leiras todo ben disposto , baixamos unha grande costa e pasado o río subín a Sárria que ´e bon lugar ( cabeza do seu marquesado, diocese de Lugo ) en forma de cidade coa súa rúa principal que ven dende abaixo da costa do CASTELO até o cabo do lugar onde está unha igrexa parroquial e outra no comezo , hai outras rúas e un convento de frades agostiños , terá catrocentos veciños . No CASTELO están as murallas por moitas partes cobertas de edras e ten boa casa dentro...."
.... ( 6.06.1842, Libro de Actas do Concello de Sárria - desaparecido. )...... " Dan conta de que o Apoderado Xeral do Duque de Alba / Conde de Lemos / Marqués de Sárria concede gratis a pedra do castelete que dá fronte da FEIRA para empregala no arranxo das rúas " ( Derrubo da Torre do Mercado )
( Vida Gallega ).- Heliodoro Gallego Armesto.- " No punto máis alto do lombao no que se asenta , existíu un soberbo CASTELO a cuxo arredor como en demanda de calor e protección foron axuntándose as casas desta pintoreca vila que hoxe ofrece un aspecto moderno dominando o río e as súas beiras , que forman o fértil val coberto dunha saba de verdor cos seus prados e hortas de abondosas froiteiras.
Aquel primeiro CASTELO foi destruido en grande parte, como moitos outros, na Guerra dos Irmandiños en 1467; voltóu a ser reedificada no mesmo século , e hoxe somente queda del un torreón de defensa , de porte semicircular ao que os campesiños chaman A FORTALEZA . Xa ruinosa esta torre foi adquirida polo Sr. Pèrez-Batallón , que tivo a feliz idea de restaurala , e hoxe ofrece un pintoresco aspecto , permitindo admirar dende as súa ameas un panorama cuxo límite se extende a máis de vinte quilómetros"
..( 2013 ) "A TORRE-FORTALEZA DE SÁRRIA na Lista Vermella de "Hispania-Nostra".... " A Torre da desaparecida FORTALEZA ( lUGO ) acaba de ser incluida na " Lista Vermella".
Lendas
O FURADO.- No dicir das xentes da vila dende os sotos da Fortaleza saía un longo furado que permitía sair ao exterior no caso de estaren cercados dentro dela os seus ocupantes. Algúns apuntan que chegaba até algún lugar escondido de Casteledo e para outros chegaría até a ( mal chamada ) " Cova de Gaspar" na parroquia de San Salvador de Cesár. A favor da primeira das citadas saídas xogaría o feito de estar docuemntado baixo dos Esqueredos e pola banda de Casteledo o topónimo " Cova do Ladrón".
A BICHA.- Contaban os vedraños da vila de Sárria que nos sotos da Fortaleza vivía unha cobra xigantesca que polas noites se alimentaba co leite das vacas, e mesmo co leite das nais das crianzas , de maneira que os cuxos e os meniños vían murchar a súa saúde . Os sarriaos tardaron en descobriren cal era a causa do degaxo sofrido polos becerriños e os nenos e acordaron pasar á acción. E foi así como se armaron con toda clas de armas e aveños e perseguírona nunha noite de luar, cando "A Bicha", que así a chamaron, botando fora da Fortaleza saira na súa ronda noitarega. Ademáis de iren armados os perseguidores levaban fachos de palla acesos para botalos riba da cóbrega e .... para a súa sorpresa cando se viu cercada por aqueles homes irados " A Bicha" , que tiña unhas pequenas áas na cabeza erguéndose do chan por onde se arrastraba saíu voando e dicindo : " ¡ Para Babilonia me vou ! ", desparecéu por tras da Pena Soá, na Serra do Iribio.
A FONDURA DOS FOXOS.- No ano 1842 foi derrubada a Torre do Mercado e en 1860 as murallas da cerca, unha das torres de flanco e a Torre da Homenaxe, foron apeadas e as súas pedras foron adquiridas por familias podentes da vila. ... E contaban que a fondura dos foxos que arrodeaban toda a Fortaleza que ao botar por terra unha das torres caeron os seus materiáis encheron o foxo que aos seus pés había.
..................................................................................................................................................................
CASTELO EN SAN PEDRO DE FROIÁN
Na parroquia de San Pedro de Froián, perto da Casa do Caritel, que foi cabeza do couto de Froián dependente do mosteiro de San Xulián de Samos, no Poligono 43 do Castastro de Rústica de Sárria , levan o nome de " Castelo" un bon número de parcelas.
Fondo do Castelo ( parcela 213, 1.948 ) ; Castelo ( parcela 214, 1.420 m/2 ) ; Castelo ( parcela 215, 2.185 m/2 ) ; Castelo ( parcela 216, 2.007 m/2 ) ; Castelo ( parcela 217, 2.659 m/2 ) ; Castelo Redondo ( parcela 218, 1.807 m/2 ) ; Castelo ( parcela 219, 2.211 m/2 ) ; Castelo ( parcela 248 , 3.585 m/2 ) ; Castelo ( parcela 250 , 5.565 m/2 ) ; Castelo ( parcela 251 , 2.606 m/2 ) ; Castelo ( parcela 253, 25.439 m/2 ) ;Castelo ( parcela 258, 3.461 m/2 ) ; Castelo ( parcela 260, 3.847 m/2 ) ; Castelo ( parcela 262, 932 m/2 ) ; Castelo ( parcela 265, 1.997 m/2 ) ; Cimo de Castelo ( 999 m/2 ) ; Castelo ( parcela 267 , 4.027 m/2 ) ; Castelo ( parcela 268, 860 m/2 ) ; Devesa de Castelo ( parcela 269. 2.178 m/2 ) ; Castelo ( parcela 270, 2.074 m/2 ): Castelo ( parcela 271 , 4.397 m/2 ); Castelo ( parcela 272 , 1.153 m/2 ) ;
Este paraxe formóu da Xurisdición e dos Concellos Constitucionáis de Samos de 1820 e 1837, integrándose en 1840 no concello de Sárria.
......................................................................................................................................................................
CASTELO DOS INFANTES
Na parroquia de Santiago de Castelo dos Infantes consérvanse os restos da parte baixa dalgúns muros da desaparecida fortaleza que deu nome á freguesía e a unha Xurisdición señorial vixente até as primeiras décadas do século XIX, orixinariamente vencellada aos López de Lemos, e máis adiante aos Condes de Maceda,
Cando foi derrubada a edificación militar , posiblemente despóis de Revolta Irmandiña, os señores alzaron unha Casa-Pazo.
A Xurisdición estaba formada por varios lugares e casas : Castelo, Mendrós ,Viládiga ( en Río ), Larím, a Casa de Rigueiro do Fontao, Rosende ( da Pena de Froián ), Sancosmede ( en Santa María de Vilar ) , Saa ( en Louseiro... Esta xurisdición desaparecéu e a súa base territorial acabóu formando parte do Concello de Sárria, xa dende 1920 , e o Couto de Viládiga pasóu a formar parte do Concello da Somoza de Vilouzán, primeiro, e despóis do de Láncara.
O castelo foi alzado perto do Castro Xagón , e houbo un casar chamado do Pozo, que tendo en conta que o lugar está riba dun alto outeiro , todo parece indicar que alí sería onde se servían de augas para a vida diaria.
Eclesiásticamente a freguesía formaba parte do Curato formado por Santa Mariña de Sárria, Santiago de Farbán e Santiado de Castelo dos Infantes.
Os señores de Castelo dos Infantes dotaron o seu enterramento na Capela do Cristo, de Santa María Madalena de Sárriam, nun nicho de estilo gótico manuelino , primorosamente labrado o seu arcosolio no que figuran as armas da familia.
A lenda dos Sete Infantes deu lugar a que moitas persoas denominen á parroquia como " Castelo dos Sete Infantes ".
No dicir dos vedraños de moitos anos atrás as torres do castelo eran tan altas que a súa sombra, ao amencer, chegaba á vila de Sárria ,
O lugar de Castelo, único do que hoxe se compón a parroquia en 1981 tiña 19 casas e 57 habitantes.
*************************
Documentación
( Testamento de DIEGO DE LEMOS, outorgado na Fortaleza de Ferreira , o 31 de maio de 1492 )
Fundación do vínculo de Laiosa e Castelo dos Infantes
........ " Item mando ao meu fillo lexítimo maior ALONSO LÓPEZ o meu couto de Laiosa, con todos os vasalos moradores e " probadores ", o dito couto con todos os servizos e rendas, xur e pertenzas, tributos e censos e servizos e o que eles renden e recenden daquí en diante, e con todo señorío , dominio , xustiza civil e criminal, que en eles e riba deles teño e con todos os seus termos e estremas, así como os el ten e xa eu os herdéi e houben do meu señor padre, así por seren do meu señor padre como por desembargo do dito couto, e máis lle mando o xur de presentación que eu haxo ao beneficio do dito couto que se chama San Martiño de Laiosa e coa propiedade que eu haxo e me pertence na media parte sin cura do dito beneficio non perturbando ao meu irmán García de Valcarce algún dereito".
...... Item mando maís ao dito meu fillo ALONSO LÓPEZ toda a miña facenda , desmo a Deus, que eu haxo e teño e me pertence na Veiga de Sárria, convén a saber, que lle mando o meu COUTO DE CASTELO DOS INFANTES co seu " pacio" e o meu COUTO DE VILAPEDRE e o meu COUTO DE LARÍN e o meu PACIO DE LOUSEIRO, cos meus casares e os meus lugares de MENDRÓS e do RIGUEIRO e con todas as outras casas e lugares que eu teño e me pertencen na dita TERRA DE SÁRRIA dende Louseiro e Fortaleza de Sárria e até SÁRRIA DA MEDA ( ? ) até a "Pobra de San Xilau"e co que haxo en Portomarín . E mándollo así ao dito meu fillo Alonso López todos os ditos coutos e casares , casas e rendas así nomeadas como por nomear que a min me pertencen da dita TERRA DE SÁRRIA , todo " in solidum" , sen que faga delo partilla algunha en nengunha persoa ou persoas, con todas as rendas de pan e tripo e porcos e carneiros e cabirtos e diñeiros con todas outras dereituras e señoríos que renden os sobreditos coutos e casares e casas......"
POSUEDORES DO CASTELO E DA SÚA XURISDICIÓN
AFONSO LÓPEZ DE LEMOS casóu con BERENGUELA DE RIBADENEIRA
Fillos: 1. Diego Alonso de Lemos ( + antes ca os pais )2.- ALONSO LÓPEZ DE LEMOS, 3.- García de Valcárcel
MAIOR DE ULLOA
Fillos: 1.- Lope Sánchez de Ulloa. 2.- ALFONSO LÓPEZ DE LEMOS. 3.- María de Lemos, que casóu con Pedro Díaz de Cadórniga. 4.- Tereixa de Lemos, que casóu con Álvaro Suárez de Tanxil. 5.- Rodrigo de Sober ( bastardo )
........................................................................................................................................................................
CASTELO EN LOUREIRO DE FROIÁN
Na parroquia de San Martiño de Louseiro de Froián o lugar de Castelo de Loureiro conserva memoria dun posible castelo señorial. No paraxe de " Os Castros" os veciños, no tempo da II República edificaron unha Escola ( Escola de Castelo ). No lugar de Vilar da Torre permanece o nohme dunha casa-forte con capela , desaparecida séculos atrás,
No lugar de Castelo de Loureiro até os anos 1950 houbo dous obradoiros de cortumes que aproveitaban diversos tipos de peles.
O lugar de Castelo en 1981 tiña 18 casas e 66 habitantes.
.......................................................................................................................................................................
CASTELO EN LOUSEIRO
Na parroquia de San Martiño de Louseiro rexístrase na Idade Media unha referenza a " Saa et Castelum", baixo do señorío da mitra lucense, perto da Furela ( Samos ) e na actualidade conservan o nome de " Castelo" varias parcelas do Polígono 3 do Castatro de Rústica de Sárria.
Castelo ( parcela 183, 4.585 m /2 ) ; Castelo ( parcela 184, 4.883 m/2 ) ; Castelo ( parcela 227, parcela 5.991 m/2 ) ; Castelo ( parcela 229, 2870 m/2 ) : Castelo de Baixo ( parcela 230 , 6.265 ) ; Castelo ( parcela 231, 4.173 m/2 ) ; Castelo ( parcela 310, 10.551 m/2 ) ; Castelo ( parcela 323, 1.295 m/2 ; Castelo ( parcela 339, 751 m/2 ) ; Castelo ( parcela 341, 6.550 m/2 ); Campa do Castelo ( parcela 356 , 1.069 m/2 ) ; Cortiña do Castelo ( parcela 363, 9.238 m/2 ); Castelo ( parcela 427, 1110 m/2 ); Castelo ( parcela 430, 880 m/2 ); Virita do Castelo ( parcel 456, 14.099 m/2 ); Castelo ( parcela 571, 1.485 m/2 ).
Esta denominación, na estrema coa actual parroquia de Santiago de Zóo e lugar da Furela formóu parte na Idade Media da desaparecida parroquia de " San Lourenzo de Pacios ", suxeita ao Mosteiro de San Xulián de Samos que na delimitación do Couto figura como estrema polo Oeste , e añinda se conserva o topónimo " San Lourenzo " en varias parcelas entre A Furela e Pintín, unha delas ( parcela 107, 87.799 m/2 )
............................................................................................................................................................................
CASTELO EN MEIXENTE
Na Idade media a parroquia de San Xulián de Meixente tiña por nome " Castellum" , e na actualidade o topónimo está esquecido pola veciñanza.
A fortaleza ali alzada protexía un dos camiños de Lugo a Monforte que pasaba pola Ponte de Neira, Lama de Caque e Mercado da Serra en direción ao sur.
Os paraxes de" So a Torre" ( Satorre ) e "A Parrocha" fan alusión a antigas edificacións xa desaparecidas.
En 1931 o párroco de San Xulián de Meixente e alcripreste de Sárria , Pedro Pàramo Arias, pediu licenza ao Concello de Sárria para facer un edificio para destinalo a Escola no sitio chamado " Castelo". Na actualidade é o Centro Social da parroquia.
Esta freguesía formóu parte do Couto da Terra de Domiz, de señorío particular, e entre 1820 e 1823 formou parte do Concello de Biville . En 1840 pasóu a formar parte do Concello de Sárria.
A " Casa Castelo" conserva a memoria da edificación militar alzada nesa parte da freguesía.
..........................................................................................................................................................................
CASTELO EN SANTO ANDRÉ DE PARADELA
Na parroquia de Santo André de Paradela ( ou da Lobataira ), no arcipretádego de Paradela , na bacía do río Loio , aparece o topónimo " Castelo", perto da Pena Sueiro e do Castro de Santo André, dentro do Polígono 28 do Catastro de Rústica de Sárria :
Cortiña de Castelo ( parcela 318 ; 10.533 m/2 ) .- Castelo ( parcela 319 ; 685 m/2 ).- Leiro Castelo ( parcela 320 ; 4.120 m/2 ).- Castelo ( parcela 321 ; 1.116 m/2 ) ,. Castelo ( parcela 323; 5.381 m/2 ).- Castelo ( parcela 324 , 1.159 m/2 ) .- Leiro do Castelo ( parcela 327 ; 734 m/2 ).- Castelo ( parcela 330 ; 4.120 m/2 ).- Castelo de Arriba ( parcela 767; 1.780 m/2 ).- Cortiña de Castelo ( parcela 785 ; 1.250 m/2 ). Fonte do Castelo.
A igrexa románica de Santo André de Paradela, no lugar de Santo André , foi visitada e estudada por Georgiana King .
A parroquia formóu parte do partido da Lobataira, no Marquesado de Sárria ( Santo André, A Agraceira e parte de O Couso ). Entre 1820 e 1823 formóu parte do primeiro concello constitucional de Sárria, entre 1837 e 1840 estivo dentro do segundo concello constitucional sarriao e dende o ano 1840 , incluindo a parte do lugar do Couso, seguiu dentro do Concello de Sárria.
Até 1890 o lugar de Santo André e a Casa da Agraceira formaban parte de Santo André de Paradela e algunhas casas do lugar do Couso eran de Santo André e as outras da parroquia de San Miguel de Piñeira, que no Antigo Réxime eran da Xurisdición do Mosteiro de Samos ( Priorado de Barbadelo ) e unhas e outras acabaron integrándose na de Piñeira.
.........................................................................................................................................................................
CASTELO DE TREMEADO
Na parroquia de San Fiz de Vilapedre existen a "Casa Castelo de Riba " e a "Casa Castelo de Baixo " , e hai referenzas dun foral " do Castelo"-
Perto do lugar está o Castro de Tremeado e houbo fornos de telleiros.
.........................................................................................................................................................................
CASTIL DA VILERMA
Na parroquia de San Pedro de Maside, perto do Currial, houbo unha casa-forte que foi da familia Ribadeneira, que nun documento das décadas fináis do século XV aparece denominada como " Castil da Vilerma", o que fai referenza a unha " torre fortificada" , sinal de señorío riba dalgúns pequenos coutos dos arredores da Pobra de Sárria que non estaban suxeitos aos Condes de Sárria, aos que non debían "chamo de guerra" nin dereito de " castelaxe ".
Desaparecido o castelete pasou a ser soar dunha casa fidalga cuxos posuedores pasaron a entroncar cos señores de Castragude e de Eimer, agora reducida a casa de labor.
Perto do lugar da Vilerma está o Castro de Rosende , baixo do Preguntoiro, e estivo o Mosteiro de San Salvador de Rosende, tamén chamado de San Salvador de Nespereira, na órbita dos mosteiros de Barbadelo.
.........................................................................................................................................................................
RÚA DO CASTELO
Froito do esquecemento dado á nosa memoria histórica e á constante denominación documentada ao lon go dos séculos ( Fortaleza de Sárria ) foi que o Concello sarriao lle dese o nome de " Rúa do Castelo " ao vial primeiramente chamado " Camiño de Albán", posteriormente ocupado polo primeiro trazado da Estrada do Mazadoiro á Lama Regueira que a fináis do século XIX foi chamado Avenida da Feira.
O nome de " Rúa do Castelo" en nada conforme coa toponimia local de antigo consolidada.
*********************************************************************************
CONCELLO DO INCIO
CASTELO DO HOSPITAL DO INCIO
Na parroquia de San Fiz do Hospital do Incio , cabeza da Xurisdición do Incio e A Broza ( no Saviñao ) , pertencente á Encomenda do Incio da Orde de San Xoán do Hospital de Xerusalen ( Orde de Malta ).
Do conxunto formado polo castelo e a monumental igrexa románica de San Fiz, só restan dúas torres, unha delas destinada agora a panteón da familia Quiroga, e a outra , exenta, é a torre das campanas .
O castelo servíu de protección para o camiño que procedente de Quiroga seguía a Lemos ( verea coñecida como " A Antigua" ) e para o camiño que dende Monforte , por Foilebar, seguía cara Fonfría polos cumes da Serra do Iribio.
O Mosteiro de San Salvador do Incio, orixinariamente bieito, acabóu
A parroquia formóu parte do Concello Constitucional do Incio ( 1820 a 1823 ), por pouco tempo do da Pobra do Brollón e en 1840 integrouse no Concello de Rendar, que pasóu a ser chamado Concello do Incio cando a capitalidade pasóu a asentar na Cruz do Incio, onde había feira e era da parroquia de San Xoán de Sirgueiros.
Beira dos vestixios que do castelo restan pasa a estrada que dende a Cruz do Incio vai até a Ferraría ( Augas do Incio ) e agora segue cara Lóuzara e O Courel.
........................................................................................................................................................................
CASTELO DE SANTA CRISTIÑA
Na parroquia de Santa Cristiña do Viso houbo na Idade Media un castelo que debeu estar situado no castro ali existente , moi perto da actual igrexa parroquial.
A memoria deste castelo non deixóu a súa pegada na toponimia local , e hai constancia da súa existenza grazas aos documentos da catedral de Lugo, onde se fala dun nobre musulmán ( o mouro Mahamut ) que foi acollido polo rei de Galicia, Afonso II, cando abandoou Mérida ao se enfrontar ao seu xefe.
Instalado no castelo , moi seguro por arrodealo o río Mao, e ter á parte do nacente un bon número de penedos exentos que dificultaban asaltos por ese flaco, Mahamut alzóuse contra o rei a quen prometera servir, véndose obrigado a formar un exército que se concentróu en Lugo dirixíndose ao Viso para someter ao rebelde.
A memoria popular da zona garda lembranza da crúa batalla que ali se libróu e as xentes , ben séculos despóis, falan de como o río Mao se viu tinguido polo sangue dos sarracenos mortos.
A documentación da diocese de Lugo acredita que o rei vencedor agradeceulle a Santa María de Lugo a vitoria e fixo xerosa doazón do Couto de Santa Cristiña á sede catedralicia.
Derrubado o castelo, a toponimia local conserva a referenza castrexa en predios do Poligono 16 do Catastro de Rústica do Incio;:
Castro de Aló ( parcela 39, 9.539 m/2 ).- Castro ( parcela 40, 1.700 m/2 ).- Castro de Acó ( parcela 41 , 16.634 m/2 ).- Castro ( parcela 44, 4.109 m/2 ).
A parroquia de San Cristiña do Viso, estivo varios séculos sometida ao señorío eclesiástico, e despóis de formar parte do Concello da Somoza Maior de Lemos, integrouse en 1840 no Concello de Rendar, que acabaría pasando a levar por nome Concello do Incio.
....................................................................................................................................................................
CASTELO DA SOMOZA
Na parroquia de San Tomé de Castelo o topónimo " Castelo" da nome a un lugar e á freguesía.
O " Castro de Castelo" deu nome a varias parcelas do Poligono 12 do Catastro de Rústica do Incio : Agra do Castro ( parcela 1.001, 1.191 m/2 ); Castro ( parcela 1.002, 578 m/2 ) ; Agra do Castro ( parcela 1.003, 2.474 m/2 ); Agra do Castro ( parcela 1.044, 8.958 m/2 ).
Tamén se rexistra o nome de " Croa de Castelo". A freguesía formóu parte da Xurisdición da Somoza Maior de Lemos, que formaba parte do Condado de Lemos. Entre 1820 e 1823 e de 1837 a 1840 formóu parte dos Concellos Constitucionáis da Somoza Maior, dentro do partido xudicial de Sárria. En 1840 integrouse no Concello de Rendar, que pasóu a ser chamado Concello do Incio, no partido xudicial de Sárria.
O lugar de Castelo en 1981 tiña 16 casas e 104 habitantes.
......................................................................................................................................................................
( FORTALEZA DE LAIOSA )
Na vila e parroquia de San Martiño de Laiosa.
Documentación
FUNDACIÓN DO VÍNCULO
( Testamento de Diego de Lemos, outorgado na Fortaleza de Ferreira o 31 de maio de 1492 )
....." Item mando ao meu fillo lexítimo maior ALONSO LOPEZ o meu COUTO DE LAIOSA con todos os vasalos moradores e " probadores " , o dito couto con todos os servizos e rendas, xur e pertenzas, tributos e censos e servizos que a eles renden e recenden de aquí en diante e con todo señorío , dominio, xustiza civil e criminal, que neles e riba deles etn, con todos os seus termos e estremas , así como el ten, e xa eu os herdei e houben así por seren do meu señor padre, como por desembargo do dito couto e máis lle mando a xur de presentación que eu haxo ao beneficio do dito couto que se chama San Martiño de Laiosa, e coa propiedade que eu haco e me pertence na media parte sin cura do dito beneficio , non perturbando ao meu irmán García de Valcarce algún dereto.... "
...................................................................................................................................................................
**********************************************************************************
CONCELLO DE LÁNCARA
CASTELO DE ASTEIRE
Na parroquia de San Salvadot de Toirán, no lugar de Asteire, perto do paraxe coñecido como Reguengo, consérvanse os seguintes topónimos:
Monte Castelo ( parcela 431 do poligono 12 ). Poligono Catastral 14 .- Castelo ( parcela 280, 1.271 m/2 ).- Castelo ( parcela 281, 9.755 m/2 ),. Castelo de Abaixo ( parcela 298, 3.198 m/2 ).- Pedra do Castelo ( parcela 437m 2.994 m/2 ).- Castelo ( parcela 634, 5.477 m/2 ).
......................................................................................................................................................................
CASTELO DE BANDE
Na parroquia de San Pedro de Bande, onde na Idade Media estivo o Mosteiro de San Salvador de Bande, houbo un castelo que foi derrubado no tempo da Revolución Irmandiña. Este castelo estaba perto do "Camiño Francés de Viduedo a Lugo ", como elemento protector para as xentes que por el pasaban , cumprindo misión semellante outro castelo que máis adiante protexía o seu paso por Anseán.
Conservan a denominación varios predios do Poligono 6 do Catastro de Rústica de Láncara:
Castelo ( parcela 55 , 6.616 m/2 ).- Castelo ( parcela 56, 27.380 m/2 ).- Castelo ( parcela 59, 1.723 m/2 ).- Castelo ( parcela 60, 1.979 m/2 ).- Castelo ( parcela 61, 3.257 m/2 ).- Castelo ( parcela 64, 1.083 m/2 ).- Castelo ( parcela 66, 2.655 m/2 ).- Castelo ( parcela 68 , 4.519 m/2 ) .- Castelo ( parcela 69 , 3.005 m/2 ),
O Mosteiro de San Salvador de Bande e os veciños de Santa María de Neira e San Paio acabaron integrados na órbita do Mosteiro de San Xulián de Samos, aparecendo naquel tempo documentalmente situados na " Terra de Sárria".
A freguesía estivo integrada na Xurisdición de San Xulián da Pobra, do Marquesado de Sárria, e no século XIX integrouse nos concellos constitucionáis da Pobra de San Xiao ( entre 1820 e 1823 e de 1837 a 1840 ), para finalmente a partir de 1840 formar parte do Concello de Láncara ).
........................................................................................................................................................................
CASTELO EN GALEGOS ( MONTE TRANDEIRA )
Na parroquia de Santa Mariña do Carballo, ou Santa Mariña de Galegos, na ribeira esquerda do río Armiela, conservan o topónimo " Castelo " un paraxe e un predio ( Castelo, parcela 167 , 4.258 m/2 ) identificados no Catastro de Rústica de Láncara.
.......................................................................................................................................................................
CASTELO EN MONSEIRO
Na parroquia de San Miguel de Monseiro hai unha casa que recibe o nome de " Casa Castelo".
......................................................................................................................................................................
CASTELO EN OLEIROS
Na parroquia de San Martiño de Oleiros, vencellada á Mitra lucense, no lugar de Xunqueira de Arriba existe unha casa chamada " Casa Castelo".
......................................................................................................................................................................
CASTELO EN VIGO DE GALEGOS
Na parroquia de Santa Mariña do Carballo, ou Santa Mariña de Galegos, que pertencéu por séculos ao Mosteiro de San Xulián de Samos, no Camiño francés de Viduedo a Lugo, o topónimo " Castelo " está presente en predios do Polígono 23 do Catastro de Rústica de Láncara:
Castelo ( parcela 1.013, 5.649 m/2 ) .- Castelo ( parcela 1.014, 1.277 m/2 ).- Castelo ( parcela 1.016 , 1.804 m/2 ).- Castelo ( parcela 1.018 , 6.275 m/2 ).- Castelo ( 1.021, 1.066 m/2 ).
A parroquia integrouse no Concello Constitucional de Samos e dende 1840 forma parte do Concello de Láncara.
.......................................................................................................................................................................
CASTELO EN VILALEO
Na parroquia de Santa María de Vilaleo, na Idade Media co apelativo de " Guisande" , e non lonxe do lugar da Ermida, existen o lugar de " Castelo" e o " Rego de Castelo" e hai parcelas que responden a ese topónimo que forman parte do Poligono 12 do Catastro de Rústica de Láncara :
Tira de Castelo ( parcela 2.444 , 4935 m/2 ) ; Campa de Castelo ( parcela 2.469, 5.678 m/2 ) ; Prado Castelo ( parcela 2.472 , )
O lugar de Castelo, nesta freguesía, en 1981 tiña 6 casas e 18 habitantes.
**********************************************************************************
CONCELLO DE PARADELA
CASTELO DE BARIZ
Na parroquia de Santa María de Castro de Rei de Lemos o lugar de Bariz estivo vencellado na Idade Media á Orde do Temple . O Mosteiro de Santa María , máis adiante convertido en priorado do Mosteiro de Santa María de Monte de Ramo, de bernardos, tivo o señorío da freguesía, que en 1820 a 1823 e entre 1837 e 1840 formóu parte do Concello de Castro de Rei de Lemos, integrado no partido xudicial de Sárria. En 1840 , suprimido ese concello, pasóu a formar parte do Concello de Paradela.
A memoria do castelo consérvase no nome de parcelas que forman parte do Polígono 24 do Catastro de Rústica de Paradela :
Castelo ( parcela 602, 7.467 m/2 ) ; Castelo ( parcela 603, 30.974 m/2 ) ;Castelo ( parcela 793, 38.714 m/2 ) ; Castelo ( parcela 874, 7.611 m/ 2) ; Castelo Pequeno ( parcela 875 , 8.668 m/2 ) ; Castelo ( parcela 876, 20.321 m/2 ) ; Castelo ( parcela 884, 9.904 m/2 ) ; Chao do Castelo ( parcela 1.451, 8.712 m/2 ); Castelo ( parcela 10.883, 790 m/2 ).
.........................................................................................................................................................................
PENA DO CASTELO
Perto de onde o Rego da Trapa entra no río MIño ( encoro de Belesar ), na parroquia de San Facundo de Ribas do Miño, que foi mosteiro medieval que acabóu vencellado ao Mosteiro de Castro de Rei de Lemos, que acabóu sendo un priorado do Mosteiro de Santa María de Montederramo ( Ourense ) hai unha formación pétrea que responde ao nome de " Pena do Castelo".
Perto desa pena pasa o " Camiño Vello de Aldosende a Portomarín" e está dentro dun amplo monte moi costaneiro con abas pronunciada cara o Miño, dentro do que foi o couto ds Abelaira do Río ( casar desaparecido asolagado polo encoro ).
*********************************************************************************
CONCELLO DO PÁRAMO
CASTELO DE BRAVOS
Na parroquia de San Xoán de Friolfe , no monte do Páramo, na estrema co Concello de Paradela, conservan a denominación de " Castelo" varios predios do Poligono 3 do Catastro de Rústica do Páramo:
Castelo (parcela 401, 5.768 m/2 ).- Castelo ,( parcela 402, 14.608 m/2 ).- Castelo ( parcela 406, 5.007 m/2 ).
........................................................................................................................................................................
CASTELO DE GONDRAME
Nunha volta do Río Miño, defendendo un vao que permitía o paso cara a Terra de Pallares, alzouse un castelo , propiedade da Encomenda de San Xoán de Portomarín, da Orde de San Xoán do Hospital de Xerusalén ( despóis Orde de Malta ) houbo un castelo que foi derrubado na Revolta Irmandiña.
Estivo sitauado nun paraxe coñecido como Pedroncide, e na actualidade está presente ese topónimo en predios que forman parte do Poligono 8 do Catastro de Rústica de O Páramo:
Castelo ( parcela 381, 4.221 m/2 ).- Castelo ( parcela 893, 3.779 m/2 ).- Castelo ( parcela 912, 3461 m/2 )
A parroquia formóu parte do Concello Constitucional de San Xoán de Portomarín, partido de Lugo ( 1820 a 1823 ) , e acabóu integrándose no Concello do Pàramo.
.....................................................................................................................................................................
CASTELO DE PENA AGUIEIRA
Tamén coñecido como " Torre do Mariscal" ou " Fortaleza de Pena Aguieira " foi unha edficación miltar alzada pola familia de Riba de Neira, que señoreaba pequenos coutos na bacía do río Sárria, enfrontada cos Condes de Lemos , que querían sustraelos dese patrimonio particular.
A Pena Aguieira, de cuxa edificación só se conservan varias reas de pedras de cantaría da parte baixa dunha torre, domina toda a Terra do Páramo , non lonxe do Camiño francés de Lugo a Monforte e do Camiño de San Xulián da Pobra a Goián.
Estaba esta fortaleza na parroquia de Santiago de Sáa do Páramo, e o seu levantamento contóu coa oposición dos Condes de Lemos e do Encomendeiro de San Xoán de Portomarín, e foi queimada e derrubada no tempo da Revolta Irmandiña. Aínda que a súa ubicación está debidamente fixada en documentos que recollen manifestacións de persoan que interviñeron no seu asalalto a asolamento, sen base ningunha , algúns autores , con erro notorio, situarona na Agüeira ( Becerreá ).
Está en terreos de monte en man común , e tamén leva o nome de Pena Agüeira o monte veciñal de San Miguel de Vilapedre. Este paraxe, que deu tamén nome á Cruz de Agüeira, foi estudado no Proxecto Arqueolóxico Valdo Mao -Val de Sárria.
Na delimitación dos condados suevos Paramense e de Sárria " Pena Aquilare " e " Castrum Petrosum" ( Castro de Alvaredo ) xa aparecen citados, e o pronunciado preguntorio da singular Pena é marco indiscutible entre eses dous espazos.
.........................................................................................................................................................................
CASTELO EN SAN MARTIÑO DA TORRE
Na parroquia de San Martiño da Torre, que pertencéu á Encomenda de San Xoán de Portomarín , da Orde de San Xoán de Xerusalén ( Orde de Malta ) a " Casa do Castelo", tamén coñecida como " Casa da Mámo", presenta un corpo central , máis elevado ca o resto, que puido corresponder a unha antiga torre. Conserva un escudo de armas que presenta un león., busto humán na parte superior e outros símbolos, con unha inscrición na que se le " Doña Martina Saco y Quiroga, Año 1741".
**********************************************************************************
CONCELLO DE SAMOS
CASTELO EN BUSTOFRÍO
Na parroquia de San Xoán de Lóuzara, no Couto de Bustofrio, sometido ao señorío dos Condes de Lemos aparece o topónimo " castelo" en varios predios do Poligono 15 do Catastro de Rústica de Samos, todos baixo do nome de " Sucastelo" :
Parcela 823 ( 1.356 m/2 ).- Parcela 824 ( 368 m/2 ).- Parcela 825 ( 199 m/2 ).- Parcela 826 ( 242 m/2 ).- Parcela 827 ( 160 m/2 ).- Parcela 828 ( 201 m/2 ).- Parcela 829 ( 2.128 m/2 ).- Parcela 830 ( 1.838 m/2 ).- Parcela 831 ( 256 m/2 ).- Parcela 832 ( 329 m/2 ).- Parcela 833 ( 646 m/2 ).- Parcela 834 ( 2.167 m/2 ).- Parcela 835 ( 2.167 m/2 ).- Parcela 834 ( 2.167 m/2 ) .- Parcela 835 ( 548 m/2 ).- Parcela 836 ( 91 m/2 ).- Parcela 837 ( 1.032 m/2 ).-. Parcela 838 ( 576 m/2 ).- Parcela 840 ( 100 m/2 ).- Parcela 841 ( 231 m/2 ).- Parcela 842 ( 406 m/2 ).- Parcela 843 ( 134 m/2 ).-
O Couto de Bustofrío, dependente do Condado de Lemos, acabóu integrándose nos concellos constitucionáis de Samos, dos ano 1820, 1837 y 1840.
...........................................................................................................................................................................
CASTELO DO IRIBIO
O cume do Monte Iribio ( Cabeza Grande do Iribio ) é tamén coñecido como " Castelo do Iribio " , non por aludir á unha imposible ubicación dunha edificación militar xa que se refire á formación pétrea que coroa o medieval " Alpe Eripio ".
A denominación O Iribio debería ser a normalizada, xa que Oribio ven a proceder de sumar nunha soa expresión o artigo O á Iribio , con perda do " i ".
As expresións Serra do Iribio e Serra do Iribio, Rego do Iribio ( regueiro en Gundriz ) súmanse á que se rexitra como " A Iribio", que nomea a "Cabeza Grande do Iribio".
........................................................................................................................................................................
CASTELO DE LAMPAZAS
Na parroquia de San Cristovo de Lóuzara , o monte chamado do Castelo, e o Rego do Castelo, que baixa entre Lampazas e Piornedo presentan o topónimo, sen que haxa referenza a edificación militar.
..........................................................................................................................................................................
CASTELO EN SAN XIL DO CARBALLO
Na parroquia e lugar de San Xil do Carballo , que permanecéu moitos séculos suxeita ao Mosteiro de San Xulián, e atravesada polo Camiño de Santiago, manteñen o nome de " Castelo" predios que forman parte do Poligono 7 do Catastro de Rústica de Samos:
Castelo ( parcela 2.068, 31.375 m/2 ).- Castelo ( parcela 2.070, 1.584 m/2 ).- Castelo ( parcela 2.072 , 2.288 m/2 ).- Castelo ( parcela 2.074 m/2 ).
Extinguido o señorío do Mosteiro samonense a parroquia integrouse nos Concellos Constitucionáis de 1820 a 1823 , 1837 a 1840, até a formación do novo Concello de Samos en 1840.
................................................................................................................................................................
CASTELO DE TOCA
Mencionado no pleito Tábera- Fonseca ( século XVI ) unha das fontes principais para coñecer a segunda revolución irmandiña . Segundo unha das testemuñas , o escudeiro Gómez Rodríguez. o gobernador Fernando de Acuña mandara derrocar a fortificación de Toca " que está cabe Samos , que era do abade de Samos e era castelo roqueiro novo ".
O lugar de Toca, na parroquia de Santiago de Renche, está nunha das abas do monte Iribio . Foi freguesía dependente do Mosteiro de San Xulián de Samos, integrada nos sucesivos tres concellos constitucionáis creados en 1820, 1837 e 1840.
Consérvase o nome de " castelo " no " Rego do Castelo" e todo apuntar a que o topónimo fai referenza á desaparecida edificación fortificada. Perto do lugar, nas abas do Iribio estaba a " Casa da Neve", propiedade do Mosteiro de Samos, onde se xuntaba a neve para enviala á Corte, en Madrid, e outras partes para poñela prensada en pozos fresqueiros.
**********************************************************************************
CONCELLO DE TRIACASTELA
O nome de Triacastela que ao logo dos séculos levaron o alciprestádego lucense e leonés e as parroquias de Santa María de Triacastela, San Breixo de Triacastela e Alfoz de Triacastela e os sucesivos concellos de Triacastela , na opinión máis xeralizada fai alusión a " tres castros" ( Lagares, Santo Adrao e Santa María do Monte ) e non aparece o topónimo "castelo " máis que na parroquia do Monte . No dicir popular moitos empregan a forma " Tiracastela" ( Tira Castela ) , explicándoa como " hacia Castela ".
CASTELO EN SANTA MARÍA DO MONTE
Na parroquia de Santa María do Monte , na Idade Media coñecida como " Sancta Maria de Villa Adriani" está presente o topónimo "Castelo" nun bon número de predios , dentro do Polígono 7 do Catastro de Rústica de Triacastela, a carón dos paraxes da Modorra e Os Vidueiros :
Castelo ( parcela 71, 8982 m/2 ).- Castelo ( parcela 72 , 5.043 m/2 ).- Castelo ( parcela 73 , 5.935 m/2 ). - Castelo ( parcela 74, 1.223 m/2 ).- Castelo ( parcela 75, 438 m/2 ).- Castelo ( parcela 76, 3,374 m/2 ).- Castelo ( parcela 77 , 914 m/2 ).- Castelo ( parcela 78, 632 m/2 ).- Castelo ( parcela 80 ; 1.206 m/2 ).- Castelo ( parcela 81 ; 1.990 m/2 ).- Castelo ( parcela 82, 1.375 m/2 ).- Castelo ( parcela 83 ; 1.750 m/2 ).- Castelo ( parcela 84 ; 1.291 m/2 ).- Castelo ( parcela 85, 1.378 m/2 ).- Castelo ( parcela 86, 1.403 m/2 ).- Castelo ( parcela 87, 1.429 m/2 ).- Castelo ( parcela 88, 990 m/2 ).- Castelo ( parcela 89, 3.011 m/2 ).- Castelo ( parcela 92, 2.522 m/2 ).- Castelo ( parcela 93 , 4.428 m/2 )
*********************************************************************************
CONCELLO DE BARALLA
CASTELO DE COVAS
No actual concello de Baralla, onde antes foi a Xurisdición de Neira de Susao ( Xusá ) , houbo na Idade Media un castelo , coñecido como PENA DE COVAS que protexía o camiño e a ponte de Covas , riba do Neira, nunha das vías de acceso á amurallada cidade de Lugo.
Como estivo situado na chamada " Terra de Sárria" , e ser en ocasión lugar de residenza dos " tenentes de Sárria " , darredor de quen xiraba o " comitatu sarriense ", recollemos aquí os datos a esa fortaleza referidos porque no seu tempo exercéu a súa influenza sobre o que, como conxunto, podemos considerar a Sárria primitiva que iá de Berselos A Bande, e da Pedra de Calvor a San Salvador de Larín.
Situado nun forte preguntoiro arrodeado polo río Neira por Norte e Sur, erguido riba dunha grande pena , debéu xogar un grande papel defensivo , e a súa tenza foi concedida polos reis a "milites " da súa confianza. Aparecería tamén vencellado a San Salvador de Sárria ( a actual parroquia de San Salvador de Francos , e á vila real de Larín, e outras terras de reguengo entre Neira e Sárria.
No Poligono 104 do Catastro de Rústica de Baralla figuran coa denominación de "Castelo" a parcela 43 ( de 474 m/2 ) e 44 ( de 14.033 m/2 ). A vella "Pena de Covas" é agora chamada Pena Albite.
O espazo do desaparecido castelo formóu parte da Xurisdición da Neira de Susao ( con capitalidade en Santo Estevo da Pobra de Neira de Susao ) , do Marquesado de Sárria, pasando a se integrar nos concellos constutucináis de Neira de Xusá, que unido con Neira de Rei en 1840, é agora coñecido como Concello de Baralla. partido xudicial de Becerreá,
************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario