SÁRRIA: UN VIAXEIRO NO INVERNO ( 1612 ) ( 642 )

                          SÁRRIA : UN VIAXEIRO NO INVERNO    ( 1612 )                     ( 642 )

O PASO DO LICENCIADO DE ALDRETE  POR PORTOMARÍN ,  SÁRRIA, TRIACASTELA E O CEBREIRO 

 Os días 29 de febreiro e os días 1, 2 e 3 de marzo o cordobés , e crego, Bartoloméu de Aldrete fixo camiño entre San Pedro de  Portomarín, beira do Miño, e pasando por Sárria , Triacastela e O Cebreiro alcanzóu  a Terra de Valcarce, do bispado de Lugo, no Reino de León.

Paróu en Sárria para un traballo  de información   e como proba do seu paso deixounos unha fermosa descrición da vila  , citando as igrexas, o mosteiro, a fortaleza eo  río, a boa disposición das súas rúas  e o xeito de celebración da festa do Anxo Custodio  pescando troitas no río e  cun serán musical dos mozos do lugar , nunha noite na que a friaxe

Entre  Triacastela e A  Faba  a neve dificultou o seu paso e o dos homes  que o acompañaban, e poideron  avanzar as duras légoas da serra  grazas a un guieiro  dunha  das aldeas do camiño, que os levóu por paso seguro, sen seguir o camiño estacado , que por mandado dos Reis Católicos viñan obrigados  os veciños das montañas do Cebreiro  a  telo ben marcado  para podelo seguir no tempo das grandes nevadas 

                                                                  .......................................

29 , MÉRCORES .- "  Saímos de Melide  e fumos a Pontecampaña , tres légoas,  e a dúas Ligonde  e a dúas Gonzar, e outras dúas a Portomarín, bon lugar asentado  dunha á outra bandas do río Miño, porque Miño aquí é grande río . Pasamos a ter a noite  desta parte do río  que é de diferente señor  que da outra  ; nas dúas partes hai as súas igrexas , rúas e boa disposición, , 

PRIMEIRO, XOVES.-   De mañá cedo  saímos e  a unha légoa  está A Laxe ; vaise  por grandes montañas  e hai polo camiño   e ás beiras moitos pobos  e ouvimod o repenique das campás  e a xente vestida de festa  por se celebrar  a do Anxo Custodio.

E a dúas légoas descobrimos ao Castelo de Sárria, máis alto  nun alto e  moitas arboredas  e repartimentos de leiras , todo ben disposto. Baixamos unha grande costa  e pasado o río  sobimos a Sárria   que é bon lugar ( cabeza do seu Marquesado , diocese de Lugo )  en forma  de cidade  coa súa rúa principal  que ven dende abaixo  da costa do Castelo , até o cabo do lugar  onde está unha igrexa parroquial e outra no comezo; hai outras rúas  e un mosteiro de frades agostiños. Terá cagtrocentos veciñod, No Castelo están as murallas  por moitas partes cobertas de edra e ten boa casa dentro.

Cheguéi darredor das once , dixen despóis misa  e acodíu xente dabondo  a ouvila.  Aquela tarde fixen a información . Os máis da vila  sairon pescar troitas  no río.

Aquela noite  os rapaces do lugar  amosaron que non son  menos travesos ca os de Córdoba , pois facendo un frio e vento intolerables  cunha gaita zamorana  e  buguinas  e moitas voces e ruido inquedáronnos  toda a noite.

2 , VENRES.-  Amencéu moi anubado  e un vento fortísimo. Saímos de Sárria e achamos algúns lugares  e comezóu a chover  en entrando na serra  e subimos unhas grandes costas e voltamos a baixar a un val   e a dúas légoas está  Montán e un río abaixo entre moitas árbores e lugariños , todos ao xeito  que os pintan en Flandes , uns de madeira e palla , outros de pedra e lousas.

Fumos  por entre daquelas serras  outras dúas légoas  até a vila de Triacastela , pequena e malas casas  e chegados á pousada comezóu a chover e nevar.  Detivemos pouco  porque fixo bon cando saímos un cuarto de légoa  e a neve  comezóu cunha grande ventoeira  cando iamos subimdo ao porto.

Todas as catro légoas que hai   dende Triacastela até o Cebreiro  están cheas de lugariños  de dez. doce, vinte e trinta casas pallazas máis ou menos , como  é a comodidade da terra  que teñen para labrar.

As pallazas  son moi grandes algunhas, e tanto que teñen   máis de cincuenta e sesenta pés de longo  e de largo máis  de vinte e catro, moi fortes con vigas de vinte e catro, moi fortes  con grandes vigas e peares de castiñeiro , e van subindo , e van subindo  moi altos con grande corrente; son cobertas  dunha herba como xuncas,  e a unha vez van os seus verdugadod  co seu labor que parecen ben .

Tendo camiñado subindo subindo ao porto cargóu tanto a neve que ao pouco treito  cubriuse o camiño e perdímolo  e unha boa vella arrimada a unha parede  e dixo . "  Ónde van , señores, que ese non é o camiño ?", e sinalóu cal era  e voltamos a el . Como a neve medraba  vin unha chouza  aberta e entréi nela   e estaba desamparada  e un bon pedazo caído, para agardar  que  parase aquela treboada e ben confusos entramos en consulta e o mozo de mulas  acodiu  a percurar  onde facermos pousada , con non ser aínda as dúas da tarde, parecía era máis.

Eu propuxen que voltaramos a dormir a Sárria  para dende alí voltar a Ourense , ou tomar o camiño de Monforte  que se arrodean catro lègoas  e vai saír a Ponferrada , aínda que non faltan outras serras con neve.

Estando a conferenciar  puxosenos diante un home  e dixo : "  Señores, non teñan mágoa  que eu sacareinos de  todo este traballo, non teman, veñan comigo".

Por unha parte acordouseme  do Santo Anxo Rafael  e traguía o seu canciño con el  Por outra parte non fose  ao contrario, chamóu ao mozo de mulas  e o noso Rafael e o seu canciño  foron guiando pola neve  e a cousa chegóu a outro lugar  e fumos a unha pallaza , e non nos contentóu  porque era pequena e había xente e fumos a outra que estaba valeira . Veu despóis a xente dela  e recibiunos con amor , e as cabalgaduras que en Santiago non quixeran comer a  cebada nin beber, e viñan perdidas , ali houbo bon pasto de herba seca  e trigo de Castela  que o comeron ben  co que se  repararon.

Toda a tarde nevóu . Trouxeron ovos , manteiga de vacas , candeas de sebo  e un aposentiño. Aderezaron  unha cama no seu cadaleito  que é moi usado en Galicia , que son catro madeiros  por peares   e as súas táboas  e éncheno de palla e por riba o colchón , e aderezo tamén para a xente.

Así pasamos a noite  con grandísimo frío  porque a pallaza estaba sepultada de neve con frasco. Nevóu toda a noite.

3, SÁBADO.-  Pola mañá saiu o noso Rafael  diante co seu canciño  e a neve fíxome dubidar  se nos voltariamos , máis o  bon home animounos  e foi guiando  ás veces  polo camiño e ás veces fora del  por grandes tesos e  moitos lurariños todos cobertos de neve e as portas deles choídas  e delas saían a nos ver  , notras estaba o gado  na porta  porque a neve non saía   achando lugrariños e subindo emtremedias de  grosísimas árbores  fumos parar onde  o arcebispo de Santiago  se vira perdido  e dicíame  a súa santa ilustrísima  que ía a pé con toda  a súa xente  e os que ían apartando a neve  e que  por moitas veces apartaba os ollos  para non ver caer polas penas abaixo aos seus acemileiros e cabalgaduras.

O noso guieiro deixóu  ese camiño e amosounos  o perigo   e fumos a outro  non menos porque  é unha verea estreitísima  e achada unha  inmensa fondura tal como pena tallada , sen árbore nin mato de maneira que en descendendo do carreiro era a morte certísima . Como o carreiro estaba moi cheo de neve  e lazo , fora índa que crebando  por ela e  cabondando , pasamos con grandísimo  traballo, invocando  ao Noso Señor Xesucristo e  á súa Santísima Nai.

Era un bon treito de camiño este, todo o que levamos era  sen derivar do que andaría  o Rafael , porque ás beiras  estaba  a neve moi alta  e en saíndo non podían as cabalgaduras  pasar. Todo este camiño vai sinalado con estacas de madeira  que o sinalan , mais o guieiro non seguía  a súa derrota  senón a que el subía e sacounos  ao máis alto do porto  onde está unha cruz de pedra  onde o vento amosóu toda a súa furia .

Dende ali comezamos a baixar  e chegamos ao pobo do Cebreiro , que é de monxes bieitos,  e teñen nel un pequeno convento. Cando chegamos non vimos persoa algunha  porque estaba todo o pobo pouco menos que sepultado pola neve.

A unha légoa deste lugar   está outro que chaman A Malafaba , e xa aquí entramos  en terra na que se acabaron as neves e unhas grandes goladas. Saímos do reino de Galicia e entramos no de León  e baixamos ao  Val de Valcarce , que está a dúas légoas da Malafaba".



Comentarios

Publicacións populares