SAN MARTIÑO DE BARBADELO : FORÁIS DE SAMOS ( 1555 ) ( 634 )

                    SAN MARTIÑO DE BARBADELO: FORÁIS DE SAMOS ( 1555  )              ( 634 )  

O lugar de SAN MARTIÑO , na parroquia de SANTIAGO DE BARBADELO ( SÁRRIA  )  foi espazo ocupado na Idade Media  polo mosteiro, ou Casa Maior, de " Sancti Martinii de Barbatello", unha das varias institucións monásticas xurdidas nas ribeiras dos ríos Barbadelo ( hoxe Río Celeiro ) e Loio, suxeitas a unha organización  común.  

 

 A mediados do xéculo XVI , dentro do proceso de reforma  da vida monástica do Mosteiro de Samos ,  os abades tomaron a decisión de  documentar debidamente  o  amplo patrimonio territorial e as rendas de que disfrutabam   en virtude de aforamentos, e conseguiron do poder real  autorización para  facer APEO dos bens  que  nos séculos anteriores foran recibindo de man de reis, magnates e persoas piadosas.

No caso do COUTO DE BARBADELO  e outras parroquias da contorna eses bens procedían dos mosteiros e mosteirolos de Santiago e San Martiño de  Barbadelo,  San Salvador de Rosende,  San Miguel e San Paio de Piñeira, San Paio de Cesár, Santkiago de Mortoláis, San Xoán do Couso,  San  Pedro de Taíde., San Pedro de Barán. San Mamede do Río Loio, Santa María de Ortoá, San Salvador da Pinza...

Desaparecidos eses mosteiros e establecido para o goberno dos benes que deles procedían o PRIORADO DE BARBADELO , con Tulla e administración propias,   para bon goberno e  coñecemento real de bens e rendas,  porcedeuse a  facer. na presenza do Meiriño de Samos, e con participación do escribán Afonso Galiña ,  o Apeo descriptivo dos espazos  propios do Mosteiro de Samos , e recoñecemento  e inventariio de todos eles, coa participación dos foreiros, soforeiros e levadores   dos lugares  ( casas )  propios do mosteiro samonense, con fixación de voces, e no seu caso, con remisión ás cartas foráis nas que se apoiaba a  posesión das voces do foral,  soforistas e labradores que estaban na levanza das casas e bens. 

O primeiro día de decembro de 1555, no lugar de Rente, foron chamados á presenza do Mieriño de Samos, Lopo Dáiz de Freixo, e do escribán Afonso Galiña,  Alonso de San Martiño e Xoan de San Martiño, que fixeron cumprida relación dos bens que constituían os foráis que  traballaban,  e as rendas que pagaban por elas, direitamente ao Mosteiro de Samos. e o que por gaños viñan na obriga de darlles en cada un ano aos  foreiros.

No caso da Casa de San Martiño, que fora aforado a un antecesor de  FRANCISCO LÓPEZ DE MONTÁN ( 2º voz  do foro )   ALONSO DE SAN  MARTIÑO  tiña que pagarlle ao Mosteiro de Samos,  na Tulla de Samos : 6 fanegas de pan , un porco escaldado   con medio real de pan.  E pola cesión que o foreiro lle fixera  tiña que lle  dar ao dito Francisco  López de Montán : 8 fanegas de pan  , un cabuxo  e seis capóns.

É  doado concluir   que o foreiro  tiña en cada un ano  un gaño moito maior ca o do  Mosteiro, que era o dono dos bens,  e pola cesión dos dereitos de labrar e posuir  os bens sinalados no foro, sen máis labor ca de facer  escritura de su foro, este " intermediario" disfrutaba das rendas , obrigando ao soforeiro a que  de xeito direito  levase a Samos  a renda principal, sen molestia ningunha para el.

APEO  DO LUGAR DE SAN MARTIÑO  QUE TEN ALONSO DE SAN MARTIÑO NO NOME  DE FRANCISCO  LÓPEZ, DE  MONTÁN.

No lugar de Rente o primeiro día  do mes de decembro  do ano do Señor  de mil e cincocentos  e cincuenta e cinco anos na presenza de min o escribán publico e testemuñas  de  suso escritos  o dito señor meiriño LOPE DÍAZ DE FREIXO   , meiriño de Terra e Xurisdición de Samos  , proseguindo o dito  apeo  , conosnte  á posesión  que de pedimento do dito padre frei  ALONSO DE RIBAS DE SIL   e no nome do dito Mosteiro  de Samos , para no apeo do lugar de SAN MARTIÑO  , por e no nome de FRANCISCO LÓPEZ DE MONTÁN , fixo vir e parecer  perante si  ao dito ALONSO DE SAN MARTIÑO,  caseiro do dito lugar  e a XOÁN DE SAN MARTIÑO , o seu veciño, e a GÓMEZ DE SAN SILVESTRE, veciño do dito Couto de Barbadelo, que estaban presentess, dos que  e de cada un deles   se tpmóu e recibiu xuramento, en forma devida, de  riba dun sinal de cruz , tal coma este ( + ), no que corporalmente puxeron as súas mans dereitas, baixo do cal prometeron de declarar e  apear o lugar ; testemuñas  GABRIEL DÍAZ DE MARZÁN  e GRIGORIO DÍAZ  e ALBERTE  DE SORRIBA  e outros  ; os ditos  testemuñas e vedraños de suso ditos  de suso contidos , nomeados e ceclarados , dixo cada un  por si propio que  sabían e era verdade  que o dito lugar de SAN MARTIÑO  no que vive o dito ALONSO DE SAN MARTIÑO  polo dito FRANCISCO LÓPEZ  DE MONTÁN  era propio do dito Mosteiro de Samos ,  e que ao dito lugar dixeron  pertencer o seguinte:

*  Primeniramente a casa de morada , coas súas cámaras , cortes e reparos , segundo  e da maneira  que o dito ALONSO LÓPEZ DE SAN MARTIÑO os ten e posúe  con máis a  ERMIDA que é  de ambos dous lugares , que son de Samos-

*  Item  máis  a LEIRA DOS PETOS  que parte  coa herdade do outro lugar  de San Martiño  que labra XOÁN DE SAN MARTIÑO ,  que levará de semnente  seis ou sete tegas  de pan pouco máis ou menos  , e topa da outra parte  con herdade do lugar de Melle , que é de Samos,  que a trae PEDRO RODRIGUEZ DE MELLE.

*  Con máis outra peza de monte  que esttá a  carón da dita herdade  labrantía  de suso contida , que levafra de semente o dito monte  seis tegas de pan pouco máis ou menos  e topa con herdade do outro lugar de San Martiño  e da outra parte   herdade de Samos, do lugar que trae PERO RODRÍGUJEZ DE MELLE.

* Item máis outro leiro cabo da LEIRA DAS FONTELAS , que a labra BARTOLLOMÉU DE  MELLE. que é do Mosteiro  pola comnpra que lle fixeron  ALDARA  DE PÁRAMO, muller  de GONZALO DA CERVELA , que levará de semente  un celemín e medio  pouco máis ou menos-

*  Un leiro ó VALADO DA PERDIGUEIRA ,  cabe  outro  lugar de San Martiño  e do lugar de Melle  que ten  GRIGORIO  CORUJO , que levará unha tega   de pan semente pouco máis ou menos.

*  E  maís outra leira  a PAZMÍGUEZ  que levará de semente  unha fanega de pan e topa  con herdade de Samos  e dos lugares de Melle  que leva o dito GRIGORIO CORUJO  e PERO DÍAZ DE MELLE.

*  Máis na AGRA DE MELLE o leiro chamado das CAVADAS , que levará de semente   unha tega  de pan e parte  con herdade de Samos  que trae o dito PERO RODRIGUEZ DE MELLE. 

*  Máis outro leiro  ás PENAS DE MELLE  que levará semente un celemín  e parte con herdade  de propiedade de  LOPO CORUJO  e do lugar da SERRA.

* Máis outro  leiro que pega  na CORTIÑA DE OUTEIRO  que levará de semente  un celemín  e medio , r e topa   na CASA DE VALENTÍN DE  MELLE,  riba dela e topa no CAMIÑO DAS BESTAS.

* Máis a leira da FONTE LIMPA  co leiro que vai debaixo  e co toxeiro   e bouza  que está  darredor da  da dita Leira da Fonte Limpa  da parte de baixo e de riba  que levará  todo de semente  cinco tegas de pan pouco máis ou menos  e topa na herdade  do dito XOÁN DE SAN MARTIÑO  que é do dito  Mosteiro.

*  Máis o TOXEIRO DE ROZAS  que din LAMELA DE ROZAS  que será de semente unha fanega de pan pouco máis ou mnos  e topa con herdade  do dito XOÁN DE SAN MARTIÑO.

*  Máis a LEIRA DO PEREIRO DE ARRIBA  que levará de semente  unha fanega  e cun leiro que vai baixo dela , que topa na FONTE DE PEREIRO DE ARRIBA , que levará dous celemíns de pan  e parte en herdade do outro lugar de San Martiño.

*  Máis a leira chamada DO XUNCO  coas súas estremas darredor  que será de semente, labrada e por labrar, catro tegas e medio  pouco máis ou menos, que parte  con herdade do  outro lugar veciño deste.

*  Item máis  a leira que pega na ERMIDA  DE SAN MARTIÑO co seu monte , que levará de semente  unha fanega de pan, pouco máis ou menos, e topa con herdade do outro lugar.

* Más otro leiro á PORTA DA ERMIDA  segundo está pechado riba  de sí , que levará  semente un celemín de pan.

* Máis  a LEIRA DO BAÑO, que levará de semente  co  seu monte e estremas  sete tegas de pan , segundo parte  con herdade do outro lugar.

*  Máis a LEIRA DA COSTA DE CORVELLE  co seu monte,  que levará de semente, labrado e por labrar, seis tegas de pan e topa con herdade do outro lugar.

* Máis outra leira en PAZMIGUEZ  , que levará de semente tres tegas de pan, pouco máis ou menos, e parte e topa  con herdade do outro lugar.

* Máis o LEIRO DA SENRA, levará de semente  tres celemíns de pan e parte con herdade  do outro lugar.

* Máis a CORTIÑA  DA PAREDE DE RIBA , que está entre dous leiros do lugar de Melle que labra  GRIGORIO CORUJO, que dará de semente unha fanega  de trigo , pouco máis ou menos.

* Item  máis un leiro na CORTIÑA DE MELLE , SO OS HORTOS,  que levará de semente dous celemíns  de trigo  e topa con herdade  do lugar de Samos que leva GRIGORIO CORUJO.

* Máis a CORTIÑA DE TRAS A AIRA DA VEREA, segundo vai da Aira  do outro lugar, que leva de semente tres tegas de trigo, pouco máis ou menos.

* Máis outro CORTIÑEIRO que está  a carón da dita Casa , que leva de sememte un celemín, segundo está pechado sobre de sí, a carón da dita Casa.

*  Máis a LEIRA  DE  SO PORTO, que leva  unha tega de trigo, que topa con herdade do outro lugar.

* Máis outra LEIRA BAIXO DA NOGUEIRA con dous leiros  e topa  co prado do outro lugar e co LEIRO DA SENRA  que  levará de semente cos seus campos e silveiros e toxeiros, tres tegas de pan, pouco máis ou menos.-

*  Máis o LEIRO DA CANCELA , coas súas árbores, máis co PRADO DE SOLE  e topa con leiros  e prado do outro lugar , que leva de semente o dito leiro e prado tres tegas de pan.

* Máis o PRADO DA FONTE LIMPA, co seu toxeiro e monte, que vai por baixo del, segundo está pechado de sobre sí, todo será de semente  unha fanega de pan.

*  Máis o LAMELO   que está á PORTO, que será de semente  un celemín de pan.

O cal todo dixeron ser propio do dito MOSTEIRO DE SAMOS e que pagaban  de foro ao dito Mosteiro SEIS FANEGAS DE PAN, UN PORCO ESCALDADO,  CON MEDIO REAL DE PAN, e ao dito FRANCISCO LÓPEZ  paga  de gaño OITO FANEGAS DE PAN , E UN CABUXO  E SEIS CAPÓNS, e o dito FRANCISCO LÓPEZ é SEGUNDA PERSOA  do dito foro e así o confesaron e niso se afirmaron  e non o asinan  por non saberen e rogáronlle a MIGUEL FERNÁNDEZ, crego, asinase por eles.

E visto o susodicto polo dito Señor Meiriño , dixo que adxudiucaba  e adxudicóu o dito lugar  por propios do ditoi MOSTEIRO DE SAMOS e condeaba e condeóu  ao dito ALONSO DE SAN MARTIÑO  a que como tal caseiro  pague a dita pensión  das ditas seis fanegas  ao dito Mosteiro  durante as voecs do dito foro,  cada mes de agosto ou de setembro. limpo e ben medido  por medida del e posto pola súa conta  na TULLA DO MOSTEIRO, apercibíndoo de que  en non o pagando  será executado por iso , sen outra maior determinación  algunha e así o consentiu  o dito ALONSO DE SAN MARTIÑO e o mesmo  o dito FRANCISCO LÓPEZ DE MONTÁN  que recoñecéu  o susodito ser   verdade  e asínóu aquí o seu nome  , e o dito  Señor Meiriño  asinóu aquí o seu nome,

 Testemuñas  os ditos.- Lopo Díaz.-  Francisco López.-  Miguel Fernández, crego. AFONSO GALLINA, escribán.

                                                     ********************************

APEO DO OUTRO LUGAR  DE SAN MARTIÑO  QUE O TEN XOÁN DE SAN MARTIÑO ( 1555 )

E logo despóis do de  susodito, no lugar de RENTE , o primeiro día do mes de decembro  de mil e cicnocentos e cincuenta e cinco anos  na presenza de mín o escribán público e testemuñas  de xuso escritos   o dito Señor Meiriño LOPO DÍAZ DE FREIXOA  de pedimento do dito frei ALONSO DE RIBAS DE SIL, no dito nome, proseguindo  o dito apeo  do dito lugar de SAN MARTIÑO, que o ten  XOÁN DE SAN MARTIÑO, fixo  vir e parecer  perante min  ao dito XOÁN DE SAN MARTIÑO, caseiro e foreiro  do dito lugar e ALONSO DE SAN MARTIÑO, veciño seu, e a GOMES DE SAN SILVESTRE, que estaban presentes,  dos que, e de acda un deles, se tomóu este xuramento en forma , segundo de suso , so cargo  do cal  aperon  o dito lugar , na maniera seguinte, testemuñas os ditos GRIGORIO DÍAZ e ALBERTE DE SURRIBA, veciños de Barbadelo :

* Primeiramnete  as casas de moradía  cos seus reparos  e cámaras e cortes e entradas  e saídos , segundo as ten e posúe  o dito XOÁN DE SAN MARTIÑO.

* Con  máis a LEIRA DA LAMA DE MELLE, que está e pega  nas CORTIÑAS DE MELLE, que levará de semente dúas ou tres fanegas de pan, pouco máis ou menos.

* Iten máis a LEIRA DA ABELAIRA , que está  por baixo dun leiro  do outro lugar de San Martiño , de maneira que  a dita herdade sobrfedita  da Lama de Melle  e da Abelaira   queda na dita Lama de Melle; todo iso levará as ditas tres fanegas de pan.

* Iten  máis  un leiro á SALGUEIRIZA DE MELLE, levará unha fanega de pan e topa con herdade do outro lugar de San Martiño.

* Iten máis a LEIRA DA CABRA, que está xunto e cabe do CAMPO DE SAN MARTIÑO e levará de semente unha  fanega de pan.

*  Iten máis  outra leira  riba da ERMIDA SE SAN MARTIÑO, que levará  labrantío e por labrar que está en monte , unha fanega de pan  e topa con herdade  do outro  lugar.

* Iten máis outra leira á CASA DA SERRA,  onde chaman ROZAS, cabo  doutra  herdade do lugar da SERRA, e levará de semente , así como corre e parte  con outra do lugar de San Martiño, catro  tegas de pan  de semente, pouco máis ou menos.

* Iten máis  outra leira ao PEREIRO DE ARRIBA, que está cabo doutra do outro lugar de San Martiño,     que levará de semente , labrado e por labrar, catro tegas de pan, pouco máis ou menos.

* Outro leiro á PORTELA DA VEREA, cabo da Cortiña  do outro lugar de San Martiño , ñlevará de semente tres celemíns de pan.

*  Itén máis  outro leiro á CORTIÑA DA SENRA , que vai todo xunto, que leva de semente, cortiña  e leiro , con máis de prado  que vai a brazo  da dita Cortiña  da Senra;  odo iso levará  de semente seis  tegas de pan, pouco máis ou  menos.

*Iten máis outro leiro  á LAMA  DE RIOÁIS, cabo doutra  do lugar de San Martiño, que levará unha fanega de pan  de semente.

^ Iten máis  outro leiro riba  das LAGAS DE SAN MARTIÑO, caco  doutro  do outro lugar, que levará de semente unha tega de pan.

*  Iten máis  ao AGRO DE CORVELLE  , que levará un moio de pan  de semente, labrado e por labrar e , e topa con herdade  do outro lugar de San Martiño e do lugar de Melle.

 * Iten máis  a  LEIRA DA CADELA  que levará de semente  unha  fanega de pan.

*  Iten máis a CORTIÑA DA FONTE LIMPA, que levará  de semente unha  fanega de pan  que levará  de semente  unha fanega de pan , e topa em herdade  do outro lugar de San Martiño.

* Iten máis a leira que fere  no CAMPO DE BAXÁN, que levará de semente  tres tegas de pan pouco máis ou menos.

* Iten máis a LEIRA DAS PENAS DE MELLE , que está cabo dunha do lugar de Melle, que a ten GRIGORIO CORUJO, que levará de semente tres celemíns de pan.

* Iten máis  a CORTIÑA DA FONTE DE RENTE, que leva tres tegas de trigo e está en brazo  doutra do outro  lugar de San Maeriño.

*   Iten máis  outra CORTIÑA DA PORTA da Casa de San Martiño, que levará de semente  tres celemíns de trio.

*  Iten máis  un leiro que está á  FONTE DA ERMIDA , cabo doutra  do outro  lugar , que levará  de semente  dous celemíns de pan.

*  Iten máis outro leiro á SERRA, darredor da Cortiña , que levará  de semente  tres celemíns de pan, cabo doutra  do lugar de XOÁN FERREIRO, que é de Samos, que leva de semente tres tegas  de pan-

* Iten máis un MALLO nos PRADOS DE RENTE que leva de semente tres tegas de pan..

O cal todo dixeron  ser propio  do dito Mosteiro   de Samos " in solidum" por así o teren visto  por seren   veciños e nados  e criados do dito lugar  e niso se afirman  e non asinan por non saber    , e  o dito XOÁN DE SAN MARTIÑO  confesúu tomalo en foro el e a súa muller  do Mosteiro de Samos  e seren a primeira persoa  e outras dúas  persoas despóis dela  en foro en pensión de cada un ano  de CATORCE FANEGAS   DE PAN E UN PORCO ESCALDADO  CO SEU PAN E UN CARNEIRO POR SAN XOÁN  e asó o dixo e confesóu  e non o asinóu  por non saber, como dito é. 

E visto polo Señor Meiriño  do susodito   por do dito Mosteiro propio e ordeóu  ao dito XOÁN DE SAN MARTIÑO  que el e a súa muller  e as persoas que despóis deles sucederen  no dito foro, dea e pague ao dito Mosteiro  de Samos  cada un ano a dita renda de suso contida  no seu tempo  e sazóns  obrigados segundo é costume da  terra. apercibíndoos  como os apercibía  que en non o pagando  serán executados por iso  sen outras medidas nin determinacións  algunhas  como se fose pasada en cousa xulgada  e por eles contida  e non apelada ;  o que o dito XOÁN DE SAN MARTIÑO  así o consentiu  e o dito Señor Meiriño  asinóu aquí o seu nome.

Testemuñas:  MIGUEL FERNÁNDEZ , crego e DIEGO ARMESTO e ALONSO DE SAN MARTIÑO, veciño de San Martiño de Barbadelo.LOPO DÍAZ.-

Passóu perante min AFONSO GALIÑA, escribán..-  E eu, AFONSO GALIÑA, escribán e notario público da Maxestade Real  na súa Corte, Reinos e Señoríos  en unión  cos dittos.

                         ******************************************************

                          TOPÓNIMOS EN SAN MARTIÑO DE BARBADELO  ( 1555 )

CASA DE SAN MARTIÑO , con cámaras e cortes. ERMIDA DE SAN MARTIÑO

AGRA DE MELLE.-AGRA DE RENTE.-  AGRO DE CORVELLE.-  AIRA DA VEREA.-   CAMIÑO DAS  BESTAS.- CAMPO DE BAXÁN.- CAMPO DE SAN MARTIÑO.- CORTIÑA DA FONTE LIMPA.-   CORTIÑA DA FONTE DE RENTE.-  CORTIÑA DE OUTEIRO.- CORTIÑA DA PAREDE DE  RIBA.- CORTIÑA DA PORTA.- CORTIÑA DA SENRA.-  CORTIÑA DE TRAS A AIRA DA VEREA.- CORTIÑAS DE MELLE. - CORTIÑEIRO  DA CASA.-  COSTA DE CORVELLE.-  FONTE DA ERMIDA.-   FONTE LIMPA.- FONTE DE RENTE.-  LAGAS DE SAN MARTIÑO.- LAMA DE MELLE .. LAMA DE RIOÁIS..  LAMELA DE ROZAS.,. LAMELO DO PORTO.- LEIRA DA ABELAIRA,.  LEIRA DE BAIXO DA NOGUEIRA.-  LEIRA DO BAÑO.-LEIRA DA CABRA.-  LEIRA DA CADELA,.   LEIRA DA CASA DA SERRA.  LEIRA DA COSTA DE CORVELLE.- -LEIRA DA ERMIDA  .- LEIRA DA FONTE LIMPA.-  LEIRA DAS FONTELAS.-   LEIRA DA LAMA DE MELLE...LEIRA DE PAZMÍGUEZ.-   LEIRA DAS PENAS DE MELLE.- LEIRA DO PEREIRO DE ARRIBA.-   LEIRA DOS PETOS.- LEIRA DE RIBA DA ERMIDA DE SAN MARTIÑO.- LEIRA DE SO PORTO.- LEIRA DO XUNCO.-   LEIRO DA CANCELA.-  LEIRO DAS CAVADAS.-  LEIRO DAS PENAS DE MELLE.-  LEIRO DA PORTA DA ERMIDA.- LEIRO DA PORTELA DA VEREA.- LEIRO SW RIBA DAS LAGAS.-  LEIRO DA SALGUEIRIZA DE MELLE.- LEIRO DA SENRA.- PAZAMÍGUEZ.-PENAS DE MELLE.-   O PORTO.- PRADO DA FONTE LIMPA.- PRADO DE SOLE.-  TOXAL  DE ROZAS.-  VALADO DE PERDIGUEIRA.-  A VEREA.- 

                            *********************************************************

                            TOPÓNIMOS EN SAN MARTIÑO DE BARBADELO ( 2025.)

                               CATASTRO DE RÚSTICA DO CONCELLO DE SÁRRIA

Comentarios

Publicacións populares