A Aviación en Sárria ( 1932 ,1933, l1934 )

 CAMPO DE AVIACIÓN.-  (30.11.1932 ) Chegaron a Sárria, procedentes da Coruña un comandante da Sección de Trasportes, un capitán de enxeneiros e un oficial do Corpo Xurídico para se faceren cargo dos tarreos para o Campo de Aviación de Galicia. Tamén chegou o comandante militar de Lugo Sr. Pereira

 AVIACIÓN.- ( 25.08.1933 ) No Campo de Aviación de  Corvelle foron recibidos avións militares, lugar onde  xa estaban oficiais  aviadores , para facer  probas . O 25 voaron riba de Lugo. O día 26 , perto de 20 avións que evolucionaron riba da vila de Sárria e arredores levando a numerosas persoas do público. O día 27 sairon cara Lalín para participar homenaxe ao aviador Loriga uníndose a outros avións procedentes de A Guarda.

A AVIACIÓN EN SÁRRIA.-  Procedentes das manobras militares regresaron á  súa  base desta vila oito avión.
Horas despois volveron ase elevar os aeroplanos e despois de efetuar algunhas  evolucións  desapareceron con rumbo á base de León.
Onte sairón outros once avións  en dirección a Madrid e Logroño-
No correo ascendente marchou onte parte do persoal subalterno e de tropa.
Pola noite foron obsequiados  cunha cea polo Marqués de Ugena, o comandante señor Maza, o capitán Sr. Rueda e os tenentes  señores Marínez e Lorenzo.
Hoxe partiron os dous únicos aparatos que quedaron no aeródromo desta vila.
(EL PROGRESO, 30.09.1934)

Comentarios

Publicacións populares