Semana Santa de Sárria ( 1924 )
SÁRRIA 1924.- A SEMANA SANTA nesta vila revestiu, dentro do que aquí é dable, extraordinario esplendor.
O Xoves Santo celebráronse os oficios propios do día en todas as igrexas desta vila, véndose moi concorridas estas polo serán con motivo das visitas aos Moimentos.
Na parroquial de Santa Mariña celebrouse , ademáis, o Viacrucis solemne e a "Hora Santa, saindo da mesma igrexa a procisión da Soidade e pronunciando o "Sermón do Mandato "o Reverendo P. Gardián do Convento de Franciscáns de Lugo, Frei Fermín Fernández ,elocuente e acertado como sempre.
O Venres Santo, igualmente, estiveron moi concorridos os oficios en todos os templos da localidade , e pola tardiña saiu da parroquial de Santa Mariña a procisión do Santo Enterro, que fixo un longo percorrido, e na que figuraban numerosos fieis.

Os atributos da Paixón eran portados por nenos con traxes de Nazareno ; numerosas nenas con preciosos e simbólicos traxes que resaltaban o conxunto, constituíndo como anxélicas criaturas, verdadeiro cortexo de acompañamento á Nai da Dor. A forza da Garda Civil deste posto daba garda á urna coa efixie de Cristo Xacente ; na presidencia figuraba don Pedro López Rubín, profesor do Seminario Conciliar de Lugo, o señor delegado gubernativo do partido ( Sr. Armada Piñeiro ) e este Concello en corporación, presidido polo Alcalde, Sr. Somoza García , coa asistenza do Secretario , Sr. Sarry e pechaba a comitiva unha Banda de Música.
Só temos que lamentar o que ( segundo particularmente nos informaron ) unha lixeira indisposición que aqueixa ao moi Reverendo P. Comendador do Convento de Mercedarios desta vila nos teña privado de escoitar coa satisfación que sempre produce a súa elocuente palabra, o sermón que lle estaba encomendado e é costume ao entrar a procisión de referenza na conventual igrexa dos Reverendos PP Mercedarios. Facemos votos polo seu rápido restablecemento e rematamos expresando ao Ecónomo e Coadxutor de Santa Mariña desta vila, Sres. Fernández Sánchez e Carrozas López, respeitivamente, a nosa máis cordial noraboa polo bon suceso da procisión que reseñamos, que certamente respondeu ás súas fatigas para organizala o mellor que lles foi dable e ao seu acreditado celo. (Un Gallego.- EL PROGRESO, 23.05.1924)

Comentarios
Publicar un comentario