Teatro na Pobra de San Xiao ( 1928 )
ESTREA DE " ALUCINACIONES". (20.04.1928)
O sábado día 20 do mes de abril celebrouse na Pobra de San Xiao unha velada que resultou entretida , representándose no local da "Sociedad Recreativa y Cultural" e diante dunha nutrida representación de Sárria, que ocupaba case que todo o local, e da que formaban parte moitas e distinguidas señoritas , a comedia dos nosos distinguidos amigos D. Ricardo Núñez e D. Amaro Álvarez, titulada ALUCINACIONES .
A obra que gustou e se aplaudiu moito, foi represemtada con grande propiedade polas señoritas da Pobra de San Xiao, un dos autores , D. Amaro, e o mestre nacional de Vilapedre. A continuación interpretouse a comedia dramática "Amor de Madre " e o xoguete cómico "La Quinta de Don Bonifacio" por uns artistas que accidentalmente se encontraban na localidade; sendo tamén aplaudidos.
En fin, os noventa e tantos sarriaos que voltamos perto das dúas da madrugada viñamos moi satisfeitos.
Felicitamos cordialmente a D. Ricardo e a D. Amaro , como autores da obra e polo interese que toman polo progreso da Sociedade ( AURIGA)
( EL ESTRELLAO, nº 7, 6.05.1928)
*********************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario