Accidente ferroviario ( 1928 )
ACCIDENTE DESGRAZADO ( 3.08.1928 ).- Ocurriu no túnel grande do Oural unha sensible desgraza da que resultaron feridos tres soldados , do Reximento de Aerostación de Guadalajara que viaxaban en tren militar co obxecto de asistiren ás prácticas de tiro que se celebrarán en Ferrol.
Debido á grande cantidade de fume que se concentrou no túnel , o pánico apoderouse duns soldados que temian asfixiarse. Tres deles, chamados Pedro Mayoral, Esteban Barba e Juan Vázquez, cometeron a imprudencia de se tiraren á vía, resultando os dous primeiros con feridas leves e o último coas pernas seccionadas , que dado o seu grave estado foi levado ao Hospital Municipal, no Mazadoiro, onde foi asistido con toda solicitude polos doutores D. Pedro Saco e D. Casiano Pérez-Batallón . Dado o estado de prostración do ferido pola grande perda de sangue non puido ser operado no momento, o que fixeron onte, con todo éxito, os xa citados doutores.
Äs Damas da Cruz Vermella , recordámoslles a súa santa misión e caridosos sentimentos ( "El Estrellao", nº 20, 5.08.1928 )
ENTERRO E FUNERAIS.- O pasado domingo tivo lugar a condución dos restos mortais do soldado do Reximento de Aerostación de Guadalajara Juan Vázquez, vítima do accidente ferroviario do que demos conta no anterior número. Este acto foi unha verdadeira manifestación de dó , o pobo enteiro acudiu a tributarlle a derradeira homenaxe ao malogrado mozo.
Presidía o dó o Excmo. S Marqués de Prado Alegre, un tenente do Reximento ao que pertencía o soldado e as autoridades locais.
Os funerais pola súa alma , costeados pola Asemblea da Cruz Vermella verificáronse ao día seguinte , luns, na igrexa dos PP Mercedarios, aos que asistiu moita xente.
( "El Estrellaos",nº 21, 12.08.1928)
Comentarios
Publicar un comentario