Notas de Aviación ( 1928 )
NOTAS DE AVIACIÓN.- 1.07.1928. O 25 de xuño ás sete e media do serán chegaron ao Campo da Cha de Santa Marta dous avións de recoñecemento e bombardeo tripulados polos sarxentos pilotos D. Leopoldo Palomo e D. Antonio García e mandados polo suboficial piloto D. Francisco Torre-Marín, fillo do noso bon amigo D. Xosé. A pesares de non ter habido coñecemento da chegada ata hora e media antes da aterraxe estivo o campo moi concorrido, sendo recibidos os aviadores con aplausos e entusiasmo xeral.
Ao día seguinte ás sete do serán marcharon os aviadores ao campo de aterraxe , que como a tarde anterior, estaba moi concorrido para despedilos, e ao poñer en marcha un aparato foi alcanzado pola hélice o sarxento D. Leopoldo Palomo, que lle causou unha ferida de bastante extensión na cabeza e que milagrosamente non tivo consecuencias graves , grazas aos auxilios que inmediatamente lle prestaron ademáis do público os doutores que se achaban no campo, por este motivo non puido sair cara Monforte nada máis que un dos aparatos tripulado polo suboficial Torre-Marín e o sarxento García, que antes de marcharen deron unhas voltas por riba do campo e a cidade , para nos daren unha grata despedida. O sarxento Palomo, grazas aos coidados dos doutores, mellorou rápidamente e , xa case ben, saiu para Madrid. Escusamos dicir que os tres aviadores marcharon entusiasmados do magnífico campo de A CHA DE SANTA MARTA.
( "El Estrellao", nº 15. 1.07.1928 )
Comentarios
Publicar un comentario