Manobras militares en Sárria ( 1932 )

CRÓNICA MILITAR.-  ( O xeneral Francisco Franco en Sárria ).Despois das manobras de Sárria.- Na vila de Sárria onde realizou manobras o Reximento nº 12    de guarnición en Lugo e Ourense, realizáronse en distintos días exercizos  variados con arranxo ao plano previsto polo mando. O día 11 foi  inspecionado polos ilustres xenerais, señores  Varela  Valdés  e Franco   , da División e Brigada  respeitivamente, un exercizo de  ofensiva con tiro real por parte  do primeiro batallón e de marcha de  aproximación o segundo que ían mandados polos comandantes señores Mena e Aláez, sendo director dos mesmos o tenente coronel señor Soto Rodríguez. Malia á chuvia torrencial ralizaronse ámbolos dous exercizos con grande precisión e espíritu de disciplina, quedando altamente satisfeitosos   os    citados xenerais , que felicitaron ao coronel Sr. Giral e demáis xefes e oficiais que neles tomaron parte.´


 Ao serán ofeceuse no  Salón de Sesións do Concello un "lanche" na honra dos distinguidos xefes e oficiais do Reximento, ao que asistiron as autoridades e elemento oficial  da vila.
Ao facer a entrada  a oficialidade  , á fronte da cal ía o coronel do Reximento a Banda de Música interpretou o Himno de Riego. Ofreceu a homenaxe  o distinguido  e veterano republicán alcalde da vila D. Xoán Manuel Somoza , pronunciando un elocuentísimo discurso, manifestando que lle producía satisfación ver  a fraternidade existente entre o pobo e o Exército, ensalzando o espíritu do Reximento e o afeto deste  cara  o pobo de Sárria, en cuxo nome trasmitía  un afetuoso saúdo a tan distinguida oficialidade , clases e soldados rematando cun fraternal abrazo ao coronel Sr. Giralt e  vivas a España e, ao Reximento  nº 12 que foron unánimente contestados por  todos os asistentes ao acto.


Fai uso da palabra o Sr. Giralt, quen visiblemente emocionado, agradeceu no nome do seu Reximento, o cariñoso recebimento dispensado tanto por parte das autoridades  como do pobo, honrándose con acharse efectuando as manobras nunha vila tan simpática e fraternal para co Exército e dándolle as grazas ao señor alcalde pola homenaxe que se lles tributaba , e rematando o seu elocuente discurso con entusiastas vivas  a España, á República, ao Exército  e ao pobo de Sárria, que foron, como anteriormente, contestados.


O día  12 tivo lugar no Hotel Roma  un banquete na honra  do coronel Giralt , dada pola oficialidade a este, con motivo da súa ausencia por asistir ao curso de xenerais para ascenso a xeneral de brigada. Concorreu toda a oficialidade e ao acto asistiu convidado o señor Alcalde . Ofreceu o banquete o tenente coronel Sr. Soto Rodríguez, quen en brillants párrafos puxo de releve as altas virtudes militares do distinguido xefe, que se fai querer e respetar dos seus subordinados, facendo resaltar o espíritu fraternal que  o informa en todos os seus actos e o acendrado cariño que profesa ao persoal do Reximento. O coronel fai uso da palabra para agradecer a homenaxe  tributada poñendo de relevo o labor dos seus subordinados, que lle facían doado o mando, manténdose  na máis complelta disciplina e cumprimento dos deberes militares, en cuxo camino os exhortaba a seguiren polo ben da Patria, ra República  e o Exército rematando con tres vivas . que foron contestados con entusiasmo por todos os presentes.


Pola noite tivo lugar no Casino  un animado baile , dado pola oficialidade do Reximento, na honra das belas señoritas  de Sárria, que estivo concorridísimo e durou ata altas horas da madrugada.O 13 regresaron as forzas ás súas respectivas bases.

(EL PROGRESO . 14.10.1932 )

Comentarios

Publicacións populares