Cruz Vermella de Sárria ( 1928 )

A FESTA DO XOVES, EN BENEFICIO DA CRUZ VERMELLA.NA VILA.-

Cando fun á vila o xoves / para oir o que se rombaba / soupen había teatro /  e  merquei unha botaca / que me custou dúas pesetas, / ¡ dounas por ben empleiadas ! /que diz eran para Cruz Roxa / que tanto ben fai á patria / Cheguei ó teatro ás nove, / ensinei na porta a entrada / e quitáronlle un pedazo / ¡ por pouco lle rompo a i-alma ! / pero a xente que alí había / díxome tivera calma ; / destonces Antón de Eirexe  / levoume á miña botaca./ Senteime no travesaño /onde rabeaban as cachas / hastra que o que estaba ó lado /dixo a trapela baixara./ Escomenzou   a función / ¡ que abofé que tiña grácea ! / pois levantaron un lenzo  / onde vin o que alí pasaba / Dicían : "Hai que vivir"  / e cada vez que o baixaban / todos dabamos coas maos / con tal forza que rabeaban  / Ó último parceron / unhas mozas Segovianas / vestidas de día  de festa / ¡ ai Marica ! ¡ Que  rapazas !/ "As do Soto do Parral "/ dixeron que se chamaban /  Tras elas viñan os mozos / e todos moi ben cantaban /  Ó de casarse moi pronto / daban os noivos palabra ./¡ Xa cho creo  ! ¡ miña xoia !  / pois calquera se casaba / ¡ Marica ! ¡  quérote moito ! / pero , con tales rapazas ,  /estaba baixo o parral / anque fora unha  semana./ Felicito á direutora / muller xentil, nobre dama,  / a moi dina presidenta / da Cruz Roxa da Comarca/  (ARIES HALLEY  )

No Cine-Salón cedido gratuitamente polo Sr. Barbagelata, coa súa habitual xenerosidade , tivo lugar na noite do xoves unha grande  función de teatro organizada pola Cruz Vermella desta Vila. Tanto o resultado artístico como o económico foron insuperables.

Son as dez da noite, o teatro, abarrotado,ofrece  brillante aspecto.Vese alí reunido o mellor da nosa boa sociedade .Por todas partes belas mozas  que cos seus falares e as súas risas dan una simpática e alegre nota.

Tres preciosas mociñas ,Paquita Vázquez, Carmela Quiroga e Elena de Oñate venden esquisitos bombóns , tamén a beneficio da Cruz Vermella.
Solita P.Batallón  e Manuel Vázquez Saco, ao piano e violino, respectivamente, executaron obras escollidas.

A boca do escenario aparecía totalmente adornada con follaxe e flores  destacando na parte superioro o distintivo da Cruz Vermella entre a bandeiras de España e de Galicia.
Empezou a festa cunha fermosa poesía admirablemente leída por Matías de Oñate. Seguidamente levantouse o pano   e o público segue con interese crecente  o desenvolvemento da obra "HAY QUE VIVIR" que en forma maxistral representan os distinguidos artistas.
Elisa Rodríguez, desfigurada por unha cruel- aínda que necesaria- caracterización , representa de maneira admirable o seu difícil papel.É realmente unha característica de primeira.
ANDREITA DELGADO , preciosa co seu traxe de cociñeira, é a artista de sempre  que todos admiramos; fala, e  a súa voz cantareira, melodiosa ,  exténdese pola sala producindo no público estremecementos de emoción. O seu acento dramático, a súa sinxeleza  candorosa  , conmoven profundamente.
MELÉ  DEIBE  como sempre, guapísima, coa súa naturalidade   e a súa graza pintoresca, é una actriz insuperable. Na escea que ten con Andreíta  no segundo acto, podían servir de modelo a moitos profesionais.
ROSIÑA DE OÑATE, a beleza e distinción personificadas, , fixo con inxenua graza e de maneira imponderable o seu curto papel
Dos homes, sen discusión,  o mellor, Celestino Gómez Somoza. Moi gracioso Anxeliño P .Batallón e moi ben Matías de Oñate, Emilio Zaera e Luciano e Luis Macía.
Ao remate de todos os actos grandes aplausos premian o labor dos artistas.

No intermedio do segundo ao terceiro acto Rexina Saavedra canta coa súa bonita e  ben timbrada voz un lindo cuplé . Luciu o seu donaire peculiar imprimindo ao mantón de Manila esa graza , esa graza que parecía patrimonio das fillas de Andalucía . A xigantesca ovación  que se lle tributou  como merecido premio á súa magnífica actuación  fai que a guapa moza  volva cantar, quizais mellor, o mesmo cuplé. O publico entusiasmado  aplaude frenéticamente.

Como fin da festa , Lolita López,Xuliña Deibe, Rexina Saavedra, Puriña Zaera, Rosiña  Oñate, Melé Deibe, Andreíta García Delgado e Elisa Rodríguez, peciosas cos seu traxes e segovianas, e acompañadas por don Luis Penoucos, Manolo e Anxeliño Batallón, Matías Oñate , Emilio Zaera, Celestino G. Somoza, cantaron  estupendamente  o coro dos namorados de LA DEL SOTO DEL PARRAL. O efecto é marabilloso; se por un lado  nos atrae a beleza  rubia de Puriña , polo outro fascínanos a cara preciosa e ollos soñadores de Xuliña  , Loliña moi guapa,  destacando por certo a sua voz no coro e....falarvos de Rosiña , de Elisa, de Andrea ?.

Faise notar entre os homes a formada voz de barítono de Penoucos.

En todo o labor dos distinguidos afeizoados advírtese unha  depurada e exquisita dirección artística, non podía ser senón así estando ésta  cargo da Sra Marquesa de Ugena.
Chamaron  prodixiosamente a atención os interiores  de  aula, comedor e cociña que se estrearon  e que foron confeccionados baixo da dirección da Sra.  Marquesa de Ugena  e da señorita Rosario L. Acevedo , axudadas por D. Celestino G. Somoza e Matías Vázquez. iO bon gosto, a elegancia , o chic, presidiron  o adorno dos mesmos. Ao fondo do decorado da sala víanse dúas magníficas acuarelas  obra de  D. Celestino G. Somoza.

Reciban pois organizadores e artistas a noraboa  máis entusiasta, non esquecendo  a aqueles  que non desempeñaron os máis difíciles papeis  e que , emporiso, polo seu traballo calado, non colleitaron os aplausos  que merecen, como son Xosé V. Castiñeira , denodado apuntador, e Xesús Puche , Secretario da Cruz Vermella, que levou o peso da parte administrativa da velada. Aplauso merece o desprendemento dos do Cine-Salón , que nada cobraron, e o Sr. Gayoso que sumistrou luz gratuitamente.
O presidente da Cruz Vermella, Antonio González Macía, non puido tomar parte activa nesta festa polo triste motivo de todos coñecido (ALCOR)
( "El Estrellao", nº 4, 15.04.1928)
**********************************************************************************

A FESTA DA CRUZ VERMELLA.-  O martes pola noite, e co mesmo ou maior suceso que a vez anterior, repetiuse a velada teatral a beneficio da Cruz Vermella.Na sala de fumar do teatro instalouse un bar moi ben servido.

Empezou a función da lectura dunhas cuartillas, admirablemente escritas , e nas que Celestino G. Somoza explicou con elegantes palabras  o obxecto e fin da Cruz Vermella.
Repetiuse íntegro o programa do xoves ,  aumentado con varios cuplés novos que cantou Rexina Saavedra, coa arte marabillosa á que nos ten acostumados, obtendo grandes ovacións e no último luciu un magnífico mantón de Manila  que o día de San Xoán rifará a Cruz Vermella.
No coro, Purita Zaera, que se acha na Rúa, foi sustituída por Carmenchu Páramo preciosa  e distinguida rapaza lucense que na casa dos Marqueses de Ugena  estivo pasando uns días . Igoal que na velada anterior una linda mociña , Molusa Vázquez, executou ao piano admirablemente algunhas obras.

Entre clamorosos  aplausos acabou o espectáculo, deixando a todos ,organizadores, intérpretes e espectadores , un grato recordo. De desexar é que estas festas, tan agradables , se repitan con máis frecuencia , xa polo benéficio da súa finalidade, xa pola diversión de bon gosto que constitúen e que interrompe a habitual monotonía da vida  nesta fermosa vila ( ALCOR )

ALELUYAS.-  Buena estuvo la función  /dada en el Cine-Salón. /  Una enorme concurrencia / lo invadió con su presencia./ Y en verdad lo merecía / la lucida compañía./Que con garbo y donosura/ da la nota de cultura./Han captado con su arte / aplausos de parte a parte./ Que a todos sin excluir  / agradó "HAY QUE VIVIR"./  Así  mil gracias señores / merecen los directores / Que la Cruz Roja  invocando / van recursos allegando /Dios piadoso desde el Cielo / a los pobres dé consuelo /.  (POLUX )

*******************************************************************************

Comentarios

Publicacións populares