Acción militar en Sárria ( xuño-outubro 1486)

Nos meses de xuño a outubro de 1486  houbo a longa acción militar no "Sitio de Sárria ", con emprego de tropas procedentes de Castela,,  para vencer a resistenza do Conde de Lemos á autoridade real

Como consecuencia desas  actuacións fixéronse diferentes pagamentos. a ).- A Alvar González de Ribadeneira, por escudeiros e peóns, 6 pagas  de maio a outubro ( 143.525 maravedís ). b).- Provisións  contidas no real de Sárria ( 122.606  maravedís ). c).-  Cousas  de extraordinario gastadas  no real de Sárria ( 4.578 maravedís) .d).- Pagamento á xente da capitanía ordinaria do gobernador, cando foron a Sárria. Pagou Álvarez de la Serna  ( 763.500 maravedís ).

Nota: A tenza máis importante era a de Sárria ,en mans do alcaide e mordomo Álvaro de Villasur, con 100.000 maravedís ao ano , de soldada e  por obras de repararos que se fixeron entre 1490 e 1491.
En 1497 pagaron : a ).-  Álvaro de Villasur ( 33.333,33 maravedís ). b) A Xil Gómez de Cedrón, da Pobra de Neira, por unha lanza : 4000 maravedís. b) A Gonzalo Pérez de Sárria, por unha lanza: 4.000 maravedís. c)  A Álvaro González de Ribadeneira, ( " cuxa é A Barreira" ), 10.000 maravedís, pola súa persoa, e 10 lanzas ( 40.000 maravedís) d) .- Frei Alvaro de Quiroga, Comendador de Portomarín, e o seu fillo Pedro de Páramo, 4 lanzas ( 16.000 maravedís )

Resulta así que os Reis Católicos para acabar coa rebeldía do Conde de Lemos, ademáis das tropas chegadas de Castela, servíronse  do alcaide da Fortaleza e de señores territoriais da contorna, aos que pagaron xenerosamente  pola súa colaboración.

Deste "sitio" de Sárria , de máis  máis de catro meses de duración , poidera ser que procedesen os bolaños achados cando se rebaixou o Campo da Feira para facer as naves do Mercado Gandeiro, e que o Concello daquel tempo non coservou.


Comentarios

Publicacións populares