IMAXES PARA SANTA MARIÑA DE SÁRRIA ( 1772 )
NA IGREXA DE SANTA MARIÑA "A VELLA " DERRUBADA EN 1853
A Mordomía de Sárria, dos Condes de Lemos-Marquesado de Sárria- pagou en 1772 oitocentos reais por dúas imaxes de San Xosé e San Xoaquín , feitas da orde da S.E, para o retábulo maior da igrexa de Santa Mariña de Sárria.
NA IGREXA DE SANTA MARIÑA " A NOVA" ALZADA POLA TESTAMENTARÍA DE DON XOÁN MARÍA LÓPEZ DE ALMANCE ( O CURA DE NULLÁN )
No alatr maior: Imaxe de SANTA MARIÑA, obra do escultor Isidoro Brocos. As imaxes do Sagrado Corazón de Xesús e do Sagrado Corazón de María foron doadas pola Marquesa de Casa López, dona Andrea de Andrés Sánchez, viuva de don Matías López López.
A imaxe de SAN XOÁN BAUTISTA , padroeiro da vila é tamén obra de Isidoro Brocos.
O CRISTO CRUCIFICADO, de grande tamaño, é da autoría do escultor MAGARIÑOS-
As vidreiras coas imaxes da Purísima Concepción, San Matías e Santo André , no ouso, foron doadas por Matías López López.
A imaxe da VIRXE DA SOIDADE, que é de vestir, procede de Madrid e foi doada polos promotores da Confraría da Virxe da Soidade ( século XVIII ).
A imaxe da Nosa Señora do Perpetuo Socorro debeuse a unha doazón das irmás García Vázquez.
Outras imaxes: Nosa Señora de Fátima, Purísima Concepción. San Luis Gonzaga, San Nicolau de Bari, Nosa Señora da Mercé, San Francisco de Asías...
Comentarios
Publicar un comentario