Viaxeiros na Terra de Sárria


" ..... Chegamos a Sárria, Toda esta comarca é fertil, áinda que montuosoa e pouco poboada; a carne  de porco é nela o alimento principal, e verdadeiramente a xente do país é porcallenta sobre de toda ponderación ...." ( Xerome Munzer, 1494 )

 ....................................................................................................................................................................

".........Desta casa ( Samos )outro día partiu o Peregrino Curioso para Sárria, cabeza de Marquesado. É vila pequena. Hai unha casa pequena de Agostiños. É buena vila que é cabeza de condado ( ? )..." ( Bartolomeu de Villalba Esteña)
..................................................................................................................................................................

          Marzo. Primeiro ( Portomarín, Laxe, Sárria: 22 quilómetros polo actual Camiño Francés )
Xovés pola mañá saímso e a unha légoa está Laxe ( "La Hujada"). Vaíse por grandes montañas, e hai polo camiño e ás beiras moitos pobos, e oíamos os repeniques das campás e a xente  vestida de festa por se celebrar a do Anxo Custodio. E a dúas légoas descobrimos o Castelo de Sárria nun alto e unhas fermosas veigas  nun grande val co seu río, e moitas arboredas, e repatimentos en leiras, todo ben disposto,  Baixamos unha grande costa e pasado o río sobimos a Sárria, que é un bon lugar ( cabeza do seu marquesado, diocese de Lugo 9-  isto está escrto á marxe - en forma de cidade , coa súa rúa principal  que ven dende o baixo da costa do Castelo ata o cabo do lugar, onde está a igrexa parroquial , e outra no principio. E hai outras rúas  e un mosteiro de frades agostiños . Terá uns catrocentos viciños e o castelo , están s murallas por moitas partes cobertas de edra e ten unha boa casa dentro, Cheguei  a cousa das once. Dixen deseguido misa  e acudiu xente dabondo a oíla. Aquela tarde fixen a información, Os máis da vila sairon a pescar troitas ao río, Aquela noite os rapaces do lugar amosaron que non son menos travesos que os de Códoba, pois facendo un frío e vento intolerable, cunha gaita zamorana, e buguinas , e moitas voces e bruido inquedáronnos toda a noite.

  ( 1 de marzo de 1612.- Bernardo Xosé de Aldrete-coengo de Córdoba )
...............................................................................................................................................................

.( 1743 )
,......"  xa estaba desesperado tan perdido naquela montaña , até que ao lonxe escoitei o  estrondo dun carro  e eu encamiñeime a súa percura e atopei un carreiro  que me indicou o camiño de Triacastela, a vinte millas do Cebreiro, máis eu fixera máis de cornta naquel bensito día , así que procurei unha pousada, e fun acollido nunha palloza e déronme un pouco de palla, case sen ne alimentar de cousa ningunha o mencionado día,  que se tivese querido mercar algo cos meus cartos nin xiquer se atopaba, porque son aldeas desertas  e infelices, algo de non ser crido; que naqueles lugares non se atopa máis que pan de gran da India que o pantrigo véndese como reliqia , viño non se gasta, que ven algo de lonxe cando hai bon tempo, e vai moi caro, pensade que cousa boa pode ser o que vai dun lugar a outro, nin hai auga boa de fonte, senón que son augas de chuvia, nin se usa carne de ningunha clas , só polos e ovos, non hai lácteos nin verduras, senón só abundancia de nabos ; de legumes hai moita abundancia , de froitos só hai castañas e non falemos xa de cousas delicadas , que non saben  nin o que é iso.
Nin hai pousdas nin pensións  onde se poida aloxar un forasteiro, se ben é verdade que estes camiños  non os percorren máis ca os peregrinos, e se de casualidade se atopa algunha pousada, non hai máis ca ovos e viño 
 
 
.... pásase polo porto do Cebreiro co lugar deste nome, famoso polos ricos queixos que nel se traballan. De aquí baixase ao reino de Galicia pola lugar da Fonfría ata o de Galegos, onde se encontra unha pousada chamada Mesón Real". (  Galegos, Concello de Lancara ).
( Alexandre Laborde, 1809)
.................................................................................................................................................................

.....................................................................................................................................................................

Comentarios

Publicacións populares