ARRIEIROS DA TERRA DE SÁRRIA

                                     ARRIEIROS DA TERRA DE SÁRRIA

Até que se abriron as primeiras estrada na Terra de Sárria  dende o ano 1850 en adiante  a vida comercial e os desprazamentos de persoal fixéronse polos vellos camiños secularmente seguidos entre os que se deben sinalar: a ).-.O camiño francés de Santiago entre o Cebreiro e San Pedro de Portomarín. b ) O Camiño francés de Lugo a Monforte de Lemos pola Ponte de Neira. c ).- O Camiño francés de Viduedo a Lugo pola Ponte de Carracedo. d ) O Camiño de Sárria ao Courel por Samos. e ) O Camiño de Sárria a Lugo pola Pobra de San Xiao. e ) O Camiño de Sárria a Aranza en direción a Asturias. f ) O Camiño de Sárria a  Chantada e Pontevedra pola Feira de  Paradela ( Vilamaior  ) , Castro de Rei de Lemos. e a Barca do Pincelo   g ) O Camiño de Portomarín a Monforte de Lemos. h ) O Camiño de Portomarín a Mondoñedo pola Ponte de Neira. i ) O  Camiño de Sárria ao Incio . l ) O Camiño de Monforte de Lemos á Esfarrapa e con ramal  á Ponte de Carracedo. m ) O Camiño de Sárria a Quiroga pola Feira de Rubián. n ) Camiño de Monforte de Lemos a Vilafranca do Bierzo  por Foilebar o Monte Iribio. ñ ) Camiño de Sárria ao Páramo por Friolfe.o ) Camiño de Sárria a Paradela por Vilaragunte. 

No ano 1753 o número de arrieiros  que andaban no trato  na Terra de Sárria:

O INCIO.-  San Xoán de Noceda: Pedro de Paulo ( con 4 machos ou mulas ), Tomé Quiroga  e Froillán Quiroga.

LÁNCARA : Santiago de Cedrón : Xacob Valín, taberneiro (  2 machos );  Xosé Cabana , taberneiro  ( 1 cabalería ); Domingos Pombo, Diego de San Gil ( 2  )Froilán de Agustina Sanchez. ** San Xoán de Muro : Bartolomeu Paz.**San Martiño de Oleiros: Xosé García de Neira.**San Martiño de Río:  Diego Rodríguez  ( 2 ) ** Santa Mariña de Vilaesteva de Herdeiros : Xoán Vázquez ( 2 ).-** Santo Estevo de Vilouzán : Cibrao Valcarce  2 ), Antonio López ( 1 macho )

PARADELA: San Miguel de Paradela : Domingos López.** San Vicenzo de Paradela: Amaro González e Domingos Villalba,

SAMOS : Santa Marta de Castroncán : Francisco Sánchez  e Xoán Snchez ( viño ).**Santa María de Montán : Francisco Pérez ( 2 cabalos ).** Santiago de Renntiche:  Antonio Pérez e Francisco Valcarce.

SÁRRIA: Santiago de Barbadelo: Nicolau López ( 3 machos ), Santo Estevo de Calvor: a )Maragatos e arrieiros: Antonio López,Domingos Valcárcel, Xoán González, Xosé Caramés, Leonardo García, Manuel López e Manuel García ( trata do viño ).b) Arrieiro: Xosé Campo. ** Santiago de Castelo dos Infantes:  Domingos Sánchez ( sal e viño )-** San Xulián de Chorente : Xoán de Losada ( 3 ), Xoán López ( 2 ). Bernardo López ( 3 ).  Diego Díaz, Diego Alonso Díaz, Anxo Pérez. ** San Sadurniño de Ferreiros: Xoán Sánchez ( 2 machos ). ** San Martiño do Fontao: Francisco López ( 2 machos ).** San Pedro de Froián: Ambrosio González e e Xacob do Penedo ( sal dos portos e viño dos ribeiros a feiras e tabernas )** San Sadurniño de Froián: Comerciando en sal e en viño, Diego González ( 2 ), Xoán López ( 3 machos ); Rosendo Vázquez ( 3 cabalerías e 1 burro ) , Xosé Fernández ( 3 machos ). Xoán Fernández Gallego  ( 1 cabalo ), Xoán Fernández de Teibente  ( 2 burros ), Pedro Taboada ( 2 cabalerías ), Manuel Pontón ( 1 cabalo ). ** San Vicenzo de Froián: Alonso González. ** San Martiño de Loureiro: Sebastián Taboada ( 4, para a trata do viño ). ** San to Estevo do Mato: Xoán López ( 2 cabalerías ).** Santiago de Nespereira : Domingos Arias ( 2 cabalerías ), Marco Arias ( 2 cabalerías ). ** Santo André de Paradela: Pedro López ( 2 ). ** San Salvador da Pena : Domingos López de Vila de Tres ( viño, para tabernas, sal e ferro ). ** San Miguel de Piñeira: Pedro Arias. ** San Fiz de Reimóndez : Pedro López e Xoán do Alvaredo  ( 2 machos ). ** Santa Mariña de Sárria: Manuel García, sobriño de Xoán Teixeiro ( sal e outros froitos )** Santa María de Vilamaior : Francisco López ( 2 cabalerías ). ** San Miguel de Vilapedre: Domingos López ( do viño )  e Antonio López ( do viñ). ** San Salvador de  Vilar de Sárria : Antonio López e Manuel  Sánchez ( sal e  vio ).

TRIACASTELA: San Breixo da Balsa ; Xoán Carballo, **Santalla de Guilfrei : Felipe Valcarce, Lucas de Cela, Francisco Freijo, Manuel Roca e Domingos de Santiago .** Santa María da Vilavella : Domingos  Gaio, Xoán da Veiga.


Comentarios

Publicacións populares