CONCELLO DE SÁRRIA ( 1890 )

                             SESIÓNS DO CONCELLO DE SÁRRIA ( 1890 )

                            ALCALDE : XOSÉ VÁZQUEZ CASTIÑEIRA

1  de xaneiro.-  Constitución do Concello: Xosé Vázquez Castiñeira ( Alcalde ), 1º Tenente Alcalde: Anxo Fernández Gallego 2º Tenente Alcalde: Camilo García Vaamonde  3º Tenente Alcalde ;  Amadeo Macía Vázquez 4º Tenente Alcalde: Santiago Sarry Valcarce. Rexidor Síndico:  Xesús Carreira Carrete. Rexedor Síndico 2º: Modesto Rivas Viñas. Concelleiros: Xosé López Vaamonde, Manuel Rivera Macía, Evaristo Gayoso Losada, Euxenio Álvarez López,  André de Castro Vázquez, Antonio Grandas López,  Amador López Martínez, Xosé González Pérez, Pedro Rodríguez de Tribui, Antonio López de Teibalte, Modesto Rivas Viñas, Xosé Losada Vázquez.  Sesións, horario de inverno:  3 da tarde. Horario de verán:  5 da tarde.

1 de xaneiro.-  Elección dos maiores contribuintes.

2 de xaneiro.-  Nomeamento de Comisións.- Formación do inventario  de bens do Concello.- Nomeamento  de Alcaldes de Barrio.- Aproban da compra de 10 libros para o Rexistro Civil.

9 de xaneiro.- O concelleiro  Macía Vázquez "babardea" con posicións pouco fundadas,. Ocupación do camiño que ía dende o paso a nivel da Áspera ía cara Penagache ( Maside ).- Referencia á Arca de Fondos, caixa de pino para garda de diñeiro e documentos ( arca de tres chaves ).. Acordan comprar un caxado de mando para o alcalde e unha bandeira.- Acordo de formar un Regulamento Interior para o Concello.

16 de xaneiro.- Non houbo sesión,.

18 de xaneiro.- Acordan que a nova Arca de Fondos sexa de madeira xa que o Batallon de Reserva tamén a ten así,.  Non acceden a enviar pezas de convición  de furto, de Tomé Sánchez López, por conta do Concello  á Audiencia do Criminal de Lugo.- Siguen causa contra Antonio Fernández e Manuela López, de Vigo de Vilar de Sárria,  por roubar leña no monte común. Axuda  de 25 pesetas para a pobre  Ramona Iglesias, de Ferreiros, de 60 anos, procedente da Inclusa.-  Informe sobre o Camiño de Penagache. Presuposto do mes: 3.449, 62 pesetas,INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS ( primeiro inventario contendo a descrición dos bens publicos do Concello e da Xunta Carceraria )23 de xaneiro.- Denuncia de peligrosidade de incendio na Casa de Xosé María Rodríguez.-  Gasto de 16,50 pesetas por limpar de reblo a Rúa Maior.- 151 pesetas para arranxo de mobiliario do Xulgado encargado aos comerciantes Xosé Gayoso e Domingos Prado.-  Redacción do Regulamento da Policía Municipal para que faga servizo pola noite,. Pasa á Comisión o arranxo da Corga do Río,.  Compran tres ferrados de madeira paramedidas de   control das vendas de centeo

23 de xaneiro.- Non se celebrou sesión.

25 de xaneiro,- Coñecemento de Circulares.-  Manuel Reboiro Lois solicita licenza para facer unha casa na Cortiña de San Lázaro.- 15 pesetas  para o doente Francisco Vázquez  e esposa de Vigo de Vilar de Sárria. Expediente para instalar en Sárria un Hospital para doentes pobres aproveotando unha subvención de 3.000 pesetas da  Deputación Provincial.- Lista de compromisarios para a elección de Senadores.-  Fixación de cinco colexios electorais.- 

30 de xaneiro.- Non se celebrou.

6 de febreiro.- Sobre Consumos.-  Reclamaciós do encabezamento do viño.-  Xosé Xacobo Cabada remata  o lastrado  de 80 m/2 na Rúa Maior.  Incendio no Forno de Manuel de Castro.- Arranxo das vía publicas.-  Permiso de 15 días por asuntos propios a Santiago Sarry Valcarce.

27 de febreiro.-  Acordo de exceptuar da venda os montes comunais.- Formación da Xunta Local  de Ensino Primario.- Francisco  González, garda municipal, comunica que jun vento furacanado derrubou  tres farois do alumeado publico. Gastos en febreiro:  3.449, 62 pesetas. Para marzo: 3.449,62 pesetas.-Acordo de cepa das árbores publicas.- Proxecto de Francisco Pousa para facer  escaleiras,aliñamento, encanamento augas suxas, lastrado e beirarrúas dun treito da Rúa Maior , realización  Xoán Castro

6 de marzo.- Peche da finca "Olga" no quilómetro 34,400 da estrada de Monforte.- Denuncia por obras en Céltigos.- Pagan  150 pesetas ao mestre de obras Francisco Pena  polo proxecto de bancos para o Campo da Feira  e arranxo de rúas.- Fan a beirarrúa dos números pares entre a Escaleira da Fonte.

13 de marzo.- Manuel Mº Rodríguez pide que lle concedan as augas de chuvia que baixan pola rúa Maior para regar a horta da súa casa ( nº 72 ).- A Escola da Pena, na casa de Xoán Rodríguez Pérez, con dous ocos , tiña por dimensións  4 x 5 x 2,5 m/2 e o mestre  non poñía aula dende máis dun ano atrás, cobra e atende os bens do seu pai e seguen expediente de  reintegro de haberes na súa contra.-  Acordan mercar 7 columnas para farois do alumeado publico.-  Acordan rectificar os treitos centrais da Escaleira entre a Rúa Maior e a Rúa da Liberdade.-

27 de marzo.-Sobre Quintas.-  Licenza para a casa de  Manuel Villanueva García, de Calvor., Souto de Perros.- Ocupación de camiño en Vilapedre.- Para solemnizar a celebración do Santo Enterro na Semana Santa e para sufragar os gastos  do alumeado  e gratificar ao señor Cura  pregador do Sermón do Xove3s Santo: 75 pesetas.- Gastos do mes de abril: 3.449,62 pesetas.-  159 pesetas para o arranxo da Escaleira da Fonte.

17 de abril.- Luis Iglesias Labarta chanta  8 árbores de adorno diante da súa casa  e xardín na Rúa Matías López ( á altura do actual Edificio Marquesado de Sárria ).- Licenza para a casa  de Manuel Alfonsín Cedrón.- Licenza a Antonio López López  para unha casa en Rubial-Calvor.-  Solicitan arranxo da Travesa da Rúa Maior á Rúa Matías López e do calellón que comunica coa Pedreira.- Colocación de novos farois; Na Travesa da Igrexa, no camiño-estrada de Baralla ( hoxe Rúa Diego Pazos ). outro entre a casa de  Benigno Carreira Liz e o Cuartel da Garda Civil, outro detrás da Praza  e un na baixada á Rúa Matías López.- Non hai posibilidade de ubicar o Cuartel noutra casa,-Pîden que libre de quintas Pedro Saco Pradeda porque o seu irmán aprehendeu un profugo chamado Valentí Río Fernández, do Alfoz de Castro de Ouro,

 24 de abril.- Licenzas de obras a Alfonsín e outros.- Informe sobrea Escaleira Pequena ( Calellón de Teixeiro ).- Destinan 75 pesetas a arranxar a Corga do Río ( Corga do Toleiro ).- Xosé Vázquez Perez entrega os quintos en Lugo. Gastos do mes: 3449,72 pesetas,

1 de maio.-  Falan do Proxecto da estrada Sárria-Samos- Pedrafita  ( sección de Sárria ) con ramal ás Augas do Incio.- Comunicación dos arranxos da distribución das parroquia do concello e do arciptrestádego de Sárria feito polo Bispado de Lugo.- Fixación dos cupos de Consumos.

6 de maio.- Sobre alcoois.- Poboación do Concello en 1877 ; 10.084 habitantes,

8 de maio.- Sobre o Remprazo de 1890 e outros.-  Sobre Contribucións.-  Fixación de estremas co Concello de Láncara.-  Solicitude de venda de billetes do ferrocarril  con desconto para ir aos baños.- CREACIÓN DA FEIRA DO SEIS NA VILA DE SÁRRIA, sustituindo á que anos anos na mesma data se celebraba no Mercado da Serra ( Barbadelo ).

15 de maio.-  Non se celebrou sesión.

17 de maio.-  Expediente de venda dos materiais da caseta de fumigación que pola aparición da peste  se instalara na Estación do ferrocarril.- Convocatoria de praza de mestre axudante para a Escola de Nenos ( parte traseira da Casa do Concello. Rúa Maior 1 ) co soldo de 500 pesetas por ano.- Nomeamento de Comisión para a Festa do Corpo de Cristo ( festa oficial do Concello).- Manuel Diaz de Freijo reclama polos perxuizos  que se lle causan  coas obras da Escaleira na "Horta da Calle".

22 de maio.-  Sobre o Ramo do Viño.-  Levantan muro  na Horta de Manuel Díaz de Freijo<

11 de xuño.-  Reunión do Concello e Contribuintes Asociados.- Arrendamento de Consumos.- Poboación: 1.500 habitantes na Vila  e 9.304 no medio rural.

11 de xuño.- Encabezamento da imposición.

12  de xuño.-  Non se celebrou sesión.

14 de xuño,- Relación dos 40 expendedores de viño ,.  A Corga do Río en San Sadurniño de Froián  estaba intrabitable,. Aparece unha criatura abandoada na aira da  casa de Antonio Castro en Reimóndez e lévana á Inclusa.-  Licenza para casa pedida  por Pedro López Rodríguez no quilómetro 24 da estrada de Monforte.- O Alcalde de Samos pide que arranxen o camiño do Oural a Samos por Vilar da Torre.-  Denegación do desconto pedido para as viaxes aos baños.- No Pozo de Pude en San Vicenzo de Froián botaron zurros e mandan que o limpen os veciños.-  Piden o arranxo da Ponte de Liñares en Piñeira.-  Mandan un telegrama a Isaac Peral por razón do submarino por el creado" como homenaxe de admiración"-

19 de xuño.- Denéganlle o aumento de soldo aos gardas municiñpais.  - O cólera morbo aparece en Valencia.-  Vista de recursos.- Construción de  75,10 m/2  de lastrado na Rúa Maior.

26 de xuño.-  Non se celebrou sesión.

28 de xuño.- Contestación agradecida de Isaac Peral dirixida ao Concello.- Informe para arranxo de camiños en San Vicenzo de Froián,-Recurso de Alzada por impostos.- Gasto da Festa do Corpo de Cristo:  152,08 pesetas.-  29 pesetas para que  Xosé Trebolle, da Rúa Maior, atenda a Xosé Somoza, de Barxa,  ferido casualmente cunha arma de fogo.

30 de xuño.- Xosé Xacobo Cabada realizou as obras de lastrado da Rúa Maior.

3 de xullo.- Non se celebrou sesión.

5 de xullo.-  Denuncia de obras no Rego de Vigo.- Libra de quintas por aprehender a un profugo  Anxo Somoza Somoza.

10 de xullo.- Fixaxión dos prezos de produtos de 1889 para efectos de pagamento de rendas.-  Rematadas as obras da Escaleira da Fonte.- Sobre Orzamento.-

17 de xullo.-  Non se celebrou sesión.

19 de xullo.-  Comisión para sinalr praza  para un semental bovino.-  Xosé María Rodríguez, da  Áspera ( Veiga de Abaixo )  fai obras ilegais no camiño da Áspera á Veiga de Arriba,

24 de xullo.-  15 pesetas para axudar a unha pobre da vila.-  Sobre o estado de pobreza  de Benita Folgueiras de Louseiro.-  Resolución sobre camiño en Vilapedre.- 51,45 pesetas a Xoán Castro Carreira por obras  na Rúa Maior.- Expediente de Aptremio contra o Gremio de Líquiods.-

31 de xullo.-  Non se celebrou sesión.

2 de agosto.-  Pedro Pallares, encargado do reloxo municipal instalado na Torre de Santa Mariña, presenta renuncia ao cargo.- Nomean a Filipe López de Páramo para sustituilo.- Proibición de que os restos da morte de reses no Matadoiro se boten ao río ( Nota:  Até a súa desaparición na década de 1980 sangue e outros restos  seguiron saíndo direitamente ao río ).-  Xoán Díaz de Rente, solicite que deixen libre o local que na súa casa ocupa a Escola de Barbadelo en réxime de aluguer .- Manuel Díaz ofrece a súa casa  da Rúa da Liberdade  ( hoxe Rúa Benigno Quiroga ) para Cuartel do Reximento de Infantería  de Reserva  nº 34 na renda de 1,50 pesetas/día.

12 de agosto.- Imposto sobre os alcoois,

14 de agosto.- Pedro Pallares  volta a se facer cargo da atención do reloxo municipal.-   Acordan facer contraste dos ferrados oficiais d e medida da gra centea,- Arranxo na Rúa Maior, fronte do número 72, propiedade de Matías Vázquez. para evitar entrada de augas libres  .- Bando sobre hidrofobia - Aprehensión dun prófugo.-  Axuda por pobre a  Xosé Losada @ "Monfortino".-  Sobre a Feira do 6.-  Homenaxe  a Xosé Manuel María de Galdo, Senador Vitalicio  e exalcalde de Madrid que visita Sárria  e para en Villa Andrea , ao que se lle fixo recebemento  con música e foguetes ( gasto: 50 pesetas ).

14 de agosto.- Concerto forzos cos proveedores de alcoois.- Averiguación de quen especula ocultamente con viño.

18 de agosto.-  O Concello e Asociados  fixan concerto voluntario.

26 de agosto.-  Sorteo dos  Vogais Asociados,

4 de setembro.-  Non se celebrou sesión.

11 de setembro.-  O Gobernador Civil deu aprobación ao Orzamento municipal.-  Coñecemento dos premios concedidos na PRIMEIRA FEIRA DO SEIS CELEBRADA O 6.06.1890.

 25 de setembro.-  Concerto do Ramo de Liquidos.

9 de outubro.-  Pedro Alexandre  Molo  Agustin Paterno  e de Vera Igmacio , natural de Manila. provincia de Manila , de 33 anos, solteiro , avogado e veciño da Rañoá, parroquia de Santa María de Vilar  solicita veciñanza. e tamén Luisa Piñeiro  e Merino, natural de Madrid- Elección da Xunta Pericial.- O Xuiz de Instrución , Euxenio de Neira, solicita un salón para a celebración de xuizos por Xurados  o 20 e 21 de novembro e facilitanlle o Salón de Actos das Escolas Publicas- Piden a drenaxe do Regueiro de Cadeita en Corvelle.

23 de outubro.- Non se celebrou sesión.

25 de outubro.- Carta  de Matías López López sobre supresión de Xulgados . Acordan dirixirse ao Conde Pallares, Manuel Becerra, Benigno Quiroga Ballesteros e Matías López López  para que xestionen que non se suprima o de Sárria. Acacio Blanco casa na estrada do Mazadoiro a Lamarregueira.- Obras na Fonte de Farbán . Ocupan o Camiño das Trigarizas de Castro dos Petos.- Sobre recomposición das pntes de Ferro  e pontón de Goimil en Seteventos e que volvan o río ao seu cauce.- Nomean a Rafael Méndez axente do Concello en Lugo,

30 de outubro.-  Non se celebrou sesión.

1 de novembro.-  Gastan 347,93 pesetas por acondicionar local para celebración de Xuizos por Xurado.-  79 pesetas por elevar a rasante  do portón da casa de Alfonsín.- Pagamento das obras da Rúa Maior.-  Manuel Castiñeira por encalado e branqueado do Cárcere: 150 pesetas,

13 de novembro.- Adquisicón de furnas para eleccións (  8 a 33 pesetas cada unha ) encargadas a Rafael Gómez Gutiérrez de Madrid.-  Estudo da nova distribución do alumeado.-  Aprobación de contas.-  Renuncia de Pedro Pallares , reloxeiro interino.-  Filipe López de Páramo comunica desperfectos no reloxo e no piso da torre.- Ocupación cunha escaleira de pedra no Camiño de Riba dos Namelos  en Treilán.

15 de novembro.- Sobre impostos.

20 de novembro.-  Non se celebrou sesión.

22 de novembro.- Sobre Quintas. Fixación locais para elecciómns:  Casa Consistorial,  Casa de Francisco Sánchez, en Cedrón-Piñeira;  Casa Reitoral de San Pedro de Froián; Casa de Manuel Fernández, en Barreiros ( Ortoá );  Casa de Tomé García, en Lousadela; Casa de Xosé Pérez, en Corvelle.- Xesús Castro Castiñeira alza casa no quilómetro 1,400 da estrada de Portomarín.Xosé Xacobe Cabada  fai obra da beirarrúa  entre a Escaleira  e a esquina da casa dos Herdeiros de Francisco López de Rego.- Matías Vázquez López ofrece 10 metros de pedra  de granito para arranxo da Rúa do Porvir até a Casa de Venancio Vázquez.

6 de decembro.-  Reitera o mestre a petición de nomeamento de mestre axudante,.  Hai rusmusmús  de irregularidades na distribución do sal e esixen sinalen local e repeso.- Non acdeptan poñer o sal a 3,50 pesetas estano en Bóveda 2 pesetas o quintal,. Pagan a un peón para que limpe a neve da Escaleira da Fonte e para amorear os materiais dos reparos da Rúa Maior.

13 de decembro.- Non se celebrou sesión.

16 de decembro.- Amillaramento  de fincas.

27 de decembro.- Lavado de roupas do cárcere por administración  municipal:  49,50 pesetas. Por axudas a transeúntes no primeiro trimestre:  3 pesetas.- Formación de Comisión para renovación do alumeado,

Comentarios

Publicacións populares