SANTIAGO DE FARBÁN ( 1757 / 1804 )

                                    SANTIAGO DE FARBÁN,-LIBRO DE FÁBRICA,TOMO 4º

12,09,1757.-  Fai a visita Felipe Rodríguez, Coengo Doutoral da Catedral de Lugo, arcediago de Sárria. O cura de Santa Mariña de Sárria, Santiago de Farbán e Santiago de Castelo dos Infantes é Froilán de Otero e Lemos. Mordomo da parroquia: Francisco González. Manda pintar unha cruz para os enterros, que se fagan andias para a imaxe da Nosa Señora e unha chave para a porta.

18.07,1758,- Fai a visita o Bispo  de  Lugo Francisco Izquierdo. Mordomo : Matías López, de Filloi.A Fábrica da igrexa de Farbán ten unha renda de 124 reais.

21.01,1759,.Depositario dos fondos da Fábrica: Manuel Gudín.

15,08.1759.- Fixo a visita o Arcediago de Sárria.- Mordomo: Agostiño Méndez.

16.01,1760.- Depositario de fondos  Manuel Gudín, por indisposición de  Domingos López de Pacios de Casteledo.

26.07.1760.- Visitador: Manuel Montealbán.- Mordomo: Francisco Sánchez.- As primicias da igrexa de Santiago de Farbán suman 6 fanegas  menos un ferrado de centeo ( 23 ferrados : 310,50 quilos ).

1,09.1761.-  Visitador: Romulado Izquierdo. Arcediago de Deza. Mordomo: Francisco Sánchez.- Por estar perigosa a obra da igrexa , manda que se faga de novo o campanario e se apee e faga tamén a frenteira con seguridade.Que se cobren os alcances .

20,06,.1762.- Visitador: O coengo Xerome Agudo, en sede vacante,- Mordomo : Francisco Sánchez.

26.09.1763.- Visitador:  Felipe Rodríguez. Mordomo : Matías Gudín. Toma de razón dos gastos dos santos óleos, incenso, xabrón, cera e décimas para o Colexio ( Seminario ). Reclamación a D. Francisco de Armesto, de Trebolle do Páramo e rebaixa  a Gregorio López, por pobre. O primeiro era o Correxidor da Vila e Xurisdición de Sárria e viña obrigado a pagar por ser o levador do lugar de Bieito de Pacios. Promete defenderse.

28.11.1764.- Visitador: O Bispo  Xoán Bautista Sáenz de Buruaga.- Mordomo ; Matías González.

25.09.1765.- Visitador: Antonio Consentino de Tejada, Arcediago de Neira.-  Mordomo: Xulián Cabanas,. Rebaixa dos caudais da Fábrica: Por facer de novo a frenteira da igrexa coa súa porta de cantaría  de arco á régoa   e campanario tamén de cantaría  con dúas claravoias para as campás  coa súa cornixa tamén de cantería  "na que levou un e outro asento 72 carros de cantaría para o traballo da dita frenteira  e carretos ( 870 reais ).*  Do cal para a dita obra,  cuñas para a canteira,  aguza e calza de picos para labrar a pedra ( 170 reais ),  Tribunia (  70 reais ) * Doazóns do cura: Esmola ao Santo Cristo de Farbán, campan de 6 arrobas co seu nome; retocar a imaxe do Santo Cristo, pintar o altar coas súas imaxes , 6 anxos, insinias da Paixón  ( deu 350 reais ); Confraría do Santísimo Cristo, San Roque e Santa Bárbara . Coroa de prata con pedras  azuis e vermellas; Nosa Señora da Concepción,  enaguas de amatista broslada;  un Cristo para a sancristía, tamén pintado ( 180 reais de esmola );  Cálice e patena   ( 86 reais ), crismeiras ( 47 reais ), Facer de novo e pintar unha imaxe de San Roque ( 88 reais),  alacena e alcuza  para aceite do Santo Cristo ( 14 reais ).

17,11,1766.-  Mordomo: Xoán Díaz, de Pacios de Casteledo.

2.09.1767.-  Visitador: Felipe Rodríguez, Arcediago de Sárria.- Mordomo: Manuel Gudín.- Manuel de Castro fixo a obra da Capela Maior.

7.08.1768.- Visitador: Xerome Agudo, Coengo, en sede vacante,. Mordomo: Xosé López, de Ribela.

14.06.1769.- Visitador; O Arcediago de Dozón.- Mordomo: Froilán López, de Ribela. 

1770.- Froilán de Otero e Lemos , Cura propio de Santa Mariña de Sárria, Santiago de Farbán e Santiago de Castelo dos Infantes , facultado polo Bispo Francisco Armanya, liquida as contas de 1770.

6.09.1771.- Visitador; O Arcediago de Sárria. Mordomo: Xosé Cabanas.- Pagamento da décima para o Seminario de Lugo.

1772.- O Cura tómalle contas  a Manuel Gudín.

20,09 .1773,- Visitador: O Arcediago. Mordomo:  Xosé López, do Souto

 2,10,1773.- Mordomo:  Domingos Vázquez, de Vilariño.

1774,.  Na Visita o Bispo manda que cumpran o ordenado en Santa Mariña.

21.09.1774,. .-Visitador; O Arcediago. Mordomo: Matías Gudín.

1775,-Visita rotinaria.

10,09.1776.-  Visita rotinaria.

28.08,1777.-  Mordomo: Xosé López , de Ribela.-  O Cura retifica as contas:  Deu de esmola 2.910 reais , 2.345 polas demais obras  e polos carretos de lousa e cal 1,013 reais.

23.09.1777.-  Visitador: Arcediago . Mordomo: Domingos González.

1778.- Mordomo: Xoán Díaz de Pacios.

1779.-Mandan que limpen as igrexas. Mordomo: Xosé Cabanas

22.10,1780.- Visita

30,07.1781.- Visitador: Xosé Díaz de Nobales, Arcediago de Sárria. Mordomo: Pedro López, de Ribela.

28...1781.-  Liquidación de contas.

25.09.1782.-  Visita.

8.....1783.-  Mordomo: Xosé López, do Souto.

10.10,1783,. Visitador, Diego Montalbán, abade. Mordomo: Xosé García. Visita asinada en San Sadirniño de Chorente ( sic ) en 1784.

12.08.1785.- Mordomo: Méndes.

13.08.1786.-  Visitador: Antonio Ramón Sobrado, Doutoral Segundo da Catedral de Lugo, Curas: Francisco Rivera e Fraiz Quiroga  ( vigairos en curato vacante ). Mordomo: Xosé López.

31.01.1787.-  Visitador: O Cura da parroquia Xoán Manuel Paz. Mordomo: López.

11.09.1788.- Mordomo: Xoán Díaz, de Pacios de Casteledo.- Mandan darlle branco á igrexa  e reparar a Capela Maior e a parede que mira a poñente.

16,06,1789.- Mordomo: Francisco López.- Por botar  cadeas de prata á lámpada de prata ( 60 reais )

15.11.1790.-  Mordomo: Domingos López. Obra feita ; Retellar a igrexa,  darlle branco  e poñer vidros.

11,12,1791.- Mordomo: Matías González de Figueroa, de Filloi, xunto con  Xosé López, "O Novo",  das casas de Ribela , paga as débedas que tiña coa Fábrica da igrexa de Farbán, para evitar pleito.

1791.- Mordomo: Xosé Méndez.

19.09,1792.- Mordomo: Xosé Méndez

13,10,1793.-  Mordomo: Xosé Cabanas. Mándanlle que compoña s confesionarios.

3,09.1794.- Mordomo: Xosé Figueroa. Visita asinada en San Pedro de Froián.

28.11.1795.- Mordomo: Ramón López.

24.10.1796.- Mordomo: Pedro Gudín. Mandan darlle branco á igrexa  e caleado por a fora. Asinada en San Pedro de Seteventos.

12.09.1797.-  Mordomo : Domingos Vázquez. Gasto de cal ( 270 reais ) e 280 reais por retocar as paredes  e dar branco por dentro e por fora.

26.09.1798.-  Mordomo: Froilán López.

22.09.1799.-  Visitador: Lucas Díaz de Freixo, Arcediago de Sárria. Mordomo: Xosé López, de Ribela.

1800.- Mordomo: Anxo Valcarce-  Encárganlle ao Cura que sexa máis celoso  no aseo e decencia das súa igrexas ( Vicenzo da Ponte ).  Aproba as contas  Xacinto Álvarez Cedrón, cura de San Pedro de Maside e de Santalla de Arxemil.

1801.- Mordomo: Pedro López.  A Fábrica da igrexa de Farbán ten en deposito 1,888 reais.

27,09,1802.- Mordomo: Xoán Díaz

10,10,1803.- Mordomo: Manuel Souto.

8.11.1804. - Mordomo: Anxo Valcárcel.



Comentarios

Publicacións populares