REPARTICIÓN DE IMPOSTOS EN SÁRRIA ( 1817 )
PADRÓN E REPARTICIÓN QUE SE FORMOU NA VILA DE SÁRRIA polos que suscriben como repartidores nomeados polos veciños desta Vila para a PAGA DO CONSULADO ,e da cantidade de oitocentos setenta reais que se reparten na maneira seguinte:
Primeiramente recárgaselle ao Corpo do Ramo de Viños polas TRES TABERNAS , segundo se acordou polo señor procurador xeral e o Señor Rexidor cos veciños Deputados e máis individuos en Xunta Plena , a cantidade de catrocentos reais ( 400 reais ), que deberá entregar o Arrendatario do dito Ramo.
Igoalmente e polo mesmo estilo recargáronselles ao Ramo de Augardentes e polo mesmo acordo cen reais ( cen reais ), que tamén entregará o Arrendatario deste Ramo.
1.- Antonio Fernández, da Áspera, nove reais. 2.-Manuel Loureiro, nove reais. 3.- Xosé Carrozas, outros nove. 4.- Xosé Gudín, cociñeiro, cinco reais e tres cartos 5.-Mateu Capón, tres reais e catro cartos e medio 6.- Xoán de Castro, da Praza, tres reais e catro cartos e medio 7.- Manuel Saco, tres reais e catro cartos e medio 8.- Francisco Macía , dez reais 9.- André Cedrón, dez reais, 10.- Mateu Fernández, cinco reais e tres cartos. 11.- Francisca Fernández, irmá do Mateu, tres reais. 12.- Xoán Paiz , seis reais e tres cartos 13.- Tomé González , dez reais
14.- Xosé Reboiro, dez reais
15.- Pedro Díaz "Cachete " , seis reais e tres cartos 16.- Xoán Reboiro,oito reais 17.- Plácido Díaz, cinco reais e tres cartos 18.- Xosé Torres, tres reais 19.- Antonio Macía, dez reais 20.-María "Florida" , dous reais 21.-Manuel Pallares, seis reais e tres cartos 22.- Toribio Carballo, dous reais 23.- Manuel López Blanco, nove reais 24.- Pedro López " Profeta" , por pai e fillo, nove reais 25.- Bernardo Macía, dez reais 26.- Pedro Fernández " Taíde " , dez reais 27.- Xoán " Largo ", catro reais 28.- Francisco "Moreno", tres reais e catro cartos e medio ( * ) 29.- Mateu López "Ribela", tres reais 30.- Manuel Cruces " Moreno", tres reais 31.- Xosé de Castro, tres reais e catro cartos e medio 32.- Alonso Vázquez, cinco reais e catro cartos 33.- Xosé Ulloa, seis reais 34.- Xosé Guitián, cinco reais e tres cartos 35.- Domingos Goyanes, cinco reais e tres cartos 36.- Vicenzo Fernández " Ferreiro" , dez reais 37.-Melchor Ramón , catorce reais 38.- Don Tiburcio Librero, cinco reais e tres cuartos 39.- Sebastián de Armesto, dez reais 40.- Matías Lois, dez reais 41.- Matías da Pedreira, catro reais 42.- Xoán López "Tecelán", tres reais 43.-Domingos López "Lapío" , tres reais 44.- Xoán de Castro " Forneiro" 2 reais 45 .- Xosé Leiro " O Novo", tres reais 46.- Manuel, o marido de María Pallares, tres reais e catro cartos e medio 47.- Bieito Colomo, oito reais 48.- Xoán López "Ferreiro", seis reais e tres cartos 49.- Xosé de Aira, tres reais e catro cartos e medio 50.- Antonio Pérez, tres reais e catro cartos e medio 51.-Antonio Ribas Teixeiro , dez reais 52.- Miguel Pumares , tres reais 53.- Pedro Reboiro, dous reais e catro cartos e medio 54.- Pedro Castiñeira, cinco reais e tres cartos 55.- Dominga " Lourenza", seis reais e tres cartos 56.- Xosé Carreira, dous reais e catro cartos e medio 57.- Xoán Carreira, sete e reais e catro cartos e medio 58.-Mateu de Castro, seis reais 59.- Anxo Monteagudo, catro reais e catro cartos e medio 60.- A irmá de Mateu de Castro, dous reais 61.-Xosé Monteagudo, sete reais 62.- Xosefa Rubinos Vila, tres reais e catro cartos e medio 63.- Francisco Varela,seis reais e tres cartos 64.- Bernardo Rubinos, dous reais e catro reais e medio 65.- Manuel Rodríguez, da Ponte Ribeira , seis reais e tres cartos 66.- Pedro López, marido de Ánxela Díaz, cinco reais e tres cartos 67.- Santiago López Losada, once reais 68.- Pedro López "Cuco", tres reais 69.- Xoán Carballido, dous reais e catro reais e medio 70.- Francisco de Estevo, un real Xosé Leiro, "O Vello", un real 71.- As Fillas de Domingos Franco, un real
Cuxa repartición se fixo ben e fielmente segundo o comerzo e trato de dada quen, con arranxo ao prevido na Real Orde. E para que conste asimaos neste prego enteiro de papel común, estando da dita Vila e Abril dazasete de mil oitocentos dazasete.
Xosé Antonio López Guitián.- Tomé González.- André Cedrón
( * ) Francisco López "Moreno": foi o pai de don Matías López López, industrial, político e filántropo sarriao.
Comentarios
Publicar un comentario