RESPONSABILIDADES POLITICAS : SÁRRIA ( 1937 / 1943 )
EXPEDIENTE DE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS ( 3 / 1987, LUGO )
Seguido pola Comisión Provincial de Incautación de Benes de Lugo seguido contra os Herdeiros de Daniel Pérez López, Xosé López López, Marcelino López López e Xoán Abella Armesto, o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Sárria foi encargado de sacar a subhasta bens deses causantes, todos eles executados en aplicación de sentenzas dditadas en Consello de Guerra "pola súa oposición ao triunfo do Glorioso Movemento Nacional
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO , 3.06.1938 )
BENS EMBARGADOS AOS HERDEIROS DE DANIEL PÉREZ LÓPEZ : Casa, Leiro do Mioto, Leira de Remesar, Lagoa, Leiro de Outeiro, Leiro, Penela, Prado de Batán , Chousa Abeta. Souto Vello , Chousa do Mioto, Fonte Brancam, Monte da Fonte Branca ( radicantes en San Miguel de Paradela )
BENS EMBARGADOS AOS HERDEIROS DE XOSÉ LÓPEZ LÓPEZ : Casa , Xesteira da Cal, Leiro, Monte da Abelaira, Leira de Abaixo, Cantas, Chousa de Remesar, Lamela, Cortiña, Horto, Horto da Aira Vella, Monte de Estazadoira ( radicantes en San Miguel de Paradela ).
HERDEIROS DE MARCELINO LÓPEZ LÓPEZ.- Leiro do Chao, Leiro dos Carballos, Leira da Fonte, Leira de Riba dos Carballos, Monte de Sucenza, Carballos de Dentro. Monte da Fonte Branca ( radicantes en Randulfe, parroquia de San Miguel de Paradela ).
HERDEIROS DE XOÁN ABELLA ARMESTO.- Casa, Cortiña do Forno, Pereda, Su Campo, Parceliña, Lamela, Leira da Lamela, Chousa de Riba de Pardiñas, Estreitiño, Sorte de Abeado, Chousa de Ramisquedo, Campazo, Cerrado, Chousa Vella, Facha, Leira Grande, Leira dos Caldeiros, Su a Corga, Cocheiro, Liñar , Leira de Outeiro, Su Chousa de Abaixo e Chousa do Campo, Devesa de Lidres ( radicantes en Nai , parroquia de San Vicenzo de Paradela ) e Viña de San Facundo ( parroquia de San Facundo de Ribas de Miño ).
**************************************
EXPEDIENTE DE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS ( 8 / 1937 , LUGO )
Causa Sumarísima 168/ 1937 de Manuel Abella Armesto e outros.
( 17.11.1937 ) EXPEDIENTE contra Manuel López Rodríguez, Orencio López, Ramiro Rodríguez Gutiérrez, Pedro Rodríguez Gutiérrea, Salustio López García, Xosé Pérez, Xesús e Manuel Pérez González, Manuel Díaz Díaz, Paulo Díaz López, Ramiro Bande López.
SENTENCIA 31.07.1937
Pena Multa Solvencia
MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ MORTE 100.000 ptas 3.250 ptas.
BENIGNO LÓPEZ LÓPEZ MORTE 100.000 ptas
ORENCIO LÓPEZ LÓPEZ MORTE 100.000 ptas
RAMIRO RODRÍGUEZ GUTIÉRREZ MORTE 100.000 ptas 160 ptas.
PEDRO RODRÍGUEZ GUTIÉRREZ MORTE 100.000 ptas
VALENTÍN LÓPEZ GARCÍA MORTE 100.000 ptas 750 ptas.
XOSE LÓPEZ YÁÑEZ MORTE 100.000 ptas 149 ptas.
MANUEL PÉREZ GONZÁLEZ MORTE 100.000 ptas
RAMÓN DÍAZ DÍAZ MORTE 100.000 ptas
RECLUSIÓN PERPETUA
Multa Domicilio Solvencia
PABLO DÍAZ LÓPEZ 50.000 ptas Loio 750 ptas.
RAMIRO BANDE LÓPEZ 50.000 ptas Vilachá das Cortes 175 ptas.
CÁNDIDO LÓPEZ 50.000 ptas
RAMÓN REGO LÓPEZ 50.000 ptas
XOSÉ CASTAÑO DÍAZ 50.000 ptas.
VINTE ANOS DE RECLUSIÓN TEMPORAL
DOMINGOS LÓPEZ ARIAS 25.000 ptas Cabo de Vila 1.650 ptas.
XOSÉ LÓPEZ PENA 25.000 ptas
RAMÓN LÓPEZ VARELA 25.000 ptas Loio 525 ptas
PEXERTO LÓPEZ LÓPEZ 25.000 ptas Aldosende 189 ptas
XULIO FERNÁNDEZ 25.000 ptas
QUINCE ANOS DE RECLUSIÓN TEMPORAL
FRANCISCO LÓPEZ GONZÁLEZ 20.000 ptas. Pacios de Paradela
ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 20.000 ptas
DOCE ANOS E UN DÍA DE RECLUSIÓN TEMPORAL
MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ 10.000 ptas 255 ptas.
HIXINIO LÓPEZ LÓPEZ 10.000 ptas A Parrocha
FRANCISCO LÓPEZ LÓPEZ 10.000 ptas Loio 857 ptas
XESÚS LÓPEZ VARELA 10.000 ptas Loio 525 ptas
MANUEL LÓPEZ LÓPEZ 10.000 ptas
EUXENIO RODRIGUEZ 10.000 ptas
SEIS ANOS E UN MES DE RECLUSIÓN TEMPORAL
ANXO LÓPEZ IGLESIAS 5.000 ptas
ABSOLTOS
MANUEL ABELLA ARMESTO
EMILIO LÓPEZ MOURE
EDUARDO LÓPEZ RODRÍGUEZ
MANUEL LÓPEZ VÁZQUEZ
XOSÉ LÓPEZ LÓPEZ
MARCELINO VÁZQUEZ DÍAZ
DATOS IDENTIFICATIVOS DOS SANCIONADOS
HIXINIO LÓPEZ LÓPEZ, en 1941 estaba na Prisión de Prtaceli en Serra ( Valencia )
PERFECTO LÓPEZ LÓPEZ era de Losoiros ( Aldosende )
CÁNDIDO LÓPEZ PENA estaba ausente , estivera na Prisión Sanatorio de Portaceli de onde fuxira o 24.02.1941
( 7.10.1940 ) Notificación a FRANCISCO LÓPEZ GONZÁLEZ da Casa do Neto de Pacios-San Miguel de Paradela, da incoación de expediente de responsabilidades politicas na súa contra : " Deseguido eu Aguacil tendo diante de min a Francisco López González ao que enterei do contido na carta-orde do Tribunal de responsabilidades de Lugo e de enterao asina , do que certifico" Francisco López-Balbino López.
( 28.10.1942 )
ANXO LÓPEZ IGLESIAS, tiña 22 anos, solteiro, prestaba servizos como soldado traballador do Batallón nº 22 en Bilbao.
MANUEL LÓPEZ LÓPEZ, prestaba servizos no Batallón de soldados traballadores 2ª Cia, destacado en Arguenagui ( Las Palmas de Gran Canaria )
PAULO DÍAZ LÓPEZ, de 54 anos, casado, labrego, fillo de Manuel e Xosefa, veciño de Loio.
RAMIRO BANDE LÓPEZ, de 58 anos, casado, xornaleiro, fillo de Manuela , natural de Camporredondo, e veciño das Cortes.
DOMINGOS LÓPEZ ARIAS, de 44 anos, casado, labrego, fillo de Xosé e Francisca veciño de Cabo de Vila.
XOSÉ LÓPEZ PENA, de 31 anos, solteiro, labrego, fillo de Xosé e Dorinda , veciño de Aldosende
RAMÓN LÓPEZ VARELA, de 41 anos, solteiro,labrego, fillo de Balbino e María, veciño de Loio.
PEXERTO LÓPEZ LÓPEZ , de 40 anos, casado , labrego, fillo de Pedro e Francisca, de Losoiros-Aldosende.
XULIO FERNÁNDEZ, de 31 anos, casado, braceiro, fillo de Dores, veciño de Mirallos- Ferreiros
FRANCISCO LÓPEZ GONZÁLEZ, de 29 anos, solteiro, fillo de Manuel e Manuela, veciño de Pacios-San Miguel de Paradela.
ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, de 28 anos, solteiro,fillo de Xosé e María, veciño de Aldosende.
MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, de 68 anos, solteiro, labrego, fillo de Xulián e Antonia, de A Parrocha.
HIXINIO LÓPEZ LÓPEZ, de 26 anos, solteiro, labrego, fillo de Casimiro e Pilar, veciño das Cortes.
FRANCISCO LÓPEZ LÓPEZ, de 42 anos, casado, labrego,fillo de Xosé e Tereixa, veciño da Parrocha.
XESÚS LÓPEZ VARELA, de 28 anos, solteiro, musico, fillo de Balbino e María Xoana, de Loio.
HENRIQUE RODRÍGUEZ DÍAZ,de 38 anos, solteiro, zoqueiro, fillo de Francjsco e Encarnación, de Santiago da Laxe.
MANUEL LÓPEZ LÓPEZ , de 25 anos, solteiro, labrego, fillo de Manuel e Concepción, veciño de Aldosende.
ANXO LÓPEZ IGLESIAS , de 22 anos,solteiro, labrego, fillo de Bernardo e María Xoana, de A Tellada.,
CÁNDIDO LÓPEZ PENA, de 28 anos, solteiro, carpinteiro, veciño de Aldosende ( en ignorado paradoiro )
MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ, xa falecido ( 1937 ), de 60 anos, casado, labrego,fillo de Pedro e Gregoria. veciño de Vilachá.
BENIGNO LÓPEZ LÓPEZ, xa falecido ( 1937 ) , de 29 anos, viuvo, labrego, fillo de Ramón e Emilia, veciño de San Mamede de Castro-Higón.
ORENCIO LÓPEZ LÓPEZ, xa falecido ( 1937 ), de 22 anos, solteiro, labrego, fillo de Ramón e Emilia, veciño de San Mamede de Cartro-Higón.
RAMIRO RODRÍGUEZ GUTIÉRREZ,xa falecido ( 1937 ) de 46 anos. casado. labrego. fillo de Vicenzo e Concepción, veciño de San Mamede de Castro.
PEDRO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, xa falecido ( 1937 ) , de 39 anos, casado, labrego. fillo de Xosé e María Xoana, veciño de Aldosende.
VALENTÍN LÓPEZ GARCÍA., xa falecido ( 1937 ), de 60 anos, viuvo, labrego, fillo de Felipe e María Xosefa, veciño de San Martiño de Castro.
XOSÉ LÓPEZ YÁÑEZ, xa falecido ( 1937 ) de 54 anos, casado, labrego, fillo de Nicolau e Vivisas, veciño da Parrocha,
MANUEL PÉREZ GONZÁlEZ, xa falecido ( 1937 ), de 19 anos, solteiro, carpinteiro. fillo de Xoán e Ramona, natural de Portomarín e veciño de Paradela.
MANUEL DÍAZ DÍAZ , xa falecido ( 1937 ) , de 19 anos ( en 1936 ), solteiro, labrego, fillo de Antonio e Estrela, veciño de Caraba-Santa María de Ferreiros. Sinalan para xustificar as responsabilidades esixidas aos seus herdeiros. " Que o 20 de xullo de 1936 foi asaltada a casa dunha persoa de dereitas , veciña de Paradela, lanzando bombas de man, explosivos e empregando gasolina, saqueándoa e levando todo o que creron convinte antes de que o incendio a destruise , tomando parte direta neste feito os condeados a morte e cooperando os demais inculpados , sendo ANXO LÓPEZ IGLESIAS naquela data menor dos 18 anos e maior dos 16-
........................................................................................................................................................................
ESIXENCIA DE RESPONSABILIDADES POLITICAS A ALCALDES E CONCELLEIROS NA TERRA DE SÁRRIA ( 1943 )
O 25 de outubro de 1943 o Xulgado de Instrución de Sárria comunica que "por aparecer indicios de responsabilidades iniciaron expedientes aos efectos indicados " contra alcaldes e concelleiros que formaran parte das corporacións municipais entre marzo e xullo de 1936.
Abriron expedeintes dun xeito indiscriminado co desexo de castigar aos munícipes "afectos á Fronte Popular " , calificados de " comunistas ", aínda que meten no mesmo saco tanto a concelleiros falecidos como a outros que integrados en partidos de dereitas verían con sorpresa que os seus correlixionarios quixesen facer que recaesen riba deles sancións, inhabiltacións e mesmo "morte civil" ao poñelos diante dos ollos dos seus veciños calificados como "roxos", "antipatriotas" e outras despectivas denominacións.
Abriron expedientes contra os cidadáns que nos meses nos que formaron parte dos diferentes Concellos Constitucionais , baixo principios democráticos, serviron aos seus veciños até que o levantamento militar os desposeeu dos seus lexítmos cargos . As actuacións punitivas e sancionadores foron dirixidas contra os seguintes cidadáns.
CONCELLO DE PARADELA
1.- XOSÉ LÓPEZ ARMESTO, de 30 anos, casado, labrego ( en realidade comerciante ) r vrciño de Baorelle ( Castro de Rei de Lemos ). Foi alcalde e estivo fuxido por todo o tempo da guerra.
2.- XOSÉ DOSÍO LÓPEZ, de 36 anos, solteiro e veciño de Paradela ( Fora fusilado en 1937 en aplicación de sentenza ditada en consello de guerra.
3.- XOÁN LÓPEZ GONZÁLEZ, de 36 anos, labrego, solteiro, veciño de Pacios-San Miguel de Paradela-"Casa do Neto".
4.- MANUEL VILA TORRE, de 42 anos, casado, labrego e veciño de Vilaragunte.
5.- XOÁN ARIAS RODRÍGUEZ, de 48 anos, casado, labrego e veciño de Vidul ( Santiago de Aldosende)
6.- XOSÉ CASTRO OJEA, de 50 anos, casado, labrego e veciño do Pereiro ( Castro do Rei de Lemos )
7.- AVELINO DÍAZ PÉREZ, de 41 anos, casado, labrego e veciño de San Pedro de Barán.
8.- PEDRO LÓPEZ RODRÍGUEZ, de 41 anos, casado, labrego e veciño de Aldosende.
9.- PEDRO RODRÍGUEZ LÓPEZ, de 53 anos, casado, labrego e veciño de San Pedro de Barán.
10.- PEDRO XOÁN LÓPEZ VALCÁRCEL, de 50 anos, solteiro, labrego e veciño de Vilachá-San Salvador das Cortes , Dono da "Casa de Tosende". queimada o 20 de xullo de 1936 ( Fora asasiñado anos antes por persoa ou persoas descoñecidas cando voltaba á sùa casa de volta de Portomarín ).
11,- PEDRO LÓPEZ LÓPEZ, de 41 anos, casado, labrego e veciño de Aldosende.
12.- MANUEL VÁZQUEZ LÓPEZ, de 45 anos, casado, labrego e veciño de Vilachá -San Salvador das Cortes.
SAMOS
1.- BENIGNO LEIRADO LÓPEZ, de 36 anos, casado, industrial e veciño de Samos.
2.- ANTONIO LÓPEZ BLANCO, de 50 anos, agricultor e veciño de Chaos- Lóuzara.
3.- FRANCISCO GONZÁLEZ GARCÍA, de 48 anos, labrego e veciño de Vigo do Real.
4.- ANTONIO LOSADA IGLESIAS, de 60 anos, labrego e veciño de Lastres. Renche.
5.- LUIS PÉREZ VALES, de 38 anos, labrego e veciño de Montán.
6.- XOSÉ LÓPEZ GONZÁLEZ, de 43 anos, labrego e veciño de Francos- Suñide
7.- XOSÉ ALVAREDO LÓPEZ, de 65 anos, labrego e veciño de Castroncán.
8.- MANUEL CARRETERO LÓPEZ, 39 anos, labrego e veciño de Nande-San Cristovo do Real
9.- MANUEL MARZABAL VERGARA, de 40 anos, labrego e veciño de Requeixo- Lóuzara.
10.- BIEITO PEREIRAS MARZABAL, de 55 anos, labrego e veciño de Quinta.
11.- BENIGNO RODRÍGUEZ CHAOS, de 39 anos, labrego e veciño de Gundriz.
12.- ANTONIO PÉREZ VEIGA, de 39 anos, casado, labrego e veciño de Gorolfe-Pascais.
LÁNCARA
1.- RAMÓN DÍAZ GÓMEZ, de 33 anos, casado, labrego e veciño de Carracedo.
2.- FRANCISCO BANDE CAPÓN. de 45 anos, casado , propietario e veciño de Trasliste,
3.- FAUSTINO ARCA PENELA o IGLESIAS, de 72 anos, viuvo, canteiro e veciño de Láncara.
4,- RAMIRO CELA MÍGUEZ, de 30 anos, solador e veciño de Láncara.
5.- RAMÓN CELA MIGUEZ,de 29 anos, solteiro, xornaleiro e veciño de Láncara,
6.- ANTONIO RIVAS MURIAS, de 45 anos, casado , propietario e veciño de Trasliste.
O INCIO
1.- MANUEL PÉREZ ARIAS, de 56 anos,casado, labrego e veciño de Laiosa.
2.- DOMINGOS ANTONIO ARIAS ENRIQUEZ, de 90 anos, viuvo, labrego e veciño de Rubián de cima.
3.- ELISEO VALCÁRCEL LÓPEZ, de 48 anos, casado, labrego e veciño de San Fiz do Hospital do Incio
4.- XOÁN ARIAS FERNÁNDEZ, de 69 anos, casado, labrego e veciño de Leizán.
5.- XOSÉ LOSADA VEIGA. de 72 anos, casado, labrego veciño do Val do Mao.
6.- XOSÉ PEREIRA VEIGA, de 59 anos, viuvo, labrego e veciño de Godral,
7,- GUMERSINDO GONZÁLEZ BARREIRO, de 66 años, casado , labrego e veciño de Eirexalba-
8.- XOÁN ANTONIO PÉREZ MONDELO, de 52 anos, casado, labrego e veciño de Belesar- Vilasouto.
9.- RAMÓN FREÁN PEREIRA,, de 60 anos, casado, labrego e veciño de Noceda.
10.- XOSÉ RODRÍGUEZ ARMESTO, de 52 anos, casado, labrego, veciño da Cuvela.
11,- MANUEL SACO LÓPEZ, de 59 anos, viuvo, labrego e veciño de Góo.
12,- XULIO CAMPOS MONTERO, de 60 anos,viuvo, comerciante e veciño do Mao.
13.- TEOLINDO LOSADA VILA, de 69 anos, labrego e veciño de San Salvador do Mao.
14.- XOSÉ RESCO FERNÁNDEZ, de 50 anos, casado, labrego e veciño de San Romao do Mao.
15.- XOSÉ RODRÍGUEZ NÚÑEZ, de 50 anos, casado, labrego e veciño de Leizán.
16.- MANUEL MACEDA FERNÁNDEZ, de 60 anos .viuvo e veciño de Reboiro.
17.- VITORINO ARMESTO ARIAS, de 64 anos, solteiro, labrego e veciño de Rendar.
18.- ABEL CORTIÑAS LÓPEZ, de 54 anos, casado, labfrego e veciño da Cruz do Incio.
19.- GUMERSINDO RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, de 48 anos, casado, labrego e veciño de Eirexalba.
20,- EUXENIO GALLEGO TEIMOY, de 60 anos, casado, labrego e veciño de Santiago de Toldaos.
21.- NEMESIO QUIROGA BARREIRO, de 50 anos, solteiro e veciño de Laiosa.
SÁRRIA
1.- VALENTÍN LÓPEZ LÓPEZ, de 43 anos, casado, labrego e veciño de Sárria.
2.- MANUEL DURÁN FERNÁNDEZ, de 39 anos, casado, xornaleiro e veciño de Sárria.
3.- FRANCISCO LÓPEZ MÉNDEZ., de 41 anos. solteiro, labrego e veciño de San Martiño de Requeixo.
4.- MANUEL DÍAZ VÁZQUEZ, de 40 anos, casado, industrial e veciño de Sárria.
5.- DOSITEO PIÑEIRO VALCÁRCEL . de 50 anos, casado, industrial e veciño de Sárria.
6.- PEDRO GARCÍA ARCAS, de 34 anos. casado, empregado e veciño de Sárria ( morrera en 27 de xuño de 1936 , vítima dos disparos feitos por Manuel Carrozas Varela nos salóns da sociedade La Unión. A súa morte tivo lugar 23 días antes da declaración do estado de guerra polos militares sublevados en Lugo,
7.- ABELARDO PÀRAMO LOSADA, de 54 anos, casado, gandeiro e veciño de Sárria ( tío do alcalde Antonio Sánchez Páramo, fuxido dende o día 20.07.1936 )
8.- XERMÁN MÉNDEZ LÓPEZ, de 41 anos, casado , labrego e veciño de San Sadurniño de Ferreiros.
9.- XOSÉ RAMÓN CASTRO LÓPEZ., de 36 anos, casado, labrego e veciño de Vilar do Monte-Reimóndez.
10.- XOSÉ LÓPEZ FRANCO,de 32 anos, casado, labrego e veciño de Goián.
11.- REMIXIO LÓPEZ VILLAR,, de 60 anos, casado, labrego e veciño de San Salvador do Mato.
12.- XOSÉ FERNÁNDEZ CAPÓN, de 60 anos, labrego e veciño de San Miguel de Vilapedre.
13.- CASIANO QUINTANA LÓPEZ, de 35 anos, solteiro, e veciño de San Martiño de Louseiro,
Comentarios
Publicar un comentario