FAMILIA "CASA DE NEIRA " DE SÁRRIA ( 1766 )

 CAPITULACIÓNS MATRIMONIAIS .- Familias Neira e Díaz de FREIXO ( 2 de abril de 1766 )

No Lugar, Casa e Granxa da Veiga , freguesía de San Xulián  do mesmo nome, Marquesado de Sárria,  a dous días do mes de abril , ano de mil setecentos sesenta e seis anos , pareceron presentes don XOÁN MANUEL DÍEZ DE FREIXO E GUITIÁN, e don XOÁN ALONSO DÍEZ DE FREIXO E GUITIÁN, fillo seu, casado e emancipado , veciño desta dita Casa e Granxa  e  freguesía  e o referido don Xoán Alonso ao de presente e até aquí  habitante coa súa muller na freguesía de Santa María da Hermida, Val de Quiroga,  e ámbolos dous xuntos e de mancomún , e da outra don XOÁN DE NEIRA, viuvo que fincou de dona MARIA DE VALCARCE E GUITIÁN, agora defunta, e veciña que ela foi e el o é de Santa Mariña da dita vila de Sárria, e dixeron teñen tratado e capitulado o que se case "in face ecclesie"  segundo disposición do Santo Concilio de Trento, don XOÁN LUIS DE NEIRA E VALCARCE , fillo lexítimo do dito don Xoán de Neira, e dona María de Valcarce e Guitián. con dona TEODORA MOSQUERA SAAVEDRA E GUITIÁN, filla do dito  don Xoán Manuel,  e irmá do outro don Xoán Alonso, e para que os ditos contraentes teñan bens seus dotais e poidan sobre levar as cárregas do matrimonio  danlle á dona Teodora por razón das súas lexítimas paterna e materna , e por calquera outra causa, Mil Ducados de veludo, cada un de once reais e cada real de trinta e catro maravedís, os Cincocentos Ducados logo de que surta efecto  o dito matrimonio, e os outros Cincocentos dentro de tres anos  da data desta Escritura e o dito don Xoán de Neira atendendo á escritura que lle fixera  Don Manuel Díaz, tío seu, Presbítero, agora defunto, e veciño que foi da dita Casa,  para casar coa dita súa muller, na que lle dotou os seus bens, co gravame de vínculo e chamamento do maior ao menor, e preferindo o  varón á femia, segundo pasou perante Antonio de Losada,  escriban que foi de Número da dita vila,  e atendendo ao moito Amor que ten  ao dito seu Fillo , e ser o primoxénito  entre outro que tivo  da dita súa muller, dende logo dá, doa e cede a dita doazón  avinculada polo dito seu tío reservando o outorgante  o cabdal que tiña para redimir  as súas vexacións  e atraído poderá casar coa sobredita ; como foron vinte mil reais que entgregou ao seu tío para os seus mesteres  a a outra irmá súa  e ademía diso o outorgante ter pagado  para desempeño dos bens  mellorados nos que estaban apensionados Catrocentos Ducados de principal dun censo que se sacara  a don Alonso  de Armesto Valcarce e Astorga. coengo e veciño de Vilafranca do Bierzo ; con máis pagou outro censo de Cento e Vinte Ducados de principal  que se sacara na Santa Igrexa de Lugo ; con máis Catrocentos Ducados cos que mercou trece fanegas de centeo de renda; con máis mercou un leiro  en Catorce Ducados  e tamén deu  a censo Seiscentos e Dazanove  Ducados  a redemir e ao quitar. como tamén gastou na casa na que vive e viviron os seus antepasados  na súa compaña Seis Centos e Oitenta e Tres  Ducados , bens dos que quere e é vontade súa que se por algunha causa non poidera testar  dea aos demais fillos como son  a María Xosefa, Cincentos Ducados, e dona Manuela e dona Luisa, Catrocentos querendo tomar estado, e a don Manuel na atención de querer estudialo se aspira ao estado sacerdotal, no que quixer tomar, lle dea Trescentos Ducados.......

Comentarios

Publicacións populares