CONCELLO DE SÁRRIA ( 1897 )

ACORDOS DO CONCELLO  DE  SÁRRIA ( 1897 )

                     ALCALDE: CAMILO GONZÁLEZ CABARCOS

A Guerra de Cuba fixo que a actividade administrativa do Concello se centrase  no alistamento de soldados para  seren enviados a Ultramar.

14 de febreiro.-  19 páxinas sobre alistamento. Remprazos de 1894/1897: 199 sorteados.

7 de marzo.- 71folios sobre alistamento

8 de marzo,. Reclamacións  polo sorteo de soldados.

12 de marzo a 31 de marzo.- 44 folios con reclamacións polo sorteo de soldados.

1 de xullo.- Constitucion do Concello:-  Camilo González Cabarcos ( Alcalde )-Manuel Saco Pradeda ( cesa ).- Anxo Fernández Gallego.- Xosé López Vaamonde- Manuel Díaz Guitián.-  Francisco Paz López.-Antonio Sánchez Teijelo.-  Víctor Castro López.-Modesto Rivas Viñas.-Antonio López Díaz.1º Tenente de Alcalde:Anxo Fernández Gallego. 2º Tenente de Alcalde: Víctor Castro López. 3º Tenente de Alcalde: Martiño Vázquez de Liz. Procuradores  Síndicos: Cándido Xusto López López, Antonio Sánchez Teijelo.  Interventor de fondos :  Modesto Rivas Viñas.

5 de xullo.- Non se celebrou sesión.

7 de xullo.-  Lectura da Circular  203 do Goberno Civil de Lugo ( Boletín do 3 de xullo ) poñendo de manifesto  o expediente das AUGAS DE CÉLTIGOS.- Formación de Comisións:  Facenda. Gobernación.Nomeamento de Alcaldes de Barrio.- Establecemento da orde de colocación dos Concelleiros nos Plenarios: Xoán Manuel Somoza García- Xerardo Macía López-Xoán Xosé Rivera López.- Francisco Sánchez López.-Cándido Xusto López López.- Xosé López Vaamonde.- Manuel Díaz Guitián.- Francisco Paz López.-Antonio Sánchez Teijelo.-Luciano Macía de la Vega.- Santiago Sarry Valcarce.-Modesto Rivas Viñas.- Antonio Díaz Peña-.-   Informe sobre a pretendida segregación das parroquias de San Xosé de Santalla de Lóuzara  e San Lourenzo de Vilarxoán , as dúas de Samos, para integralas no Concello do Incio ( Forman Comisión ) 

                    FIXACIÓN DE VALORES DOS PRODUTOS PARA PAGAMENTO DE RENDAS( 1896 )

Fanega de trigo,  12 pesetas             Quintal de patacas, 2 pesetas    Cera en entena,                   2 pesetas     Fanega de centeo, 9 pesetas             Porco cebado,       35 pesetas    Carro de herba seca,          15 pesetas Fanega de cebada, 5pesetas             Porco aberto,         25 pesetas   Carro de palla centea      12,5 pesetas Fanega de millo,    8 pesetas            Un carneiro           3,5pesetas   Carro palla triga/cebada     10 pesetas  Fanega de noces     7 pesetas            Un cabrito             2,5 pesetas  Arroba de liño en estriga    25 pesetas  Fanega de fabas brancas 10 ptas       Unha galiña          1    peseta    Arroba de la                  37,50  pesetas   Fanega fabas raxadas   8 pesetas       Un polo             0,50 pesetas                                                                Fanega fabas negras     5 pesetas      Par de capóns          4 pesetas                                                                  Fanega de avea             5 pesetas      Canado de viño  6,50 pesetas                                                                Fanega castañas secas  10,50 ptas    12ª anguías curadas   1 peseta                                                                 Fanega castañas verdes  3,50 ptas    12ª anguías frescas    0,75 ptas

GASTOS DO MES: Concello: 704,71 pesetas; Policía de Seguridade:  146,04 pesetas; Policía Urbana e Rural: 169,85 pesetas; Instrución Pública;  456,66 pesetas; Beneficencia:  29,16 pesetas; Obras Públicas:  216,66 pesetas; Correción Publica ( Cárcere ):  619,87 pesetas; Cargas:  3,976,88 pesetas; Imprevistos: 83,33 pesetas- Total: 6.413,12 pesetas. Anuncio de subhastas de arbitrios  por morte de reses  no macelo, ocupación de postos na Feira, subministro de petróleo, mecha e tubos  para o alumeado público, aceite para o alumeado do cárcere.  Sinalan o comezo das sesións do Concello para as 9 da mañá.

14 de xullo.- Informe negativo encol da segregación de Sntalla de Lóuzara  e Vilarxoán de Samos para pasar ao Concello do Incio. Subhastas: Aprobados  os pregos de condicións para alumeado de rúas incluindo dous farois para os sereos.- Para o Inspetor de Carnes sinalan o soldo de 90 pesetas.. TRAÍDA DE AUGAS:  Acordan facer xestións encamiñadas a averiguar o punto de onde se poidan traer as augas á vila" ( o úico punto de onde se servían os veciños era a Fonte Ribeira).- Ferrocarril: piden que o tren de mercancías da mañá leve un vagón de viaxeiros que permita ir e voltar de Lugo no mesmo día.- Solicitan que o carteiro recolla cun carro a correspondencia na Estación.- Rivera solicita que pidan a Fomento que envie sementais  de vacún e porcos para mellora  das razas.-  Quintas: O escribente  do Concello Mateu Cabarcos  Cabañas levará a Lugo ao recluta Vitorino Martínez Somoza.- Repartimento de impostos. Non houbo reclamacións. Acordan coller en aluguer local para Correos e Telégrafos .- Estando perto a chegada do senador D. Xosé Oñate acordan que o reciba unha comisión  (Macía, Rivas e o Segredario ) na Estación e saudalo en "Villa Andrea" ofrecéndolle unha serenata.

19 de xullo.- Non se celebrou sesión

26 de xullo .- Non se celebrou sesión,

2 de agosto.- Non se celebrou sesión.

4  de agosto.-Aportación de 50 pesetas para os orfos de militares falecidos nas dúas guerras coloniais que sostén a Nación.- Aportación de 100 pesetas para a suscrición de " El Imparcial" para darlle axudas aos soldados repatriados.- Suscrició ao "Album da Cruz Vermella".- 75 pesetas para axuda dun soldado.-  Ancheamento do Campo da Feira; personamemto  de Francisco Loureiro Díaz que non está dacordo co expediente.- Gastos do mes: Concello: 704,71 pesetas.- Policía de Seguridade: 146,04 pesetas.-  Policía Urbana e Rural: 169,85 pesetas; Instrución Pública: 456,66 pesetas:Beneficencia: 29,16 pesetas; Obras Publicas: 216,66 pesetas; Correción Pública ( Cárcere ): 629,83 pesetas; Imprevistos: 83,33 pesetas, Total; 6.413, 12 pesetas.-  Policía Urbana Licenzas de obras:  A Francisco DorregoNúñez de Vilalba, para  facer unha casa  a carón da de  D. Manuel Díaz de Freijo; A Xosé Varela López para facer unha casa no comezom da Rúa Matías López ( Casa Barbeira ); A  Xosé Rodil Martínez, de Arxemil, para facer unha casa na estrada  de Sárria a San Martiño de Castro.-  Comisionado para a entrega de soldados: Xosé Vázquez Pereira.-  Non houbo licitadores para a mata de reses no macelo da Ponte Ribeira.- Pedro Varela pide arranxos no camiño da Airexe de Vilar de Sárria  de Vilar de Sárria, Campo  do Toleiro  e Campo de Vigo.- Axuda á pobre de solemnidade Xosefa González Osorio, de Reimóndez ( 10 pesetas ), a Domingos López López, de Corvelle ( 5 pesetas ), María  Blanco González, de Sárria ( 10 pesetas ), -Manuela Silva, de Goián rescinde o contrato de aluguer  da escola de Tremeado,. Sinalamento de liñas para a casa de d. Xoán López Acevedo.- Reserva especial da Corga da Duquesa que baixaba dende a igrexa de Santa Mariña  e a estrada de Portomarín, entre a  Caseta  de Manuel Díaz de Freijo e a Caseta de Matías Vázquez.- Informe sobre a pretendida instalación dunha reixa diante da casa de Diego Pazos García ( entón sinalada co nº  79 da Rúa Maior ).

9 de agosto.- Non se  celebrou sesión.

11 de agosto.-  Axudas para pobres de solemnidade.- O Recadador de Tributos Xosé  Dosío Juiz rende contas.-  Axdente Executivo: Antonio López Castiñeira.- Antonio Cabarcos quere darlle un andar máis á súa casa no número 85 da Rúa  Maior.- Comunicación do atentado sufrido por Antonio Cánovas que resultou morto.

18 de agosto.-  O Xuiz Municipal pide mobiliario.-  Concesión da licenza de obras a Cabarcos.- Casa para Correos : A de Xesús Rodríguez Guerra, no número 10 da Rúa Maior en renda de 273,70 pesetas ano.,- Ven a segunda convocatoria para o servizo de mata de reses,. Compra de 7 lámpadas de aceite e  421,07 litros de aceite  para o Cárcere. adxudicda a Manuel López Díaz en 420 pesetas.-  Remedios para pobres e presos: 75 pesetas na Botica daViuva de Peña :  112,50 pesetas, das que entregan 100 pesetas,, e non lle dan opció a percibir o resto.- Gastos no ano 1896 por consumos: 751,46 pesetas cun premio por cobramento.-  Permiso de un mes ao alcalde,  de 15 días a Matías Vázquez e Cándido Xusto López.- Rivas Viñas que con evidente perigo os veciños almacenan dentro das casas  leña e herba seca.  Sinalan que so poden gardar para o gasto de unha semana.

27 de setembro.-Non se celebrou sesión.

29 de setembro.-  Arrendamento da venda do sal a Xosé Fouz López.- Gastos Concello: 704,71 pesetas.- Policía de Seguridade: 146,04 pesetas; Policía Urbana e Rural:  169,85 pesetas;  Instrución Pública: 456.16 pesetas;  Beneficencia: 29,16 pesetas; Obras Públicas : 216,66 pesetas; Corrección Pública ( Cárcere ): Cargas; 3.796,28 pesetas; Imprevistos. 83,33 pesetas. Total; 6.413,12 pesetas.- O reixado da casa de Diego Pazos García pasa  a informe de Comisión.- Axudas para pobres: Antonio López, de Sárria ( 10 pesetas ); Pedro Rubín Fernández, de Vigo de Vilar de Sárria ( 10 pesetas ); Elvira Yebra Castiñeira, de Sárria ( 5 pesetas ); Serafina Folgueira, de Loureiro;. Para a Escola de Tremeado : arrendamento da Casa  de Manuel López López, no Barrio de Goián, de 47 m/2  en renda de 20 pesetas / ano. Acordo de que as reunións do Concello se celebren  ás 3 da tarde.

12  de novembro.- Non se celebrou sesión.

15 de novembro.-  Nomeamento da Comisión Municipal.

22 de decembro.-  Toma de coñecemento da imposición da Póliza de Guerra con valor de 0,20 pesetas.- Santiago Sarry Valcarce toma posesión como concelleiro,_ Contestación a unha enquisa sobre cumprimento de requisitos da contabilidade municipal.-  Cretos pendentes de seren cobrados: 23.068,87 pesetas,Obras pendentes de pagamento: 3.222,10 pesetas.- Información sobre exención  de venda de montes comunais. Licenzas de obras: A Manuel Alfonsín Cedrón, casa  na estrada Nadela-Campos da Vila.- Manuel González, casa na estrada de Sárria a San Martiño de Castro.- Xosé Vázquez Castiñeira para pechar unha finca na estrada  de Sárria a San Martiño de astro ( fronte ás Escolas Publicas ).- Aprobación das contas de 18 meses.- Acordan asegurar de incendios as Escolas Públicas con "La Unión y el Fénix, por 70.000 pesetas  e 6.000 pesetas de mobiliario por un período de 10 anos.- Entréganlle a  Francisco Saco Quiroga, porteiro do Concello,  160 pesetas pola serenata ofrecida a Xosé Oñate.- O alcalde pedáneo de Seteventos pide fagan unha ponte no río de Goimil, no Camiño da Feira da Esfarrapa. Concédenlle  un mes de permiso ao concelleiro  Fernández Gallego.,. Conceden 168,85 pesetas  para axuda a pobres transeúntes.

28 de decembro.-  Expediente de excepción de venda  de montes en man común.-  Gastos do mes:  Concello:  704,71 pesetas; Policía de Seguridade:  146.04 pesetas; Policía Urbana e Rural:  169,85 pesetas;  Instrución Pública: 456,66 pesetas ; Beneficencia:  29,16 pesetas; Obras Públicas : 216,66 pesetas ;  Correción Pública: 629,83 pesetas;  Cargas:  3.976, 88 pesetas .Imprevistos. 83,33 pesetas. Total: 6.413, 12 pesetas.

 


Comentarios

Publicacións populares