CONCELLOS DA TERRA DE SÁRRIA ( 1837 /1840 )

CONCELLOS DA TERRA DE SÁRRIA  ( CON ENADIDOS ) ENTRE 1837 E 1840

 Cando entrou en vigor a Constitución de 1812 produciuse o primeiro intento de organización territorial de  concellos e partidos xudiciais  para  facer desaparecer as vellas xurisdicións de señorío en mans de leigos , mosteiros  e señores institucionais, que non tivo visualización  práctica porque pouco tempo despois Fernando VII aboliu a Carta Magna   restablecendo o réxime absolutista.

En 1820 o pronunciamento de Riego  estableceu o réxime constitucional e nas terras de entre o Chamoso  e o Cabe foron establecidos, como  integrados no primeiro Partido Xudicial  de Sárria, os concellos seguintes: 1.- Cabeza de Partido: Sárria. Concellos sufragáneos. 2.- Láncara. 3.- Vilapedre. 4.- Somoza de Vilouzán, 5.. Pinza e Biville. 6.- Paradela. 7.- Castro de Rei de Lemos. 8.- Somoza Maior de Lemos. 9.- Guntín de Lemos. 10.- O Incio. 11.- Reboiro. 12.- Lóuzara. 13.- Samos.

Esta estructura municipal mantívose entre 1820 e 1823  , ano este no que coa axuda dos "Cen Mil Fillos de San Luis " Fernando VII  volve ao Antigo Réxime, suprimiendo os concellos, eliminando as Cortes e establecendo un réxime absolutista con persecución dos elementos liberais  . Até a súa morte a organización local voltou a gravitar sobre as xurisdicións e coutos  . 

Até o ano 1835 houbo intentos de recuperación da organización municipal que deron lugar  a modificacións territorias  e de cabezas dos concellos, con variacións no número de parroquias, até que finalmente a Deputación Provincial de Lugo acordou a creación dos segundos partidos xudiciais e concellos  eliminando moitos dos que foran creados en 1820, e polo que respecta  ás terras de entre Chamoso e Cabe  aparecen os seguintes concellos, sendo de notar que o de San Xoán de Portomarín tiña parroquias na beira esquerda e na beira dereita do río Miño.

CONCELLO DE CASTRO DE REI DE LEMOS (  5 parroquias )

1.- Castro de Rei de Lemos. 2.- Aldosende. 3.- Vilacaíz.- 4.- Sobreda

 CONCELLO DO INCIO ( 14 parroquias )

1.-  A Broza ( enclave ).-  2.- Santalla de Trascastro, 3.-  Reboiro. 4.- Santiago de Toldaos. 5.-  Góo. 6.- O Viso..- 7.- Santa María de Pacios. 8.- Sirgueiros. 9.-  Rendar. 10.- Foilebar. 11.- Santa Mariña do Incio. 12.-  San Pedro do Incio. 13.- San Miguel do Incio.  14.- San Fiz do Hospital.

CONCELLO DE LÁNCARA  (  6 parroquias )

1.- Láncara. 2.- Santa María da Lama. 3.- Carracedo. 4.- Toirán. 5.- Vilarello.6.- Franqueán( 

CONCELLO DA POBRA DE SAN XIAO  ( 23 parroquias )

1.- Vilaleo. 2.- Trasliste. 3.- Santiago de Barboa. 4.- Abragán. 5.- Bande. 6.- Santa María de Neira de Cabaleiros. 7.- Camposo. 8.- Maceda. 9.- Cela. 10.- Escoureda. 11.- San Xiao da Pobra. 12.- Vilafiz. 13.- Vilambrán. 14.- Muro. 15.- Oleiros. 16.- Cerceda. 17.- Santalla de Quinte. 18.- Lapío.19.- Sabarei. 20.-  Moscán. 21.- Larín. 22.- Santalla do Alto. 23.- Castrillón ( enclave ).

CONCELLO DE SAMOS ( 38 parroquias )

1.- Samos. 2.- Pascais. 3.- Estraxiz. 4.-  Calvor. 5.- San Martiño de Lousada. 6.- San Romao de Lousada. 7.- Zóo. 8.- Montán. 9.- San Xil do Carballo. 10.- San Cristovo do Real. 11.- San Martiño do Real.  12.- Freixo.  13.- Renche.  14,. San Mamede do Couto. 15.- Santa María de Loureiro. 16.-  Romelle. 17.- Castroncán. 18.- Suñide. 19.- Formigueiros. 20.- Teivilide, 21.- Reiriz. 22.- San Martiño de Loureiro. 23.- San Vicenzo de Froián. 24.-San Romao do Mao. 25.- San Salvador do Mao. 26.- Santa María do Mao. 27.- Vilarxoá, 28.- San Cristovo de Lóuzara. 29.- San Xoán de Lóuzara.- 30.- San Cidre de Bustofrío.- ( Enclave: 31.- Santalla de Lagos. 32.- Santa Mariña do Carballo ou de Galegos. 33.- San Pedro da Armeá. 34.- Souto. 35.- Touville.- 36 .- Santa Eufemia de Santo Antolín ).- ( Enclave: 37.- Santiago de Barbadelo. 38.- San Miguel de Piñeira )

CONCELLO DE SÁRRIA ( 46 parroquias )

1.- San Salvador de Sárria. 2.- Santa Mariña de Sárria, 3.- Farbán, 4.- Castelo dos Infantes. 5.- Vilar de Sárria 6.-  San Martiño de Requeixo. 7.- Santa María de Vilar. 8.- San Fiz de Vilapedre. 9.-San Miguel de Vilapedre. 10.- Goián.  11.- San Sadurniño de Ferreiros. 12.- Corvelle. 13.- San Xulián da Veiga, 14,. Rubín. 15.- Santiago da Veiga. 16.- San Sadurniño de Froián, 17.-Chorente. 18.- San Mamede da Chanca, 19.- Ronfe. 20,- Santiago de Viance. 21,.  San Salvador da Pena, 22,.- Santa María da Pena. 23.- Santo Estevo do  Mato. 24.-San Salvador do Mato. 25.-San Martiño de Louseiro. 26.- Betote. 27.- Fontao. 28.- Fafián. 29.- Seteventos. 30.- Camiño. 31.- Nespereira. 32,. San Fiz de Reimóndez, 33,. Maside, 34,. Arxemil.  35.- Cesar. 36,-A Pinza. 37.- Belante. 38.- Viville. 39.- Meixente. 40.- Ortoá. 41.- Santo André   de Paradela.42.-  Santa María de Vilamaior,  43.- San Pedro de Froián. 44.- Albán, 45.- Frades. 46,- Lousadela.

 CONCELLO DE SAN PEDRO DE PORTOMARÍN ( 9 parroquias )

1.- San Pedro de Portomarín. 2.-  San Xoán de Loio. 3.- San Vicenzo de Paradela. 4- San Mamede de Castro. 5.- San Martiño de Castro. 6.- San Facundo de Ribas de Miño. 7.-  San Salvador das Cortes. 8.- Santiago da Laxe. 9.- Santa María de Francos.

CONCELLO DE SAN XOÁN DE PORTOMARÍN  ( 26 parroquias)

1,-San Nicolau de Portomarín. 2.- Mesonfrío. 3.- Vedro. 4.-  Cortapezas. 5.- León. 6.- Gonzar. 7.- Bagude 8.- Sabadelle. 9.-  Vilarbasín. 10.- Velaz....... 11.- San Vicenzo de Gondrame. 12.- Santa María de Gondrame. 13.- Santiago de Ribas de Miño. 14.- Grallás. 15,-  Reascos. 16.- Santa Mariña de Adai. 17.-  San Pedro de Santo Andrea da Ribeira. 18.- Vileiriz. 19.-  San Salvador de Piñeiro. 20.- Vilarmosteiro. 21.- Santa María Madalena de Neira. 22.- Santa Cruz de Vilasante. 23.- San Martiño da Torre. 24. - Santiago de Saa do Páramo. 25.-  Friolfe..... 26.- Santa María de Ferreiros.

CONCELLO DA SOMOZA MAIOR DE LEMOS  ( 30 parroquias )

A  ) 1.- Rubián de Abaixo. 2.,- Teilán . 3.- San Fiz de Rubián. 4.- Remesar.- 5.- Bóveda. 6.- Freituxe. 7.- Tuimil. 8.- A Cervela. 9.- San Xoán de Bardaos. 10.- San Xulián de Santalla de Bardaos. 11.- Castelo da Somoza. 12. Vila de Mouros. 13.- Noceda. 14.- A Cuvela. 15 San Vicenzo de Rubían de Cima. 16.- Eirexalba. 17.- Vilasouto.18.- Óutara . 19.-. Ver. 20.- San Paio de Mosteiro. 21.- Canedo. 22.- Guntín de Pallares 23.- Laiosa . B).- 24.- Barán.  25.- Andreade. 26.- Vilaragunte. 27.- San Miguel de Paradela. 28.- Santa Cristiña de Paradela. 29.- Santalla de Paradela. 30.- San Lourenzo de Suar .

CONCELLO  DE TRIACASTELA  ( 9 parroquias )

1.- Santiago de Triacastela. 2.- San Breixo de Triacastela ( ou da Balsa). 3.- Santa María do Monte. 4.- Santalla do Alfoz. 5.- San Salvador de Toldaos. 6.- Santa María da Vilavella. 7.- San Cristovo de Cancelo.8.- San Cidre de Lamas .....9.- Guilfrei

CONCELLO DE VILOUZÁN ( 7 parroquias )

1.- Santo Estevo de Vilouzán. 2.- San Vicenzo de Toldaos. 3.- San Miguel de Monseiro. 4.- San Martiño do Río. 5.- Santiago de Cedrón. 6.- Santa Mariña de Vilaesteva de Herdeiros. 7.- San Romao de Armesto.

O funcionamento desta segunda organización territorial, que aínda supoñía a presencia de microconcellos,  aconsellaba ir á redución do número de municipios e a Deputación Provincial de Lugo  acordou a refundición de  institucións co correspondente trasvase de parroquias de unhas a outras, e en defintiva no ano  1840 a provincia lucense  viu fixado, xa para sufrir moi poucas modificacións futuras. o número  de partidos xudiciais e de concellos.

Nese ano , a comarca de Sárria, pasa a formar parte do Partido Xudicial  de Sárria (  Concellos de Láncara, Paradela, O Páramo, Rendar, Samos e Sárria ) e do Partido Xudicial de Triacastela ( Concello de Triacastela ),

Os movementos  de parroquias dos concellos establecidos antes da definitiva implantación da organización territorial  foi o seguinte.

CONCELLO DE CASTRO DE REI DE LEMOS ( 1840 ) Desaparece como Concello.

Parroquias integradas no Concello de Paradela:  Castro de Rei de Lemos. Aldosende

Parroquias integradas no Concello do Saviñao:  Sobreda. Vilaca´z.

CONCELLO DO INCIO ( 1840 ) Desaparece como Concello.

Parroquias integradas no Concello de Rendar:Santalla de Trascastro. Reboiro. Santiago de Toldaos. Góo. O Viso.  Santa María de Pacios.  Sirgueiros. Rendar.  Santa Mariña do Incio. San Pedro do Incio. San Miguel do Incio.San Fiz do Hospital do Incio.

Parroquia integrada no Concello de Samos: Foilebar.

Parroquia integrada no Concello  de Bóveda: A Broza 

CONCELLO DE LÁNCARA ( 1840 ) Baixo este nome crease un novo Concello de Láncara  con forte ampliación superficiaria con parroquias  dos concellos de Láncara, Somoza de Vilouzán e A Pobra de San Xiao.

Parroquias que se incorpoam ano "novo" Concello de Láncara : Láncara.  A Lama. Carracedo. Vilarello.

Parroquia que se integra o Concello do Corgo: Franqueán.

CONCELLO DA POBRA DE SAN XIAO ( 1840 )  Desaparece como entidade local.

Parroquias integradas no Concello de Láncara: Vilaleo. Trasliste, Santiago de Barboa. Bande. Santa María de Neira de Cabaleiros.  San Xiao da Pobra.  Vilambrán, Oleiros. Muro.Larín

Parroquias integradas no Concello do Corgo:  Abragán, Camposo. Maceda.  Cela. Escoreda. Cerceda. Quinte. Lapio. Sabarei. Santalla do Alto. 

Parroquias integradas no Concello do Páramo: Vilafiz. Moscán,

CONCELLO DE SAMOS ( 1840 ) Creaciuón dun novo Concello de Samos con perda superficiaria e eliminación de enclaves.

Parroquias  integradas no novo Concello de Samos:Samos. Pascais. San Romao de Lousada, San Martiño de Lousada. Zóo.- Montan. San Xil do Carballo. San Cristovo do Real. San Martiño do Real. Freixo. Renche.San Mamede do Couto. Romelle. Castroncán, Suñide. Reiriz. Teivilide,Formigueiros.Santa María de Loureiro. Vilarxoán. San Cristovo de Lóuzara. San Xoán de Lóuzara, San Cidre de Bustofrío,

Parroquias integradas no Concello de Sárria: Calvor, Lier, Barbadelo, Piñeira, Santo Antolín, San Vicenzo de Froián, San Martiño de Loureiro.

Parroquias integradas no Concello de Rendar: San Salvador do Mao. San Romao do Mao. Santa María do Mao,

Parroquias integrada no Concello de Láncara: Armeá. Souto. Touville. Santalla de Lagos. Santa Mariña do Carballo ou de Galegos,

CONCELLO DE SAN PEDRO DE PORTOMARÍN ( 1840 ) Desaparece como entidade local.

Parroquias integradas no Concello de Paradela:  San Vicenzo de Paradela. San Mamede de Castro. San Martiño de Castro. San Facundo de Ribas de Miño. San Xoán de Loio. San Salvador das Cortes. San tiago da Laxe. Santa María de  Francos.

Parroquia integhrada no Concello de Portomarín: San Pedro de Portomarín.

CONCELLO DE SAN XOÁN DE PORTOMARÍN ( 1840 ) Desaparece como entidade local  cando se forma o Concello de Portomarín:

Parroquias integradas no Concello de Portomarín:S Nicolau de Portomarín.  Mesónfrío.Vedro. Cortapezas. Bagude,León.Gonzar. Sabadelle. Vilarbasín. Velaz.

Parroquias integradas no Concello do Páramo: Santa María de Gondrame. San Vicenzo de Gondrame.  Santiago de Ribas de Miño. Grallás. Reascos. Santa Mariña de Adai. San Pedro de Santo Andrea da Ribeira.-  Vileiriz.- Piñeiro. Vilarmosteiro. San Martiño da Torre. Santiago de Saa do Páramo. Friolfe.

Parroquia integrada no Concello de Paradela: Santa María de Ferreiros. 

CONCELLO DE SÁRRIA ( 1840 ) Desaparece como entidade local e as súas parroquias integránse no novo Concello de Sárria que se ve incrementado coa incorporación de novas parroquias procedentes do desparecido segundo concello de Samos.

Parroquias integradas no novo Concello de Sárria: San Salvador de Sárria, Santa Mariña de Sárria. Castelo dos Infantes. Farbán. Santa María de Vilar. San Fiz de Vilapedre. Goián. San Miguel de Vilapedre.San Sadurniño de Ferreiros. Corvelle.San Xulián da Veiga,.  Rubín.  Chorente.  San Sadurniño de Froián. Lousadela. A Chanca. San Salvador da Pena, Santa María da Pena, Santiago da Veiga. Santo Estevo do Mato. San Salvador do Mato. San Martiño de Louseiro, Betote. Fontao. Fafián. Seteventos. Camiño, Nespereira, San Fiz de Reimóndez. Maside , Arxemil.Vilar de Sárria. San Martiño de Requeixo. Cesar.  A Pinza. Belante, Viville.Vilamaior. Santo André de Paradela, San Pedro de Froián, Albán.Meixente. Ortoá. Frades.

Parroquias integradas no Concello de Láncara: Ronfe, Santiago de Viance. 

 CONCELLO DA SOMOZA MAIOR DE LEMOS ( 1840 ). Desaparece como entidade local.

Parroquias integradas no Concello de Bóveda: Rubián de Abaixo. Teilán, San Fiz de Rubián. Remesar. Bóveda.Tuimil. Ver. Guntin.Mosteiro.

Parroquias integradas no Concello de Rendar ( O Incio ):San Xoán de Bardaos. San Xulián de Santalla de Bardaos. Castelo de Somoza. Vila de Mouros.Noceda. A Cuvela., Rubián de Cima. A Cervela. Eirexalba . Vilasouto. Laiosa.

Parroquias integradas no Concello de Paradela : Barán. Andreade. Vilaragunte. San Miguel de Paradela. Santa Cristiña de Paradela. Santalla de Paradela. San Lourenzo de Suar.

Parroquias integradas no Concello da Pobra do Brollón: Canedo.Óutara.

CONCELLO DA SOMOZA DE VILOUZÁN ( 1840 ) Desaparecida como entidade local.

Parroquias integradas no Concello de Láncara:  Vilouzán. Río. Monseiro. San Vicenzo de Toldaos. Cedrón . Santa Mariña de Vilaesteva de Herdeiros.

Parroquia integrada no Concello de Becerreá:  San  Romao de Armesto,

CONCELLO DE TRIACASTELA ( 1840 ) Desaparece como entidade local  e fórmase o novo Concello de Triacastela.

Parroquias integradas no novo Concello de Triacastela. Santiago de Tricastela. San Breixo de Triacasteal ou da Balsa, Santa María do Monte, Santalla do Alfoz. San Salvador de Toldaos. Santa María da Vilavella. San Cristovo de Cancdelo, San Cidre de Lamas.

Parroquia integrada no Concello de Becerreá;  Guilfrei.

Comentarios

Publicacións populares