CONCELLO DE SÁRRIA ( 1900 )

 ACORDOS DO CONCELLO DE SÁRRIA ( 1900 )

1 de xaneiro.- Non se celebraron as sesións ordinaria e extraordinaria convocadas<

3  de xaneiro.- Concelleiros e maiores contribuintes para elección de Senadores.

6 de xaneiro.- Certificación relativa a bens rústicos.

8 de xaneiro.- Non se celebrou sesión.

15 de xaneiro.- Non se celebrou sesión,

17 de xaneiro.- Lectura de boletíns oficiais.-  O perito Xoán Rebolo polo deslinde de sete montes  excluidos de desamortización  recibe  6.417,67 pesetas.- Denuncia de apreso de terreos nas Campas de Ardiguante en San Martiño do Fontao.-  O garda municipal Manuel Alonso Rodríguez solicita a praza de Porteiro do Concello.-. Contas de recadación..  Expediente de subhasta do muro posterior e alongamento das paredes   no ensanchamento do Cemiterio Municipal.-  Recordan que non se cobran as rendas da Obra Pía ( antigos hospitais de Santo Antón Abade e San Lázaro ) .- Adquisición de capas para os  sereos ( gardas con servizo de noite ).- Pedro Varela, comerciante, pide licenza para obras dunha casa na Rúa Benigno Quiroga ( xa rematadas ).- Piden que se fagan arranxos na estrada de Sárria a Corvelle ( oficialmente de Sárria a Baralla ) paralizada desde 47 anos antes  en Corvelle.- Acordo de facer beirarrúas de pedra dende a Casa do Concello ( Rúa Maior 1 ) ao Convento dos PP Mercedarios.

22 de xaneiro.- Non se celebrou sesión

29 de xaneiro.- Non se celebrou sesión.

5 de febreiro.- Non se celebrou sesión.

7 de febreiro.-  Gastos do mes: 6.418,67 pesetas.- Contas do papel de multas  1889 a 1897, 1897 a 1900.- Liquidación do orzamento  1898-1899: 113,322,33 pesetas.-  Acordo de adquisición de dous ferrados para medir gra ( centeo ) no Mercado ( Praza de Xoán María Lóprz de Almance ).-  Acordo de colocar unha barra de ferro no Murallón para poder atar nela as cabalerías, que tiñan proibido o paso pola Rúa Maior e as prazas.

12 de febreiro.- Non se celebrou sesión,

19 de febreiro.- Non se celebrou sesión.

24 de febreiro.- Certificación relativa a bens rústicos.

26 de febreiro.- Non se celebrou sesión.

5 de marzo.- Non se celebrou sesión.

12 de marzo.- Non se celebrou sesión.

14 de marzo.- Bienvenido  Díaz de Freijo, da comisión de festexos populares celebrados ao longo do verán de 1899, promoveu a constución dun Quiosco  da Música na Praza de Xoán María López de Almance ( Praza do Mercado ), e foi  alcanzada a dita comisión en 144,37 pesetas. O Concello  acepta a propiedade do quiosco e  de farois de papel, postes,ar ame e atrís facéndose cargo do déficit.-  Sobre Quintas.- Felipe López, sobrestante do ferrocarril,  regalou árbores para seren chantados na Praza de Xoán María López de Almance e no Campo da Feira..-Distribúen 500 pesetas para obras. 2 /3 na Rúa Maior e 1/3 para as beirarrúas dende a Rúa Maior ao Convento.- Destinan 1.975 pesetas para o Cemiterio Municipal,. O Concelleiro  Amadeo  Macía Vázquez propón que se constrúan  unhas tablaxerías para a venda de carnes.-  Proposición de nomeamento  de Veterinario-Inspector.-Discusión pola casa  de Pedro Varela, sinalando que non dá a unha rúa senón a unha estrada,

19 de marzo..- Non se celebrou sesión.

26 de marzo.- Non se celebrou sesión.

2 de abril.- Non se celebrou sesión.

4 de abril.- Sobre Quintas. Función relixiosa de Semana Santa : O Concello encargoulle o Sermón do Xoves Santo a don Manuel Fernández Somoza, catedrático do Seminario Conciliar de Lugo.-  Compran dúas capas para os sereos.

9 de abril.- Non se celebrou sesión.

16 de abril.- Non se celebrou sesión.

23 de abril,. Non se celebrou sesión.

25 de abril.-  Solicitudes de axudas a pobres doentes:  Antonio Yebra Castiñeira, Anxo Rivera,  Francisco Prado Fernández, Dánlles  15 pesetas a cada un deles.- Sobre o remprazo de quintos.- Formación da Xunta Local de Ensino.- Orzamento adicional de 1900 ; 14,668,67 pesetas.- O camiño de Sárria a Corvelle  incautado polo Estado en 24.11.1896.- 25 pesetas de gratificación  a David García Jul pola axuda prestada na formación de Quintas.

30 de abril,. Non se celebrou sesión.

7 de maio,- Non se celebrou sesión.

9  de maio,. Acordan abrir un Libro Rexistro para o Cemiterio Municipal.- Sobre Quintas.- Pola mata de reses no macelo municipal da Ponre Ribeira nos meses de marzo e abril recadan 15,25 pesetas.- Socorros a pobres transeúntes en marzo e abril:  11,75 pesetas,. Xosé Vázquez, de Ortoá, pola serenata dada  a D. Xosé de Oñate o 3.07.1899 recibiu  11,75 pesetas.

14 de maio.- Non se celebrou sesión.

21 de maio.- Non se celebrou sesión.

28 de maio,-  Non se celebrou sesión

30 de maio.-  Dan resposta denegando  a posiblidade de facilitar local  para instalar o Parque  Administrativo de Campaña  da Oitava Rexión Militar.- Sobre Quintas.- Petición de licenza por  Antonio Verín Fernández para facer unha casa na Pedreira  pegada á de Eduardo Iglesias, - Acordo sobre Consumos.-  Sobre Quintas.- Amillaramento.

4 de xuño.-  Non se celebrou sesión.-

11 de xuño.- Non se celebrou sesión.

18 de xuño.- Non se celebrou sesión.

25 de xuño.-  Non se celebrou sesión.

27 de xuño .- Remprazo de quintos.-  Fixación dos prezos de produtos a efectos de pagamento de rendas,.- Orzamento adicional.-  Explicación de gastos.- Gasto da Festa do Corpo de Cristo, oficial do Concello:  148,20 pesetas. - Nomean Porteiro do Concello a Francisco López Díaz co soldo de  547,50 pesetas por ano.- Deuncia contra Francisco López Vázquez, de Santa Marta, en Ortoá , por poñer unha cancela que abre cara o camiño.

Composición do Concello:  Alcalde: Camilo González Cabarcos. Concelleiros: Xerardo Macía López, Modesto Rivas Viñas, Antonio López Díaz, Martiño Vázquez de Liz, Xusto Cándido López López,  Amador López Martínez,  Xoán Manuel Somoza García, Francisco Sánchez, Anxo Fernández Gallego,  Xosé López Vaamonde,  Dimas González, Luciano Macía de la Vega,  Xosé Vázquez Castiñeira, Santiago Sarry Valcarce, Víctor Castro López , Amadeo Macía Vázquez  e Antonio Díaz Pérez.

                                                    BENS MUNICIPAIS

CASA DO CONCELLO.-  Na Rúa Maior. CÁRCERE: Na parte traseira da Casa do Concello. CASA CARNIZARÍA ( MACELO ) : Na Ponte Ribeira. ESCOLAS PUBLICAS: Na Rúa do Porvir. CAMPO DA FEIRA: No Camiño do Convento. MERCADO: Na Praza de Xoán María López de Almance-




Comentarios

Publicacións populares