CENTROS PRIVADOS DE ENSINO EN SÁRRIA

 ACADEMIA GALICIA.- Na Rúa do Porvir.( 1932 )

ACADEMIA SÁRRIA.-

POSTULANTADO MERCEDARIO.- No Convento da Mercé e no Edificio Novo.

ACADEMIA JULIALVAREZ.- Na Rúa do Porvir

ACADEMIA MARIA LUISA QUIROGA.- 

ACADEMIA PORVENIR- 

ACADEMIA SÁRRIA.-

ACADEMIA DE TELEGRAFOS.- No Adro de Santa Mariña

ACADEMIA NOCTURNA SANTA TERESA.-

ACADEMIA BALMES.-( 1949 / 1970 )   ( Tamén coñecido como Colexio Balmes  ou Academia Politécnica Balmes ) Na Rúa do Porvir  Rúa Marqué de Ugena ( Casa de Moreno ), Este centro privado compartía nome e  titularidade con centros abertos en Lugo e Monforte de Lemos. En 1948/1949 anunciábase como "Colexio Balmes..Bacharelato, Primeiro Ensino e Exame de Estado. En setembro de 1950 inaugurou o amplo local do baixo da Casa de Moreno, ofrecendo Bacharelato, Cultura Xeral  e oposicións  e contaba con sete profesores titulados. Direitor: Placido Ramos ( farmacéutico ). Profesores: Xaime Ceide.

ACADEMIA COMERCIAL.- Na Rúa Matías López. Centro privado que ofrecía ( 1949 )  cursos da carreira de comerzo, bacharelato, mecanografía , cultura xeral , primeiro ensino, clases especiais  e oposicións. Profesorado: Arturo Díaz de Freijo.

ACADEMIA INTERIAN DE AYALA.- 

ACADEMIA THE ENGLISH ACADEMY.- 

COLEXIO DE ARTES DE SAMOS.-   ( Colexio de Filosofía )  En 1531  funcionaba un Colexio  no Mosteiro de Ribas do Sil con un mestre e doce colexiais. Houbo un incendio  en 1562 que destruiu  parte do mosteiro  e acordaron pasar o Colexio a Samos . En 1568 os estudantes pediron que se confirmase  o Colexio en Samos  e no Capitulo Xeral  de 1571  acordaron equiparalo aos demais colexios desta clas. En 1575  Samos contaba con doce colexiais  , sendo entre outros profesores  Francisco del Campo (  1570-1572 ) e Toribio de Santo André (  1575-1577 ) . No Capitulo de 1580  suprimiron o Colexio de Samos . No ano 1589 volveron a abrilo , mantendo tamén Irache   e Ribas de Sil , co plano de que  "nun mesmo ano se lean nos tres Colexios  súmulas, lóxica  e filosofía , de maneira que cando nun colexio  lesen sémulas , no outro sexa lóxica  e no outro filosofía ".  A creación do Colexio en Samos fixérase  con grande disgusto por parte dos seus monxes.

COLEXIO DE FILOSOFÍA.- Establecido no Mosteiro de Samos.  Formou parte do réxime establecido  nos mosteiros bieitos  sobre a base da Constitución  de 1612.   a) Pasado un ano de noviciado para iniciar estudos  había que sofrer un exame proposto polo Abade  e seu consello de costumes e latinidade .b ) Os gastos de estanza  eran por conta do mosteiro onde o aspirante , cifrados en 42 ducados por ano. c)  Un mestre leitor e un pasante  corrían coas clases . O pasante levaba as ausencias  , acodía a conclusións e conclusionciñas , para reforzar os argumentos dos colexiais. d ) O estudo duraba tres anos  con tres clases diarias , contando a das 8 do serán, todos os días do ano agás os domingos e festas de gardar. e )  Cada 15 días  había conclusións xerais  que duraban tres horas, presididas  polos leitores e pasantes .  Cada dous meses celebraban  un acto maior  de 3 horas pola mañá  e 2  pola tarde  en días que non fosen leitivos . Estaban dispensados en xullo e agosto. As vacacións  eran polo Nadal, Entroido, Semana Santa , os xoves de todo o ano , o mes de setembro até o 18 de outubro , festa de San Lucas,  data na que reanudaban as clases.  Había ademáis un día ao mes para recreación.  Non asistián ao rezo das Horas de Coro, podían saír  co leitor ou o prioiro maior  " a se espareren polos campos". Na horta ou  noutras partes da Casa que non fosen  lugar de silenzo  podían xogar trucos , bolos , argolas , xadrez , areñas, comer fora do refeitorio  sen leitura , entreteñndose en conversa  honesta e modesta.  Os abades podían levalos na súa compaña nas visitas a granxas e priorados.  O Horario do Colexio era como segue:   Erguerse  ás 6 da mañá ; recitado de prima , tercia sexta e nona . Misa maior cantada  con 15 minutos de meditación final , 8:00  Primeira clase  até as 9:30. Até as 11: estudo. 12:00 : Xantar.Até as 13:00 recollidos en silenzo na cela.13:00: Conclusionciña  exposta por un estudante que argüía outro con dous argumentos. Duraba dúas horas con asistenza dos leitores da faculdade  e ás veces do abade , para poñer coidado e autorizar o acto- Ás 14:00 horas rezaban vísperas e completas , rematando co canto da Salve- Das 15:00 ás 16:00 tomábanlles a leición . seguida de unha hora de estudo. 17:00_ Rezo de maitines rematados cantanmdo  "Ave María Stella" Ao rezo das horas canónicas  enadían o rezo o oficio da Nosa Señora. Despois tiñan estudio até as 21: 00 horas , pasando as leicións do día  e tendo conferencias encol delas . 21:00 :  cea e retirada ás celas. Tanto no xantar como na cea había leituras da Biblia  todo o ano , e de catro en  catro meses lían as Constitucións da Congregación  e as Visitas do Colexio . No verán o horario  e distribución sofrían  variacións.

COLEXIO DE MARÍA SANTÍSIMA DA MERCÉ.-  Dirixido polas Madres Mercedarias co Convento de Sárria establecido en dúas casas da Rúa Matías López  cunha ampla horta que daba  á Rúa Diego Pazos. En 1919 as relixiosas, que eran de clausura,  presentaron solicitude  de autorización de apertura do Colexio,  partida de nacemento e certificado de boa conduta  da direitora sor Dores Pifarré Domínguez,  regulamento e cadro de asinaturas , plano do Colexio, certificado favorable  do Subdelegado de Sanidade,  certificado favorable dun mestre de obras , certificado favorable do Alcalde de Sárria  e certificado favorable  da Inspeción de  Primeiro Ensino.  Nas dúas edificacións, ademáis do espazo de clausura para a vida conventual estaban as aulas e unha capela.   As relixiosas mercedarias abandoaron Sárria en 1931 , ao se trasladar a Comunidade a Viso del Marqués,  cesando así a actividade docente .

COLEXIO DE SAN XOSÉ.-  Centro de ensino particular en Sárria , dirixido por Xoán Xosé Juiz ( 2.10.1921. Profesora de pàrvulos:  Leonor Mourelo. Organizaron unha Velada Literaria e Musical  adicada  na súa primeira parte aos soldados en äfrica do  Reximento de Zaragoza. Discurso de apertura a cargo do direitor. Recitado de poemas   e traballos en prosa polos alumnos  Mercé Carballada, Domitila Ibáñez, Mercé Fernández,  Milagros e Mercé Deibe, Ramón, Leopoldo Deibe, Román López Castro. Coro:  Bríxida,  Rosa e Domitila Ibáñez, Mercé Carballada, Nestor González, Francisco Mourelo, Manuel L. Carballada, todos con traxe rexional  e acompañados polo gaiteiro Luis Yebra .Interpretaron as cantigas "Rompe o día " e varios alalás . Declamación poemas. Cantaron o Himno Galego. Fixeron  colecta  de fondos e deron convite  de doces, licores e habanos.  O acto estivo presidido por Xesús Rodríguez, Santiago Sarry e o tenente da garda civil.

COLEXIO DE ROSARIO CABADA.- Centro privado de ensino privado, na Rúa Maior, En 1924 Rosario Cabada Viñas solicitóu  autorización para a súa instalación,

COLEXIO DA NOSA SEÑORA DE MONTSERRAT.-   Centro privado de ensino establecido na Rúa Matías López , con especial atención ao ensino primario. ** ( 29.04.1928 )  Programa de actos celebrados o día da súa padroa:  Misa no Convento da Mercé.  Chocolatada no Colexio. Tarde : Velada teatral: " La visita" ( Consuelo Asensio,  Pura González,  Rexina Saavedra ).  " El sueño dorado" de Vital Aza  ( Rosa Oñate, Ánxeles Escobar,  Rexina Saavedra, Tereixa Saavedra, Rosa e  Pura González ). " Consultas ridículas" (  Amelia Salgado,  Conseulo Asensio  e Raquel  Gómez Rodríguez ). En 1940 estaba dirixido por María Escobar Pérez e  tiña seis alumnos de  ensino medio, dous de ingreso e un grupo numeroso  no ensino primario. Ao xuizo  da Alcaldía os locais eran deficientes , por pouca aireación . En febreiro  dese ano a direitora presentou  solicitude para  legalización  do Centro diante do Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela.

COLEXIO DO CARME.-  Establecido en Sárria polas Irmáns  Rodríguez Díaz. ( 1929 ) Eran  alumnas destacadas:  Xulia López, Rosario Melle, Carme Cordero, Carme Viñas  e Ascensión Varela. No mes de xuño organizaron unha Misa de Comuñón na igrexa do Convento da Mercé.

COLEXIO SADEL.-  Colexio  de ensino privado  promocionado por varios pais sarriaos con activa participación entre outros de Manuel Saco Rivera e Mario González Zaera ,  integrado na rede de centros creada en España pola Sociedade Anónima de Ensino Libre. Iniciou a actividade o 14 de outubro de 1935 ocupando de xeito provisorio a casa que fora  de Don André Pardo, na Rúa Benigno Quiroga. Integrados na sociedade  os pais promotores en Sárria suscribiron accións.  Os honorarios mensuais quedaron fixados así: a) Primeiro Ensino ( 7 pesetas ).b )  Segundo Ensino ( 10 pesetas ). c) Preparatorio de Ingreso ao Bacharelato ( 15 pesetas ) d ) Bacharelato ( 40 pesetas ).  Para o preparatorio de Ingreso había que facer pagamento dunha cota de entrada de 16 pesetas. Era un colexio mixto e a matrícula inicial formalizábase na Casa de Matías Vázquez Rodríguez ( Casa Moreno). Foi promovido como unha alternativa " católica " fronte ao ensino  de carácter "laico" das academias privadas  e da promoción dun Instituto  demandado por forzas politicas locais. Como consecuencia  da guerra  civil española cesou na súa actividade  sendo aproveitado o material docente por Xulio Álvarez López  e deseguido pola Academia María Luisa Quroga que en 1940 deu paso á Academia Julialvarez . Nota publicada nos xornais: "  Este colexio ven a ser  para Sárria a fonte de ciencia  que ha preparar aos futuros cidadáns , máis por riba de todo isto supón  a educación relixiosa ( unha das especiais características da SADEL ) tan necesaria para a creación do home honrado  que nun futuro máis ha recoñecer  o valor de  ser educado cristianamente . Felicitamos  sinceramente  á comisión que con tanto esforzo  conseguiu a suscrición das accións  que a SADEL esixía para poder crear   o Colexio e temos  que facer constar  o nos agradecemento ao deputado don Romualdo de Toledo, direitor xerente da mencionada entidade".

COLEXIO DE ENSINO SECUNDARIO DO MOSTEIRO DE SAMOS- ( 1950 ) Nos xornais: "  Colexio  de Ensino  Secundario dos Padre Benedictinos  legalmente autorizado. Conta cun dos mellores edificios  de Galicia. Admite  alumnos do Bacharelato  e do curso preparatorio".

COLEXIO PADRE FEIJÓO.-

COLEXIO FELIPE II.-  Na Rúa Xela Arias(  Casas Baratas e Casa de Marzán e na Rúa Maior 24 ( Casa Marzán ).O día 15.02.1959 e promovida por varios pais de familia  que recibiron o apoio do Alcalde celebrouse unha xuntanza no Cinema Cissa  acordaron promover un colexio privado  para Bacharelato, Comerzo e Maxisterio, con unha aula de ensino primario para preparación para o exame de ingreso. A direción e xestión do colexio foi encomedada ao profesor Ramón Bouza Fernández, licencido en ciencias químicas, natural de Ortigueira, que traballaba no Barco de Valdeorras nunha industria.de produción de carburos.  Estivo  establecido primeiramente no baixo da primeira das chamadas Casas Baratas  e a aula do preparatorio para ingreso na Casa da Luz ( Casa de Marzán da Rúa San Lázaro ). Ofrecía cursos de bacharelato e maxisterio, ensino primario e preparación para ingreso.  Ao pouco de se instalar  neses locais o cnetro froi trasladado para a Casa de Marzán , da Rúa Maior, onde se estableceu  con seis aulas, un laboratorio e  a dependencia de dirección. Formaban o seu equipo docente varios  licenciados  e mestras, ademais de profesores de relixión, fomación do espiritu naciona, ximnasia , música , fogar e costura. Profesorado: Ramón Bouza Fernández ( ditreitor); Manuel Alvaredo Arias ( mestre ), Xosé Luis  Álvarez López ( debuxante )  ; María Carme Álvarez Fouz ( Instrutora de Educación Física );  María Luisa de Arce ( Instrutora de Educación Física ); Raquel Arias Cabanas ( Profesora de Labores );  María Cristiña Barreiro González ( Instrutora de Educación Física ); María do Carme Blanco ( Profesora de FEN ) ;  Ermidas Blanco Míguez ( licenciada en Historia, 7 meses );  Xosé Luis de Blas Escolante ( instrutor de Educación Física ); María Carme Buján Mosquera ( licenciada en Historia ); Xosé Carballo Ferreiro ( sacerdote ); María Carme Cepeda Iglesias ( licenciada en Historia );  Elisa Díaz Núñez ( mestra );  Manuel Rodríguez Díaz ( profesor de Educación Física ); Xusta Domíguez Aragón ( licenciada en Filoloxía Románica );  Xosé Estévez ( mercedario, verán );  Inés Expó sito Vázquez ( profesora de Educación Física ); Emilia Fernández Silvela ( licenciada en Historia );  Casimiro Figueroa Lorenzana ( profesor de francés, 7 meses );  Dores Franco Barreiro ( instrutora de Educación Física ); Cecilio Gómez ( sacerdote, profesor de matemáticas ); María dos Anxos González Barral ( licenciada en Historia, verán ); Eladio González Vázquez ( exseminarista, 15 meses ); Xosé Goy López ( sacerdote, licenciado en Teoloxía ); Olga Leirado Pérez ( mestra );  Alfonso Carlos López Arias ( mestre );  Xaime Félix López Arias ( mestre ); María do Carme López Díaz Goyanes ( mestra ); Xosé López Villar ( licenciado en Filoloxía Románica ); Manuel López-Vizcaíno Rodríguez ( instrutor de Educación Física ); Manuel López-Vizcaíno Saavedra ( profesor de Educación Física ); Paz Méndez Gómez ( licenciada en Historia,verán ); Xoán Asser Núñez Pazos ( Licenciado en Filoloxía Clásica, 7 meses  ) ;  Dores  Peña López ( licenciada en Filoloxía Románica , 2 meses): Elena Pérez Díaz (mestra , profesora de Educación Física ); Fernando Pérez López ( estudante universitario. 1 mes ); Fernando del Pozo de Andrés ( estudante de Filosofía e Letras, verán );  Carlos del Pozo López ( avogado, profesor de FEN ); María do Carme Riveiro Otero ( licenciada en Historia ); Ana María Romaguera Frontera ( licenciada en Filoloxía Románica );  André Sampayo Sixto ( sacerdote );  Dores Suárez Ramos ( licenciada en Historia );  Guillermina Suárez Teijeira ( licenciada en Historia );  Ermidas de la Torre Blanco ( licenciada en Historia );  Aurora Trebolle López ( mestra , verán); María da Paz Vázquez Díaz ( mestra e profesora de francés ); Amparo Vázquez Torres (  estudante de Filoloxía Francesa, verán ).

COLEXIO ROSALIA DE CASTRO.- Na Rúa da Liberdade

COLEXIO LIBRE ADOPTADO DE BACHARELATO DE SÁRRIA.-

COLEXIO DA ASUNCIÓN.-  Na Rúa da Estrela e na Rúa da Asunción

COLEXIO DA MERCÉ.- Para ensino secundario . Recoñecido ( BOE  26.06.1976  )

COLEXIO PADRE SEVERINO.- Na Rúa da Mercé , no edificio do Postulantado da Orde da Mercé . " 9.07.1974.- O Superior  da Comunidade dos Padres Mercedarios solicita autorización provisoria  para impartir  o ensino  do 5º e 6 º cursos de bacherelato superior . Resultando  que na vila de Sárria non existe na actualidade ningún centro  adicado ao Bacharelato  e que as previsións para a construción dun  Centro de Bacharelato Unificado e Polivalente  áchase nos seus primeiros trámites  e haberá de pasar un mínimo de dous ou tres anos  até que poida funcionar o mesmo... Este Ministerio resolveu conceder autorización provisoria para o Curso 1974 / 1975  ao colexio non estatal PADRE SEVERINO   de Sárria ( Lugo ) . para impartir o ensino de Quinto e Sexto  cursos  do Bacharelato de Ciencias e Letras co carácter de Recoñecido  quedando adscrito ao Instituto Nacional de Ensino Medio, masculino, de Lugo.

Comentarios

Publicacións populares